You are on page 1of 4

ROSALÍA DE CASTRO

(Actividade avaliable)

1. CASTELLANOS DE CASTILLA (Cantares Gallegos) [Páx. 122]


1) A quen corresponde a voz poética? É unha voz poética feminina.
Normalmente é unha rapaza.
2) Que sentimentos manifesta a voz poética? Os sentimentos que manifesta son a
tristeza e o odio. Un exemplo no que podemos ver que expresa tristeza é nos
versos “Morreu aquel que eu quería, e, para min n’ hai consuelo”, outro exemplo
no que podemos ver odio é nos versos “sólo hai para min, Castilla, a mala lei
que che teño”.
3) Un dos obxectivos de Cantares Gallegos foi cantar as belezas de Galiza.
Faise neste poema? No, porque neste poema falase de temas persoais como a
perda de un ser querido por culpa da emigración, si é certo que menciona varias
veces a Galiza pero sen esa finalidade.
4) Dentro de que liña temática se encadra o texto? O poema corresponde a unha
temática Social, xa que neste poema se denuncia a emigración. Podemos
decatarnos disto lendo esta estrofa “Foi a Castilla por pan, e saramagos lle
deron, déronlle fel por bebida, peniñas por alimento”.
5) Elabora unha listaxe que recolla as calidades que, segundo Rosalía enuncia
no texto, presentan Castela e o pobo casatelán e Galiza e o pobo galego.

GALIZA CASTELA
Cando van, van como rosas Castellanos de Castilla
Cando vén, vén como negros tendes corazón de ferro!
tratade ben ós gallegos
a mala lei que che teño

6) Busca unha versión musicada deste texto e indica quen é o grupo que a
canta e a que estilo musical pertence. A versión musicada que eu atopei é
interpretada por Air e pertence ao rap.
2. QUIXENTE TANTO, MENIÑA (Cantares Gallegos) [Páx. 122]
1) A quen corresponde a voz poética? A voz poética corresponde a un home.
2) Que nos está narrando a voz poética? Esta falando sobre todo o que quería, e
sobre as cousas boas que tiña unha rapaza que morreu.
3) Dentro de que liña temática se encadra o texto? Encadrase na temática
intimista, xa que emerxe a visión pesimista da dor da propia Rosalía.
4) Que participante de OT cantou este poema? A participante de OT que cantou
este poema foi Sabela, unha rapaza galega.
3. TECÍN SOIA A MIÑA TEA (Follas Novas) [Páx. 124]
1) Cal é o tema do poema? O poema trata sobre unha muller a que lle desapareceu
o marido no mar, e fala sobre todas as cousas que fai soa porque el non esta.
2) Que tarefas realiza a protagonista? A muller vai a por a leña, quéimaa no lar,
planta nabos e fai de comer.
3) A quen se dirixe este personaxe? Por que? Referise ao seu marido que se
perdeu traballando no mar, porque fala de que fai un montón de cousas pero sen
el.
4) Dentro de que liña temática se encadra o texto? Encadra na temática
Costumista xa que fala das tarefas que realizaba unha muller sen home.
5) Existe algunha versión musicada deste poema? Si, é de Roi Casal.
4. UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO (Follas Novas) [Páx. 124]
1) En cantas partes pode dividirse este texto? Que nos conta a voz poética en
cada unha delas? Pode dividirse en tres partes, a primeira dende o primeiro
verso ata o octavo, que fala como se sinte co cravo, a segunda parte que fala
sobre como arranca o cravo que vai dende o noveno verso ata o verso número
trece, e a terceira parte que fala de como se sinte sen o cravo, e é o resto do
poema.
2) Que pensas que simboliza o cravo? Simboliza o amor que sinte por alguén.

5. XAN
1) Resume o argumento deste poema. Este poema fala sobre un home, Xan, que
fai un montón de traballos, é o home perfecto, mentres que a súa muller Pepa
nunca fai nada e el cando chega cansado de traballar encontrase con que ten que
deitar aos seus fillos. Pero realmente Pepa tamén traballa na casa, pero el non o
aprecia e por iso cando el chega a casa ela xa esta deitada na cama e é el o que
deita aos meniños. A xente desta época valoraba máis os traballos que realizaba
o home que os que realizaba a muller na casa.
2) Que virtudes amosa Xoán? Que defectos amosa Pepa? Xan é o home que
todas desexan xa que sempre fai moitos traballos fora da casa, e Pepa é unha ,
muller que cando Xan chega moi cansado de traballar a casa ela esta na cama
deitada e el deita aos nenos cando para el, ela nunca fai nada.
3) Rosalía bota man do recurso do “mundo ao revés” para facer con este texto
unha clara denuncia da explotación laboral e da discriminación da muller
no seu tempo. Mudaron as cousas desde entón? En que sentido? Si, agora
non son so as mulleres as que traballan na casa, nin so os homes os que traballan
fora da casa. A cousa non é totalmente xusta, pero principalmente todos sabemos
que as mulleres poden ir por leña ao monte e que os homes poden cociñar. Inda
así hai en moitas situacións que as mulleres teñen un salario inferior ao de un
home no mesmo traballo.

You might also like