You are on page 1of 10

Exercicios de Reforzo: “Aplicacións da derivada II: Problemas de optimización e

Representación de funcións”

1. A ganancia producida por unha máquina que durou 6 anos estímase pola función
𝑓(𝑥) = 𝑎𝑥 3 + 𝑏𝑥2 0 ≤ 𝑥 ≤ 6, f(x) representa a ganancia (en miles de euros) aos x
anos de funcionamento,a e b son constantes.
a) Determina o valor de a e b, se se saba que a función f(x) ten un punto de inflexión
no (2,32)
b) Se a=-2 e b=12, calcula o ano no que a máquina produciu a maior ganancia, cal
foi o valor da devandita ganancia? Para eses valores representa a gráfica da
función f(x) no intervalo [0, 6]

2. Unha empresa merca diversos artigos de adorno e empaquétaos en caixas para a súa
distribución. O custo promedio por caixa (en euros) está dado por 𝐶(𝑥) = 3𝑥 −
120
18𝑙𝑛𝑥 + 𝑥 + 50, 𝑠𝑒 𝑥 > 0, sendo x o número de caixas que empaqueta , ln logaritmo
neperiano. Determina o número de caixas que deben empaquetar para minimizar o
custo promedio por caixa.

3. O prezo en euros que a acción dunha empresa acada transcurso dunha sesión de
bolsa, ven dado pola función 𝑃(𝑡) = 4𝑡 3 − 42𝑡 2 + 129𝑡 + 200 0 ≤ 𝑡 ≤ 7 , t tempo en
horas a contar dende o inicio da sesión. Supoñamos que a sesión comeza ás 10 da
mañá (t=0) e finaliza 7 horas despois(as 5 da tarde).
a) Entre que horas o prezo da acción sobe e entre que horas baixa? A qué hora o
prezo da acción acada un valor máximo relativo? E un valor mínimo relativo?
Calcula ditos valores.
b) Acádase nalgún momento un valor máximo absoluto? En un mínimo absoluto? En
caso afirmativo calcula ditos valores?
c) Utilizando os resultados anteriores e calculando o punto de inflexión traza a gráfica
da función P(t)

1
4. Considérese a función 𝑓(𝑥) = 𝑎 𝑥 3 − 𝑎𝑥2 + 5𝑥 + 10, 𝑎 ≠ 0
a) Obter os valores de a para os que a función f(x) ten un máximo en x=1
b) Supoñendo que a=3, representa a gráfica da función f(x) no intervalos [0, ∞),
estudando intervalos de decrecemento, mínimos e puntos de inflexión.

5. Sexa C(t)=2𝑡 3 + 75𝑡 2 − 600𝑡 + 2000, 0 ≤ 𝑡 ≤ 24 a cantidade de auga (en centos de


litros) que chega a unha depuradora para o seu procesado ao longo de certo día t e o
tempo en horas transcorrido a partir da s0:00 horas.
a) Determina en que períodos se produce un aumento e unha diminución da
cantidade da auga
b) Calcula a cantidade mínima e máxima de auga.
c) Calcula o punto de inflexión e representa a gráfica da función C(t)

6. A cantidade de madeira (en metros cúbicos) que se extrae dunha explotación forestal
durante un período de cinco días vén dada pola función
𝑀(𝑡) = 𝑡 3 − 9𝑡 2 + 24𝑡, 0 ≤ 𝑡 ≤ 5 , onde t é o tempo transcorrido en días.
a) Estuda en que períodos se rexixtrou un aumento enos que se rexistrou unha
diminución da cantidade de madeira extraída.
b) En que día ou días se extraeu a máxima cantidade de madeira? E a mínima?
Calcular a cantidade máxima e mínima de metros cúbicoa extraida?
c) Representa graficamente a función M(t), calculando os seus puntos de inflexión.

1
7. Sexa a función 𝑓(𝑥) = 𝑎𝑥 3 + 𝑏𝑥 2 + 𝑐𝑥 + 𝑑

a) Calcula a,b, c e d, sabendo que a función presenta os seus extremos relativos nos
punto (0,0) e (1,1)
b) Determina que tipo de extremos relativos son cada un dos punto anteriores.

c) Representa a gráfica determinando os cortes cos eixes e os puntos de inflexión.

8. O beneficio B en miles de euros, para unha compañía que gasta unha cantidade x(en
miles de euros) en publicidade estímase por 𝐵(𝑥) = −0,1𝑥 3 + 6𝑥 2 + 400, 0≤ 𝑥 ≤ 60
a) Calcula a cantidade de diñeiro que a compañía debe gastar en publicidade para
que lle produza un beneficio máximo e calcula o devandito beneficio. Que
cantidade de diñeiro en publicidade elle produce un beneficio mínimo?
b) Representa a gráfica da función utilizando os resultados anteriores e estudando a
curvatura da función e puntos de inflexión.

2
Solucións

1. A ganancia producida por unha máquina que durou 6 anos estímase pola función
𝑓(𝑥) = 𝑎𝑥 3 + 𝑏𝑥2 0 ≤ 𝑥 ≤ 6, f(x) representa a ganancia (en miles de euros) aos x
anos de funcionamento,a e b son constantes.
a) Determina o valor de a e b, se se saba que a función f(x) ten un punto de inflexión
no (2,32)
b) Se a=-2 e b=12, calcula o ano no que a máquina produciu a maior ganancia, cal
foi o valor da devandita ganancia? Para eses valores representa a gráfica da
función f(x) no intervalo [0, 6]

Solución
a) Determina o valor de a e b, se se saba que a función f(x) ten un punto de inflexión
no (2,32)
Calculamos a segunda derivada: 𝑓´(𝑥) = 3𝑎𝑥 2 + 𝑏𝑥 ⇒ 𝑓´´(𝑥) = 6𝑎𝑥 + 𝑏 pola condición
de punto de inflexión en x=2 𝑓´´(2) = 0 ⇒ 12𝑎 + 𝑏 = 0
A función pasa por dito punto ⇒8𝑎 + 4𝑏 = 32
Resolvemos o sistema e obtemos a=-2 e b=12
b) Se a=-2 e b=12, calcula o ano no que a máquina produciu a maior ganancia, cal
foi o valor da devandita ganancia? Para eses valores representa a gráfica da
función f(x) no intervalo [0, 6]
Teremos que estudar a primeira derivada da función 𝑓(𝑥) = −2𝑥 3 + 12𝑥2
𝑓´(𝑥) = −6𝑥 2 + 24𝑥 ⇒ 𝑖𝑔𝑢𝑎𝑙𝑚𝑜𝑠 𝑎 𝑐𝑒𝑟𝑜 𝑥 = 0 𝑒 𝑥 = 4puntos críticos
Para estudar o máximo estudamos a segunda derivada 𝑓´´(𝑥) = −12𝑥 + 24 ⇒
𝑓´´(0) = 24 > 0 e 𝑓´´(4) = −24 < 0 é dicir no cuarto ano a ganancia do funcionamento
da máquina foi máximo. Esta ganancia ascendeu aos 64000€.
Para a súa representación temos:
Puntos de corte: (0,0) e (6,0)
Máximo (4,64) no (0,0) un mínimo
Punto de inflexión (2,32)
Función polinómica non ten asíntotas.

3
2. Unha empresa merca diversos artigos de adorno e empaquétaos en caixas para a súa
distribución. O custo promedio por caixa (en euros) está dado por 𝐶(𝑥) = 3𝑥 −
120
18𝑙𝑛𝑥 + + 50, 𝑠𝑒 𝑥 > 0, sendo x o número de caixas que empaqueta , ln logaritmo
𝑥
neperiano. Determina o número de caixas que deben empaquetar para minimizar o
custo promedio por caixa.

Solución
Temos que minimizar o custo promedio por caixa, para elo derivamos a función C(x)
18 120
𝐶´(𝑥) = 3 − − 2 ,𝑥 > 0
𝑥 𝑥
18 120
Igualmos a cero para obter os puntos críticos: 3 − 𝑥 − 𝑥2 = 0 ⇒ 𝑥2 − 6𝑥 − 40 = 0 ⇒
𝑥 = 10 𝑒 𝑥 = −4 eliminamos a negativa.
18 240
Xustificamos que temos un mímimo estudando a segunda derivada 𝐶´´(𝑥) = 𝑥2 + 𝑥 3 ⇒
𝐶´´(10) > 0 polo tanot x=10 a función C(x) alcanza u nmínimo, polo que é preciso que
empaqueten 10 caixas para minimizar o custo promedio pos caixa.

3. O prezo en euros que a acción dunha empresa acada transcurso dunha sesión de
bolsa, ven dado pola función 𝑃(𝑡) = 4𝑡 3 − 42𝑡 2 + 129𝑡 + 200 0 ≤ 𝑡 ≤ 7 , t tempo en
horas a contar dende o inicio da sesión. Supoñamos que a sesión comeza ás 10 da
mañá (t=0) e finaliza 7 horas despois(as 5 da tarde).
a) Entre que horas o prezo da acción sobe e entre que horas baixa? A qué hora o
prezo da acción acada un valor máximo relativo? E un valor mínimo relativo?
Calcula ditos valores.
b) Acádase nalgún momento un valor máximo absoluto? En un mínimo absoluto? En
caso afirmativo calcula ditos valores?
c) Utilizando os resultados anteriores e calculando o punto de inflexión traza a gráfica
da función P(t)

Solución
a) Precisamos obter a primeira derivada para calcular os puntos críticos:
𝑃´(𝑡) = 12𝑡 2 − 84𝑡 + 120 igualamos a cero 𝑡 = 2 𝑒 𝑡 = 5
Estudamos os signo da derivada para ver en que horas baixa a acción

0 2 5 7

Estudando os signo dos intervalos obtemos que dende as 10 da mañá ata as 12 do


mediodía o prezo da acción sobe ao igual que dende as 3 da tarde ata o peche da
sesión. O prezo baixa dende as 12 do mediodía ata as 3 da tarde.
O máximo relativo e hora é : (2,304) é dicir un máximo relativo ás 12
O mínimo relativo e hora: (5,250) é dicir un mínimo as 3 da tarde.

b) Estudaremos os estremos dos intervalos para saber onde se alcanzan os


máximos e mínimos absolutos, ou tamén poderíamos facer a representacións
gráfica primeiro.
Se calculamos o valor da función nos extremos do intervalo obtemos:

4
t=7 ⇒P(7)=354 polo tanto este será o máximo absoluto da función que
corresponde as 5 da tarde.
t=0⇒P(0)=200, polo tanto neste punto a función ten o mínimo absoluto que
corresponde as 10 da mañá.
c) Temos que calcular o punto de inflexión para elo faremos a segunda derivada
igualamos a cero e estudamos o signo:
𝑃´(𝑡) = 12𝑡 2 − 84𝑡 + 120 ⇒ 𝑃´´(𝑡) = 24𝑡 − 84 ⇒ 24𝑡 − 84 = 0 ⇒ 𝑡 = 3,5
Se estudamos o signo é cóncava cara abaixo no intervalo (0, 3,5) e cóncava cara
arriba de (3,5 , 7)
Tendo en conta os extremo estudados no apartado anterior a representación da
función é :

1
4. Considérese a función 𝑓(𝑥) = 𝑎 𝑥 3 − 𝑎𝑥2 + 5𝑥 + 10, 𝑎 ≠ 0
a) Obter os valores de a para os que a función f(x) ten un máximo en x=1
b) Supoñendo que a=3, representa a gráfica da función f(x) no intervalos [0, ∞),
estudando intervalos de decrecemento, mínimos e puntos de inflexión.

Solución
a) Calculamos a derivada, xa que no punto x=1 terá que anularse:
3 −1
𝑓´(𝑥) = 𝑎 𝑥2 − 2𝑎𝑥 + 5⇒𝑓´(1) = 0 ⇒ 3 − 2𝑎2 + 5𝑎 = 0 Resolvemos 𝑎 = 3 𝑒 𝑎 = 2
Comprobamos que se é un máximo en x=1 a segunda derivada terá que ser
negativa:
6 −1
𝑓´´(𝑥) = 𝑥 − 2𝑎 ⇒ 𝑓´´(1) = −12 + 1 < 0 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑎 = ; 𝑓´´(1) = 2 − 6 < 0 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑎 = 3
𝑎 2
Logo son válidos os dous valores da a.
1
b) Estudemos e representemos a función 𝑓(𝑥) = 3 𝑥 3 − 3𝑥2 + 5𝑥 + 10
Crecemento: 𝑓´(𝑥) = 𝑥2 − 6𝑥 + 5 ⇒x=1 e x=5, estudamos o signo nos intervalos e:
(0,1) e (5,∞) a función é crecente
(1,5) a función é decrecente
37 5
Obtemos un máximo no punto(1, 3 ) e no punto (5,3) un mínimo.

5
A curvatura e puntos de inflexión estudaremos a segunda derivada: 𝑓´´(𝑥) = 2𝑥 − 6 ⇒
𝑥=3
Estudamos o signo da segunda derivada e (0,3) cóncava cara abaixo e de
(3,∞) cóncava cara arriba. Punto de inflexión (3,7)

5. Sexa C(t)=2𝑡 3 + 75𝑡 2 − 600𝑡 + 2000, 0 ≤ 𝑡 ≤ 24 a cantidade de auga (en centos de


litros) que chega a unha depuradora para o seu procesado ao longo de certo día t e o
tempo en horas transcorrido a partir da s0:00 horas.
a) Determina en que períodos se produce un aumento e unha diminución da
cantidade da auga
b) Calcula a cantidade mínima e máxima de auga.
c) Calcula o punto de inflexión e representa a gráfica da función C(t)

Solución
a) Calculamos a primeira derivada e igualamos a cero 𝐶´(𝑡) = −6𝑡 2 + 150𝑡 − 600
𝐶´(𝑡) = 0 ⇒ 𝑡 = 5 𝑒 𝑡 = 20
Estudamos o crecemento:

No intervalo (0,5) e (20,24) a función é decrecente mo intervalos (5,20) a función é


crecente; polo tanto prodúcese un aumento da cantidade de auga dende as 5:00horas
ata as 20:00 horas, e unha diminución dende as 0:00horas ata as 5:00 horas e dende
as 20:00 horas ata as 24:00 horas.
b) Calcula a cantidade mínima e máxima de auga.
Do estudo anterior deducimos que no punto t=5 a función C(t) presenta un mínimo
C(5)= 625
En t=20 a función presenta un máximo C(t)=4000
“ A Cantidade mínima de auga 62500 litros e a cantidade máxima de auga 400000
litros”
(Nos extremos de definición da función podemos verificar que son máximos e
mínimos relativos)

6
c) Calcula o punto de inflexión e representa a gráfica da función C(t)
Calculamos a segunda derivada 𝐶´´(𝑡) = −12𝑡 + 150 obtemos t=12,5
Estudamos o signo e obtemos un punto de inflexión, xa que de (0,12,5) a función é
cóncava cara arriba e de (12,5 ,24) cóncava cara abaixo.
Recuperamos a información para representar a función C(t)

6. A cantidade de madeira (en metros cúbicos) que se extrae dunha explotación forestal
durante un período de cinco días vén dada pola función
𝑀(𝑡) = 𝑡 3 − 9𝑡 2 + 24𝑡, 0 ≤ 𝑡 ≤ 5 , onde t é o tempo transcorrido en días.
a) Estuda en que períodos se rexixtrou un aumento enos que se rexistrou unha
diminución da cantidade de madeira extraída.
b) En que día ou días se extraeu a máxima cantidade de madeira? E a mínima?
Calcular a cantidade máxima e mínima de metros cúbicoa extraida?
c) Representa graficamente a función M(t), calculando os seus puntos de inflexión.

Solución
a) Estuda en que períodos se rexixtrou un aumento enos que se rexistrou unha
diminución da cantidade de madeira extraída
Determinamos e estudamos a primeira derivada: 𝑀´(𝑡) = 3𝑡 2 − 18𝑡 + 24
Estudamos os puntos críticos: 𝑀´(𝑡) = 0 ⇒ 𝑡 = 2 𝑒 𝑡 = 4
Estudamos ocrecemento

Dende o instante inicial ao segundo día e do cuarto ao quinto día rexistrouse un


aumento da cantidade extraída. Do segundo ao cuarto día rexistrouse unah
diminución.
b) En que día ou días se extraeu a máxima cantidade de madeira? E a mínima?
Calcular a cantidade máxima e mínima de metros cúbicoa extraida?
En t=2 temos un máximo (2,20)
En t=4 un mínimo (4,16)
Estudamos a función nos extremos de definición:
t=0 ⇒M(0)=0
t=5 ⇒M(5)=20
Entón podemos concluír no segundo e no quinto día extaeuse a cantidade
máxima e a cantidade mínima extaeuse no instante inicial. Sendo a cantidade
máxima 20 metros cúbicos de madeira e a cantidade mínima 0 metros cúbicos
de madeira.

7
c) Representa graficamente a función M(t), calculando os seus puntos de inflexión.
Calculamos asegunda derivada 𝑀´(𝑡) = 3𝑡 2 − 18𝑡 + 24 ⇒ 𝑀´´(𝑡) = 6𝑡 − 18⇒t=3
Estudamos o signo da derivada segunda e obtemos que de (0,3) a función é
negativa o que implica cóncava ara abaixo e de (3,5) é positiva cóncava cara
arriba.Punto de inflexión no (3,18)
Recuperamos toda a información dos apartados anteriores e representamos a
función:

7. Sexa a función 𝑓(𝑥) = 𝑎𝑥 3 + 𝑏𝑥 2 + 𝑐𝑥 + 𝑑


a) Calcula a,b, c e d, sabendo que a función presenta os seus extremos relativos nos
punto (0,0) e (1,1)
b) Determina que tipo de extremos relativos son cada un dos punto anteriores.
c) Representa a gráfica determinando os cortes cos eixes e os puntos de inflexión.

Solución

a) Calcula a,b, c e d, sabendo que a función presenta os seus extremos relativos nos
punto (0,0) e (1,1)
𝑓(𝑥) pasa por (0,0)⇒f(0)=0 ⇒d=0
𝑓´(𝑥) = 3𝑎𝑥 2 + 2𝑏𝑥 + 𝑐⇒ por ser (0,0) un extremo verifícase: 𝑓´(0) = 0⇒𝑐 = 0
𝑓(𝑥) pasa por (1,1) ⇒f(1)=a+b ⇒a+b=1
𝑓´(𝑥) = 3𝑎𝑥 2 + 2𝑏𝑥 + 𝑐⇒ por ser (1,1) un extremo verifícase: 𝑓´(1) = 1⇒
3𝑎 + 2𝑏 = 1
𝑎+𝑏 =1
Resolvemos o sistema{ ⇒ a=-2 e b=3
3𝑎 + 2𝑏 = 1

b) Determina que tipo de extremos relativos son cada un dos punto anteriores.
Para determinar que tipo de extremos son, podemos usar a primeira o segunda
derivada. Neste caso imos a estudar a segunda derivada:
𝑓´(𝑥) = −6𝑥 2 + 6𝑥 ⇒ 𝑓´´(𝑥) = −12𝑥 + 6
Para x=0⇒ 𝑓´´(0) = 6 > 0 é un mínimo. A función presenta un mínimo no (0,0)
Para x=1⇒ 𝑓´´(1) = −6 > 0 é un máximo. A función presenta un máximo no (1,1)

8
c) Representa a gráfica determinando os cortes cos eixes e os puntos de inflexión.
Cortes cos eixes: (0,0) (3/2,0)
Para calcular o punto de inflexión calculamos a segunda derivada:
1
𝑓´´(𝑥) = −12𝑥 + 6 e igualamos a cero ⇒ f´´=0⇒x=2 estudamos os signo e
obtemos de (−∞, 1/2) cóncava cara arriba e de (1/2,∞) cóncava cara abaixo o
que indica que temos un punto de inflexión (1/2, ½)
Representamos toda a información é:

8. O beneficio B en miles de euros, para unha compañía que gasta unha cantidade x(en
miles de euros) en publicidade estímase por 𝐵(𝑥) = −0,1𝑥 3 + 6𝑥 2 + 400, 0≤ 𝑥 ≤ 60
a) Calcula a cantidade de diñeiro que a compañía debe gastar en publicidade para
que lle produza un beneficio máximo e calcula o devandito beneficio. Que
cantidade de diñeiro en publicidade elle produce un beneficio mínimo?
b) Representa a gráfica da función utilizando os resultados anteriores e estudando a
curvatura da función e puntos de inflexión.

Solución

a) Calcula a cantidade de diñeiro que a compañía debe gastar en publicidade para


que lle produza un beneficio máximo e calcula o devandito beneficio. Que
cantidade de diñeiro en publicidade elle produce un beneficio mínimo?

Calculamos a derivada 𝐵´(𝑡) = −0,3𝑥 2 + 12𝑥 igualamos a cero e obtemos os puntos


críticos: x=0 e x=40
Comprobamos de que se tratan, neste caso o facemos pola derivada segunda
𝐵´´(0) = 12 > 0
𝐵´´(𝑥) = −0,6𝑥 + 12 ⇒ { deducindo que en x=0 a función B(t)
𝐵´(40) = −12 < 0
presenta un mínimo e en x=40 un máximo.
“Deben gastar 40000€ en publicidade para que o seu beneficio sexa máximo, sendo
este 3600000€”
Para x=0 B(0)=400 e para x=60 B(60)=400, polo tanto “ Se non gasta nada en
publicidade ou se gasta 60000€ o beneficio que obtén é mínimo”

9
b) Representa a gráfica da función utilizando os resultados anteriores e estudando a
curvatura da función e puntos de inflexión.
Estudamos a segunda derivada 𝐵´´(𝑥) = 0 ⇒ −0,6𝑥 + 12 = 0 ⇒ 𝑥 = 20 estudamos
o signo e no intervalo(0,20) a función é cóncava cara arriba no intervalo (20,60) é
cóncava cara abaixo(segunda derivada negativa). No punto (20,2000) teremos un
punto de inflexión.
Recollemos toda a información e debuxamos a gráfica:

10

You might also like