You are on page 1of 2

ACTIVIDADES RECOMENDADAS 24

SEMANA do 8 ao 12 de xuño de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

1. Le as seguintes oracións e di as que son correctas ou incorrectas.

- Comprar un produto sen mirar a data de caducidade.

- Reciclar os envases de vidro e os de plástico.

- Comprar un produto porque o ves no supermercado e apetéceche, aínda que


sabes que tamén o tes na casa.

- Comprar o produto que se fabrica máis lonxe.

- Elixir os produtos que se elaboran respectando o medio natural.

2. Le o seguinte texto e subliña de verde as accións que fagan referencia a


normas cívicas. Risca as incorrectas.

María sae da súa casa para ir reciclar o lixo. Acompáñaa o seu can Toi, atado coa
correa. Vai andando pola beirarrúa e saúda ao seu amigo Max, que nese momento
está a cruzar polo paso de peóns. Max, tira o envoltorio do seu bocadillo detrás
dun banco.
María para en cada semáforo en vermello, pero cando non veñen coches, sáltaos.
Max ensínalle moi orgulloso a María o grafiti que pintou nunha parede. Finalmente
a rapaza dase conta de que é tarde e cruza a correr sen mirar se veñen coches.

3. Escribe ao carón de cada definición, o concepto que lle acaia.

- Condensación de vapor de auga…………………………..............………………..

- Auga que cae en forma de choiva, neve…………............…………………………

- Aire en movemento……………………........................................….. …………….

- Liña de luz producida polo raio…………….....................………………………….

- Reflexo da luz do Sol nas pingas de choiva……………………..………………...

1
4. Rodea as opcións verdadeiras.

a. A Lúa xira ao redor da Terra / do Sol / de si mesma.

b. A fase na que non podemos ver a Lúa, chámase Lúa chea / cuarto minguante /
cuarto crecente / Lúa nova.

c. A Terra tarda 24 horas / 365 días / 28 días en dar a volta completa sobre si
mesma.

d. O movemento de translación orixina o día e a noite / as estacións / os


hemisferios.

e. O Sol sae polo norte / sur / leste / oeste.

f. Un compás sempre sinala cara o leste / oeste / norte / sur.

5. Completa as seguintes oracións coa opción correcta.


- O casco histórico é a zona máis ( moderna/antiga)…….........……..........dunha
localidade.

- No centro histórico, as rúas son estreitas e ( longas/curtas)……....................…

- Os barrios residenciais están cheos de ( fábricas/vivendas)….....................…..

- As ( vivendas/fábricas) …………………adoitan estar nos polígonos industriais.

- Os barrios periféricos están no (centro/arredores)…........…………das cidades.

__________________________________________________________________
Porque o 8 de xuño é o día mundial dos océanos, esta semana
recomendamos visitar a seguinte páxina onde atoparás actividades:
http://www.cadernoverde.gal/un-mar-limpo/

You might also like