You are on page 1of 5

MESOPOTAMIA

1. Marco xeográfico (buscar un mapa). Que significa “Mesopotamia”? Que ríos foron
fundamentais? Para que foron fundamentais?

Mesopotamia significa “entre ríos” e recibe este nome por que o seu territorio estaba
comprendido entre os ríos Tigris e Éufrates.
A rexión mesopotámica era una zona árida. Os ríos por a construcións de canles permitiu un
intenso desenvolvemento da agricultura.

2. Cal foi a primeira gran civilización que destaca en Mesopotamia? Como construían as casas?
En que basearon a súa prosperidade agrícola? Que eran as cidades-estado? (Busca algún
exemplo). Que importancia tiñan os templos? Describe os sistema de escritura que
inventaron. Que eran os escribas?

Os Sumerios 3000 a.C, construíron as primeiras cidades-Estado Uruk e Ur. As cidades-estado


eran independentes entre si e estaban rodeadas de murallas.
Construían as casas con ladrillo e adobe, inventaron o arco e a bóveda. Estaban sobre
plataformas ou terrazas para protexelas das inundacións.
O templo era a sede do goberno, dos tribunais de xustiza e das escolas, posuía todas as
terras e obradoiros da cidade.
Os sumerios desenvolveron unha das primeiras formas escritura, chamada cuneiforme. Con
un xunco facían signos en forma de cuña sobre táboas de arxila húmida.
Os escribas eran funcionarios, sabían ler, escribir, contar e tiñan moito poder.
3. Que era un cigurat (ou zigurat)? Cal era a súa función? Fai unha descrición dun zigurat e
busca un exemplo.

Os zigurat eran enormes torres graduadas que construíanse preto do templo, como
observatorio astronómico, lugar de culto ou centro de adiviñacións. Os sumerios o
consideraban como unha escaleira entre o ceo e a terra.

4. Como era a sociedade, igualitaria ou xerarquizada? Xustifica a resposta e describe os grupos


sociais.

A sociedade mesopotámica estaba moi xerarquizada: os privilexiados e o resto da poboación


* Privilexiados
O rei, que cumpría tamén a función de sumo sacerdote.
Os Nobres tiñan gran das terrase ocupaban altos cargos.
Os sacerdotes vivían nos templos facían rituais relixiosos. E posuían terras e talleres
artesáns.
Os escribas eran funcionarios controlaban a cantidade dos produtos de cada traballador nos
arquivos reais.
*Os traballadores (traballaban para o palacio do rei ou os templos)
Homes libres: campesiños e artesáns.
Os escravos que carecían de dereitos e eran propiedade de outras persoas.

5. Fai unha breve descrición das tumbas reais de Ur. Que tipo de sociedade reflicten estas
tumbas? Fai tamén unha descrición do estandarte de Ur.

Cemiterio real de Ur (2500 a C). Con máis de 2.000 enterramentos: práctica masiva de
sacrificios humanos (membros da Corte destinados a acompañar ó rei ou á raíña na viaxe da
morte). O estandarte foi achado nas escavacións da necrópole real da antiga cidade de Ur,
(Mesopotamia). Este obxecto foi atopado sobre os ombreiros dun home na tumba da raíña
Puabi, xunto ao resto de serventes e tesouros.

O estandarte de Ur é unha obra de arte de estilo sumerio-acadio. É unha caixa de madeira


con forma trapezoidal, adornada cun mosaico formado por incrustacións de madreperla e
lapislázuli unidas orixinalmente á caixa con betún. Corresponde á época arcaica dinástica,
cara ao 2600 a.C. Nela obsérvanse aspectos da vida e costumes da sociedade mesopotámica,
concretamente dos reis da I dinastía de Ur.

6. Que rei fixo poderoso ao Imperio acadio? Canto durou este imperio?

Cara ao ano 2300 a.C., os acadios, ao mando do rei Sargón, invadiron as cidades–Estado
sumerias e fundaron o Imperio acadio que durou ata o 1800 a.C., que aparece el imperio
Babilónico.

7. Cando empeza a destacar Babilonia? Quen foi o rei de Babilonia máis coñecido? Can foi o
primeiro sistema xurídico escrito da historia?
Ao 1800 a.C á cidade de Babilonia gobernada por o rei Hammurabi tras varias guerras con
seus veciños controlo toda Mesopotamia fundando el Imperio babilónico. O código de
Hammurabi é un dos tratados de leis mais antigos coñecido, foi escrito unha estela de pedra
de 2,5 m de altura.

8. Busca imaxes sobre a antiga Babilonia. Non te esquezas de incluír aos xardíns colgantes e
explicalos. Busca tamén imaxes da Porta de Ishtar.

Nabucodonosor II (c. 630 a. C.- 562 a. C. Imperio Neobabilónico) ordenou construír os


maiores xardíns xamais edificados polo ser humano. Eran irrigados pola auga bombeada .
do río Éufatres.
A Porta de Ishtar era a oitava das portas de acceso á antiga Babilonia, construída arredor do
575 a.C. polo monarca babilónio Nabucodonosor II na honra da deusa Ishtar.

9. Cando nace o Imperio asirio? Coincide coa etapa dos Metais? Con cal? Que tipo de armas
tiñan? Cal foi o seu rei máis coñecido?

Imperio Asirio 1356-612 a.C. Pobo guerreiro que conquistou Mesopotamia e que extendeu
seu imperio ata o mar Mediterraneo. Durante o reinado de Asurnasirpal ll, asiria
converteuse nunha gran potencia.

Os asirios, pobo guerreiro dominaban os traballos con metais, cos que construían lanzas,
frechas, carros e espadas.

10. Que era un Lammasu? Descríbeo e busca unha imaxe.

É unha divindade protectora, un ser híbrido lendario, principalmente da mitoloxía asiria, que
posúe corpo de touro ou león, ás de aguia e cabeza de home.

You might also like