Professional Documents
Culture Documents
Ud01.a01 Envolvente de Un Edificio. Carct. Térmicas PDF
Ud01.a01 Envolvente de Un Edificio. Carct. Térmicas PDF
Páxina 1 de 12
UD1. A1. Envolvente dun edificio:
características térmicas
Na actividade que nos ocupa aprenderanse os seguintes conceptos e manexo de destrezas:
1. Normativa
O Código Técnico de la Edificación (CTE) é o marco normativo que establece as esixencias que
deben cumplir os edificios en relación cos requisitos básicos de seguridade e habitabilidade
establecidos na LOE, entre estas esixencias básicas de calidade está o aforro de enerxía.
O DB HE obriga a deseñar e construir un edificio de maneira que demande poca enerxía para acadar
as condicións de confort, de acordo ao seu uso e ás condicións climáticas do entorno.
Para acadar este obxectivo é clave a fase de deseño da envolvente térmica dun edificio, que é o
primeiro parámetro de control ambiental para regular o seu intercambio enerxético co exterior. Os
materiais que a forman, a súa compacidade, a súa permeabilidade, o modo de asentamento no terreo,
a súa orientación, e a proporción e proteccion solar dos ocos e outros moitos factores determinarán o
grao de relación co exterior (as necesidades de enerxía primaria).
Os espacios do modelo térmico se clasificarán en espacios habitables e espacios no habitables. Los
primeros se clasificarán además según su carga interna (baja, media, alta o muy alta), en su caso, y
según su necesidad de mantener unas determinadas condiciones de temperatura para el bienestar
térmico de sus ocupantes (espacios acondicionados o espacios no acondicionados).
A definición concreta da envolvente quedará ao criterio do/a proxectista, pero sempre debe cumplir,
salvo polas excepcións estipuladas, a condición de incluir todos os espacios habitables* do edificio.
De acordo co Anejo C Consideraciones para la definición de la envolvente térmica do DB HE a
envolvente térmica do edificio está composta por:
– Todos os pechamentos que limitan espazos habitables (incluindo as pontes térmicas*) co ambiente
exterior (aire, terreo ou outro edificio).
– Todas as particións interiores que limitan os espazos habitables cos espazos non habitables que á
súa vez estean en contacto co ambiente exterior.
Non obstante, a criterio do proyectista:
a) poderá incluirse algún ou a totalidade dos espazos non habitables (Esto permite incorporar á
envolvente térmica un local de instalacións ou un garaxe nunha vivenda unifamiliar).
i) espazos habitables que vaian permanecer non acondicionados durante toda a vida do edificio, tales
como escaleiras, ascensores ou, corredores non acondicionados,
ii) espazos muy ventilados, cunha ventilación permanente de, ao menos, 10 dm3/s por m2 de área útil
de dito espazo,
iii) espazos con grandes aberturas permanentes ao exterior, de ao menos 0,003 m2 por m2 de área útil
de dito espazo.
*Recinto habitable: recinto interior destinado al uso de personas cuya densidad de ocupación y tiempo de estancia
exigen unas condiciones acústicas, térmicas y de salubridad adecuadas.
▪ Cubertas: pechamentos en contacto co aire exterior ou co terreo pola súa cara superior e cuxa
inclinación é inferior a 60º respecto á horizontal. Podemos atopar as seguintes posibilidades:
– C1 : En contacto co aire
– T2 : Cubertas enterradas.
– C2 : En contacto cun espazo non habitable
– Pc : Ponte térmica (Contorno de lucernario)
– L : Lucernarios
▪ Fachadas: pechamentos exteriores en contacto co aire exterior cuxa inclinación é superior a 60º
respecto á horizontal. Está composto dunha parte opaca (muro) e outra semitransparente
(ocos).Podemos atopar as seguintes posibilidades:
– M1 : Muro en contacto co aire.
– M2 : Muro en contacto con espazos non habitables (particións interiores)
– PF1 : Ponte térmica contorno de ocos
– PF2 : Ponte térmica piares en fachada
– PF3 : Ponte térmica en caixas de persiana
– H : Ocos
EFICIENCIA ENERXÉTICA 4 UD1A01
Carmen Prieto Palmeiro
A orientación dunha fachada caracterízase mediante o ángulo α que é o formado polo norte xeográfi-
co e a normal exterior da fachada, medido en sentido horario. Agrúpanse en 8 orientacións segundo
os sectores angulares de acordo coa figura 8 do DA-HE1.
▪ Solos: pechamentos inferiores horizontais ou lixeiramente inclinados que estean en contacto pola
súa cara inferior co aire, co terreo ou cun espazo non habitable:
– S1 : Apoiados sobre o terreo (a profundidade menor o igual a 0,50m).
– S2 : En contacto con espazos non habitables.
– S3 : En contacto co aire exterior.
▪ Pechamentos en contacto co terreo: pechamentos distintos aos anteriores que estean en contacto
co terreo:
– T1 : Muros en contacto co terreo.
– T3 : Solos a unha profundidade maior a 0,50m
▪ Medianeiras: pechamentos que lindan con outros edificios xa construídos ou que se constrúan á
vez e que conformen unha división común. Se o edificio constrúese con posterioridade o pechamento
considérase, a efectos térmicos, unha fachada.
▪ Particións interiores: elementos construtivos horizontais ou verticais que separan o interior do
edificio en diferentes recintos.
*Nalgunha das categorías aparece o concepto de ponte térmica.
As pontes térmicas son as zonas da envolvente do edificio onde se evidencia unha variación da
uniformidade da construción, o que conleva necesariamente unha minoración da resistencia térmica
respecto ao resto dos pechamentos.
Son partes sensibles dos edificios onde aumenta a posibilidade de produción de condensacións
superficiais, no inverno ou épocas frías. Posteriormente falarase deles con maior profundidade.
Nos edificios sen aillamento se pode recurrir a un aillamento térmico polo exterior, ou ben polo inte-
rior.
Sin embargo, siempre que sexa posible debe darse preferencia al aislamiento por el exterior.
O aillamento colocado polo exterior permite aproveitar ao máximo a capacidade do pechamento de
acumular calor. Así mesmo, se evitan as pontes térmicas evitándose a formación de condensacións.
Como se observa no gráfico da esquerda, dende o punto de vista térmico a calor procedente do
interior da vivienda, se vai acumulando sobre o aillamento e unha vez saturado provoca unha ponte
térmica escapándose hacia o exterior rápidamente.
Os materiais aillantes polo exterior poden ser: polistireno expandido ou extruido, lá mineral, panel
sandwich (panel de polistireno expandido de 15 mm de espesor colocado entre dúas láminas de chapa
de madeira de 5m de espesor cada unha).
Os materiais aillantes polo interior do pechamento (cando son en forma de planchas) poden ir
colocados mediante morteiro adhesivo proxectado, mediante adhesivo, con fixacións mecánicas...
Tamén pode colocarse poliuretano proxectado cun espesor entre 20 e 80mm.
A súa boa capacidade de illamento térmico débese á propia estrutura do material que esencialmente
consiste en aire (pode chegar ao 98%) ocluído dentro dunha estrutura celular cerrada conformada
polo polistireno. O seu coeficiente de condutividade térmica así como as súas propiedades mecánicas
variarán coa densidade do produto.
Utilízase para o illamento de solos, fachadas e cubertas e ata no interior dos forxados (bovedillas de
polistireno).
EFICIENCIA ENERXÉTICA 8 UD1A01
Carmen Prieto Palmeiro
É combustible e baixo a acción prolongada da luz ultravioleta, a súa superficie amarela e tórnase frá-
xil. Para solucionar estes problemas será necesario protexelo por outros materiais de construción (xe-
sos, morteiros, ladrillos cerámicos, formigón,…).
Disólvese en contacto con hidrocarburos, aceites e outros produtos químicos.
Pese a ser pouco higroscópico, o vapor de auga pode difundirse no interior da súa estrutura celular
cando entre ambos lados do material se establece un gradiente de presións e temperaturas. En conse-
cuencia, nas zonas onde se prevexa a formación de vapor de auga, deben ir acompañados dunha ba-
rreira para vapor interposta.
No verán convértense en puntos de transmisión de calor por radiación que conlevan unha elevación
da temperatura interior. En cambio no inverno prodúcese un incremento nas perdas de calor, que son
comparativamente máis importantes canto máis illados están o resto de pechamentos.
Ademáis do efecto na demanda enerxética do edificio, durante as épocas frías as pontes térmicas ta-
mén se converten en partes sensibles do edificio onde aumenta a posibilidade de produción de con-
densacións superficiais debidas á disminución da temperatura das superficies interiores.
É importante calcular con precision o comportamiento termico global da envolvente termica, incluido
o efecto das pontes termicos.
No Documento de apoio do HE: DA DB HE/3 Puentes térmicos se describen entre outros conceptos,
os fundamentos desta transmisión de calor considerando as pontes térmicas así como o os distintos
métodos para o cálculo das pontes térmicas, as condensación superficiais en pontes térmicas.