You are on page 1of 4

EXERCICIOS REPASO TEMA 5 “OS ANIMAIS E OS ECOSISTEMAS”

NOME:___________________________________________________ DATA:_______________

1.- Indica se as afirmacións seguintes son verdadeiras ou falsas:

O medio dun ser vivo é o aire que o rodea.

O medio físico é o mesmo para todos os seres vivos.

As plantas utilizan o dióxido de carbono.

Os vexetais precisan a luz do Sol para vivir.

Algúns peixes viven tanto en auga de mar coma en auga doce.

A auga é indispensable para todos os seres vivos.

2.- Indica se se trata, ou non, de factores do medio físico:

Auga.___________________

Aire.________________________

Cantidade de luz._____________________

Salinidade.___________________________

Solo._________________________

Temperatura.______________________

3.- Indica se as seguintes accións protexen o medio natural ou o alteran negativamente.

 Fertilizar un campo co dobre de fertilizante aconsellado._______________________

 Axudar a limpar os bosques._________________________

 Prender lume no bosque.___________________________

 Levar o lixo aos puntos de recollida.________________________

 Recoller e levar para a casa os refugallos orixinados tras un día no campo._____________________

 Tirar as pilas nos colectores de papel.________________________


4.- Pódese dicir que un contaminante é unha substancia que está onde non debería estar.
Reflexiona sobre esta definición e clasifica as seguintes substancias en contaminantes ou non
contaminantes, pero tendo en conta onde se atopan.

 Fertilizante absorbido por un cultivo._________________________

 Fertilizante que chega a un lago.___________________________

 Dióxido de carbono emitido polas plantas ao respiraren.________________________

 Dióxido de carbono producido polos automóbiles.__________________________

 Restos dunha comida no bosque.___________________________

 Restos dunha comida nun colector de reciclaxe._________________________

5.-Ordena os seres vivos da seguinte cadea alimentaria:

Anchoa Atún Plancto animal Plancto vexetal

_____________________________________________________________________________

6.- Completa os ocos do esquema coas palabras axeitadas:

1.-___________________________________ 2.-___________________________________
3.-___________________________________ 4.-___________________________________

5.-___________________________________ 6.-___________________________________

7.-___________________________________ 8.-___________________________________

9.-____________________________________

7.- Completa as afirmacións seguintes tendo en conta os contidos do tema e de xeito que sexan
certas.

O medio ou____________________dun ser vivo está composto polo medio________________e o medio


biolóxico.

Unha poboación é un conxunto de organismos da mesma________________. O conxunto de poboacións


que viven nunha área determinada e que se relacionan entre si chámase___________________-
biolóxica.

Os ecosistemas poden ser_______________________e terrestres.

O lugar onde habita un ser vivo chámase___________________________ .

A relación entre varios seres vivos dun ecosistema que se alimentan uns doutros
chámase_______________________ alimentaria.

Unha das consecuencias das actividades humanas sobre os ecosistemas é


a_______________________ .

8.- En cada un dos seguintes enunciados hai unha palabra errónea. Substitúea para que a
afirmación resultante sexa correcta.

-Os compoñentes máis importantes do medio biolóxico son a auga, o aire e o solo.

Os compoñentes máis importantes do medio_______________________son a auga, o aire e o solo.

-Un ecosistema está formado soamente polo conxunto de seres vivos que viven nel.

_________________________

-Os consumidores terciarios son os seres vivos capaces de fabricar o seu propio alimento.

Os_________________________ son os seres vivos capaces de fabricar o seu propio alimento.


9.- Adiviña, adiviña.

No verán, barbudo
e no inverno, nu.
Isto é moi cru! ______________________________

Nazo e morro sen cesar;


sigo non obstante existindo,
e, sen saír do meu leito,
encóntrome sempre correndo. _________________________

You might also like