You are on page 1of 4

Selección de profesorado non permanente: MODELO 8

ACTA FINAL DO CONCURSO E PROPOSTA DE CONTRATACIÓN


(Profesorado non permanente da USC)

Categoría da praza: Profesorado axudante doutor

Concurso número: 1029/20-21 - Data r.r. da convocatoria: 02/06/2020 (DOG de 12/06/2020)


Área de coñecemento: Historia da Arte - Departamento: Historia da Arte - Centro: Fac. de Xeografía e Historia -
Localidade: Santiago de Compostela
Código/s praza/s: FX0438,FX0439 - Perfil: Materias da área

Asistentes:
Presidente: JOSE MANUEL GARCIA IGLESIAS
Secretario: DAVID CHAO CASTRO
1º vogal: Mª DEL ROCIO SANCHEZ AMEIJEIRAS
2º vogal: Mª DOLORES BARRAL RIVADULLA
3º vogal: JESUS ANGEL SANCHEZ GARCIA

Reunidos os membros da comisión de selección do concurso citado e unha vez sumadas as puntuacións acadados por cada
aspirante nas distintas fases do concurso, acorda por unanimidade o seguinte:

1.- Acordo de puntuación total das fases do concurso


A comisión acorda realizar e facer pública a proposta de provisión segundo se detalla na seguinte táboa, en que se relacionan,
ordenadas de maior a menor puntuación final obtida, as persoas candidatas declaradas aptas e propostas por esta orde para a
provisión da praza:

Nº de Orde Nome e apelidos do/a aspirante Puntuación primeira Puntuación segunda Puntuación final do
fase fase concurso selectivo
1 Carme LOPEZ CALDERON 65.2749 20.0 85.2749
2 PEDRO DE LLANO NEIRA 52.5858 20.0 72.5858
3 Xosé Iván Villarmea Álvarez 42.1201 16.0 58.1201
4 JAVIER CASTIÑEIRAS LOPEZ 39.0966 14.0 53.0966

2.- Incidencias
O Presidente, 1º vogal e 2º vocal asistiron á segunda fase do concurso a través da ferramenta TEAMS. Non se produciron
incidencias.
OBSERVACIÓNS:
OBSERVACIÓNS A VALORAR POLO VICERREITORADO DE PROFESORADO SOBRE O PROCEDEMENTO DE
SELECCIÓN DA 1ª FASE DO CONCURSO 1029/20-21 (HISTORIA DA ARTE), ANO 2020, PARA DÚAS PRAZAS DE
AXUDANTE CONTRATADO DOUTOR EN HISTORIA DA ARTE

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2020

Profesor Doutor D. Ernesto González Seoane


Vicerreitor de Profesorado da USC:

Os membros da Comisión de Selección de Historia da Arte do devandito concurso consideramos conveniente efectuar unha

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/353F-C327-43AA-A0D5
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: 353F-C327-43AA-A0D5 1/4
serie de observacións, tanto en relación co mesmo como no concernente á situación na que se atopa esta área de coñecemento
na USC trala realización das dúas fases do mencionado concurso e remate do proceso de selección de dous candidatos para
outras tantas prazas de profesores axudantes.
Desglosamos, por iso, estas observacións en dous apartados: un de carácter técnico, en canto ao desenvolvemento das probas;
e outro, en relación coa situación que, tras este concurso, incumbe á área de Historia da Arte desta Universidade.

I. CUESTIÓNS DE CARÁCTER TÉCNICO EN RELACIÓN CO DESENVOLVEMENTO DA PROBA:

1) En primeiro lugar queremos valorar positivamente a aplicación informática desenvolvida para tal fin pola USC, pois
resulta en liñas xerais cómoda e precisa á hora de facilitar o labor da comisión. Igualmente queremos agradecer o labor dos
Servizos Administrativos do Vicerreitorado de Profesorado na revisión e valoración técnica previa dos méritos
correspondentes, o que facilitou igualmente o labor desta comisión. Con respecto a esta última consideración, no entanto,
entendemos que calquera recurso ou solicitude de aclaración por parte dos aspirantes sobre dita revisión e valoración técnica
previa será elevada directamente aos Servizos Administrativos do Vicerreitorado de Profesorado, dado que nós coma comisión
neses casos non podemos xustificar tales decisións ao non ser autorizados na aplicación telemática para efectuar calquera
modificación.

2) En canto aos criterios establecidos pola convocatoria, habemos de facer constar o noso desacordo acerca da obriga de que
a maioría de méritos alegados polos aspirantes deban corresponderse aos últimos dez anos da súa traxectoria. Aínda que
podemos entender que, con tal medida, preténdese favorecer a renovación dos persoais docentes e o incremento de
oportunidades para cos aspirantes máis novos, no entanto observamos que se produce unha discriminación moi destacada para
con aqueles aspirantes que, aínda sendo relativamente novos, non tiveron outras oportunidades previas de acceso aos corpos
docentes por razóns diversas, tanto persoais como sobre todo estruturais (crise económica desde 2008 que motivou os
bloqueos docentes de moitos departamentos e áreas docentes en todo o Estado, sen posibilidades reais de aceso aos mesmos);
o devandito criterio de selección supón así un gravame difícil de solventar para algúns dos devanditos aspirantes, que ven
diminuído drasticamente o seu nivel de puntuación cando, curricularmente, contan con méritos destacados que non poden ser
así alegados.

3) Dado que detectamos en todos os expedientes dos solicitantes algunha indicación por parte dos Servizos Administrativos
do Vicerreitorado de Profesorado de erróneas colocacións de méritos en certos módulos, quizais sería conveniente a revisión
da guía de cara a unha maior clarificación de que tipo de méritos han de ser incluídos en cada apartado, tendo en conta as
confusións bastante reiteradas.

4) Precisamente en relación co punto anterior, e dun xeito específico neste caso, entendemos que a docencia asociada ás
bolsas/contratos predoutorais (caso de Bolsas FPU ou Bolsas Predoutorais da Xunta, etc.) debería ter un apartado específico
para a súa inclusión dentro do módulo de docencia ou de traxectoria académica. Aínda que se poida -e deba, supoñemos-
incluírse no punto 2.5. relativo á “Colaboración na actividade docente universitaria”, ao tratarse de docencia non obrigatoria
pola natureza de ditas bolsas/contratos predoutorais, e xa que logo constituír o seu desempeño un mérito docente específico,
pode resultar o devandito apartado un tanto confuso para entender nel a súa inclusión (como semella que así foi). Non en balde
algúns aspirantes optaron por incluír forzadamente dita docencia no módulo específico de cargos docentes ou ata no doutros
méritos (que non parece o máis axeitado), e ata en varios casos quedou sen incluír polos aspirantes e por iso sen computar,
quizais na crenza de que dita docencia é computable automaticamente por estar vinculada a esa bolsa/contrato.

E de igual xeito, en directa relación ao mencionado neste mesmo punto, tamén a colocación dos contratos asociados ás bolsas
posdoutorais observamos que foi outro apartado que xerou confusión, e que deu lugar a que varios candidatos introducisen
eses contratos en sitios equivocados.

5) O sistema automático de regulación/corrección de baremos en todos os expedientes cando nalgún deles se superase a nota
máxima, aínda que perfectamente xustificable matematicamente, con todo supón unha variación final notable con respecto á
avaliación primixenia de cada candidato. Este mecanismo, que se observa activo sobre todo nos apartados 6 e 7, no entanto
arroxa no seu resultado final corrixido certa aparencia de menoscabo dos méritos alegados, derivado do feito de que está
incluído un maior número de ítems en tales módulos que a contía final máxima posible (tendo en conta que cada ítem é
avaliable cun máximo de 1 punto). Por iso consideramos que en tales módulos cabería equilibrar o número de ítems co
máximo de puntos posibles para acadar nos mesmos, de tal modo que a avaliación de cada aspirante se amose así tan real
como nos demais módulos que non precisan regulación/corrección, e xa que logo que non caiba en ningún deles a sensación
de que foi desposuído dunha puntuación que en orixe lle correspondía en función dos criterios aprobados..

6) Do mesmo xeito que acontece coa posibilidade de asistencia a través da ferramenta TEAMS da maioría dos membros da
comisión ao acto correspondente á 2ª fase do concurso, consideramos que tamén debería proporcionarse dita posibilidade aos
propios candidatos. E máxime en períodos como o actual de coidado sanitario.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/353F-C327-43AA-A0D5
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: 353F-C327-43AA-A0D5 2/4
II. SITUACIÓN QUE, TRAS ESTE CONCURSO, CONCERNE Á ÁREA DE HISTORIA DA ARTE DESTA
UNIVERSIDADE

1) Desexamos amosar o noso recoñecemento e parabéns a todos e cada un dos candidatos que se presentaron ao devandito
concurso de selección, pola altísima calidade dos seus respectivos curricula. Todos e cada un deles teñen méritos máis que
sobrados para ser merecedores dunha praza de axudante doutor. É máis, catro dos seis concursantes conseguiron xa a
acreditación de contratado doutor -Pedro de Llano Neira (18/02/2019); Paula Pita Galán (12/05/2020); Miriam Elena Cortés
López (12/05/2020); Carme López Calderón (02/06/2020)-, e os dous que non a teñen, de seguro, contan con méritos sobrados
para conseguila.

2) En relación cos dous candidatos que acadaron a maior puntuación e, xa que logo, son propostos por esta comisión para a
firma das dúas prazas de profesor axudante doutor convocadas para ese efecto (Dres. Carme López Calderón e Pedro de Llano
Neira), ambos contan coa acreditación de profesor contratado doutor, como se mencionou no punto anterior. Confiamos en que
por medio dela poidan dispoñer, canto antes, da posibilidade de acceder a devandito tipo de contrato que, entre outras
cuestións, permitiralles facerse merecedores de sexenios de investigación.

3) En canto aos catro participantes que se presentaron ao concurso e que non tiveron ocasión de acceder a estas prazas de
profesor axudante doutor (Dres. Iván Villarmeá Álvarez, Javier Castiñeiras López, Miriam Elena Cortés López, Paula Pita
Galán), confiamos así mesmo en que poidan ter moi pronto a posibilidade de contar con opcións a ser integrados na vida
académica deste Departamento de Historia da Arte, xa que as valoracións que obtiveron os seus respectivos méritos
testemuñan que sería moi desexable que a USC contase cos servizos de todos e cada un deles nun futuro próximo.

4) E neste mesmo sentido é preciso indicar que foron varios os alumnos egresados deste Departamento que, tras unhas
brillantes carreiras e obtención do grado de doutores, e habendo gozado de bolsas de gran prestixio, finalmente están
ocupando prazas de profesores en institucións universitarias alleas á USC por non ter tido a opción de incorporarse ao noso
Departamento ante a difícil situación da década pasada, derivada da crise. Deste xeito Rosa Rodríguez Porto (Universidade de
York, Reino Unido), Iván Rega Castro (Universidade de León), Carla Fernández Martínez (Universidade de Oviedo) e Iván
Moure Pazos (Universidade de Salamanca) son catro destes egresados de recoñecida excelencia académica e investigadora
que, nestes momentos, áchanse integrados en departamentos de Historia da Arte doutras universidades, e unicamente no caso
de Rosa Rodríguez Porto a súa próxima incorporación -en xaneiro próximo- ao noso Departamento como bolseira Ramón y
Cajal (quen obtivo o primeiro posto na Sección de Literatura e Arte da convocatoria de devandito programa de excelencia, de
novo remarcando a súa extraordinaria valía) permitiranos reincorporar ao departamento tan só unha cuarta parte do talento
que, anos atrás, houbo de saír dos nosos ámbitos ante a falta de oportunidades.

5) Confiamos en que os casos puntuais que acabamos de mencionar personalizados na Dra. Rosa Rodríguez Porto e nos
propios Dres. Carme López Calderón e Pedro de Llano Neira poidan con todo marcar o comezo dunha nova etapa de reforzo
do persoal docente do noso Departamento de Historia da Arte e, sobre todo, da imperiosa necesidade de renovación no
mesmo, tendo en conta de que na actualidade dita área de coñecemento conta, na USC, cunha media de idade moi elevada nos
seus membros. Tanto é así que, no prazo de dous anos, os tres catedráticos que hoxe están en activo chegarán á idade de
xubilación, sumándose entón ao catedrático e ao profesor titular que acaban de xubilarse co remate do pasado curso; e que
tamén no mesmo prazo de dous anos xubilarase así mesmo un profesor contratado doutor. Todo iso aconsella, por unha banda,
que se contemple canto antes o rexuvenecimento do seu profesorado con persoas ben formadas e de demostrada excelencia,
necesarias para cubrir as vagas que quedarán en tan breve período de tempo; por outra, e ao mesmo tempo, que a USC tamén
poida axilizar os procesos e prazos para que a aqueles que están xa acreditados a catedráticos ou profesores titulares no noso
Departamento se lles facilite a promoción debida, tendo en conta a relevancia que este Departamento de Historia da Arte vén
amosando.
Ado.: Comisión de Selección de Historia da Arte do Concurso 1029/20-21 (2020) da USC:
Prof. José Manuel García Iglesias (presidente)
Profa. Mª Rocío Sánchez Ameijeiras (vogal 1ª)
Prof. Jesús Ángel Sánchez García (vogal 2º)
Profa. Mª Dolores Barral Rivadulla (vogal 3ª)
Prof. David Chao Castro (secretario).

A reunión da comisión de selección celebrouse o día 24 de setembro de 2020, na Fac. de Xeografía e Historia de Santiago de
Compostela.

Documento asinado dixitalmente de acordo co establecido na Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro de 2015). As sinaturas correspóndense coas do/da secretario/a e presidente/a da comisión de selección. Este
documento publícase no taboleiro electrónico da USC e ten eficacia a partir da súa publicación

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/353F-C327-43AA-A0D5
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: 353F-C327-43AA-A0D5 3/4
Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures
Asinante/Firmante/Signer: DAVID CHAO CASTRO, NIF 76718087T, 25/09/2020 20:26:59.

Asinante/Firmante/Signer: JOSE MANUEL GARCIA IGLESIAS, NIF 33196699V, 25/09/2020 20:29:04.

CSV: 353F-C327-43AA-A0D5

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:
https://sede.usc.es/csv/353F-C327-43AA-A0D5
Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page
CSV: 353F-C327-43AA-A0D5 4/4

You might also like