You are on page 1of 25

mecánica zeleste

poemas 1995-1997

1
Mecánica Zeleste foi accésit do premio Francisco Añón de Poesía na súa edición de 1999

2
I

a lenta aprendizaxe
de ser cosmos

3
abra
Terás que inserirte no verso teimosamente
coa decisión da pedra no auga
que non só insire
mais involucra, incrusta.
Con xesto abismal desencaixarte do barro
abrirte o cranio contra os versos
e que xurren versos.

O que a vida non permite terás que


morrer un pouco
unha vea de morte, non máis
abonda para a pervivencia dos mínimos xestos.

Que comerte os versos, terás que defecalos.


Crucificarte nun texto
pero na mentira.
Soportar un choque brutal
terás que beberte a natureza.
Enfrontamento fundacional doutro ti
ti cara ti contemplándote entimismada.

4
Pesados coma áncoras. Os versos serán quilos de desexo
estilado
serán crimes incompletos.

Que mutilarte terás. E nascer enteira.


Saír coa forza da poldra, saír dun verso
coma dun labirinto vaxinal
con rebordos inaugurados
terás que abandoarte nunha chaira desolada
proxectar cosmos
por fóra de ti. Rebentando.
Terás inundacións
inundacións líricas para te acugularen eidos
de fóra adentro e de dentro fóra.

Envolveita en versos miserables


porque haberás de sublimar esta nacenza
esta carencia
haberás de desembocar carencias
no mar inmenso que outros beben.

Algo caníbal. Virtual pero


morrerás un pouco.
E que forza
que forza
asolará os peitos
abrirá abras
que pequena almofada triturarás logo
se é que baleiras todo se é que escorrentas ás bestas
que pulso diminuto escoitarás
ti que o perdes todo
se é que todo o desembocas.

5
Grande destruida
Pasen e vexan
porque así foi como estoupei.

Como troncei en derramas e encoros inimaxinables


esgacei até o verniz de vidros íntimos
escachei en catro mil anacos verdes
e outros tantos de xade
e derrubeime con brazos helicoidais
e abrínme tan de por dentro
que poderíades tocar
o meu alarido.

Así foi como escorregaron


emulsións
e codias miñas
pola terra
como espallaron grans de inquedanza
para fermentaren pan de min
nesoutras bocas
e lóbulos e unllas
e meniñas onde durmín cando a nenez
e arterias para raíces
e tanta linfa branca
que podería tinxir pelouros e planetas.
Como fun parte e partícula de cada cousa
dende o núcleo
até remotas superficies.

Grande destruida amiña


no desmembrar en horizontes
en abras ou pistas de violenta aterraxe
incansable
sementada en mil flores
de mil montañas
semellante á choiva
obstinada en caer.

E así foi como lles quixen explicar as miñas


comparecencias líricas
o meu atoparme
por ondequeira que a voz sexa
como paso cantando polo mundo
britada
e múltiple
sen nada meu.

E todo por te habitar un átomo


por ser clandestina parte de ti
absolutamente poliedro que non me agardabas
e críasme enteira
e indestructible.
Vexo incandescente.

Talvez porque escas nos ollos


porque o mundo segue
a prenderme
a deflagrarme.

Das lumieiras dende o ser nena


nas que certos fragmentos do mundo
cobraban o senso do lume.

Todo o que se me aboia en lapas.


O que segue a sorprenderme.

Non teño máis de meu


sequera este buque inflamado nas entrañas
e mil cicindélidos errantes polas córneas.
Sequera un outro eu
feito de cinzas.

Todo heino perder nos grandes abismos


nos buracos negros.

Pero aínda aprendendo a encender de por min


galaxias
multiformes
de anacos e perdas
galaxias fantásticas para botarte
ben grandiosamente de menos
aínda mirando incandescente
hánme perdoar negruras e betumes íntimos
para me pintar o corpo enteiro
e verme un pouco menos e que non me vexan
á sombra da marabilla colorista
doutros
incandescentes.
Os que saben diso ubican o equilibrio
en dependencias do ouvido medio.

E alí temos unha zafra e un martelo.Enderéitase o


equilibrio
nesa zafra, con ese martelo?

Tamén un estribo. É que pretende fuxir a cabalo?


O equilibrado equilibrio?

E por último un labirinto. Para perderse acaso


de contino? Seica marearse?

O meu equilibrio, dende logo, sobrevive como pode


aos circenses obstáculos do ouvido medio.
Por iso permitídeme o luxo de desequilibrarme ás
miñas anchas

ben por fóra.


Cuando termine este verso
empezará a llover

Derek Walcott

Non hai ilíadas en nós


pero cantas veces atinximos memoria.

Cae a choiva coma todo o que lentamente cae


para volver a recompórse en futuros versos.

Aquí temos a posibilidade de cruzar unha ribeira.

E de volver a alancear inimigos


cunha batalla grande de xeracións que desembocan.

Maquetas de palabras
e verbos catapultando imaxes
para asolar
un templo cotián
miserable.

Velaiquí o meu potente cabalo oco.


Velaiquí o artificio e a enxeñería: imaxes
só imaxes.

Pero as miñas.

Até onde eu queira


como un país libre heroi lendario.

Até este verso xusto, húmidamente rescatado,


este verso que cando termine
empezará a secarse ao sol.
Días longos
de bazuca apostada no limiar das horas.

Días coma francotiradores.


Noites sen saír de min.

A lamberme fontes feridas


fontes feridas
mananciais de chumbo nos que non estás
nos que non estás
e que só me agroman balas nésperas
un tempo
blindado de cereixas.
Vagas

Azuis pero brancas pero


fóra deste mundo
Sen memoria Vagas errantes

Eu cun pouco de arxila nas mans e nos labres


A agardar
no meu atol de verbas
Desamparada do tempo por non ser máis que tempo
cós meus ollos non máis que ollos
e non moi lonxe
Non tanto como cría

Vagas Que ausentes de min


ausentes
Expresión dun auga remota que esgaza
agora
tras vinte mil leguas

Horizonte que se abala animal


vagarento
a boquexar lentas

Vagas que te recuperan


e a min longamente, talvez por sempre, sandan
Vagas que por fin te teño
no longal da oca cintura

Que era eu sen memoria, ausente de min


ausente
no meu espacio atol

Que era a calma a abrirme a súa boca infinda


soñolenta
baixo nubes informes
Eternas

Dende abras lonxe lonxe


acaroando
dilatantes vagas que ondulan almas paisaxe neve
E o meu pensamento pasa

coma un alga sen motivo


Irresistible calma

Coma verba na que hei deixarme caer así pasto


nos refuxios verdes de cando pechar os ollos
Eu por baixo a calma
desarranxada pero que dóce
E nunca houber hortas máis frondosas
nin máis vastas as planícies do extramundo

Coma nunha nota inxel sostida na boca dun deus


irresistible
Refuxio que non tén teito
Que non me poñan portas nin aranceis
Que só rodar e rodar por unha calma descendente
E nada doe nin albisca tempestade
Nunca fomos tan nenos de novo tan
habitantes do pacífico e a perspectiva chaila

Devasta horizontalidade impronunciable


a repetirse sempre
sempre volve
a materia inexacta que nos aglaiara no principio
volve sempre
desartellados conceptos e arestas formularias
estendida porque tan inconmensurable
tanto que ha volver para levarnos
para fundirnos
e derreternos
coma folerpas lenísimas sobre a ampla calmosidade

do que fomos

E quen pode
quen pode resistirse
a volver?
Imos cara a unha estrela.

Na noite os homes de ciencia véno todo claro


todo nidio.
A transparencia.
Codifican milagres nos seus Catálogos Celestes.
Van a lombos dun Cometa anotando fisións.
Rexistran a cor das Novas para todos nós
que vivimos con ben pouco brillo
e sen máis Magnitude que o desexo de ser.
E no tempo dos mísiles na noite
das pirotécnicas batallas nouturnias.
No tempo de acender chisqueiros para morrer...

Envíannos cara a unha estrela.

Talvez queiran
nacernos a todos
superNovamente.
II

cosmonáutica
a renascencia de venus
Sí. Aínda vou edificarme en ondas acuáticas
vermellas
branquísimamente.

Aínda pouco venerada


pero venerada
venus de acedía e mastro incongruente
e polas miñas pernas chorros
e polos meus cabelos, ti.

Que me avasalas.

Sí. Poderosamente
un novo tempo
para o meu renascer
que é coma o teu
pero en verso.
E dádeme abrazos
porque levo ducias de séculos
cun intocable
fermoso rostro.
Sí. Sen aparellos nin deuses ex machina.
Que é o meu un xurdir de alboradas
un xurdir de regos e de maios e de seme
eu, que engaiolei a sandro filipepi no lugar das flores
para nascer da mestizaxe da hora
e tódolos boticellis rebordantes nos andeis
temples traídos alén ópticas ilusionistas
xardín do xapón
ensoños
ruta do azafrán.

E todo dourándose a un sol que comeza


pola xanela do taller a se filtrar.

Vou ser un renazo. Que vivín no

abisal

entre ventres de púrpuras


e peixes fosforecer.
Vou ser fonte de mar e das cavernas infindas do
degoiro
nutrida dun sinfín de
baleas e baleas

coma destelo primeiro


coma xéiser dunha islandia por inventar.

Poño un dóce pé en Citerea


e deixo caer
palabras.

Vou ser. Agora mesmo. Este ano, este minuto


este século
esta luz que me penetra
como serpe nova
e tres ovos novos
que abrirán igual que unha vieira nas abras dun país
que ansío

e ceibarán un vento
un alento
e beleza.
amenceres globulares
Amenceres globulares.
Porque hoxe estou aquí soño amenceres globulares
alén Orión
as miñas pálpebras atravesan con espasmo
a súa púrpura nebulosa
alén Andrómeda feita do leite
de sabe o ceo que inmensas mulleres
alén batallóns de asteroides e aerólitos errantes
que contribúen á arquitectura polposa deste gran de

nadando na nada cósmica.

Pero eu estou a soñar


con eses amenceres globulares
porque talvez creo na incerteza ou na fáustica visión
dun olimpo carregado de raiolas brancas
creo nas metáforas lendarias que fanse apariencia e
realidade
baixo un mesmo conxuro
creo neses piñeirais que o vento fortalece
neses feixes de sol incrible que rozan un aglaiado eu
para transformalo na enteira humanidade
creo na música que soará para entón deliciosa e máxica
coma unha scheherezade arrebatada das sombras
un amencer máis.
Deseño de puros soños a química e a taumaturxia
destes
amenceres grandiosos
coma rosetóns de chumbo
violento e vidros verdes
azuis augamariña
e salmóns de pau de rosa

globulares
ceibando chorretóns de líquidos elementais
intumescentes
fastuosos amenceres
convidando de vez a gardar valiosísimos átomos de
silencio
remoer na soidade de hemisferio a hemisferio
deste noso globo que se nos fai pequeno
nas arelas arreitadas de botalo a voar polo
ceo cosmonáutico mirar polas fiestras pechadas dos
planetas
merendar raios doutros soles
na herba eléctrica

onde comece unha uránica certeza


ou azar
a amencer.
Podes chamarlle a isto voyeurismo.

Eu fago da escritura
un ollo que te mira.
alfabetos bestiais I
Cando chega o noso Albitorno
agromamos aquí, perdidos de Breu,
sen importar onde
e só nos inmiscuimos en Capialzarnos na noite
quitarnos Chiolas respectivas
mentres por dentro gobérnanos un simétrico Duunviro
e chove Duraluminio
a centésimas
Epicúreas.

Preparámonos a pel
con Emulsións de Encausto e Esmaltadura
pois noso é pertencer ao reino do inflamable
e nada senón a paciente pintura
a lenta lentura
para deter as túas augardentes Ferventías
que medraránme sete ríos
polos líberes internos.

Móbil
marmúrioche mollada
dende unha Garouba da que fructifico:
“volve mañá polo tellado”
e póste en estro a tocar un violín de Húsar
e marchas vogando Iolas.

I eu, Liquefacta,
a resolver o longo Logogrifo
de acariñarte polo vento
véndote marchar
véndote marchar
dende os silenciosos minaretes da alma en vela.
alfabetos bestiais II
Quero publicar que te amo.
Nihil obstat despois de terme
alimentada de Nébedas
aínda que eu aínda quería que todo isto
pasase de Ñapa polo mundo.

Quero publicar aos catro ventos


mistral e xistra, tramontana e simún
que xa non Ohmio
e que poden Ordaliarnos se é preciso
e impugnarnos por impuros.

Eu comprobarei
a beleza do Palisandro
administrada en Psicofármacos
por se levo o nome
salferido nas córneas.

E se non te vise máis


se a Queratite e o desengano
afastáranme Quilociclos de ti
Rafaríame as bestas dos adentros
prepararía Robras de soborno
tiraríame aos cans.

Quero dicir aquí mesmo


o moito que me Samesugaches
en nocturnas Saturnais
e desafiar Tenzóns a Treu porque
nada me importa
dende o Uberarme de ti.

Quero pendurar Verlianas nas nosas noites


coma estandartes mostreiros.
Escreber nesta Vitela canto sei.
Os Waus desta causa que me empeña
e non sei cantas Xávegas máis.

Devocionarme na certeza de que has Zunir ao verme


dende Zoroastros lonxanos
e tan Zelestes.
omegaliza

Vivimos nas Dumbrías Portas do alén


entre Friois da montaña
e Gondomares.

O noso país Oroso guía Ríotortos


e Valgas ás Trasmiras.
E por detrás do Paderne
asoma un Cervo Meis.

Xermade,
que por Lobios abaixo
poden escintilar Arnoias agochadas
menciñeiras.

Maside,
porque as Muras levan Láncaras en sí
e certa Lobeira Tui Sada e Sada un Trazo Ourol.

Sober ao Páramo, nunha Oímbra do Sil


e Fisterrar no Barco para sempre
baixo a Bóveda Sandiás
até ir perdendo de vista a Mezquita
na Irixoa dun Brión que nos Melide.

Eu Muxía
mentres ti Ramirás A Guarda.
E dime que Oia
dime Ponte Nova neste momento novo
que viviMos nas Trabadas do Touro bravú.

Teo,
é todo para ti,
para que me Toques
e me enchas Devesos namentres me Dexo.
Son os nosos Esgos
Sarreaus.

Así que definitivamente


Zas Zas.
mecánica

zeleste


1995-96

You might also like