You are on page 1of 18

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Material para
a formación profesional inicial

Familia profesional ENA Enerxía e auga


Ciclo formativo CSENA01 Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica
Grao Superior
Módulo profesional MP0352 Configuración de instalacións solares térmicas
Unidade didáctica UD06 Configuración e montaxe de instalacións solares fotovoltaicas
Actividades A01 Tipos de instalacións fotovoltaicas  e equipos das mesmas
A02 Deseño, dimensionamento e selección de equipos
A03 Execución da instalación cos equipos seleccionados
A04 Monotorización e tratamento de datos da instalación
Autores Iria Fírvida Plaza, Beatriz Liñares González, Ángel Benito
Álvarez Rodríguez, Félix Caramés Palomanes, Juan Elías
Iglesias Leiro
Nome do arquivo
Índice

1. Ficha técnica................................................................................................................4
Contexto da actividade...................................................................................................................... 4
Título das actividades........................................................................................................................ 4
Resultados de aprendizaxe do currículo............................................................................................ 5
Obxectivos didácticos e título e descrición da actividade..................................................................5
Criterios de avaliación........................................................................................................................ 5
Contidos............................................................................................................................................. 5
Actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación, métodos, recursos e instrumentos de
avaliación.............................................................................................................................................. 6
2. A01. Tipos de instalacións solares fotovoltaicas e equipos das mesmas..........7
2.1 Introdución..................................................................................................................... 7
3. A02. Deseño, dimensionamento e selección de equipos.......................................7
3.1 Introdución..................................................................................................................... 7
4. A03. Execución da instalación cos equipos seleccionados..................................8
4.1 Introdución..................................................................................................................... 8
4.2 Montaxe dos soportes para os paneis solares...............................................................8
4.3 Montaxe e conexionado dos captadores......................................................................10
4.4 Esquema eléctrico e conexionado dos elementos da instalación.................................12
4.4.1 Conexionado das baterías.............................................................................................................................. 12
4.4.2 Regulador eléctrico......................................................................................................................................... 13
4.4.3 Conexionado do inversor................................................................................................................................ 14
4.4.4 Cableado da instalación.................................................................................................................................. 15
4.4.5 Liña de posta a terra....................................................................................................................................... 15
5. A04. Monotorización e tratamento de datos da instalación.................................16
5.1 Introdución...................................................................................................................16
6. Materiais.....................................................................................................................16
6.1 Documentos de referencia e recursos didácticos.........................................................16
6.2 Materiais...................................................................................................................... 16
7. Avaliación...................................................................................................................17
7.1 Modelo de proba escrita...............................................................................................17
7.2 Avaliación.....................................................................................................................17
1. Ficha técnica
Contexto da actividade

Módulo Duraci Unidade didáctica. Sesió Actividades Sesións 60´


ón ns 60´

A01. Necesidades enerxéticas. O Sol


6
UD01. Estudos previos á configuración como fonte de enerxía.
de instalacións de aproveitamento 10
solar. A02. Marco normativo e descrición das
4
instalacións.

A01. Necesidades enerxéticas e


contribución solar mínima para auga 10
UD02. Avaliación do potencial solar. 15 quente sanitaria.

A02. Limitacións polo emprazamento. 5

A01. Elementos principais: colectores,


acumulador, canalizacións, bomba e 10
UD03. Elementos das instalacións 20 vaso de expansión.
solares térmicas.
A02. Elementos accesorios e de 10
control.

A01. Dimensionado dos elementos. 15


MP0352. Configuración de instalacións UD04. Configuración das instalacións
107 h 27
solares térmicas. solares térmicas. A02. Determinación do esquema de
12
principio da instalación.

A01. Representación gráfica das


8
UD05. Elaboración da documentación instalacións.
técnica complementaria para
15
anteproxectos de instalacións solares A02. Realización dos orzamentos. 5
térmicas.
A03. Estudos de seguridade. 3

UD06. Configuración e montaxe de A01. Tipos de instalacións


5
instalacións solares fotovoltaicas. fotovoltaicas  e equipos das mesmas

A02. Deseño, dimensionamento e


5
selección de equipos
20
A03. Execución da instalación cos
5
equipos seleccionados

A04. Monotorización e tratamento de


5
datos da instalación

Título das actividades

Nº Título Descrición Duración

Descrición dos distintos tipos de instalacións fotovoltaicas e 5


A01 Tipos de instalacións fotovoltaicas  e equipos das mesmas
os equipos que as compoñen

Nesta actividade apréndese a dimensionar os elementos 5


A02 Deseño, dimensionamento e selección de equipos
dunha instalación fotovoltaica.

Descrición detallada dos pasos a seguir para a execución 5


A03 Execución da instalación cos equipos seleccionados
da instalación solar fotovoltaica xa calculada

Estudo dos equipos e sistema de monotorización e control 5


A04 Monotorización e tratamento de datos da instalación
da instalación e variables a controlar
Resultados de aprendizaxe do currículo

Resultados de aprendizaxe do currículo Completo

 RA2. Elabora anteproxectos de instalacións solares térmicas e fotovoltaicas, para o que analiza a súa viabilidade, e Non
determina neles as características xerais dos equipamentos e dos elementos.

Obxectivos didácticos e título e descrición da actividade

Obxectivos específicos Actividade Descrición básica Duración

O1.1 Determinar as características dos Descrición dos distintos tipos de 5


Tipos de instalacións fotovoltaicas  e
elementos das instalacións A01 instalacións fotovoltaicas e os equipos
equipos das mesmas
fotovoltaicas. que as compoñen

O1.2 Calcular e dimensionar os Nesta actividade apréndese a 5


Deseño, dimensionamento e selección
equipos que conforman unha A02 dimensionar os elementos dunha
de equipos
instalación fotovoltaica instalación fotovoltaica.

O1.3 Coñecer o proceso de montaxe Descrición detallada dos pasos a 5


Execución da instalación cos equipos
dunha instalación fotovoltaica A03 seguir para a execución da instalación
seleccionados
solar fotovoltaica xa calculada

O1.4 Coñecer os parámetros a 5


Estudo dos equipos e sistema de
controlar nunha instalación Monotorización e tratamento de datos da
A04 monotorización e control da
fotovoltaica e a monotorización instalación
instalación e variables a controlar
da mesma

Criterios de avaliación

Criterios de avaliación

 CA2.3 Determináronse as características dos elementos e dos compoñentes dos circuítos da instalación solar fotovoltaica.
 CA2.4. Efectuouse un orzamento orientativo dunha instalación solar térmica ou fotovoltaica, e considerouse a súa amortización.
 CA2.5. Analizouse o marco administrativo e normativo referente ás instalacións solares.

Contidos

Contidos

 Determinación das características dos elementos e dos compoñentes dos circuítos da instalación solar fotovoltaica
 Instalación solar fotovoltaica: elementos que a compoñen.
 Tipos de instalación solar fotovoltaica: illadas e conectadas á rede.
 Elaboración dun anteproxecto dunha instalación solar fotovoltaica.
Actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación, métodos, recursos e instrumentos de avaliación

Que e para que Como Con que Como e con que se valora Duración
(sesións)
Actividade Profesorado Alumnado Resultados Recursos Instrumentos e
(título e descrición) (en termos de tarefas) (tarefas) ou produtos procedementos de
avaliación

A01. Tipos de instalacións  Tp1.1 - Explicación na aula dos tipos de  Ta1.1 – Coñecer distintos tipos de  Tipos de instalacións e  Ordenador con  PE.2 - Exercicios de 5
fotovoltaicas  e equipos das instalacións fotovoltaicas e dos distintos instalacións fotovoltaicas e as distintas as súas copnfiguracións. LibreOffice e conexión a cálculo para a
mesmas. elementos que a compoñen. configuracións que se poden dar. Internet. recoñecer e configurar
 Descrición dos distintos tipos os elementos das
de instalacións fotovoltaicas instalacións
e os equipos que as fotovoltaicas.
compoñen

A02. Deseño, dimensionamento Tp1.1 - Explicación na aula do dimensionado  Ta1.1 - Dimensionar os elementos das  Dimensionado dos  Ordenador con  PE.2 - Exercicios de 5
e selección de equipos dos elementos dunha instalación fotovoltaica. instalacións fotovoltaicas. elementos dunha LibreOffice e conexión a cálculo para a
 Nesta actividade apréndese instalación fotovoltaica e Internet. determinación das
a dimensionar os elementos selección dos equipos. características dos
dunha instalación elementos das
fotovoltaica instalacións
fotovoltaicas.

A03. Execución da instalación Tp1.1 - Explicación na aula e no taller da  Ta1.1 – Montaxe dunha instalación solar  Instalacións fotovoltaicas  Todo o material e  Lista de cotexo sobre 5
cos equipos seleccionados execución dunha instalación fotovoltaica e fotovoltaia cos elementos antes montada e executada. equipos necesarios para os pasos a seguir para
 Descrición detallada dos presentación dos mesmos in situ. dimensionados. a montaxe da instalación. a execución e montaxe
pasos a seguir para a da instalación.
execución da instalación
solar fotovoltaica xa
calculada

A04. Monotorización e Tp1.1 - Explicación na aula da monotorización e  Ta1.1 – Coñecer todos os equipos e  Listado de equipos  Ordenador con  Lista de cotexo sobre 5
tratamento de datos da tratamento de datos dunha instalación medidores precisos para a correcta precisos para a LibreOffice e conexión a os pasos a seguir e os
instalación fotovoltaica. monotorización e tratamento de datos dunha monotrización dunha Internet. equipos e instrumentos
 Estudo dos equipos e instalación fotovoltaica.. instalación fotovoltaica. precisos para a
sistema de monotorización e monotorización dunha
control da instalación e instalación fotovoltaica.
variables a controlar
2. A01. Tipos de instalacións solares
fotovoltaicas e equipos das mesmas
2.1 Introdución

A FACER POR BEA

3. A02. Deseño, dimensionamento e


selección de equipos
3.1 Introdución

A FACER POR BEA


4. A03. Execución da instalación cos
equipos seleccionados
4.1 Introdución
Nesta actividade descríbense todos os pasos a seguir para a correcta execución e
montaxe da instalación solar fotovoltaica que se calculou na actividade anterior. O
esquema de principio da instalación móstrase na seguinte imaxe:

As actividades e tarefas que se describirán a continuación son:


 Montaxe dos soportes para os paneis solares
 Montaxe e conexionado dos captadores
 Esquema eléctrico e conexionado dos elementos da instalación
o Ubicación e conexión das baterías
o Regulador eléctrico
o Conexionado do inversor
o Cableado da instalación
o Liña de posta a terra

4.2 Montaxe dos soportes para os paneis solares


O primeiro paso no proceso de instalación de placas solares é obter unha proposta de
instalación fotovoltaica calculada e dimensionada en base ás posibilidades da localización
da instalación e de acordo aos requirimentos da mesma. No caso que se desenvolve na
presente actividade, pártese da instalación solar fotovoltaica configurada segundo se
explicou na actividade anterior: A02. Deseño, dimensionamento e selección de equipos.
No caso que se prantexa, os paneis solares fotovoltaicos colocaranse directamente
sobre unha cuberta lixeiramente inclinada. Concretamente a instalación realizarase nunha
cuberta inclinada, un “tellado”, contruído a poucos metros de altura sobre o nivel do chan
(1,5 m no lado máis baixo e 2,5 m no máis alto), que ten como fin a instalación de paneis
solares fotovoltaicos para poder ser empregada con fines didácticos.

Antes de colocar sobre a cuberta os paneis solares, é necesario situar os soportes para
os mesmos sobre a cuberta. Dependendo da tipoloxía e inclinación desta, variará o tipo de
estrutura ou soportes a utilizar. Por exemplo, a estrutura ou soporte non será o mesmo
nunha cuberta cuxos módulos se coloquen de forma paralela a ela, que nunha cuberta
plana na cal haxa que inclinar os módulos dunha determinada forma para obter a maior
eficiencia posible do sistema.

A cuberta sobre a que se instalarán os paneis solares xa construída con tal fin, ten as
seguintes características:
- Orientación: sur (azimut -10º)
- Inclinación: 15º
- As sombras que recibe a instalación no tellado son practicamente
despreciables.

Realízase polo tanto, un anclaxe directo sobre a cuberta mediante tornillos para os
soportes dos paneis. Estes soportes sobre os que se colocarán os paneis solares
fotovoltaicos terán a mesma orientación e inclinación que o tellado. Toda a tornillería que
se emprega será de aceiro inoxidable.

O primeiro paso é colocar os tirafondos sobre a propia cuberta. Para iso perfóranse
algunhas tellas e colócanse os tirafondos necesarios, tal e como se mostra nas seguintes
imaxes:
É importante que a cuberta quede totalmente impermeabilizada, polo que se deben
sellar con silicona ou sica todas as fixacións nas que se colocan os tirafondos para evitar a
entrada de auga.
Unha vez colocados todos os soportes, instalaranse as placas solares segundo o
estudo previo realizado:

4.3 Montaxe e conexionado dos captadores

A interconexión dos paneis realízase en serie entre os módulos dunha mesma fila ou
string, e en paralelo para conectar as filas entre si en función da configuración
paneis/regulador. Isto realízase mediante os chamados conectores MC4 para conectar os
módulos en paralelo, ou directamente ao regulador. É importante realizar un aperte forte
de conectores, xa que unha mala conexión repercutirá de forma negativa ao rendemento
global da instalación ocasionando posibles problemas como os denominados puntos
quentes, que tamén poden afectar á propia estrutura do panel.

Por último, realízase unha conexión en paralelo, que poderá realizarse directamente
no regulador, completándose así a parte da instalación de corrente continua (CC), e sendo
así conducida toda a enerxía recollida por cada panel a través da radiación solar en forma
de corrente eléctrica ata o regulador.
Os cables utilizados para a conexión dos paneis deben ser de alta calidade, cunha
última capa de material illante (illamento de 1000V), resistente á intemperie e á humidade.
Para as conexións eléctricas entre os paneis e o regulador empregaranse sempre terminais.

Na seguinte imaxe pódense ver os catro paneis que compoñen a instalación calculada
xa instalados (colocados dous en serie e dous en paralelo):
4.4 Esquema eléctrico e conexionado dos elementos
da instalación
O esquema eléctrico da instalación solar fotovoltaica é o seguinte:
4.4.1 Conexionado das baterías

Os acumuladores deben instalarse nun local protexido da intemperie, xa que o seu


rendemento depende substancialmente da temperatura ambiente. Ao diminuír esta, a
capacidade do acumulador redúcese notablemente, e ao subir a temperatura diminúe a súa
vida útil.
O local ideal para situar a batería debe cumprir as seguintes condicións:
- Lugar seco e ventilado para evitar a acumulación de gases (hidróxeno e osíxeno)
que se desprenden no proceso de carga da batería. Ao ser o hidróxeno máis lixeiro
que o aire, tende a subir, polo que é aconsellable colocar aberturas na parte
superior do local.
- Situación dos acumuladores o máis próxima posible aos paneis, para minimizar as
perdas por caída de tensión e o custo do cable de conexión.
- Local illado térmicamente que evite no posible variacións bruscas de temperatura
entre verán e inverno.
- Facilidade de acceso para a montaxe e mantemento.

O acumulador componse dunha serie de elementos ou vasos, que se unen entre si


mediante pletinas. Cada batería proporciona unha tensión nominal de 6V, polo que para
conseguir unha tensión nominal de 24V haberá que unir 4 elementos en serie.
Na seguinte imaxe pódense ver as 4 baterías de 6 V unidas en serie tal e como se
explicou no apartado anterior, conseguindo así unha batería de 24V de tensión nominal:

As conexións entre vasos deben efectuarse fortemente e poñendo coidado en que


todos os elementos (bornes, pletinas) estean limpos antes de conectalos.

4.4.2 Regulador eléctrico


É importante que o regulador se atope resgardado fronte aos raios do sol, é dicir, non
deben situarse no cara sur da vivenda xa que se ve afectado o seu rendemento se se
quentan, polo que se aconsella a súa localización no interior da vivenda, ou en caso de non
poderse e situalo no exterior, dotalo dalgún elemento de protección.
Durante a montaxe deste equipo é necesario ter en conta os seguintes condicionantes:
- Os equipos de regulación situaranse o máis próximo posible aos acumuladores, e
preferiblemente no mesmo local que estes. A sonda de temperatura que leva o
regulador hai que mantela afastada de fontes de calor.
- Na instalación eléctrica incluirase un interruptor automático magnetotérmico ou
un fusible á saída da batería, para evitar accidentes por curtocircuíto fortuíto.
- É aconsellable que os equipos electrónicos teñan unha adecuada refrixeración; se
é posible, situalos de forma tal que se permita a circulación do aire de maneira
natural.
- No caso de integrar os equipos electrónicos dentro dun cadro de control, hai que
prever que este teña unhas ranuras de ventilación e suficiente superficie de
disipación.

A orde de conexión dos distintos elementos do sistema ao regulador é moi


importante: primeiro conéctanse as baterías, despois os paneis, e por último a utilización.
A desconexión débese realizar en orde inversa. Nunca se debe deixar o regulador
conectado só aos paneis, xa que a tensión en baleiro do panel pode estragar a electrónica
do regulador.

4.4.3 Conexionado do inversor

O inversor (ou convertidor) de corrente continua en corrente alterna debe colocarse o


máis próximo posible ás baterías, xa que no cable de corrente continua circulará unha
intensidade moito máis alta que no de alterna, e por tanto o tramo que vai da batería ao
inversor terá unhas perdas de calor máis elevadas (por exemplo, as perdas nun investidor
de 250 W de 12 Vcc/220 Vca son 400 veces maiores, para igual sección e lonxitude de
cable, na zona de continua que na de alterna).
Ao conectar os cables de corrente continua ao acumulador, non equivocarse na
polaridade. Aínda que o equipo está protexido contra esta equivocación, non convén forzar
o aparello.
No caso da instalación obxecto de estudo na presente
unidade didáctica, óptase por unha solución que combina un
controlador de carga solar MPPT, un inversor e un
distribuidor de corrente alterna nun solo dispositivo.

O controlador de carga solar Blue Solar MPPT 100/50


permite conectar ata tres cadeas de paneis FV a tres series
de conectores.

O controlador de carga MPPT e o inversor/cargador


comparten os cables da batería, que á súa vez poden
cargarse cos paneis solares instalados ou con electricidade
CA da rede ou dun xerador.

O esquema das conexións eléctricas do dispositivo é o seguinte:

4.4.4 Cableado da instalación


A sección dos condutores está calculada para non sobrepasar na parte de CC unha
caída de tensión do 1,5% e na parte de CA unha caída de tensión do 1,5%, ademais de
superar o criterio de intensidade máxima admisible.
No tramo de CC emprégase cableado específico para instalacións fotovoltaicas
(Cable solar ZZ-F, en vermello para a polaridade positiva e negro para a polaridade
negativa). Todo o cableado de continua é de dobre illamento, de 1 kV de tensión de
illamento e adecuado para uso en intemperie, ao aire ou enterrado. Soporta unha
temperatura de 120ºC en réxime permanente e é libre de halóxenos, non propagador de
incendios e de baixa emisión de fumes 0,6/1kV.
No tramo de CA, empréganse cables unipolares típicos de instalacións de enlace
(RZ1-K) con tensión asignada 0,6/1kV, libre de halóxenos, non propagador de incendios e
de baixa emisión de fumes.
Cable de terra CC: Para cada cuberta considerase a distancia dende o extremo máis
afastado con módulos ata o punto de baixada, tamén se engade a distancia de baixada e o
percorrido horizontal a realizar. Aplicar un coeficiente de seguridade de aprox. 10%. O
cable empregado é: Cable H07Z1-K AS 750V 1x4 mm Amarelo e Verde.

4.4.5 Liña de posta a terra


Existe unha posta a terra á que se conectan todas as masas da instalación
fotovoltaica, tanto da parte de CC como da parte de CA. A resistencia de terra debe ser
inferior a 10 Ohmios. Empréganse picas de 2 m de lonxitude e cable de cobre espido de 35
mm2.

5. A04. Monotorización e tratamento de


datos da instalación
5.1 Introdución
A FACER POR JUAN ELÍAS E ÁNGEL BENITO
6. Materiais
6.1 Documentos de referencia e recursos didácticos
 Documento básico de aforro de enerxía HE 5 do CTE. Contribución fotovoltaica
mínima de enerxía eléctrica.
 Ordenador persoal con conexión a Internet e LibreOffice.

6.2 Materiais

Elementos para a execución da instalación solar e punto de recarga de vehículos


eléctricos:

- 4 paneis fotovoltaicos Canadian Solar® HiKu de alto rendemento con sistema


antisombras e estrutura de integración arquitectónica de soporte para instalación
sobre tellado de estrutura de madeira e cuberta de tella sobre fibrocemento.

- Kit solar, accesorios, cable e pequeno material, composto por:


 1 ud Inversor/Cargador potencia Pn/Pmax = 1600VA/3000W
 1ud Controlador de carga solar MPPT
 1ud Regulador
 1 ud Distribuidor AC
 1ud Toma externa de emergencia AC

- 4 Baterías 346Ah, accesorios, cable e pequeno material

- Sistema de monitorización con pantalla exterior estado instalación en tempo real

7. Avaliación
Criterios de avaliación seleccionados para esta actividade Evidencia Instrumento de avaliación Peso na
cualificación da
UD

 CA2.3 Determináronse as características dos elementos e dos  Exercicios de  PE.2 - Exercicios de cálculo 60%
compoñentes dos circuítos da instalación solar fotovoltaica. dimensionado. para a determinación das
 CA2.4. Efectuouse un orzamento orientativo dunha instalación características dos
solar térmica ou fotovoltaica, e considerouse a súa elementos das instalacións
amortización. fotovoltaicas.
 Lista de cotexo: para a 40%
 Exercicios de
identificación de avaliación da indentificación
elementos. dos elementos, sistema de
monotorización e
funcionamento da
instalación executada

7.1 Modelo de proba escrita


Exemplo de proba escrita de cálculo das características dos elementos das instalacións
fotovoltaicas.
Dimensionar os elementos da instalación fotovoltaica dados uns determinados datos de
partida.
Deberá terse acceso a internet para escoller modelos reais dos catálogos de fabricantes.

7.2 Avaliación
En primeiro lugar se elixe un modelo de módulo fotovoltaico concreto dun fabricante de
recoñecido prestixio e dunha tensión de 24 V. Para isto, os fabricantes ofrecen os
catálogos nas súas web. Neste caso eliximos un módulo das seguintes características:
– Potencia máxima: 110 Wp.
– Corrente de curtocircuíto: 6,67 A.
– Corrente no punto de máxima potencia: 6,32 A.
– Tensión en circuíto aberto: 21,6 V.
– Tensión no punto de máxima potencia: 17,4 V.

You might also like