You are on page 1of 2

BOLETÍN DE PROBLEMAS DE HIDRÁULICA- MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO

1. Determine a forza F1 para elevar un automóbil de peso F2 = 2.000 kp, mediante un sistema
hidráulico, si o diámetro do émbolo 1 é igual a 2 cm i o do émbolo 2 de 20 cm.

2. Calcule o caudal en litros por minuto que atravesa unha tubaria de 2 cm de diámetro si a
velocidade do líquido é de 3 m/s.

3. Calcule o peso máximo que se poderá levantar cun gato hidráulico si a forza sobre o émbolo
pequeno é de 80 N e os diámetros dos émbolos son de 1 cm e 22 cm, respectivamente.

4. Por unha tubaria circula aceite hidráulico a unha presión de 40 kp/cm2. Sabendo que a súa
velocidade é de 12 m/min e que o diámetro da tubaria é de 12 mm, determine o caudal e a
potencia transmitida.

5. Calcule a resistencia que ofrece unha tubaria de 1 cm de diámetro interior si a súa lonxitude é de 5
m e se emprega un aceite de 5 ºE.

6. Determine a caída de presión que experimentará un aceite hidráulico de 5 ºE sabendo que circula
por unha tubaria de 5 mm de diámetro e que o caudal é igual a 50 L/min. A lonxitude do tubo é de
8 m.

7. Calcule a potencia dunha bomba que ten que impulsar un caudal de aceite de 80 L/min a un
cilindro de 40 mm de diámetro, a través dun tubo de 8 mm. A lonxitude do tubo é de 6 m e o aceite
utilizado é de 6ºE. A resistencia que ofrece o cilindro é de 0,003 St·m/ cm4 A presión da bomba é
de 40 kp/cm2. Determine a forza que exerce o vástago.

8. A figura representa un exemplo típico de prensa hidráulica. A sección transversal do seu émbolo
grande é de 250 cm2 e a do pequeno de 10 cm2. Pídese:
a) A forza que se debe exercer sobre o émbolo pequeno para elevar unha carga de 12.000 N.
b) Si se desexa elevar a carga 1 m, calcular o desprazamento
do pistón pequeno.
c) Para elevar unha carga de 15.000 N, que alternativas
poderían aplicarse?

9. A figura amosa un cilindro hidráulico que actúa como bomba ao ser


accionado por un motor eléctrico a 1.800 r.p.m.

Cada volta do motor produce un


desprazamento de 40 cm3. Outro
cilindro actúa como motor hidráulico
facendo xirar a 360 r.p.m. un
cabrestante de 150 mm de diámetro.
Calcular:
1) Caudal da bomba
2) Desprazamento do motor
hidráulico por cada volta do
cabrestante.

1
3) Carga máxima que pode suspenderse do cabrestante si a válvula de seguridade está tarada
a 35 bar.
4) Debuxar o esquema da instalación hidráulica anterior empregando os símbolos
normalizados.

10. Para o circuíto hidráulico da figura, pídese:

a) Identificar os compoñentes do circuíto.


b) Explicar o seu funcionamento.

11. Para o seguinte circuíto hidráulico pídese:

a) Identificar os compoñentes do circuíto.


b) Explicar o seu funcionamento.
c) Explicar o funcionamento da válvula
antirretorno pilotada.

12. Para o seguinte circuíto hidráulico, pídese:

a) Identificar os compoñentes do circuíto.


b) Explicar o seu funcionamento.

You might also like