You are on page 1of 4

Resumo: “Azar e Probabilidade”

 Experimentos aleatorios
 Espazo mostral. Sucesos
Moitos dos fenómenos aleatorios:
a) Os seus resultados son imprevisibles.
b) E podemos realizar o experimento as veces que desexemos en idénticas condicións.
Terminoloxía básica:
o Espazo mostral (E): conxunto de tódolos posibles resultados dun experimento aleatorio.
o Suceso: calquera subconxunto do espazo mostral, E.
o Suceso Elemental: suceso constituído por un único resultado.
o Suceso Composto: suceso formado por dous ou máis sucesos elementais.
o Suceso Imposible, : suceso que non se realiza nunca.
o Suceso Seguro, E: suceso constituído por todos os resultados da proba.
 Operacións cos sucesos
𝑨 ∪ 𝑩 = 𝒇𝒐𝒓𝒎𝒂𝒅𝒐 𝒑𝒐𝒓 𝒕𝒐𝒅𝒐𝒔 𝒐𝒔 𝒆𝒍𝒆𝒎𝒆𝒏𝒕𝒐𝒔 𝒅𝒆 𝑨 𝒆 𝑩
𝑨 ∩ 𝑩 = 𝒇𝒐𝒓𝒎𝒂𝒅𝒐 𝒑𝒐𝒍𝒐𝒔 𝒆𝒍𝒆𝒎𝒆𝒏𝒕𝒐𝒔 𝒒𝒖𝒆 𝒕𝒆ñ𝒆𝒏 𝒆𝒏 𝒄𝒐𝒎ú𝒏 𝑨 𝒆 𝑩
A e B incompatibles ⇔𝑨 ∩ 𝑩 = ∅

O suceso contrario ou complementario dun suceso A é outro suceso que denotamos por 𝐴̅:
A diferenza de dous suceso 𝐴 − 𝐵: 𝐴 − 𝐵 = 𝐴 ∩ 𝐵̅
Pódense deducir:𝐴 ∪ 𝐴̅ = 𝐸 𝐸𝑠𝑝𝑎𝑧𝑜 𝑚𝑜𝑠𝑡𝑟𝑎𝑙 𝐴 ∩ 𝐴̅ = ∅ É evidente que o suceso contrario de 𝐴̅ , é A⇒ 𝐴 = 𝐴̿
Maior dificultade presentan as leis de Morgan:
1º ̅̅̅̅̅̅̅
𝐴 ∪ 𝐵 = 𝐴̅ ∩ 𝐵̅
̅̅̅̅̅̅̅
2º 𝐴 ∩ 𝐵 = 𝐴̅ ∪ 𝐵̅

1
 Probabilidade dun suceso. Regra de Laplace
Ao realizar un experimento aleatorio descoñecemos cal vai ser o seu resultado, pero si podemos asignar ao suceso A un número que
mida a probabilidade de que aconteza. Este número chámase probabilidade do suceso A, P(A). Existen dúas formas de asignar
probabilidades a un suceso:
𝑛ú𝑚𝑒𝑟𝑜 𝑑𝑒 𝑣𝑒𝑐𝑒𝑠 𝑞𝑢𝑒 𝑜𝑐𝑜𝑟𝑟𝑒 𝐴 𝑛𝐴
a) Mediante a frecuencia relativa do suceso: 𝑓𝑟 (𝐴) = 𝑛ú𝑚𝑒𝑟𝑜 𝑑𝑒 𝑣𝑒𝑐𝑒𝑠 𝑞𝑢𝑒 𝑟𝑒𝑎𝑙𝑖𝑧𝑎𝑚𝑜𝑠 𝑜 𝑒𝑥𝑝𝑒𝑟𝑖𝑚𝑒𝑛𝑡𝑜 = 𝑁

b) A outra forma é admitindo como axiomas de probabilidade as afirmacións seguintes:


1. A probabilidade dun suceso A é sempre un número real non negativo, 𝑷(𝑨) ≥ 0
2. A probabilidade do suceso seguro E é 1, 𝑷(𝑬) = 1
3. Se A e B son sucesos incompatibles, 𝐴 ∩ 𝐵 = ∅, entón a probabilidade da unión é a probabilidade da suma:
𝑷(𝑨𝑼𝑩) = 𝑷(𝑨) + 𝑷(𝑩)

Dos axiomas podemos concluír:


1. 𝑃(∅) = 0
2. A probabilidade do suceso contrario 𝑃(𝐴) = 1 − 𝑃(𝐴̅)
3. Se A e B non son incompatibles ⇒𝑃(𝐴 ∪ 𝐵) = 𝑃(𝐴) + 𝑃(𝐵) − 𝑃(𝐴 ∩ 𝐵)
4. Se 𝐴 = 𝐴1 ∪ 𝐴2 ∪ … ∪ 𝐴𝑛 sendo estes sucesos incompatibles dous a dous entón:
𝑃(𝐴1 ∪ 𝐴2 ∪ … ∪ 𝐴𝑛 ) = 𝑃(𝐴1 ) + 𝑃(𝐴2 ) + ⋯ + 𝑃(𝐴𝑛 )
Sexa o espazo mostral E= {𝑥1 , 𝑥2 , … 𝑥𝑛 } de n elementos, todos eles equiprobables, mesma dispoñibilidade de saír.
1
𝑃(𝐸) = 𝑃(𝑥1 ∪ 𝑥2 ∪ … ∪ 𝑥𝑛 ) = 𝑃(𝑥1 ) + 𝑃(𝑥2 ) + ⋯ 𝑃(𝑥𝑛 ) = 1⇒𝑛 ∙ 𝑃(𝑥1 ) = 1 ⇒ 𝑃(𝑥1 ) = 𝑛
Se agora tomamos un suceso A, formado por h sucesos elementais(polo tanto tamén equiprobables:
1 ℎ
𝑃(𝐴) = 𝑃(𝑥1 ∪ 𝑥2 ∪ … ∪ 𝑥ℎ ) = ℎ ∙ =
𝑛 𝑛
Este resultado coñécese co nome de Regra de Laplace que nos di:

𝑛º 𝑑𝑒 𝑐𝑎𝑠𝑜𝑠 𝑓𝑎𝑣𝑜𝑟𝑎𝑏𝑙𝑒𝑠 𝑑𝑜 𝑠𝑢𝑐𝑒𝑠𝑜 𝐴


𝑃(𝐴) =
𝑛º 𝑑𝑒 𝑐𝑎𝑠𝑜𝑠 𝑝𝑜𝑠𝑖𝑏𝑙𝑒𝑠

2
 Combinatoria
Para poderes aplicar a Regra de Laplace é necesario contar os casos posibles e os casos favorables dun experimento, a combinatoria:
 Variacións de n elementos tomados de m en m, 𝑉𝑛,𝑚 , utilízase para contar os diferentes grupos de m elementos que se poden
forman en conxuntos de n elementos(m<n). Os elementos, NON se poden repetir e importa a orde.
𝑛!
𝑉𝑛,𝑚 =
(𝑛 − 𝑚)!
 Variación con Repetición de n elementos tomados de m en m, 𝑉𝑅𝑚,𝑚 , son a s variación nas que os elementos pódense repetir
ou ser diferentes ⇒
𝑉𝑅𝑛,𝑚 = 𝑛𝑚
 Permutacións, 𝑃𝑛 , son as variacións nas que m=n ⇒ 𝑃𝑛 = 𝑛!

 Combinacións de n elementos tomados de m en m, 𝐶𝑛,𝑚 ,utilízanse para contar o número de grupos diferentes que podemos
formar con m elementos distintos, elixidos dun conxunto de n elementos. Non importa a orde e ningún elemento pódese repetir.
𝑛 𝑛!
𝐶𝑛,𝑚 = ( ) =
𝑚 𝑚! ∙ (𝑛 − 𝑚)!

Recordar: 𝑛! = 𝑛 ∙ (𝑛 − 1) ∙ (𝑛 − 2) … 3 ∙ 2 ∙ 1 e que 0! = 1
 Experimentos compostos. Estratexias de reconto
o Diagramas cartesianos ou Táboas de dobre entrada: É útil en experimentos compostos formados por dous simples
o Diagramas en árbore: Un diagrama en árbore é un gráfico que nace dun tronco e os seus trazos vanse ramificando.
 Dependencia ou independencia de sucesos
 Probabilidade condicionada. Sucesos dependentes
A probabilidade do suceso B condicionada polo suceso A, é a probabilidade de que se realice B sabendo que se realizou A:
𝑃(𝐴∩𝐵)
𝑃(𝐵/𝐴)= sendo 𝑃(𝐴) > 0⇒ 𝑃(𝐴 ∩ 𝐵) = 𝑃(𝐴/𝐵) ∙ 𝑃(𝐵) = 𝑃(𝐴) ∙ 𝑃(𝐵/𝐴)
𝑃(𝐴)
Regra do produto, varios suceso dependentes: 𝑃(𝐴1 ∩ 𝐴2 ∩ … 𝐴𝑛 ) = 𝑃(𝐴1 ) ∙ 𝑃(𝐴2 /𝐴1 )∙...𝑃(𝐴𝑛 /𝐴1 ∩ 𝐴2 ∩ … 𝐴𝑛−1 )
 Sucesos independentes
Os sucesos A e B son independentes: 𝑃(𝐴 ∩ 𝐵) = 𝑃(𝐴/𝐵) ∙ 𝑃(𝐵) = 𝑃(𝐵)∙ 𝑃(𝐵/𝐴)=𝑃(𝐴) ∙ 𝑃(𝐵)

3
 Probabilidades Totais
Dise que 𝐴1 , 𝐴2 , 𝐴3, … , 𝐴𝑛 é un sistema completo de sucesos se verifica as seguintes condicións:
1º Son incompatibles dous a dous, 𝐴𝑖 ∩ 𝐴𝑗 = ∅ sempre que 𝑖 ≠ 𝑗
2º A unión de todos os suceso é o suceso seguro 𝐴1 ∪ 𝐴2 ∪ 𝐴3 ∪ … ∪ 𝐴𝑛 = 𝐸

O teorema da probabilidade Total di, que se nos atopamos nun sistema completo de sucesos do que coñecemos as probabilidades
condicionadas 𝑃(𝐵/𝐴𝑖 ), entón a 𝑃(𝐵) ven dada pola fórmula:
𝑃(𝐵) = 𝑃(𝐴1 ) ∙ 𝑃(𝐵/𝐴1 )+𝑃(𝐴2 ) ∙ 𝑃(𝐵/𝐴2 )+...+𝑃( 𝐴𝑛 ) ∙ 𝑃(𝐵/𝐴𝑛 )

 Teorema de Bayes
Sexa 𝐴1 , 𝐴2 , 𝐴3, … , 𝐴𝑛 é un sistema completo de sucesos tales que a probabilidade de cada un deles é distinta de cero, e sexa B un
suceso calquera para o que se coñecen as probabilidades 𝑃(𝐴𝑖 ⁄𝐵). O teorema de Bayes establece que as probabilidades 𝑃(𝐴𝑖 ⁄𝐵)
veñen dadas pola seguinte expresión:
𝑃(𝐴𝑖 ) ∙ 𝑃(𝐵⁄𝐴𝑖 )
𝑃(𝐴𝑖 ⁄𝐵) =
𝑃(𝐴1 ) ∙ 𝑃(𝐵⁄𝐴1 ) + 𝑃(𝐴2 ) ∙ 𝑃(𝐵⁄𝐴2 ) + ⋯ + 𝑃(𝐴𝑛 ) ∙ 𝑃(𝐵⁄𝐴𝑛 )

As probabilidades 𝑃(𝐴𝑖 ) denomínanse a priori.


As probabilidades 𝑃(𝐵⁄𝐴𝑖 )denomínanse verosimilitudes.
As probabilidades 𝑃(𝐴𝑖 ⁄𝐵) denomínanse a posteriori.

You might also like