You are on page 1of 9

Aplicacións da derivada II: Problemas de optimización.

Representación de funcións
1. Introdución
2. Problemas de optimización
3. Representación de funcións
3.1 Funcións polinómicas
3.2 Funcións racionais
3.3 Funcións con radicais
3.4 Funcións logarítmicas e exponenciais

1. Introdución
Quen non está interesado en obter o beneficio máximo co mínimo custe? Non se trata
dun produto milagre senón de algo que se pode calcular matematicamente, usando o
concepto de derivada como veremos na seguinte unidade. Tamén aplicaremos o
estudado na unidade anterior para a representación das funcións.

2. Problemas de optimización
Optimizar unha función consiste en buscar os seus extremo relativos. Existen moitas
situacións tanto en matemáticas, física, economía e outras disciplinas onde aparece
unha función a optimizar. Para abordar este tipo de situacións non existe unhas
normas fixas, pero si hai unhas regras ou pasos que podemos seguir:
 Calcular a expresión alxébrica da función tendo en conta os datos do problema.
 Se a función depende de máis dunha variable, teremos que buscar relacións entre
elas para deixar a función dependendo dunha sola.
 Calcular os máximos e mínimos da función.
 Interpretar os resultados no contexto do problema analizando si se adaptan ao
pedido.

Exemplo 1

Queremos limitar unha parcela rectangular de 24𝑑𝑎𝑚2 por medio dunha valla e
dividila en dúas partes iguais mediante outra valla paralela a un dos lados. Qué
dimensións deben elixirse para que a cantidade de valla sexa mínima?

A función que debemos minimizar é 𝑓(𝑥, 𝑦) = 3𝑦 + 2𝑥, que depende de dúas


variables. A relación entre as dúas variables establécese coa condición de que a
área do rectángulo é 24𝑑𝑎𝑚2 ⇒
24
𝐴 = 𝑥 ∙ 𝑦 = 24⇒𝑦 = 𝑥
𝑦

𝑥
72
𝑓(𝑥) = 𝑥
+ 2𝑥 ⇒ derivamos para optimizar a función e obter os posibles extremos
−72 −72
𝑓´(𝑥) = 𝑥 2 + 2 ⇒ 𝑥 2 + 2 = 0 ⇒ 𝑥 = ±6

A solución negativa neste caso non se adecúa ao enunciado. Verificamos se a


144
solución x=6 corresponde a un mínimo: 𝑓´´(𝑥) = 𝑥 3 ⇒ 𝑓´´(6) > 0 ⇒ 𝑥 = 6 𝑢𝑛 𝑚í𝑛𝑖𝑚𝑜

As dimensión son 𝑥 = 6 𝑑𝑎𝑚 e 𝑦 = 4 𝑑𝑎𝑚


1
Exemplo 2
1
Se o costo de produción de x unidades diarias dun produto é 4 𝑥 2 + 35𝑥 + 25 e o prezo
𝑥
de venta dunha delas é 50 − 4 miles de euros. Calcula o número de unidades que
deben venderse diariamente para que o beneficio sexa máximo.

A función a maximizar é a función beneficio B(x), que depende do número de unidade


fabricadas diariamente, x. Para calcular o beneficio debemos restar o custe de
𝑥
produción aos ingresos polas ventas, que serán, si se vende x unidades, 𝑥 (50 − 4)

𝑥 1 −𝑥 2
Así o beneficio: 𝐵(𝑥) = 𝑥 (50 − ) − ( 𝑥2 + 35𝑥 + 25)= + 15𝑥 − 25
4 4 2

Calculamos a derivada: 𝐵´(𝑥) =) − 𝑥 + 15 ⇒ 𝑥 = 15 𝑢𝑛𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒𝑠

Comprobamos se o valor obtido corresponde a un máximo 𝐵´´(𝑥) = −1 < 0

Polo tanto a produción diaria de 15 unidades proporciona o beneficio máximo.

3. Representación de funcións
As funcións que van aparecendo presenta unha complexidade cada vez maior, polo
que require de método máis sofisticados para o seu estudo. Non chega con coñecer
unha táboa de valores, como as funcións lineais, ou a través de puntos característicos
como as función cuadráticas. Senón que realizaremos un estudo moito máis
sofisticado.
Os pasos para efectuar o estudo e a representación gráfica dunha función son os
seguintes:
3.1. Cálculo do dominio
3.2. Estudo da simetría e periodicidade
3.3. Cálculo dos puntos de cortes cos eixes
3.4. Cálculo das asíntotas
3.5. Estudo da monotonía e extremos
3.6. Estudo da curvatura e puntos de inflexión
O colofón deste estudo é o esbozo dunha gráfica da función, isto é, a súa
representación gráfica.
Repasemos como se efectúan algúns dos pasos anteriores.

3.1 Cálculo do dominio


É o conxunto de valores de x para os cales a función está definida e é continua. Os
casos nos que o dominio é distinto a ℝ son os seguintes:
 Función racional: temos que excluír as raíces do denominador.
 Funcións con radicais: Se o índice é par, o radicando deberá ser maior ou igual
a cero.
 Función logarítmicas: o argumento ten que ser positivo.

2
3.2 Estudo da simetría e periodicidade
 Función Par: simétrica respecto do eixe Y, verifícase 𝑓(−𝑥) = 𝑓(𝑥)
 Funcións Impares: simétrica respecto da orixe de coordenadas, verifícase
𝑓(−𝑥) = −𝑓(𝑥)
Función Par Función Impar

Unha función é periódica, de período T(T>0), se a súa gráfica repítese en


intervalos de lonxitude T, isto é , 𝑓(𝑥) = 𝑓(𝑥 + 𝑇). A periodicidade soamente a
estudamos para as funcións trigonométricas.

3.3 Cálculo dos puntos de corte cos eixes


 Co eixe OX: resolveremos a ecuación 𝑓(𝑥) = 0
 Co eixe OY: resolveremos a ecuación 𝑦 = 𝑓(0)

3.4 Cálculo das asíntotas

Asíntota Vertical en 𝑥 = 𝑎 se polo menos un dos seus limites laterais é


infinito, lim𝑥→𝑎 𝑓(𝑥) = ±∞,(a función tende a ∞ ou -∞ conforme x aproxímase ao
punto a).

Asíntota Horizontal en 𝑦 = 𝑘 , 𝑘𝜖ℝ se o lim𝑥→−∞ 𝑓(𝑥) = 𝑘 𝑜𝑢 lim𝑥→∞ 𝑓(𝑥) = 𝑘.

Asíntota Oblicua en 𝑦 = 𝑚𝑥 + 𝑛 se a función aproxímase a ela cando x tende a ±∞.


Para o cálculo de m e n faremos:
f(x)
𝑚 = limx→∞ x e 𝑛 = limx→∞[f(x) − mx]

Os apartados de estudo de monotonía e extremos e curvatura e puntos de inflexión xa


foron tratados na unidade anterior. Para a representación da función unha vez
calculado todos os pasos representaremos: as asíntotas, se ten, os puntos de corte e
os puntos críticos(máximos, mínimos e puntos de inflexión) e os uniremos cos arcos
que nos indique a súa monotonía e curvatura.

3.1 Funcións polinómicas


As función polinómicas son as máis sinxelas de representar 𝑓(𝑥) = 𝑎𝑛 𝑥 𝑛 + ⋯ 𝑎1 𝑥 + 𝑎0
Teñen a característica de que o seu dominio é todo ℝ e polo tanto son funcións
continuas, así que non teñen asíntotas, polo que os cálculos simplifican.

3
Exemplo

Representa graficamente: 𝑓(𝑥) = 𝑥 4 – 4𝑥 2

1. O seu dominio é Dom(f) = ℝ por ser un polinomio; ademais, é continua en todo o


dominio.
2. Simetrías. É unha función par, porque f(–x) = (–x)4 – 4(–x)2 = x4 – 4x2 = f(x). Isto
quere dicir que a súa gráfica é simétrica con respecto do eixe Y.

3. Puntos de corte cos eixes:


Eixe Y: x = 0 ⟹ y = 0 ⟹ (0, 0)

Eixe X: y = 0 ⟹ 0 = x2(x + 2)(x – 2) ⟺ x = 0, x = ±2

Entón corta nos puntos (0, 0), (–2, 0) e (2, 0).

4. Asíntotas non ten


5. Monotonía e extremos

Derivada primeira. f´(x) = 4x3 – 8x = 4x(x2 – 2)


Calcúlanse os puntos críticos:

f´(x) = 0 ⟺ 4x(x2 – 2) = 0 ⟺ x = 0, x = ± 2

Estúdase o crecemento e decrecemento nos intervalos determinados por estes


puntos.

Entón, a partir do esquema, conclúese que hai un máximo no punto (0, 0) e hai
mínimos nos puntos (– 2 , –4) e ( 2 , –4).

6. Curvatura e puntos de inflexión

Derivada segunda. f´´(x) = 12x2 – 8


Calcúlanse os puntos de inflexión:

2
f´´(x) = 0 ⟺ 12x2 – 8 = 0 ⟺ x = ± Estúdase a concavidade e convexidade
3
nos intervalos determinados por estes puntos.

 2  20   2  20 
Polo tanto, hai puntos de inflexión en   ,  e en  ,
 3 9 .

 3 9   

4
A representación gráfica con toda a información obtida é :

3.2 Función racionais


Unha función racional é aquela que se pode escribir como cociente de polinomios
𝑃(𝑥)
𝑓(𝑥) = 𝑄(𝑥). Neste tipo de funcións teremos que eliminar do dominio os puntos que
anulan o denominador, polo tanto a función neses puntos non estará definida e non
será continua. Neses puntos estudarase se ten asíntotas verticais estudando os
límites laterais.

Exemplo

4x
Representa graficamente (x) =
x 42

1. O seu dominio é Dom(f) = ℝ, debido a que o seu denominador non se anula


nunca; ademais, é continua en todo o dominio, por ser cociente de dúas
funcións continuas.
4(  x )  4x
2. Simetrías. É unha función impar, porque f(–x) = = 2 = –f(x),
( x)  4
2
x 4
simétrica con respecto da orixe.
3. Puntos de corte cos eixes:
Eixe Y: x = 0 ⟹ y = 0 ⟹ (0, 0)

4x
Eixe X: y = 0 ⟹ 0 = ⟺ x = 0. É dicir, o mesmo punto de corte que no
x 4
2

eixe Y, (0, 0).

4. Asíntotas:
Asíntotas verticais: non hai porque a función é continua en todo ℝ.
4x
Asíntotas horizontais: lím = 0 Entón, hai asíntota horizontal en y = 0, á
x   x 4
2

dereita e á esquerda, debido á simetría impar da función.

Asíntotas oblicuas non pode haber, xa que hai horizontal.


5

4.
5. Monotonía e Extremos

16  4 x 2
Derivada primeira. f´(x) = Calcúlanse os puntos críticos:
x 2
 4
2

f´(x) = 0 ⟺ 16 – 4x2 = 0 ⟺ x = ±2

Estúdase o crecemento e decrecemento nos intervalos determinados por


estes puntos.

6. Curvatura e puntos de inflexión


8 x 3  96 x
Derivada segunda. f´´(x) = Calcúlanse os puntos de inflexión:
x 2
 4
3

f´´(x) = 0 ⟺ 8x3 – 96x = 0 ⟺ x = 0, x = ±2 3

Estúdase a concavidade e convexidade nos intervalos determinados por estes


puntos.

  3  3
Polo tanto, hai puntos de inflexión en (0, 0),   2 3,  e en  2 3, .
2   2 
  

6
3.3 Funciones con radicais
Ao estudar unha función con radicais 𝑓(𝑥) = 𝑛√𝑃(𝑥) ,deberemos de lembrar que as
raíces de índice par non están definidas se o radicando é negativo.

Exemplo

Representa graficamente: 𝑓(𝑥) = √𝑥 2 − 1

1. Dominio
Resolvemos a inecuación 𝑥 2 − 1 ≥ 0⇒D=(−∞, −1] ∪ [1, ∞)
2. Simetría : 𝑓(𝑥) = 𝑓(−𝑥) simétrica par respecto da orixe.
3. Asíntotas
Asíntotas verticais non ten
Asíntotas horizontais: lim𝑥→−∞ √𝑥 2 − 1 = ∞ e lim𝑥→∞ √𝑥 2 − 1 = ∞ logo non
ten.
𝑓(𝑥) √𝑥 2 −1
Asíntotas oblicuas:lim𝑥→∞ 𝑥
= lim𝑥→∞ 𝑥
= 1;
(√𝑥 2 −1−𝑥)(√𝑥 2 −1+𝑥)
lim𝑥→∞ 𝑓(𝑥) − 𝑚𝑥 = lim𝑥→∞ (√𝑥 2 − 1 − 𝑥) = lim𝑥→∞ =
(√𝑥 2 −1+𝑥)
1
lim𝑥→∞ = 0⇒ Asíntota oblicua y=x cando x tende a ∞, por se unha
(√𝑥 2 −1+𝑥)
función par tamén ten outra asíntota y=-x cando x tende a -∞
4. Monotonía e extremos
𝑥
Estudamos a derivada nos intervalos (−∞, −1) ∪ (1, ∞) 𝑓´(𝑥) =
√𝑥 2 −1
igualamos a cero e obtemos x=0 que non pertence o dominio. A función é
crecente en (1, ∞) e decrecente en (−∞, −1)

-1 1
5. Curvatura e puntos de inflexión
−1
Estudamos a segunda derivada 𝑓´´(𝑥) = que é sempre negativa
(𝑥 2 −1)√𝑥 2 −1
polo tanto a función é cóncava cara abaixo no seu dominio.

7
3.4 Funcións logarítmicas e exponenciais
Á hora de estudar funcións logarítmicas débese lembrar que a función 𝑓(𝑥) = 𝑙𝑜𝑔𝑎𝑥
soamente está definida para (0, ∞) e ten unha asíntota vertical en x=0 cando x se
acerca a cero pola dereita.

Exemplo
2𝑥
Representa a función 𝑓(𝑥) = ln(2−𝑥)

2𝑥
1. Dominio : resolvemos a inecuación 2−𝑥 > 0 ⇒ 𝐷(𝑓) = (0,2)
2𝑥 2𝑥
2. Cortes cos eixes: ln (2−𝑥) = 0 ⇒ 2−𝑥 = 1 ⇒ 𝑥 = 2/3 punto de corte (2/3, 0)
3. Asíntotas:
2𝑥 2𝑥
Asíntotas verticais: lim𝑥→0+ ln (2−𝑥) = −∞ 𝑒 lim𝑥→2− ln (2−𝑥) = ∞ ⇒ 𝑥 = 0 e
x=2 son asíntotas verticais.

Asíntotas horizontais e oblicuas non ten sentido calculalas xa soamente está


definida no intervalo (0,2)

4. Monotonía e estremos:
2
Estudamos a derivada 𝑓´(𝑥) = non se anula nunca e é sempre positiva
𝑥(2−𝑥)
polo tanto función crecente.
5. Curvatura e puntos de inflexión:
4𝑥−4
Estudamos a derivada segunda 𝑓´´(𝑥) = igualamos a cero e obtemos
𝑥 2 (2−𝑥)2
x=1, f´´ é positiva en (1,2) polo tanto cóncava cara arriba e é negativa (0,1)
cóncava cara abaixo. A función ten un punto de inflexión en (1,ln2)

As funcións exponenciais serven para describir fenómenos de crecemento, como a


masa arbórea dun bosque, o crecemento dunha colonia de células... As funcións
exponenciais máis sinxelas son da forma 𝑓(𝑥) = 𝑎 𝑥 𝑐𝑜𝑛 𝑎 > 0 .

8
Exemplo
3
Representa 𝑓(𝑥) = 𝑒 3𝑥−𝑥

1. Domino : Todo ℝ
2. Cortes cos eixes:

Eixe Y: x = 0 ⟹ y =1 ⟹ (0, 1)

Eixe X: y = 0 ⟹ non o corta


3. Asíntotas:
Asíntotas verticais non ten por está definida en todo ℝ
3 3
Asíntotas horizontais: lim𝑥→−∞ 𝑒 3𝑥−𝑥 = ∞ : lim𝑥→∞ 𝑒 3𝑥−𝑥 = 0 ten unha
asíntota horizontal y=0 cando x tende a infinito.
4. Monotonía e extremos:
3
Estudamos a derivada 𝑓´(𝑥) = (3 − 3𝑥 2 ) 𝑒 3𝑥−𝑥 igualamos a cero x=1 e x=-1.
Estudamos o signo: f crecente en (−∞, −1) ∪ (1, ∞) e decrecente (−1,1). A
función ten un mínimo en (-1,𝑒 −2 ) e un máximo en (1,𝑒 2 )

5. Curvatura e puntos de inflexión:


3 3
𝑓´´(𝑥) = (−6𝑥 + (3 − 3𝑥 2 )2 )𝑒 3𝑥−𝑥 = (9𝑥 4 − 18𝑥 2 − 6𝑥 + 9)𝑒 3𝑥−𝑥 igualamos
cero e por ser unha sen raíces enteiras, esbózase a gráfica de f cos datos
obtidos.

You might also like