You are on page 1of 12

Derivada dunha función.

Aplicacións I
1. Introdución
2. Derivada dunha función
2.1 Función derivada
2.2 Regras de derivación
2.2.1 Álxebra de derivadas
2.2.2 Regra da cadea
2.3 Ecuación da recta tanxente
2.4 Derivabilidade e continuidade
2.5 Derivadas sucesivas
3. Información da primeira derivada: Monotonía e extremos
4. Información da segunda derivada: Curvatura e puntos de inflexión

1. Introdución
Esta unidade trata sobre a derivada, ferramenta xa estudada en cursos anteriores.
Repasaremos a súa definición e as regras para derivar calquera función.A derivada
permite examinar con detalle calquera función e extraer dela toda a información que
precisemos, así como o cálculo da recta tanxente en un punto, intervalos de
crecemento...

2. Derivada dunha función


A derivada dunha función 𝑦 = 𝑓(𝑥) en 𝑥 = 𝑎 é o límite das taxas de variación media
no intervalo [𝑎, 𝑎 + ℎ] cando h tende a cero. Represéntase:

𝑓(𝑎 + ℎ) − 𝑓(𝑎)
𝑓 ´ (𝑎) = lim
ℎ→0 ℎ
𝑓´(𝑎) lese como f prima de a, ou a derivada de f en a, se existe este límite e é finito
dicimos que a función f(x) é derivable en x=a.

Exemplo

Calcula a derivada da función 𝑓(𝑥) = 𝑥 2 − 6𝑥 + 11 no punto x=4

𝑓(4 + ℎ) − 𝑓(4) (4 + ℎ)2 − 6(4 + ℎ) + 11 − 3 ℎ2 + 2ℎ 0


𝑓´(4) = lim = lim = lim = 𝐼𝑁𝐷
ℎ→0 ℎ ℎ→0 ℎ ℎ→0 ℎ 0
ℎ(ℎ+2)
lim ℎ
= lim⁡ℎ + 2=2
ℎ→0 ℎ→0

1
2.1 Función derivada
Dado o tedioso que resulta calcular a derivada dunha función punto a punto, recórrese
a definir unha función derivada que nos permita calcular a derivada de calquera
función en calquera punto.
A función derivada dunha función f(x) é a que asocia a cada valor da variable x o valor
da derivada nese punto. Represéntase por 𝑓 ´ (𝑥)𝑜𝑢⁡𝑦 ´ e calculase como:

𝑓(𝑥 + ℎ) − 𝑓(𝑥)
𝑓 ´ (𝑥) = lim
ℎ→0 ℎ

Exemplo

Calcula a derivada da función 𝑓(𝑥) = 𝑥 2 − 3 nos puntos x=-2 e x=1

(𝑥+ℎ)2 −3−(𝑥 2 −3) ℎ 2 +2𝑥ℎ 0


Calculamos a función derivada 𝑓´(𝑥) = lim ℎ
= lim ℎ
= 0 𝐼𝑁𝐷
ℎ→0 ℎ→0

lim (ℎ + 2𝑥)=2x
ℎ→0

Polo tanto a función derivada é: 𝑓´(𝑥) = 2𝑥

No punto x=-2⇒ 𝑓´(−2) = 2(−2) = −4

No punto x=1⇒ 𝑓´(1) = 2(1) = 2

2.2 Regras de derivación


Para o calculo da derivada dunha función ou da derivada nun punto acabamos de ver
que se fai a través dun límite. A maioría das veces este cálculo non é moi complicado
pero si pode resultas laborioso. Por iso existen o que se chaman regras de derivación
que facilitan a obtención das derivadas de distintas funcións.

A continuación teremos as derivadas das funcións máis usuais:

Funcións Derivadas Exemplo


Polinómicas
1. 𝑦 = 𝑘 𝑦´ = 0 𝑦=7 𝑦=0
2. 𝑦 = 𝑥 𝑦´ = 1 𝑦=𝑥 𝑦´ = 1
3. 𝑦 = 𝑥 𝑛 , 𝑛 ∈ 𝑦 ´ = 𝑛𝑥 𝑛−1 𝑦 = 𝑥5 𝑦 ´ = 5𝑥 4
Exponenciais
4. 𝑦 = 𝑒 𝑥 𝑦´ = 𝑒 𝑥 𝑦 = 𝑒𝑥 𝑦´ = 𝑒 𝑥
5. 𝑦 = 𝑎 𝑥 𝑦´ = 𝑎 𝑥 𝑙𝑛𝑎 𝑦 = 3𝑥 𝑦´ = 3𝑥 𝑙𝑛3
Logarítmicas
6. 𝑦 = 𝑙𝑛𝑥 𝑦´ = 1/𝑥 𝑦 = 𝑙𝑛𝑥 𝑦´ = 1/𝑥
7. 𝑦 = log 𝑎 𝑥 1 𝑦 = log 8 𝑥 1
𝑦´ = 𝑦´ =
𝑥𝑙𝑛𝑎 𝑥𝑙𝑛8

2
Trigonométricas
8. 𝑦 = 𝑠𝑒𝑛𝑥 𝑦´ = 𝑐𝑜𝑠𝑥 𝑦 = 𝑠𝑒𝑛𝑥 𝑦´ = 𝑐𝑜𝑠𝑥
9. 𝑦 = 𝑐𝑜𝑠𝑥 𝑦´ = −𝑠𝑒𝑛𝑥 𝑦 = 𝑐𝑜𝑠𝑥 𝑦´ = −𝑠𝑒𝑛𝑥
10. 𝑦 = 𝑡𝑎𝑛𝑥 1 𝑦 = 𝑡𝑎𝑛𝑥 1
𝑦´ = 𝑦´ =
𝑐𝑜𝑠 2 𝑥 𝑐𝑜𝑠 2 𝑥

2.2.1 Álxebra de derivadas


 Derivada da suma de funcións: é a suma das derivadas de ditas funcións.
[𝑓(𝑥) + 𝑔(𝑥)]´ = 𝑓´(𝑥) + 𝑔´(𝑥)
 Derivada do produto dun número por unha función: é o produto do número pola
derivada da función.
[𝑘𝑓(𝑥)] = 𝑘𝑓´(𝑥)
 Derivada do produto de funcións: é a derivada da primeira función pola segunda
sen derivar máis a primeira sen derivar pola derivada da segunda función.
[𝑓(𝑥) ∙ 𝑔(𝑥)]´ = 𝑓´(𝑥)𝑔(𝑥) + 𝑓(𝑥)𝑔´(𝑥)
 Derivada dun cociente de funcións: é outro cociente tal que o numerador é a
derivada do numerador polo denominador sen derivar menos o numerador sen
derivar pola derivada do denominador. E o denominador o cadrado do
denominador sen derivar.
𝑓(𝑥) ´ 𝑓´(𝑥)𝑔(𝑥) − 𝑓(𝑥)𝑔´(𝑥)
[ ] =
𝑔(𝑥) 𝑔(𝑥)2

2.2.2 Regra da cadea


A regra da cadea permite calcular a derivada da función composta, é dicir, a derivada
dunha función que a súa vez é unha función doutra función:

[(𝑔°𝑓)(𝑥)]´ = 𝑔´(𝑓(𝑥)) ∙ 𝑓´(𝑥)

Exemplos

Calcula a derivada de:


1
a) 𝑓(𝑥) = 𝑠𝑒𝑛𝑥 3 ⁡⁡⁡𝑏)𝑓(𝑥) = 𝑥 ⁡⁡⁡⁡⁡𝑐)𝑓(𝑥) = √𝑥 3 ⁡⁡⁡𝑑)⁡𝑓(𝑥) = 6𝑥⁡⁡⁡⁡⁡ 𝑒)⁡𝑓(𝑥) = 𝑥𝑐𝑜𝑠𝑥
𝑒𝑥
⁡𝑓)⁡⁡𝑓(𝑥) =
𝑥2

a) Aplicaremos a regra da cadea ⇒𝑓´(𝑥) = 𝑐𝑜𝑠𝑥 3 ∙ 3𝑥 2 = 3𝑥 2 𝑐𝑜𝑠𝑥 3


1 −1
b) 𝑓(𝑥) = 𝑥 = 𝑥 −1 ⇒ 𝑓´(𝑥) = −1𝑥 −2 = 𝑥2
3 3
c) 𝑓(𝑥) = √𝑥 3 = 𝑥 3/2 ⇒ 𝑓´(𝑥) = 2 𝑥 1/2 = 2 √𝑥
d) ⁡𝑓(𝑥) = 6𝑥⁡⁡⁡⁡⁡⁡ ⇒ 𝑓´(𝑥) = 6𝑥 𝑙𝑛6
e) 𝑓(𝑥) = 𝑥𝑐𝑜𝑠𝑥⁡⁡ ⇒ 𝑓´(𝑥) = 𝑐𝑜𝑠𝑥 + 𝑥(−𝑠𝑒𝑛𝑥) = 𝑐𝑜𝑠𝑥 − 𝑥𝑠𝑒𝑛𝑥
𝑒𝑥 𝑒 𝑥 𝑥 2 −𝑒 𝑥 2𝑥 𝑥𝑒 𝑥 (𝑥−2) 𝑒 𝑥 (𝑥−2)
f) ⁡𝑓(𝑥) = 𝑥 2 ⁡ ⇒ 𝑓´(𝑥) = 𝑥4
= 𝑥4
= 𝑥3

3
Exemplos

Calcula as derivada das seguintes funcións:


2
3 𝑥
𝑙𝑛𝑥 𝑥 2 − 3𝑥 𝑒 −𝑥
𝑎)⁡𝑦 = 𝑥 𝑒 ⁡⁡⁡⁡𝑏)⁡𝑦 = ⁡⁡⁡⁡𝑐)𝑦 = ⁡⁡⁡𝑑)⁡𝑦 = 2 ⁡⁡⁡𝑒)𝑦 = 𝑒 4𝑥 (𝑥 − 1)
𝑥 𝑥+5 𝑥

𝑎)⁡𝑦 = 𝑥 3 𝑒 𝑥 ⁡⁡⁡⁡ ⇒ 𝑦´ = 3𝑥 2 𝑒 𝑥 + 𝑥 3 𝑒 𝑥 = ⁡⁡⁡ 𝑒 𝑥 𝑥 2 ⁡(3 + 𝑥)

1
𝑙𝑛𝑥 ∙ 𝑥 − 𝑙𝑛𝑥 1 − 𝑙𝑛𝑥
𝑏)⁡𝑦 = ⁡ ⇒ 𝑦´ = 𝑥 =
𝑥 𝑥2 𝑥2

𝑥 2 − 3𝑥 (2𝑥 − 3) ∙ (𝑥 + 5) − (𝑥 2 − 3𝑥) ∙ 1 𝑥 2 + 10𝑥 − 15


⁡𝑐)𝑦 = ⁡ ⇒ 𝑦´ = =
𝑥+5 (𝑥 + 5)2 (𝑥 + 5)2
2 2 2 2
𝑒 −𝑥 −2𝑥𝑒 −𝑥 𝑒 −𝑥 ∙2𝑥 −2𝑒 −𝑥 (𝑥 2 +1)
𝑑)⁡𝑦 = 𝑥2
⁡⁡⁡⇒𝑦´ = 𝑥4
= 𝑥3

⁡𝑒)𝑦 = 𝑒 4𝑥 (𝑥 − 1)⇒ 𝑦´ = 4𝑒 4𝑥 (𝑥 − 1) + 𝑒 4𝑥 ∙ 1 = 𝑒 4𝑥 (4𝑥 − 3)

2.3 Ecuación da recta tanxente


Xeometricamente a derivada dunha función nun punto é a pendente da recta tanxente
a gráfica nese punto. Se nos fixamos na gráfica do debuxo seguinte, podemos ver que
a taxa de variación da función f(x) no intervalo [𝑎, 𝑎 + ℎ] é a pendente da recta
secante a curva que pasa polos puntos P e Q cando ℎ → 0, coinciden.

Polo tanto, a pendente da recta tanxente da función f(x) no punto de abscisa x=a é a
derivada da función nese punto, é dicir, 𝑓´(𝑎).
Tendo en conta a ecuación punto-pendente dunha recta: 𝑦 − 𝑦𝑜 = 𝑚(𝑥 − 𝑥0 ), se
consideramos o punto de coordenadas (a, f(a)) , como acabamos de ver 𝑚⁡ = ⁡𝑓´(𝑎)
podemos concluír que a ecuación da recta tanxente a unha función nun punto x=a é:

𝑦 − 𝑓(𝑎) = 𝑓´(𝑎)(𝑥 − 𝑎)

4
Por outra banda, se se ten unha recta de pendente m, sábese que a pendente de
1
calquera recta perpendicular a esta é 𝑚' = , se m ≠ 0. Utilizando esta idea, pódese
m
calcular a ecuación da recta que pasa polo mesmo punto, (a, f(a)) e que é
perpendicular á recta tanxente. A esta recta chámaselle recta normal, e a súa
ecuación é:

1
𝑦⁡– ⁡𝑓(𝑎) ⁡ = ⁡ (𝑥⁡– ⁡𝑎)
f ( a )

Exemplo 1
2
Calcula a ecuación da recta tanxente a gráfica da función 𝑓(𝑥) = 𝑥𝑒 𝑥 no punto
x=1

Calculamos o punto (1, 𝑓(1) = 𝑒)⁡e logo a pendente isto é a derivada ⇒ 𝑓 ´ (𝑥) =
2 2
𝑒 𝑥 + 2𝑥 2 𝑒 𝑥 ⁡⁡⁡⁡ ⇒ 𝑓´(1) = 3𝑒⁡⁡

Ecuación da recta: 𝑦 − 𝑒 = 3𝑒(𝑥 − 1) ⁡⁡ ⇒ ⁡⁡𝑦 = 3𝑒𝑥 − 2𝑒

Exemplo 2

En qué punto a recta tanxente a gráfica da función 𝑦 = 𝑥 2 + 5𝑥 − 6 é paralela a


bisectriz do primeiro cuadrante? Calcúlese o punto de tanxencia.

Para que dúas restas sexan paralelas deben ter a mesma pendente, a bisectriz
ten coma ecuación y=x, polo tanto a súa pendente é 1, a pendente da función é:

𝑦´ = 2𝑥 + 5, igualamos a 1 2𝑥 + 5 = 1⇒x=-2, polo tanto nese punto terán a


mesma pendente o punto terá coma coordenadas(-2,-12), punto de tanxencia.

2.4 Derivabilidade e continuidade


Segundo se viu, para que unha función f sexa derivable é necesario que exista o
límite seguinte:

f a  h   f ( a )
f´(a) = lím
h 0 h

Se nesta expresión se fai x = a + h, entón dicir que h → 0 equivale a dicir que x → a.


Polo tanto, o límite pódese reescribir da forma equivalente:

f x   f (a )
f´(a) = lím
x a xa

Utilizando esta definición alternativa de derivabilidade, vaise ver que existe unha
relación importante entre continuidade e derivabilidade.
Sábese que para que unha función f sexa continua en x = a o límite da función nese
punto debe coincidir coa súa imaxe no mesmo punto, é dicir, lím f(x) = f(a).
xa

5
f ( x )  f (a )
Suponse que f é derivable en x = a, entón, f´(a) = lím
x a xa

 f ( x )  f (a ) 
Pero isto é equivalente a lím  f ´( a ) = 0
x a
 xa 
Facendo operacións:

 f ( x )  f ( a )  f ´( a )( x  a )  límx a
 f ( x)  f (a )  f ´( a )( x  a )
0 = lím  =
x a
 xa lím( x  a )
x a

Polo tanto:

lím [f(x) – f(a) – f´(a)(x – a)] = lím [f(x) – f(a)] – lím [f´(a)(x – a)] = lím [f(x) – f(a)]
xa xa xa xa

Pero, si lím [f(x) – f(a)] = 0, entón lím f(x) = f(a); e isto significa que f é continua en
xa xa

x = a. Isto proba que:

Se f é derivable en x = a ⇒ f é continua en x = a

Agora ben, cabe a pregunta inversa, se unha función é continua nun punto, será
tamén derivable nese punto?
A resposta é negativa. Vexase un exemplo clásico de que unha función pode ser
continua sen ser derivable:

Exemplo
A función valor absoluto, xa estudada en cursos anteriores pódese definir da forma:
 x se x  0
f(x) = |x| = 
 x se x  0

A súa gráfica é a seguinte. Pódese apreciar que a función en x = 0 é continua, no


non obstante, é derivable?

Para responder á pregunta, téntase calcular a derivada en x = 0

f (0  h )  f (0) f ( h )  f ( 0)
f´(0) = lím = lím
h 0 h h 0 h

Como a función está definida en dous anacos, que son distintos á esquerda e á
dereita do 0, téñense que calcular os límites laterais.

f ( h )  f ( 0) h
Pola esquerda: lím = lím = –1
h 0 h h 0 h

f ( h )  f ( 0) h
Pola dereita: lím = lím = 1
h 0 h h 0 h

Polo tanto, non existe o límite, dado que os límites laterais existen pero son
distintos, e polo tanto, non existe a derivada f´(0).

6
Este exemplo proba un importante feito, o feito de que unha función pode ser continua
sen ser derivable.
No exemplo anterior foi necesario calcular os límites laterais na definición de derivada.
A estes límites chámaselles derivadas laterais e denomínanse, para un caso
calquera:
f (a  h)  f (a )
Derivada á esquerda 𝑓´(𝑎− ) = lím
h 0 h

f (a  h)  f (a )
Derivada á dereita 𝑓´(𝑎+ ) = lím
h 0 h

Polo tanto, para que unha función sexa derivable nun punto, é preciso que nese punto
existan as derivadas laterais e sexan iguais. É dicir:

f é derivable en x = a ⟺ f´(a–) = f´(a+)

En resumo, para estudar a derivabilidade dunha función primeiro estúdase a


continuidade e despois calcúlase a derivada, en ocasións a partir das derivadas
laterais. Se coinciden, a función é derivable e se non coinciden, non é derivable.

Exemplo 1
2
Estuda a continuidade e derivabilidade da función 𝑓(𝑥) = { 𝑥 ⁡⁡⁡⁡𝑠𝑒⁡𝑥 < 1
2𝑥 − 1⁡⁡⁡𝑠𝑒⁡𝑥 ≥ 1

O único punto onde a función pode presentar problemas é no x=1, que onde
cambia de definición:

Continuidade: 𝑓(1) = 1;⁡lim𝑥→1− 𝑥 2 = 1⁡⁡ = lim+(2𝑥 − 1) ⇒ 𝐹𝑢𝑛𝑐𝑖ó𝑛⁡𝑐𝑜𝑛𝑡𝑖𝑛𝑢𝑎⁡𝑥 = 1


𝑥→1

Derivabilidade: 𝑓´(1− ) = 2𝑥|𝑥=1 = 2; ⁡𝑓´(1+ ) = 2|𝑥=1 = 2 ⇒ 𝑓´(1) = 2 ⇒ Función


derivable en x=1.

Polo tanto a función é continua é derivable en todo ℝ.

Exemplo 2
2
Calcula a e b para que a seguinte función sexa derivable: 𝑓(𝑥) = { 𝑎𝑥
3
⁡⁡⁡𝑠𝑒⁡𝑥 ≤ 1
𝑥 − 𝑏⁡⁡𝑠𝑒⁡𝑥 > 1

A función deberá ser continua en x=1 , polo tanto f(1)=a, e os límites:

lim𝑥→1− 𝑎𝑥 2 = 𝑎⁡⁡;⁡lim𝑥→1+ 𝑥 3 − 𝑏 = 1 − 𝑏 ⇒ 𝑎 = 1 − 𝑏

2𝑎𝑥⁡⁡⁡𝑠𝑒⁡𝑥 < 1
Se calculamos a función derivada 𝑓´(𝑥) = { 2 para que sexa derivable
3𝑥 ⁡⁡⁡𝑠𝑒⁡𝑥 > 1
no punto x=1 deberán coincidir as derivadas laterais:
3 1
lim𝑥→1− 𝑓´(𝑥) = lim−2𝑎𝑥 = 2𝑎;⁡ lim+𝑓´(𝑥) = lim+3𝑥 2 = 3 ⇒ 2𝑎 = 3 ⇒ 𝑎 = 2 e 𝑏 = − 2
𝑥→1 𝑥→1 𝑥→1
entón f(x) é derivable en todo ℝ

7
2.5 Derivadas sucesivas
Dada a función f(x), da forma descrita antes, pódese calcular a súa derivada, f´(x) que
é á súa vez unha nova función. Como é unha nova función, quizá (se existe) póidase
calcular a súa derivada. A esta nova función, á derivada da derivada, chamaráselle
derivada segunda e denotarase f´´(x). E así sucesivamente, a derivada da derivada
segunda, será a derivada terceira e denotarase f´´´(x), etc.

Exemplo 1

Calcula as derivadas sucesivas de 𝑓(𝑥) = 3𝑥 4

𝑓´(𝑥) = 12𝑥 3 ⁡⁡𝑓´´(𝑥) = 36𝑥 2 ⁡⁡𝑓´´´(𝑥) = 72𝑥⁡⁡𝑓 𝐼𝑉 (𝑥) = 72⁡⁡𝑓 𝑉 (𝑥) = 0, 𝑓 𝑉𝐼 (𝑥) = 0 …

Exemplo 2

𝑥3
Calcula a derivada segunda da función:𝑦 = 𝑥 2 +1

3𝑥 2 (𝑥 2 +1)−𝑥 3 (2𝑥) 𝑥 4 +3𝑥 2 (4𝑥 3 +6𝑥)(𝑥 2 +1)−(𝑥 4 +3𝑥 2 )2∙2𝑥 2𝑥(3−𝑥 2 )


𝑦´ = (𝑥 2 +1)2
= (𝑥 2 +1)2⇒𝑦´´ = (𝑥 2 +1)4
⇒ 𝑦´´ = (𝑥 2 +1)3

3. Información da primeira derivada: Monotonía e extremos


Das ideas que se estudaron ao longo do tema, a máis importante, é a de que a
derivada dunha función nun punto é a pendente da recta tanxente á gráfica da función
nese punto. Utilizando esta idea vaise estudar como crece ou decrece unha función
(monotonía) e como se poden localizar os seus máximos e os seus mínimos.

Estudar a monotonía dunha función é estudar os intervalos da función onde esta é


crecente e en cales é decrecente. Os intervalos de crecemento están separados polas
abscisas dos máximos, mínimos é as descontinuidades da función derivada.
Os conceptos de función crecente, decrecente, máximo e mínimo xa os coñecemos
de cursos anteriores, neste caso imos ver como se calculan coa axuda derivada.
Que ocorre coa derivada dunha función crecente ou decrecente?
Vexamos dúas gráficas unha dunha función crecente e outra decrecente:

Sexa f unha función derivable nos puntos do intervalo aberto (a, b):
- Se 𝑓´(𝑥) ⁡ > ⁡0 para todo x ∈ (a, b) ⇒ f é crecente en (a, b)
- Se 𝑓´(𝑥) ⁡ < ⁡0 para todo x ∈ (a, b)⇒⁡f é decrecente en (a, b)

8
Que sucede cos punto onde 𝑓´(𝑎) = 0? Neste puntos a recta tanxente é horizontal,
paralela ao eixe OX, a función cambia o seu comportamento, pasando de crecer a
decrecer ou viceversa, presentando un máximo ou un mínimo relativo
respectivamente.

𝑓(𝑥)⁡ten un máximo ou mínimo en a ⇒𝑓´(𝑎) = 0


Exemplo 1

Unha enfermidade propágase de tal forma que despois de t semanas afecta as


persoas segundo a seguinte función N(t) (t centos de persoas) onde
5 − 𝑡 2 (𝑡 − 6)⁡⁡⁡𝑠𝑒⁡0 ≤ 𝑡 ≤ 6
𝑁(𝑡) = { 5 Estuda o crecemento e decrecemento da
− (𝑡 − 10)⁡⁡⁡𝑠𝑒⁡6 < 𝑡 ≤ 10
4
función.

Como é unha función definida a anacos a súa derivada tamén o será e haberá que
estudar a súa monotonía por separado en cada anaco. Para logo estudar a
derivabilidade no punto t=6 que é o único punto de descontinuidade.

5
⁡𝑁(6) = 5;⁡;⁡ lim− [5 − 𝑡 2 (𝑡 − 6)] = 5; lim+ − (𝑡 − 10) = 5 ⇒ 𝑁(𝑡)⁡é⁡𝑐𝑜𝑛𝑡𝑖𝑛𝑢𝑎
𝑡→6 𝑡→6 4
5
𝑁´(6− ) = −3𝑡 2 + 12𝑡|𝑡=6 = −36; 𝑁´(6+ ) = − ⇒ ∄𝑁´(6)
4

−3𝑡 2 + 12𝑡⁡⁡⁡𝑠𝑒⁡0 ≤ 𝑡 < 6


A función derivada 𝑁´(𝑡) = { 5 ⇒𝑁´(𝑡) = 0 ⇒ −3𝑡 2 + 12𝑡⁡ = 0
− 4 ⁡⁡⁡𝑠𝑒⁡6 < 𝑡 ≤ 10

⇒ 𝑡 = 0, 𝑡 = 4

0 + 4 - 6 - 10

Función crecente (0,4) e decrecente no resto.

Ten un máximo no t=4

9
Exemplo 2

Calcula os intervalos de crecemento e os seus extremos(máximos ou mínimos) de:


f(x) = 𝑥 3 − 3𝑥

𝑥=1
1. Resolvemos 𝑓´(𝑥) = 0⁡ ⇒ 𝑓´(𝑥) = 3𝑥 2 − 3 = 0 ⇒ { Este puntos son os
𝑥 = −1
posibles máximos e mínimos relativos.

2. Estudamos o signo da derivada

f´>0 f´<0 f´>0

+ -1 - 1 +

3. Os intervalos son: (−∞, −1)𝑐𝑟𝑒𝑐𝑒𝑛𝑡𝑒, (−1,1)𝑑𝑒𝑐𝑟𝑒𝑐𝑒𝑛𝑡𝑒⁡, (1, ∞)𝑐𝑟𝑒𝑐𝑒𝑛𝑡𝑒


4. No punto de abscisa x=-1 temos un máximo relativo, as coordenadas son
(-1,2). E no punto de abscisa x=1 temos un mínimo relativo, as coordenadas
son (1,-2)

4. Información da segunda derivada: Curvatura e puntos de inflexión


A curvatura dunha función é difícil de precisar formalmente, pero moi fácil de
comprender mediante un debuxo, e isto é o que se vai facer, tentar entendelos
mediante as gráficas

No debuxo da esquerda tense a gráfica dunha función cóncava cara a arriba. Vese
entón que a gráfica cúrvase cara arriba. No debuxo da dereita tense a gráfica dunha
función cóncava cara a abaixo. Vese entón que a gráfica cúrvase cara abaixo.
Unha función pode ter a mesma curvatura en todo o seu dominio, pero en moitas
ocasións haberá intervalos nos que a función sexa cóncava cara arriba, e outros
intervalos nos que a función sexa cóncava cara abaixo, nos puntos onde a función
cambia a súa curvatura, chámaselles puntos de inflexión neses puntos a recta
tanxente atravesa á gráfica da función, como podemos ver nas seguintes imaxes.

10
Observemos a seguinte gráfica a relación que ten a súa curvatura coa segunda
derivada:

No tramo AB as tanxentes que representemos teñen a súa pendente cada vez menor,
polo tanto a derivada de f é decrecente nese intervalo. O mesmo ocorre co tramo CD.
O contrario nos tramos BC e DE a pendente das tanxentes aumenta e polo tanto 𝑓´é
crecente. Podemos concluír:

- Se 𝑓´´(𝑥) ⁡ > ⁡0 para todo x ∈ (a, b) ⇒ f é cóncava cara a arriba en (a, b)


- Se 𝑓´´(𝑥) ⁡ < ⁡0 para todo x ∈ (a, b) ⇒⁡f é cóncava cara a baixo en (a, b)
- f ten un punto de inflexión en 𝑥 = 𝑎⁡𝑠𝑒⁡𝑓´´(𝑎) = 0

Tendo en conta a segunda derivada podemos afirmar que se nun punto a f´(a)=0 e
𝑓´´(𝑎) > 0 ⇒ 𝑓⁡𝑡𝑒𝑛⁡𝑢𝑛⁡𝑚í𝑛𝑖𝑚𝑜⁡𝑟𝑒𝑙𝑎𝑡𝑖𝑣𝑜⁡𝑒𝑛⁡𝑎
existe 𝑓´´(𝑎) ⇒{
𝑓´´(𝑎) < 0⁡ ⇒ 𝑓⁡𝑡𝑒𝑛⁡𝑢𝑛⁡𝑚á𝑥𝑖𝑚𝑜⁡𝑟𝑒𝑙𝑎𝑖𝑡𝑜⁡𝑒𝑛⁡𝑎⁡

Exemplo 1

Estuda os puntos de inflexión é a curvatura da función 𝑓(𝑥) = 𝑥 3 − 3𝑥 2 − 𝑥 + 5

1. Calculamos a segunda derivada 𝑓´(𝑥) = 3𝑥 2 − 6𝑥 − 1 ⇒ 𝑓´´(𝑥) = 6𝑥 − 6


2. Igualamos a cero 6𝑥 − 6 = 0 ⇒ 𝑥 = 1
3. Estudamos o signo da derivada segunda nos intervalos que define o punto
f´´>0 f´´<0

+ 1 -
4. Intervalos de curvatura:
(−∞, 1)⁡𝑐ó𝑛𝑐𝑎𝑣𝑎⁡𝑝𝑎𝑟𝑎⁡𝑎𝑟𝑟𝑖𝑏𝑎, (1, ∞)⁡𝑐ó𝑛𝑐𝑎𝑣𝑎⁡𝑝𝑎𝑟𝑎⁡𝑎𝑏𝑎𝑖𝑥𝑜

5. O punto de inflexión atópase no 𝑥 = 1⁡𝑒⁡𝑦 = 2

Exemplo 2

Estuda a curvatura da seguinte función 𝑓(𝑥) = 𝑥𝑒 2𝑥

𝑓(𝑥) = 𝑥𝑒 2𝑥 ⇒ 𝑓´(𝑥) = 𝑒 2𝑥 + 2𝑥𝑒 2𝑥 ⇒ 𝑓´´(𝑥) = 2𝑒 2𝑥 + 2𝑒 2𝑥 + 4𝑥𝑒 2𝑥 = 4𝑒 2𝑥 (1 + 𝑥)

Igualamos a cero a segunda derivada 4𝑒 2𝑥 (1 + 𝑥) = 0 ⇒ 𝑥 = −1

Estudamos o signo en cada intervalo (−∞, −1) cóncava cara abaixo 𝑓´´⁡ < 0 e (−1, ∞)
cóncava cara a arriba 𝑓´´ > 0. No punto x=-1 un punto de inflexión. As súas
−1
coordenadas (-1, f(-1))=(-1, 𝑒2
)

11
Exemplo 3

Calcula os extremos(máximos ou mínimos) da seguinte función: f(x) = 𝑥 3 − 3𝑥

𝑥=1
1. Resolvemos 𝑓´(𝑥) = 0⁡ ⇒ 𝑓´(𝑥) = 3𝑥 2 − 3 = 0 ⇒ { Este puntos son os
𝑥 = −1
posibles máximos e mínimos relativos.
2. Como non temos que estudar os intervalos faremos uso da segunda derivada:
𝑓´´(𝑥) = 6𝑥
En x=1 ⇒𝑓´´(1) = 6 > 0 ⇒ 𝐴⁡𝑓𝑢𝑛𝑐𝑖ó𝑛⁡𝑡𝑒𝑛⁡𝑢𝑛⁡𝑚í𝑛𝑖𝑚𝑜⁡𝑟𝑒𝑙𝑎𝑡𝑖𝑣𝑜⁡𝑛𝑒𝑠𝑒⁡𝑝𝑢𝑛𝑡𝑜 de
coordenadas (1,-2)
En x=-1
⇒𝑓´´(−1) = −6 < 0 > 0 ⇒ 𝐴⁡𝑓𝑢𝑛𝑐𝑖ó𝑛⁡𝑡𝑒𝑛⁡𝑢𝑛⁡𝑚á𝑥𝑖𝑚𝑜⁡𝑟𝑒𝑙𝑎𝑡𝑖𝑣𝑜⁡𝑛𝑒𝑠𝑒⁡𝑝𝑢𝑛𝑡𝑜 de
coordenadas (-1,2)

12

You might also like