You are on page 1of 3

Resumo

Aplicacións da derivada II: Problemas de optimización. Representación de funcións

 Problemas de optimización
Optimizar unha función consiste en buscar os seus extremo relativos. Para abordar este tipo de situacións non existe unhas normas fixas,
pero si hai unhas regras o pasos que podemos seguir:
 Calcular a expresión alxébrica da función tendo en conta os datos do problema.
 Se a función depende de máis dunha variable, teremos que buscar relacións entre elas para deixar a función dependendo dunha sola.
 Calcular os máximos e mínimos da función.
 Interpretar os resultados no contexto do problema analizando si se adaptan ao pedido.

 Representación de funcións
As funcións que van aparecendo presenta unha complexidade cada vez maior, polo que non chega con coñecer unha táboa de valores,
como as funcións lineais, ou a través de puntos característicos como as función cuadráticas. Senón que realizaremos un estudo moito
máis sofisticado.
Os pasos para efectuar o estudo e a representación gráfica dunha función son os seguintes:
.1. Cálculo do dominio
.2. Estudo da simetría e periodicidade
.3. Cálculo dos puntos de cortes cos eixes
.4. Cálculo das asíntotas
.5. Estudo da monotonía e extremos
.6. Estudo da curvatura e puntos de inflexión
O colofón deste estudo é o esbozo dunha gráfica da función, isto é, a súa representación gráfica.
 Cálculo do dominio
É o conxunto de valores de x para os cales a función está definida e é continua. Os casos nos que o dominio é distinto a ℝ son:
 Función racional: temos que excluír as raíces do denominador.
 Funcións con radicais: Se o índice é par, o radicando deberá ser maior ou igual a cero.
 Función logarítmicas: o argumento ten que ser positivo.

1
 Estudo da simetría e periodicidade
 Función Par: simétrica respecto do eixe Y, verifícase 𝑓(−𝑥) = 𝑓(𝑥)
 Funcións Impares: simétrica respecto da orixe de coordenadas, verifícase 𝑓(−𝑥) = −𝑓(𝑥)
Unha función é periódica, de período T(T>0), se a súa gráfica repítese en intervalos de lonxitude T, isto é , 𝑓(𝑥) = 𝑓(𝑥 + 𝑇). A
periodicidade soamente a estudamos para as funcións trigonométricas.

 Cálculo dos puntos de corte cos eixes


 Co eixe OX: resolveremos a ecuación 𝑓(𝑥) = 0
 Co eixe OY: resolveremos a ecuación 𝑦 = 𝑓(0)

 Cálculo das asíntotas

Asíntota Vertical en 𝑥 = 𝑎 se polo menos un dos seus limites laterais é infinito, lim𝑥→𝑎 𝑓(𝑥) = ±∞,(a función tende a ∞ ou -∞ conforme x
aproxímase ao punto a).

Asíntota Horizontal en 𝑦 = 𝑘 , 𝑘𝜖ℝ se o lim𝑥→−∞ 𝑓(𝑥) = 𝑘 𝑜𝑢 lim𝑥→∞ 𝑓(𝑥) = 𝑘.

Asíntota Oblicua en 𝑦 = 𝑚𝑥 + 𝑛 se a función aproxímase a ela cando x tende a ±∞. Para o cálculo de m e n faremos:
f(x)
𝑚 = limx→∞ x e 𝑛 = limx→∞[f(x) − mx]

Nos apartados de estudo de monotonía e extremos e curvatura e puntos de inflexión é onde faremos uso da primeira e segunda derivada.
Recordade a primeira derivada danos información do crecemento ou decrecemento dunha función e os posibles máximos e mínimos. A
segunda derivada danos información da curvatura da función e tamén nos axuda a confirmar se un punto crítico é ou non extremo. Para a
representación da función unha vez calculado todos os pasos representaremos: as asíntotas, se ten, os puntos de corte e os puntos
críticos(máximos, mínimos e puntos de inflexión) e os uniremos cos arcos que nos indique a súa monotonía e curvatura.

o Funcións polinómicas
As función polinómicas son as máis sinxelas de representar 𝑓(𝑥) = 𝑎𝑛 𝑥 𝑛 + ⋯ 𝑎1 𝑥 + 𝑎0
Característica de que o seu dominio é todo ℝ e polo tanto son funcións continuas, así que non teñen asíntotas, polo que os cálculos
simplifican.

2
o Función racionais
𝑃(𝑥)
Unha función racional é aquela que se pode escribir como cociente de polinomios 𝑓(𝑥) = . Neste tipo de funcións teremos que eliminar
𝑄(𝑥)
do dominio os puntos que anulan o denominador, polo tanto a función neses puntos non estará definida e non será continua. Neses
puntos estudarase se ten asíntotas verticais estudando os límites laterais.

o Funciones con radicais


𝑛
Ao estudar unha función con radicais 𝑓(𝑥) = √𝑃(𝑥) ,deberemos de lembrar que as raíces de índice par non están definidas se o radicando
é negativo.

o Funcións logarítmicas e exponenciais


Á hora de estudar funcións logarítmicas débese lembrar que a función 𝑓(𝑥) = 𝑙𝑜𝑔𝑎𝑥 soamente está definida para (0, ∞) e ten unha asíntota
vertical en x=0 cando x se acerca a cero pola dereita.

As funcións exponenciais serven para describir fenómenos de crecemento, como a masa arbórea dun bosque, o crecemento dunha
colonia de células... As funcións exponenciais máis sinxelas son da forma 𝑓(𝑥) = 𝑎 𝑥 𝑐𝑜𝑛 𝑎 > 0 .

You might also like