You are on page 1of 12

Índice

UD1. A1. Envolvente dun edificio: características térmicas


1. Normativa ........................................................................................................................................................... 2
2. Envolvente térmica e zonificacion dun edificio: tipos de pechamentos .............................................................. 3
3. Capas nun pechamento ..................................................................................................................................... 6
4. Principais materiais illantes empregados en edificación .................................................................................... 8
5. Pontes térmicas ................................................................................................................................................ 11

Páxina 1 de 12
UD1. A1. Envolvente dun edificio:
características térmicas
Na actividade que nos ocupa aprenderanse os seguintes conceptos e manexo de destrezas:

▪ O concepto de illamento térmico e como repercute na envolvente térmica dun edificio.


▪ Os materiais illantes máis comúns empregados en edificación e a súa posición no
conxunto de pechamento.
▪ O concepto de transmisión de calor nun pechamento.
▪ O concepto de ponte térmica.

1. Normativa

O Código Técnico de la Edificación (CTE) é o marco normativo que establece as esixencias que
deben cumplir os edificios en relación cos requisitos básicos de seguridade e habitabilidade
establecidos na LOE, entre estas esixencias básicas de calidade está o aforro de enerxía.

Os Documentos Básicos do CTE relativos ao Aforro de Enerxia (HE) son:


•CTE HE0: “Limitación del consumo energético” (Consumo energía primaria no renovable
Cep,nren e Consumo energía primaria total Cep,total)
•CTE HE1: “Condiciones para el control de la demanda energética”, que fixa a transmitancia K,
o control solar qsol;jul e a permeabilidade ao aire da envolvente térmica n50/Q100
•CTE HE2: “Condiciones de las instalaciones térmicas” (especificacións RITE).
•CTE HE3: “Condiciones de las Instalaciones de Iluminación”
•CTE HE4: “Contribución mínima de energía renovable para cubrir demanda de ACS” (60-70%
cubierto por renovables).
•CTE HE5: “Generación mínima de energía eléctrica”. Fixa unha potencia pico mínima a instalar con
módulos fotovoltaicos en función do tipo de edificio e da súa superficie.

EFICIENCIA ENERXÉTICA 2 UD1A01


Carmen Prieto Palmeiro
2. Envolvente térmica e zonificacion dun edificio:
tipos de pechamentos

O DB HE obriga a deseñar e construir un edificio de maneira que demande poca enerxía para acadar
as condicións de confort, de acordo ao seu uso e ás condicións climáticas do entorno.
Para acadar este obxectivo é clave a fase de deseño da envolvente térmica dun edificio, que é o
primeiro parámetro de control ambiental para regular o seu intercambio enerxético co exterior. Os
materiais que a forman, a súa compacidade, a súa permeabilidade, o modo de asentamento no terreo,
a súa orientación, e a proporción e proteccion solar dos ocos e outros moitos factores determinarán o
grao de relación co exterior (as necesidades de enerxía primaria).
Os espacios do modelo térmico se clasificarán en espacios habitables e espacios no habitables. Los
primeros se clasificarán además según su carga interna (baja, media, alta o muy alta), en su caso, y
según su necesidad de mantener unas determinadas condiciones de temperatura para el bienestar
térmico de sus ocupantes (espacios acondicionados o espacios no acondicionados).

A definición concreta da envolvente quedará ao criterio do/a proxectista, pero sempre debe cumplir,
salvo polas excepcións estipuladas, a condición de incluir todos os espacios habitables* do edificio.
De acordo co Anejo C Consideraciones para la definición de la envolvente térmica do DB HE a
envolvente térmica do edificio está composta por:
– Todos os pechamentos que limitan espazos habitables (incluindo as pontes térmicas*) co ambiente
exterior (aire, terreo ou outro edificio).
– Todas as particións interiores que limitan os espazos habitables cos espazos non habitables que á
súa vez estean en contacto co ambiente exterior.
Non obstante, a criterio do proyectista:

a) poderá incluirse algún ou a totalidade dos espazos non habitables (Esto permite incorporar á
envolvente térmica un local de instalacións ou un garaxe nunha vivenda unifamiliar).

b) podrán excluirse espacios tales como:

i) espazos habitables que vaian permanecer non acondicionados durante toda a vida do edificio, tales
como escaleiras, ascensores ou, corredores non acondicionados,
ii) espazos muy ventilados, cunha ventilación permanente de, ao menos, 10 dm3/s por m2 de área útil
de dito espazo,
iii) espazos con grandes aberturas permanentes ao exterior, de ao menos 0,003 m2 por m2 de área útil
de dito espazo.

*Recinto habitable: recinto interior destinado al uso de personas cuya densidad de ocupación y tiempo de estancia
exigen unas condiciones acústicas, térmicas y de salubridad adecuadas.

Na seguinte figura podemos ver un esquema da envolvente térmica:

EFICIENCIA ENERXÉTICA 3 UD1A01


Carmen Prieto Palmeiro
Os pechamentos e particións interiores dos espazos habitables clasifícanse segundo a súa situación
nas seguintes categorías:

▪ Cubertas: pechamentos en contacto co aire exterior ou co terreo pola súa cara superior e cuxa
inclinación é inferior a 60º respecto á horizontal. Podemos atopar as seguintes posibilidades:
– C1 : En contacto co aire
– T2 : Cubertas enterradas.
– C2 : En contacto cun espazo non habitable
– Pc : Ponte térmica (Contorno de lucernario)
– L : Lucernarios
▪ Fachadas: pechamentos exteriores en contacto co aire exterior cuxa inclinación é superior a 60º
respecto á horizontal. Está composto dunha parte opaca (muro) e outra semitransparente
(ocos).Podemos atopar as seguintes posibilidades:
– M1 : Muro en contacto co aire.
– M2 : Muro en contacto con espazos non habitables (particións interiores)
– PF1 : Ponte térmica contorno de ocos
– PF2 : Ponte térmica piares en fachada
– PF3 : Ponte térmica en caixas de persiana
– H : Ocos
EFICIENCIA ENERXÉTICA 4 UD1A01
Carmen Prieto Palmeiro
A orientación dunha fachada caracterízase mediante o ángulo α que é o formado polo norte xeográfi-
co e a normal exterior da fachada, medido en sentido horario. Agrúpanse en 8 orientacións segundo
os sectores angulares de acordo coa figura 8 do DA-HE1.

▪ Solos: pechamentos inferiores horizontais ou lixeiramente inclinados que estean en contacto pola
súa cara inferior co aire, co terreo ou cun espazo non habitable:
– S1 : Apoiados sobre o terreo (a profundidade menor o igual a 0,50m).
– S2 : En contacto con espazos non habitables.
– S3 : En contacto co aire exterior.
▪ Pechamentos en contacto co terreo: pechamentos distintos aos anteriores que estean en contacto
co terreo:
– T1 : Muros en contacto co terreo.
– T3 : Solos a unha profundidade maior a 0,50m
▪ Medianeiras: pechamentos que lindan con outros edificios xa construídos ou que se constrúan á
vez e que conformen unha división común. Se o edificio constrúese con posterioridade o pechamento
considérase, a efectos térmicos, unha fachada.
▪ Particións interiores: elementos construtivos horizontais ou verticais que separan o interior do
edificio en diferentes recintos.
*Nalgunha das categorías aparece o concepto de ponte térmica.
As pontes térmicas son as zonas da envolvente do edificio onde se evidencia unha variación da
uniformidade da construción, o que conleva necesariamente unha minoración da resistencia térmica
respecto ao resto dos pechamentos.
Son partes sensibles dos edificios onde aumenta a posibilidade de produción de condensacións
superficiais, no inverno ou épocas frías. Posteriormente falarase deles con maior profundidade.

EFICIENCIA ENERXÉTICA 5 UD1A01


Carmen Prieto Palmeiro
3. Capas nun pechamento
O emprego na envolvente do edificio de capas de materiais diferentes pode proporcionar diversos
comportamentos térmicos de acordo coas necesidades do proxecto.
Segundo onde coloquemos o illamento térmico podemos atopar as seguintes posibilidades:

3.1 Sistemas con illamento polo exterior ou interior

Nos edificios sen aillamento se pode recurrir a un aillamento térmico polo exterior, ou ben polo inte-
rior.
Sin embargo, siempre que sexa posible debe darse preferencia al aislamiento por el exterior.
O aillamento colocado polo exterior permite aproveitar ao máximo a capacidade do pechamento de
acumular calor. Así mesmo, se evitan as pontes térmicas evitándose a formación de condensacións.

No gráfico se observa a diferencia de gradiente térmico que soporta un pechamento en función do


tipo de colocación do ailamiento: interior ou exterior.

Como se observa no gráfico da esquerda, dende o punto de vista térmico a calor procedente do
interior da vivienda, se vai acumulando sobre o aillamento e unha vez saturado provoca unha ponte
térmica escapándose hacia o exterior rápidamente.

EFICIENCIA ENERXÉTICA 6 UD1A01


Carmen Prieto Palmeiro
Como se observa no gráfico da dereita, co aillamento pola cara exterior, as paredes funcionan como
un gran acumulador térmico que recolle a calor xenerada no interior, e o cede cando descenden as
temperaturas, regulando a temperatura no interior.

Os materiais aillantes polo exterior poden ser: polistireno expandido ou extruido, lá mineral, panel
sandwich (panel de polistireno expandido de 15 mm de espesor colocado entre dúas láminas de chapa
de madeira de 5m de espesor cada unha).

3.2 Sistemas con illante intermedio


Ao atoparse o illamento protexido polas outras capas, non é preciso que teña unha gran resistencia
mecánica.
En comparación co sistema anterior, o edificio terá menor inercia térmica polo que se quentará ou
arrefriará antes.
Haberá de se considerar a posibilidade de dispor unha cámara de aire ou ata unha barreira de vapor
para evitar as condensacións.

Os materiais aillantes polo interior do pechamento (cando son en forma de planchas) poden ir
colocados mediante morteiro adhesivo proxectado, mediante adhesivo, con fixacións mecánicas...
Tamén pode colocarse poliuretano proxectado cun espesor entre 20 e 80mm.

EFICIENCIA ENERXÉTICA 7 UD1A01


Carmen Prieto Palmeiro
4. Principais materiais illantes empregados en
edificación
Coñécense como illantes térmicos os materiais empregados en construción e industria caracterizados
pola súa alta resistencia térmica. Establecen unha barreira ao paso da calor entre dous medios que
tenderían a igualarse en temperatura, impedindo que entre ou saia calor do sistema que nos interesa
(por exemplo unha vivenda).
Os materiais empregados como illantes térmicos adoitan ser porosos ou fibrosos e a presenza destes
poros na súa estrutura é a que mantén o gas interior en repouso reducindo a transmisión por
convección e por radiación (dunha cara a outra do poro).
A transferencia de calor por convección e radiación é menos eficaz que por condución. Polo tanto,
para a confección dun material illante elixirse:
– Un material cunha condutividade pequena.
– A máxima formación de porosidade no seu interior e de grande diámetro.
Ha de se buscar que sexan malos absorbentes da humidade (no caso de estar exposta a ela) pois
reduce de modo apreciable as propiedades de illamento térmico na maioría dos materiais empregados
para tal fin. Ademais, os materiais deben ter unha adecuada reacción ao lume e boa estabilidade
respecto das influenzas do medio ambiente.
Existen numerosos materiais empregados como illantes térmicos.
Seguidamente enuméranse os que contempla o programa informático HULC ( empregado para o
cálculo da limitación da demanda enerxética), detallándose con maior precisión os máis empregados
en edificación e enumerándose posteriormente outros materiais que inicialmente non figuran en
devandito programa:

4.1 Arxila expandida


É un material illante de orixe cerámica, cunha estrutura altamente porosa derivada da expansión tras
sometela a altas temperaturas.
Adóitase empregar no illamento de cubertas, recheo de cámaras de aire e formación de pendentes.
Ademais, a súa alta resistencia intrínseca fai que sexa apta para a súa utilización en morteiros illantes
ultralixeiros ou en formigóns lixeiros de altas prestacións.
Dado que é un produto mineral, é incombustible, non contribúe ao desenvolvemento do incendio e
non xera gases nin fumes tóxicos.
Ao non conter materiais orgánicos é imputrescible, non degradándose co tempo, ata en malas condi-
cións de temperatura ou humidade extrema.

4.2 Polistireno expandido (EPS)


A materia prima para a súa elaboración e o petróleo, obténdose un material plástico lixeiro, de corte
granulado e con pouca absorción de auga.

A súa boa capacidade de illamento térmico débese á propia estrutura do material que esencialmente
consiste en aire (pode chegar ao 98%) ocluído dentro dunha estrutura celular cerrada conformada
polo polistireno. O seu coeficiente de condutividade térmica así como as súas propiedades mecánicas
variarán coa densidade do produto.
Utilízase para o illamento de solos, fachadas e cubertas e ata no interior dos forxados (bovedillas de
polistireno).
EFICIENCIA ENERXÉTICA 8 UD1A01
Carmen Prieto Palmeiro
É combustible e baixo a acción prolongada da luz ultravioleta, a súa superficie amarela e tórnase frá-
xil. Para solucionar estes problemas será necesario protexelo por outros materiais de construción (xe-
sos, morteiros, ladrillos cerámicos, formigón,…).
Disólvese en contacto con hidrocarburos, aceites e outros produtos químicos.
Pese a ser pouco higroscópico, o vapor de auga pode difundirse no interior da súa estrutura celular
cando entre ambos lados do material se establece un gradiente de presións e temperaturas. En conse-
cuencia, nas zonas onde se prevexa a formación de vapor de auga, deben ir acompañados dunha ba-
rreira para vapor interposta.

4.3 La mineral (MW)


As las minerais son materiais fabricados a partir de roca volcánica distinguíndose dúas familias
segundo a súa procedencia:
– La de vidro: Procede da fundición de area.
– La de rocha: Procede da fundición de rocha basáltica.
O mineral fúndese nun forno e logo extráese por estirado en diminutas fibras. A superficie da la
mineral trátase cunha mestura de aceites e resinas co fin de que sexa hidrofugante.
A estrutura da la mineral contén aire seco e estable no seu interior, polo que actúa como obstáculo as
transferencias de calor, illando tanto de temperaturas baixas como altas.
Ademais, debido á súa estrutura multidireccional e elástica, a la mineral frea o movemento das partí-
culas de aire e disipa a enerxía sonora, empregándose como acondicionador acústico para evitar re-
verberacións e ecos excesivos.
Debido á súa porosidade aberta pode reter auga líquida no seu interior. Por iso, ha de se protexer do
contacto directo coa auga, dado que perde as súas propiedades illantes mentres permanece mollado.
É un material non combustible. Utilízase principalmente como illamento térmico e como protección
pasiva contra o lume na edificación pois conserva as súas propiedades mecánicas intactas ata exposta
a temperaturas superiores a 1000 ºC.

4.4 Perlita expandida (PE)


É unha rocha volcánica, vítrea, que contén auga de cristalización na súa molécula. Este material,
debidamente triturado a unha granulometría establecida, quéntase a 1200 ºC en fornos especiais. Á
devandita temperatura a auga ocluída transfórmase en vapor e obra como expandinte, ata construír un
gran moi lixeiro, formado por microcelas pechadas e baleiras, aumentando o seu volume ata 20 veces.
É un produto contra o lume, pois evita a súa propagación e resiste sen fundir ata 1000 ºC.
Non é higroscópica.

4.5 Vidro celular


Obtense coa mesma materia prima utilizada para a fabricación do vidro, pero engadindo un axente
escumante que lle confire as súas propiedades de illamento térmico.
Emprégase en placas, formigóns lixeiros, recheos, revocos lixeiros illantes, etc.
É incombustible e non emite gases tóxicos no caso de incendio.

EFICIENCIA ENERXÉTICA 9 UD1A01


Carmen Prieto Palmeiro
4.6 Escuma ríxida de Poliuretano (PUR)
É o material illante co valor de condutividade máis baixo (acada o máximo nivel de illamento co
mínimo espesor), podéndose compensar o custo do material co menor espesor necesario. Ten
estrutura de cela pechada.
A súa capacidade de illamento é moi robusta fronte aos efectos de envellecemento aos que están ex-
postos habitualmente os illamentos térmicos.
O selado do poliuretano proxectado exerce unha acción positiva na mellora do illamento acústico ao
ruído aéreo (sobre todo en gamas de escumas de poliuretano con cela aberta destinados a fins acústi-
cos).
O poliuretano proxectado, sendo impermeable á auga é permeable ao vapor. Así a todo, naquelas
solucións construtivas nas que exista risco de condensacións será necesario interpoñer unha barreira
de vapor (ten boa compatibilidade coas emulsións asfálticas ou bituminosas) na cara quente do pe-
chamento para evitar patoloxías.
É un material polímero e polo tanto combustible. Deberase protexer con outros materiais como xeso
laminado, fibrocemento ou pranchas metálicas.

4.7 Polistireno Extruido (XPS)


É similar ao polistireno expandido, pero ao someterse ao proceso de escumación obtéñense celas
homoxéneas e pechadas que lle proporciona excelentes prestacións como illante térmico e fronte á
absorción de auga (ata é unha boa barreira de vapor).
A elevada rixidez da estrutura celular dada pola gran homoxeneidade das celas proporciona unha alta
capacidade de resistencia mecánica.
O polistireno extruido debe incorporar ignífugos que lle aporten resistencia ao lume para que resulte
un produto autoextinguible sen presenza de pingas ardendo que propaguen as chamas no caso de in-
cendio.
Ha de se evitar a radiación directa do sol, pois degrada a súa superficie.

4.8 Outros materiais illantes


▪ Polistireno expandido elastificado (EEPS)
▪ Guata ou feltro de poliéster
▪ Escuma de polietileno reticular
▪ Escuma de polietileno non reticulado
▪ Escuma ríxida de poliisocianurato (PIR)
▪ Cortiza
▪ Corcho
▪ La de ovella
▪ Cáñamo, lino

EFICIENCIA ENERXÉTICA 10 UD1A01


Carmen Prieto Palmeiro
5. Pontes térmicas
O DB HE1, define ponte térmica como: … aquella zona de la envolvente térmica del edificio en la
que se evidencia una variación de la uniformidad de la construcción, ya sea por un cambio del
espesor del cerramiento o de los materiales empleados, por la penetración completa o parcial de
elementos constructivos con diferente conductividad, por la diferencia entre el área externa e interna
del elemento, etc., que conllevan una minoración de la resistencia térmica respecto al resto del
cerramiento.

No verán convértense en puntos de transmisión de calor por radiación que conlevan unha elevación
da temperatura interior. En cambio no inverno prodúcese un incremento nas perdas de calor, que son
comparativamente máis importantes canto máis illados están o resto de pechamentos.

Ademáis do efecto na demanda enerxética do edificio, durante as épocas frías as pontes térmicas ta-
mén se converten en partes sensibles do edificio onde aumenta a posibilidade de produción de con-
densacións superficiais debidas á disminución da temperatura das superficies interiores.

5.1 Clasificación das pontes térmicas no CTE


O documento do CTE DB HE1 clasifica as pontes térmicas:
a) Puentes termicos integrados en los cerramientos:
i) pilares integrados en los cerramientos de las fachadas;
ii) contorno de huecos y lucernarios;
iii) cajas de persianas;
iv) otros puentes termicos integrados;
b) Puentes termicos formados por encuentro de cerramientos:
i) frentes de forjado en las fachadas;
ii) uniones de cubiertas con fachadas;
iii) cubiertas con pretil;
iv) cubiertas sin pretil;
v) uniones de fachadas con cerramientos en contacto con el terreno;
vi) union de fachada con losa o solera;
vii) union de fachada con muro enterrado o pantalla;
c) Esquinas o encuentros de fachadas, que, dependiendo de la posicion del ambiente exterior se
subdividen en:
i) esquinas entrantes;
ii) esquinas salientes;
d) Encuentros de voladizos con fachadas;
e) Encuentros de tabiqueria interior con cerramientos exteriores.

EFICIENCIA ENERXÉTICA 11 UD1A01


Carmen Prieto Palmeiro
5.2 Transmisión de calor e condensacións nas pontes
térmicas
As pontes térmicas producen na envolvente térmica do edificio a aparicion de fluxos de calor bidi-
mensionais ou tridimensionais, en lugar dun comportamento uniforme que pode describirse como un
fluxo unidimensional.

É importante calcular con precision o comportamiento termico global da envolvente termica, incluido
o efecto das pontes termicos.

No Documento de apoio do HE: DA DB HE/3 Puentes térmicos se describen entre outros conceptos,
os fundamentos desta transmisión de calor considerando as pontes térmicas así como o os distintos
métodos para o cálculo das pontes térmicas, as condensación superficiais en pontes térmicas.

EFICIENCIA ENERXÉTICA 12 UD1A01


Carmen Prieto Palmeiro

Copy protected with Online-PDF-No-Copy.com

You might also like