You are on page 1of 3

Preguntas test:

Introducción á enfermería clínica


1. O sondaxe vesical é…
a. Unha proba invasiva
b. Unha proba superficial
c. É un proceso sempre permanente
d. Introdúcese no nariz

2. A bacteriúria asintomática defínese como a presenza de…


a. Máis de 200.000 unidades formadoras de colonias por ml en dúas mostras
de urina en pacientes sen síntomas urinarios.
b. Máis de 100.000 unidades formadoras de colonias por ml en unha mostra de
urina en un paciente sen síntomas urinarios.
c. Menos de 100.000 unidades formadoras de colonias por ml en dúas mostras
de urina en pacientes sen síntomas urinarios.
d. Máis de 100.000 unidades formadoras de colonias por ml en dúas mostras
de urina en pacientes sen síntomas urinarios.

3. Para hixiene uritourinaria non se emprega:


a. Luvas non estériles
b. Luvas estériles
c. Cuña
d. Gasas estériles

4. Para o procedemento de sondaxe vesical se emprega:


a. Xiringa 20cc
b. Clorhexidina acuosa 5%
c. Lubricante sintético
d. Luvas estériles

5. Na hixiene xenitourinaria da muller temos que…


a. Proceder ao lavado de xenitais externos e zona perineal, sempre de abaixo
cara arriba, separando os beizos maiores e lavando despois dende o clítoris á
zona perianal, e posteriormente dende a cara interna dos beizos menores
cara a fóra.
b. Proceder ao lavado de xenitais externos e zona perineal, sempre de arriba
cara abaixo (dende o pube cara ao ano) separando os beizos maiores e
lavando despois dende o clítoris á zona perianal, e posteriormente dende a
cara interna dos beizos menores cara a fóra.
c. Proceder ao lavado de xenitais externos, sempre de arriba cara abaixo (dende
o pube cara ao ano) separando os beizos maiores e lavando despois dende á
zona perianal ao clítoria, e posteriormente dende a cara interna dos beizos
menores cara a fóra.
d. Proceder ao lavado de xenitais externos e zona perineal, sempre de arriba
cara abaixo (dende o pube cara ao ano) separando os beizos menores e
lavando despois dende o clítoris á zona perianal, e posteriormente dende a
cara externa dos beizos maiores cara a fóra.

6. Na hixiene xenitourinaria do home temos que colocalo en…


a. Decúbito lateral dereito
b. Decúbito lateral esquerdo
c. Decúbito supino
d. Sims

7. Na hixiene xenitourinaria do home temoos que..


a. Enxaboar cunha esponxa os pregues inguinais, o vello pubiano, o pene, o
escroto, e en último lugar o ano. Aclarar con auga vertida a chorro no mesmo
sentido.
b. Enxaboar cunha esponxa os pregues inguinais, o vello pubiano, o pene, o
escroto, e en último lugar o ano. Aclarar con auga vertida a chorro en
diferente sentido.
c. Enxaboar cunha esponxa o pene e o ano. Aclarar con auga vertida a chorro
no mesmo sentido.
d. Enxaboar cunha esponxa o ano, os pregues inguinais, o vello pubiano e en
último lugar o pene e o escroto. Aclarar con auga vertida a chorro no mesmo
sentido.

8. Señala a verdadeira:
a. Na muller, se colle a sonda e introducese suavemente a través do meato ata
obter refluxo de urina, proseguindo uns 10 cm máis para asegurar que estea
na vexiga.
b. Comprobar a integridade do balón da sonda insuflando 10 cc de aire.
Desinchar o balón unha vez comprobado.
c. No home non é preciso empregar lubricante urolóxico anestésico.
d. Retire o prepucio coa axuda dunha gasa estéril e coloque o pene en posición
vertical ata introducir 2 cm da sonda. Coloque agora o pene en posición
horizontal e siga introducindo a sonda ata que reflúa a urina. Avanzar uns 5
cm máis para asegurar a colocación da sonda en vexiga.
9. Cando debe ser retirada a sonda?
a. A media mañá
b. A media noite
c. Pola tarde
d. Cando o paciente quera

You might also like