You are on page 1of 6

TEMA 1 A ÉPOCA DO RENACEMENTO

HUMANISMO E RENACEMENTO
Humanismo.
Considerase o home como medida de referencia de todas as cousas desprazando a Deus do
centro do seu pensamento. Século XV-XVI.

Caracterizase por:

 A exaltación dos valores e dos escritores da antigüidade clásica (Platón).

 A valoración dos idiomas particulares de cada pobo.

 O desenvolvemento do sentido crítico e argumentación razoada, baseada na experimentación.

 O interese pola comprensión. Inicio da ciencia moderna.

Renacemento.
Foi un movemento cultural e artístico iniciado en Italia. Século XV-XVI. Coincidía nos trazos
básicos co humanismo (o home como medida de todas as cousas e admiración pola cultura clásica).

Tanto o humanismo como o renacemento estiveron favorecidos polo apoio prestado pola
nobreza, incluídos os papas que actuaron como mecenas (Protectores dos artistas e pensadores), entre
os mecenas destacou Lorenzo de Medicis, O magnífico.

O espírito de renovación do século XVI alcanzou todas as actividades xenerando numerosos


descubrimentos (elaboración do mapa do mundo, coñecemento do corpo humano, fármacos, teoría
heliocéntrica).

Leonardo da Vinci foi o mellor representante do Humanismo e Renacemento, foi pintor,


matemático, inventor...

O REINADO DOS REIS CATÓLICOS


Sabela de Castela e Fernando de Aragón pertencentes a dinastía dos Trastámara, son coñecidos
como os Reis Católicos polo título concedido polo Papa grazas a haber defendido a relixión católica.

Unión dinástica e integración territorial.


Os Reis Católicos reinaron sobre case toda a península Ibérica e aplicaron novas formas de
goberno.

O seu matrimonio foi unha unión dinástica, isto quere dicir que se uniron os seus territorios,
caste e Aragón pero seguiron mantendo cada territorio as súas institución, leis, costumes e linguas.
Loitaban polos bens común do seu territorio e fora dos seus dominios comezaron a ser coñecidos como
Reis de España.

Levaron a cabo unha Reconquista para integrar os reinos que eran independentes. En 1492 foi
conquistado o último reino musulmán, o de Granada, dando así fin a Reconquista. Navarra mantíñase
independente pero no 1512 foi integrada no Reino de Castela. Tamén quixeron manter alianzas con
Portugal intentando casar os seus fillos para lograr un herdeiro común, pero non o lograron.
Monarquía autoritaria e defensa do catolicismo.
Os Reis Católicos impuxeron novas reformas que deron lugar ao Estado moderno. Entre as reformas
destacan:

 Control social: Contando co apoio das cidades someteron aos nobres e eclesiásticos, porque
como taban preto podían controlar máis a poboación. E tomaron medidas contra os que se
opuxesen.

 Administración: Crearon consellos para que os asesoraran en asuntos de goberno.

 Exército: crearon un exercito formado por mercenarios, que lles permitía controlar a poboación
e facer novas conquistas.

Destacaron por defender a relixión católica para isto crearon o tribunal da Inquisición, que vixiaba e
perseguía os delitos contra o catolicismo. Expulsaron aos xudeus que non se bautizasen, os
descendentes destes eran os sefarditas ( descendentes, de xudeos pasados ao catolicismo).

Expansión e alianzas internacionais.


Os reis católicos tiñan unha política internacional moi activa, destinada a conquistar novos
territorios.

 No Mediterraneo consolidaron o dominio do Reino de Nápoles e recuperaron os territorios de


Rosellón e Cerdaña. Estes foron incluídos na Coroa de Aragón.

 No Atlántico apoiaron o descubrimento e conquista de America (1492) que se integrou a Coroa


de Castela.

 En Europa querían illar Francia aliándose matrimonialmente con outros países como Austria,
Portugal e Inglaterra. Isto derivou que tras a morte dalgún descendente o reino de España
pasase a tar gobernado pola dinastía Habsburgo.

A AMPLIACIÓN DO MUNDO COÑECIDO


Había pouco coñecemento sobre a Terra, so os comerciantes tiñan informacións emoitas veces
erroneas, sobre todo dos territorios fora da cristiandade. Crían que a terra era plana.

A busca de novas rutas a Oriente.


A mediados do s. XV pensando que o comercio das especias podía dar riquezas, buscaron novas
rutas cara a India e Orinte. Os descubrimentos que tiveron, cambiou totalmente a visión da Terra.

Os portugueses foron polo leste, bordeando África. Pasaron o cabo Boa Esperanza e chegaron á
India (Vasco de Gama en 1948), grazas a isto controlaron as rutas do Índico, dominar o comercio das
especies e crear un imperio colonial pola costa Africana.

Os casteláns seguiron a ruta do oeste, a través do océano Atlántico, seguindo o proxecto Colón.

Cristobo Colón e o descubrimento de América


Colón convencido da esferiade da Terra, propuxo viaxar a China e India atravesando o océano Atlántico.
Os cálculos eran erroneos e chegou a America por erro.

Colón presentoulle o proxecto a o rei de Portugal e negouse, logo foi a Castela, e negaronllo e
coa axuda dos frades do mosteiro de Fábida, conseguiu que o aprobaran.

A expedición partiu de Palas de Moguer o 3 de Agosto de 1492, estando formada por 3 barcos
(Pinta, Niña y Santa Maria) e 100 homes. O 12 de Outubro de 1492 tocaron terra en Guarahaní a que
Colón bautizou como San Salvador. Despois de descubrir outras illas iniciaron a viaxe de retorno. Colón
fixo 3 viaxes mais descubrindo terras no Caribe, pero el sempre pensou que eran de Asia.
E outras viaxes descubriron que era un novo continente, ao que lle puxeron o nome de América
en referencia a Américo Vespucio que foi quen se decatou de que era un novo continente.

Para evitar conflitos Portugal asinou cos Reis Católicos en 1494 o tratado de Tordesillas, o que
permitiu a colonización de Brasil por parte de Portugal.

Conquista e colonización da América Española

Grazas ao descubrimento de Colón a Coroa de Castela comezou unha conquista e colonización


das terras americanas:

 1492-1519 As Antillas, especialmente Cuba que era o punto de partida das


expedicións.

 1520-1540 Foi o período de maior avance da conquista. Hernan Cortés conquistou o


imperio azteca e Francisco Pizarro aos incas.

 1541-1560 Completouse a conquista e exploraronse grandes rios como o Mississippi


ou o Amazonas.

A rapida conquista debeuse:

 A superioridade militaar e técnica dos conquistadores.

 Os problemas que xa tiñan as civilización aztecas e incas que os


conquistadores aproveitaron.

 O poder centralizado, os aztecas e incas tiñan obediencia absoluta no seu rei e


esto facilitaba que ao capturar ao rei xa conquistabas o pobo.

O proceso de conquista foi realizado por compañias de soldados particulares. Unha vez que
tiñan o permiso do rei de Castela emprendían a conquista e unha vez que xa tiñan as terras no
seu poder, o rei daballe cargos importantes nesas terras.

Consecuencas da conquista.
Culturais: Económicas:

 Ampliación do mundo coñecido.  Incremento do comercio.

 Confirmacion da esfericidade da  Auxe das cidades e dos portos.


terra.
Sociais e demográficas:
 Cambios na dieta...
 Emigración europea.
 Expansión do catolicismo.
 Mestura de razas.

Políticas:

 Formación dos imperios coloniais


españois.
REFORMA PROTESTANTE E CONTRAREFORMA CATÓLICA
No século XVI produciuse a ruptura da igrexa católica situación que provocou numerosos conflictos.

A reforma protestante.
A comezos do s. XVI a poboación quería o perdón dos seus pecados e para isto confiaban
plenamente na oración. Ao mesmo tempo os eclesiásticos levaban unha vida escandalosa de relaxación
e luxos e descoidando a labor pastoral. Isto deu lugar a moitas críticas e a esixencia de unha reforma
busca dunha nova espiritualidade.

Martiño Lutero foi un monxe que criticou as costumes relaxadas do clero e as accións
autoritarias do Papa. A pesar de ser excomungado, non se retractou e foi organizando a igrexa luterana,
chamada tamén protestante polos católicos, esta difunde os seguintes principios:

 Unicamente a fe pode salvar, sen fe non valen de nada as boas obras.

 As indulxencias non serven para eliminar as penas polos pecados cometidos.

 O xusto sálvase no ceo, e o pecador condenase no inferno.

 Debe de cumprirse o culto a Virxe e aos santos.

 O Papa non ten poder absoluto sobre a igrexa.

Outros movementos de reforma simultáneos cos de Lutero e estimulados polas accións deste foron:

 Xoán Calvino en Xenebra (Suíza), creou outra doutrina chamada Calvinismo que destaca que
os homes están destinados dende o seu nacemento a salvarse ou condenarse, e isto non se
pode modificar.

 Henrique VIII de Inglaterra que ante a negativa do Papa de concederlle o divorcio da súa
muller, creou a igrexa anglicana. O xefe da Igrexa sería o rei e así separábanse de Roma.

A Contrareforma Católica.
A igrexa católica non aceptou ningunha das reformas protestantes, iniciando accións en contra
destas. Actuou a Inquisición contra os que consideraban herexes, censurou libros, e intensificaron a
predicación mediante a creación de novas ordes monásticas, unha delas e moi importante foi a
Compañía de Xesus fundada polo español Ignacio de Loyola.

Para reafirmar o Dogma e condenar as ideas protestantes creouse o Concilio de Torento no que se
afirmou:

 Para alcanzar a salvación non basta a fe son precisas boas obras.

 As fontes de fe son a Biblia e as resolucións dos concilios.

 Os sacramentos son sete: bautismo, confirmación, eucaristía, penitencia, unción de enfermos,


orde sacerdotal e matrimonio.

 A Virxe e os Santos poden recibir culto.

 O Papa é o xefe da Igrexa.

O fanatismo e a intolerancia católica e protestante foi a orixe de numerosas guerras de


relixión en Europa durante o s. XVI e XVII.
A SUPREMACÍA HISPÁNICA
A monarquía hispánica.
Os Austrias Españois reinaron sobre un imperio con trazos:

 Era unha monarquía formada pola unión de reinos, pero cada territorio tiña leis e institucións
propias.

 Exerceu en Europa a hexemonía política durante os s. XVI e XVII.

 Non tiña continuidade territorial o que dificultaba a cohesión e as comunicacións.

 Castela era o centro da monarquía. Nela estaba a capital, Madrid e os principais órganos de
goberno. Controlaba as grandes riquezas procedentes de América.

 Os reis participaron en moitas guerras en moitas guerras para manter a hexemonía.

 Non aproveitaron ben o comercio americano,. En Castela tiñan pouca produción e ían comprar
por Europa o que beneficiaba os reinos inimigos.

O imperio cristián de Carlos de Habsburgo.


Carlos I o monarca máis poderoso de Europa grazas as herdanzas dos seus pais, foi elexido
emperador do Sacro Imperio Xermánico en 1519.

Carlos I dirixiu o imperio cristián universal para a defensa da cristiandade, os acontecementos


máis destacados foron:

 Revoltas sociais en Castela e Aragón que foron sofocadas polo emperador.

 En 1520 Carlos I forzou as cortes de castela para que financiara a súa viaxe cara Alemania
para ser nomeado emperador, esto creou comunidades que se opoñían ao rei, estes foron
derrotados en 1521. Padilla Bravo e Maldonado foron executados.

 En Valencia e Mallorca foi en 1520 o movemento das xermanías, o cal foi sometido polas
tropas reais en 1523.

 As frecuentes guerras con Francia. Estiveron estiveron motivadas polo dominio dos territorios
Italianos. Carlos I asegurou o seu dominio e anexionou o seu territorio o ducado de Milán.

 A rebelión protestante no imperio Alemán. Moitos alemán aceptaron o luteranismo e opuxeronse


ao emperador e aproveitáronse das terras expropiadas a igrexa. Carlos I fracasou no seu intento de
acabar co protestantismo. O decreto de Agsburgo de 1555 recoñeceuse o dereito dos principes
alemáns a establecer o protestantismo nos seus dominios.

 Aloita contra os turcos. Carlos I evitou a caída de Viena e tomou Tuñez pero foi derrotado en Alxer.

O cansanzo levou a Carlos I a dividir as suas posesión entre 1555 e 1556, deulle a seu irmán os
ducados Austriacos e a dignidade imperial, e a o seu fillo Felipe o resto dos dominios. Retirado no
mosteiro de Iuste faleceu en 1558.

A monarquía católica de Felipe II.


Felipe II foi o rei máis poderoso do seu tempo. A demáis da herdanza do seu pai, en 1580
anexionou Portugal. O trono de Portugal estaba vacante pola morte do seu rei sen fillos, e Felipe
reclamouno por ser fillo de Sabela, Princesa de Portugal. Foi entón cando se dicía que nos seus dominios
non se poñía o sol. No seu reinado destacaron:
 A defensa e imposición do catolicismo. Foi o obxectivo da súa política, perseguindo as desviacións
da doutrina da igrexa, e realizada de forma implacable mediante a Inquisición.

 A rebelión dos Paises Baixos. En 1566 estalaron numerosas revoltas. Tras loitar con eles o
territorio dividiuse, e finalmente en 1581 declarouse a independencia para os
protestantes.

 A sublevación dos mouriscos de Granada (os mouriscos eran musulmáns pasados ao


catolicismo). Felipe prohibiu que estes tivesen as súas costumes, idioma e cultura; así
dispersáronse.

 O mantemento da hexemonía en Europa. Para isto Felipe II tivo que loitar:

 Contrarrestar o poder de Francia, cousa que logrou grazas as victorias militares de San Quintín e
tratados de paz (Cateaus-Cambreis).

 Frear o expansionismo turco, grazas a vitoria en Lepanto da armada aliada (España, Venecia, Papa)
dirixida por Xoan de Austria.

 Dominar Inglaterra para acabar co cisma anglicano, cortar o apoio que lles daban aos protestantes
dos Pais es Baixos e impedir os ataques dos barcos corsarios. Pero a armada “A Invencible” enviada
foi un fracaso. Como represalia unha frota inglesa mandada por Drake atacou en 1589 A Coruña,
Lisboa e Azores.

You might also like