You are on page 1of 35

O contactor

Un contactor é un aparello de conexión/desconexión, con unha sola


posición de repouso e mandado a distancia, que volve á posición de
desconectado cando deixa de actuar sobre él a forza que o mantiña
conectado.

Pola forma de accionar os contactos poden ser:

1. Electromagnéticos: accionado por un electroimán.


2. Electromecánicos: accionados por medios mecánicos.
3. Neumáticos: accionados por aire a presión.
4. Hidráulicos: accionados pola presión dun líquido.

O contactor electromagnético é o máis empregado polas súas


características e ventaxas. Fabrícanse para pequena, mediana e gran
potencia, c.c. e c.a., para bixa e elta tensión.
Nun contactor electromagnético temos que distinguir as seguintes partes:
a) O circuito magnético está formado polo núcleo, armadura e a
bobina.
O núcleo é unha peza de chapa magnética se o contactor é para c.a. ou
de ferro doce se é para c.c., está situado como se indica na fugura e é o
encargado de atraer a armadura cando a bobina se excita.
A espira de sombra serve para reduci-lo zumbido.

A armadura está feita do mismo material que o núcleo, transmite o


movemento ós contactos cando a atrae o núcleo.

A bobina é un carrete de espiras de fio esmaltado que cando a recorre a


corrente, crea un campo magnético no núcleo.
As tensións de alimentación poden ser as de liña ou máis pequenas,
reducidas por un trafo ou suministradas por outra fonte de alimentación.
b) Os contactos poden ser principais ou auxiliares.

Os contactos principais. Teñen a función de face-lo peche ou apertura


do circuito principal, polo que se transporta a corrente ó circuito de
utilización. Os contactos principais, que forman un contactor, poden ser
unipolares, bipolares, tripolares, etc.
Os contactos, fanse de materiais aliados, e as aliaxes máis empregadas
son:

Plata-cadmio, Plata-paladio, Plata-níquel.

Os contactos auxiliares. Teñen por finalidade, o goberno do contactor e


da súa sinalización.

Poden estar abertos ou pechados, estando o contactor en repouso. Como


as correntes que teñen que soportar son pequenas, fanse máis pequenos
que os principais.
c) Os resortes son muelles de presión, a súa función é regular a presión
entre contactos e muelles antagonistas encargados de separar
bruscamente os contactos na desconexión.

d) As cámaras de extinción son compartimentos donde están os


contactos, son as encargadas de alargar, dividir e apaga-lo arco.

e) O soporte é o armazón donde se fixan toda-las pezas que compoñen


o contactor.
Funcionamento do contactor.

Ó aplicarlle a tensión axeitada á bobina, esta, crea un campo magnético,


que se cerra a través do núcleo de chapas magnéticas. O fluxo crea un par
electromagnético que vence a forza dos muelles antagonistas e atrae a
armadura móvil, cerrando así o circuito electromagnético e ó mesmo tempo
acciona os contactos do contactor.
Cando abrimo-lo circuito que alimenta a bobina, os muelles antagonistas,
devolven a armadura e os contactos á posición de repouso.
Elección dun contactor.

Para elixir o contactor para un circuito debense ter en conta os seguintes


aspectos:

a) Poder de corte: Valor da intensidade que un contactor é capaz de


interrumpir baixo unha tensión dada e as condicións perscritas de
emprego e funcionamento.
b) Poder de peche: O valor da intensidade que un contactor é capaz de
restablecer baixo unha tensión dada e nas condicións prescritas de
emprego e funcionamento.
c) Intensidade de servicio: O valor da intensidade permanente que
circula polos contactos principais.
d) Vida dun contactor: O tempo en anos que dura un contactor según
as condicións de servicio.
e) Altitude: A disminución da densidade do aire coa altitude actúa
sobre a tensión disruptiva do aire, polo tanto sobre a tensión de
emprego do contactor así como o poder refrixerante, polo tanto sobre
a intensidade de emprego do contactor.
Normalmente non se fai ningunha desclasificación ata 3000 m.

Táboa de coeficientes de desclasificación por enriba desta altitude


para a tensión e a corrente ó nivel dos polos de potencia (para c.a.):

Altitude 3500 m 4000 m 4500 m 5000 m


Tensión de 0,9 0,8 0,7 0,6
emprego
Corrente de 0,92 0,9 0,88 0,86
emprego
f) Temperatura ambiente: É a temperatura do aire donde está situado
o aparello e medida cerca deste. Normalmente as características de
funcionamento están dadas:
- Sin restricción para temperaturas comprendidas entre –5º C e +55º C.
- Con resticcions eventuais para temperaturas comprendidas entre –5º e
+70º C.

g) Intensidade térmica máxima (Ith) (Intensidade térmica


convencional según IEC): Un contactor na posición de pechado pode
soportar esta intensidade Ith durante 8 h sin que a temperatura pase dos
límites prescritos polas normas.

h) Intensidade temporal admisible: Un contactor na posición de


pechado pode soportar esta intensidade durante un tempo límite despois
dun tempo de repouso (1 h) sin acadar unha temperatura perigosa.
i) Tensión de emprego (Ue): Valor de tensión que, combinado cunha
intensidade de emprego, determina o emprego do contactor ou
arrincador, e é o que se refiren os poderes de peche e de corte, o tipo de
servicio e a categoría de emprego. Para os circuitos trifásicos, expresase
mediante a tensión entre fases. Salvo casos particulares como
arrincadores rotóricos, a tensión de emprego Ue é como mínimo igual a
tensión nominal de aillamento Ui.
l) Tensión nominal de aillamento (Ui): A tensión nominal de
aillamento dun aparello e o valor da tensión que caracteriza este
aillamento e a que se refiren os ensaios dieléctricos, e as distancias no
aire. As prescripcións poden non ser iguais para toda-las normas.
ll) Tempo de funcionamento:
- Tempo de peche: é o tempo comprendido entre a aparición da
tensión nas bornas da bobina e a unión dos contactos principais.
- Tempo de apertura: é o tempo comprendido entre o momento en que se
corta o circuito da bobina e a separación dos contactos principais. Para
obter o tempo total de corte, conven engadir o tempo de apertura, e o
tempo de extinción do arco eléctrico que depende das condicións de
corte.

m) Potencia nominal de emprego: Potencia do motor normalizado, á


tensión de emprego indicada, que pode controlar o contactor.
n) Robustez eléctrica: Defínese polo nº medio de ciclos de maniobras
en carga que os contactos dos polos poden facer sen mantemento.
Depende da categoría de emprego, da intensidade e da tensión
nominal de emprego.
o) Robustez mecánica: é o nº de maniobras que pode facer en vacío,
sin fallo mecánico.
p) Categoría de emprego:
DEFINICIÓN DAS CATEGORÍAS DE EMPREGO SEGÚN IEC 158-1.

Emprego en corrente alterna.

Categoría AC1.

Aplícase a todo-los aparellos que empregan a c.a., e cun factor de potencia


 a 0.95.

Categoría AC2.

Refírese ó arrinque, freado en contracorrente e marcha a impulsos dos


motores de anillos.
Ó peche o contactor establece a intensidade de arrinque, do orde de 2,5
veces a intensidade nominal do motor.
Á apertura, o contactor debe cortar a intensidade de arrinque cunha tensión
inferior ou igual á tensión da rede.
Categoría AC3.

Refírese ós motores de gaiola, o corte faise a motor lanzado.


Ó peche, o motor establece a intensidade de arrinque do orde de 5 a 7 veces
a intensidade nominal do motor.
Na apertura, corta a intensidade nominal do motor, nese intre, a tensión en
bornas dos polos é da orde do 20% da tensión da rede.

Categoría AC4.

Refírese ó arrinque, freado en contracorrente e á marcha a impulsos dos


motores de gaiola.
O contactor pecha cunha punta de intensidade que pode acadar 5 ou 7 veces
a intensidade nominal do motor.
Emprego en corrente continua.

Categoría DC1.

Aplícase a todo-los aparellos que empregan a c.c.

Categoría DC2.

Refírese ós motores <shnt>, o corte faise a motor lanzado. Ó peche o


contactor establece a intensidade de arrinque cerca de 2,5 veces a
intensidade nominal do motor.
O contactor, corta a corrente nominal do motor.

Categoría DC3.

Refírese ó arrinque, freado a contracorrente e á marcha a impulsos dos


motores shunt.
Ó peche o contactor establece a intensidade de arrinque cerca de 2,5 veces
a intensidade nominal do motor.
Categoría DC4.

Refírese ós motores < serie> donde o corte se fai a motor lanzado.


Ó peche o contactor establece a intensidade de arrinque que é de 2,5 veces
a intensidade nominal do motor.

Categoría DC5.
Refírese ó arrinque, freado a contracorrente e marcha a impulsos dos
motores serie.
O contactor pecha cunha punta de intensidade que pode acadar 2,5 veces a
intensidade nominal do motor.

Por inversión de marcha entendese o freado ou a inversión rápida do


sentido de xiro do motor, cambiando as conexións da alimentación cando
está en funcionamento.
Por marcha a impulsos entendese o facer varios peches breves e frecuentes
do circuito do motor.
Verificación dos poderes de peche e de corte asignados. Condicións de
peche e corte correspondentes ás categorías de emprego.

Categoría de Intensidade de
emprego emprego Peche Corte
asignada
I/Ie U/U cos Ie/I Ur/U cos
e φ 2 e φ 2
alternaCorrente

AC-1 Cualquier valor 1,5 1,1 0,95 1,5 1,1 0,95


AC-2 Cualquier valor 4 1,1 0,65 4 1,1 0,65
Ie ¿ 17 A 10
AC-3 17 A< Ie ¿ 10 1,1 0,65 8 1,1 0,65
Corrente continua

I/Ie U/U L/R6 Ic/Ie Ur/U L/R6


e (ms) e (ms)
DC-1 - - - - - -
DC-2 4 1,1 2,5 4 1,1 2,5
DC-3 4 1,1 2,5 4 1,1 2,5
DC-4 4 1,1 15 4 1,1 15
DC-5 4 1,1 15 4 1,1 15

I = Intensidade establecida.
Ie = “ de emprego asignada.
It = “ cortada.
U = Tensión antes de peche.
Uc = “ de emprego asignada.
Ur = “ de restablecemento.
L = Inductividade do circuito.
R = Resistencia do circuito
L/R = Constante de tempo do circuito (extinción do arco en ms).

Número característico.

Ós contactores pónselles un número característico que nos indica o nº de


contactos auxiliares de apertura (NC) e de peche (NA) de que dispón.
- Se non ten contactos conmutados ten dúas cifras: as decenas indican o
nº de contactos de peche (contactos NA) e as unidades indican o nº de
contactos de apertura (contactos NC).
- Se ten contactos conmutados, o nº característico ten tres cifras. As
unidades indican neste caso o nº de contactos conmutados.

Relés temporizadores.

Tamen coñecidos como temporizadores, son relés que permiten axustar o


tempo de conxión e desconexión dos circuitos. A temporización pode
axustarse entre alguns ms e algunhas horas.
Existen moitos sistemas de temporización según os principios físicos nos
que se basean. Existe temporización magnética, electrónica, térmica,
neumática, etc.
Cando os tempos de temporización non son moi grandes (arrancadores para
motores), empréganse os xogos de contactos temporizados de forma
neumática que se acoplan directamente sobre o contactor.

Existen tres tipos fundamentais de temporización:

a) Retardo á conexión. Os contactos accionanse un tempo despois da


conexión do séu órgano de mando.
b) Retardo á desconexión. Cando se acciona o órgano de mando, os
contactos accionanse como se fora un relé normal e siguen nesa
posición ata un tempo despois de desconectar o órgano de mando.
c) Retardo á conexión-desconexión. É a combinación dos dous tipos
anteriores.

Relés magnetotérmicos.
Tamén son relés de protección de sobrecargas que xuntan nun só aparato as
avantaxes do relé térmico (disparo a tempo inverso) e os relés
electromagnéticos (disparo instantáneo). Están indicados para protexer
contra sobrecargas por desconexión térmica retardada e contra sobrecargas
nui elevadas por desconexión con disparo instantáneo.
Para a elección dun magnetotérmico debemos ter en conta as características
eléctricas e o tipo de curva de disparo. Según UNE – EN 60.898: 600.
Fanse para catro tipos de curvas.

Curva tipo Disparo magnético Aplicacións


B Entre 3In e 5In Protección de cables.
C Entre 5In e 10In Instalacións industriais
D Entre 10In e 14In Cargas con intensidade elevada no
arrinque.
Z Entre 2,4 In e 3,6 In Circuitos electrónicos.
Elección do magnetotérmico para a protección dun circuito.

1- Calcular a sección dos conductores.


2- Ir ó REBT e comprobar a Im que aguantan en función da súa
instalación.
3- Escoller o magnetotérmico de In comercial inmediata inferior
á Im que aguantan os conductores.
4- Escoller a curva de disparo axeitada ó circuito a proteger.
Relés de medida.

Son aparatos destinados a controlar as características de funcionamento dos


receptores. Os máis empregados son os relés de medida de tensión e os de
medida de intensidade.

- Relés de medida de intensidade. Empréganse cando queremos


controlar a carga de receptores e instalacións. Existen de máxima e de
mínima intensidade.
- Relés de medida de tensión. Empréganse en circuitos donde interesa
que a tensión de alimentación de receptores sexa a mesma que para a
que foron feitos.
A bobina do relé está alimentada coa tensión A1 A2, e dispara cando
cambia bruscamente o valor das tensións que controla B1, B2, B3.

Relés diferenciais.

Un relé diferencial é un aparato destinado á protección das persoas


contra os contactos directos e indirectos.
Os diferenciais son interruptores que teñen por misión detecta-las
correntes de defecto producidas na instalación.

Cando existe unha corrente de fuga ou de defecto no circuito, a corrente


de saída (Is) é menor cá de entrada (Ie). Esta diferencia (Id = Ie – Is) é a
que fai que o dispositivo funcione.
O relé diferencial debe asegura-la apertura do circuito cando a
intensidade derivada a terra é dun valor superior á sensibilidade do
aparato.
Fusibles.

Son dispositivos de protección de sobreintensidades, abren o circuito


cando a intensidade que o recorre pasa dun determinado valor, por unha
sobrecarga ou un curtocircuito.

En xeral están formados por un cartucho que ten dentro o elemento


fusible (fío ou pletina calibrados) rodeados dalgún material que actúa
como extintor, o cartucho métese dentro dun soporte chamado
portafusible.
A fusión do fusible debese ó calor producido no mesmo polo efecto da
corrente, de xeito que cando ésta pasa dun certo valor fai fundi-lo
fusible e cortase a corrente.
CLASIFICACIÓN DE FUSIBLES SEGUNDO AS APLICACIÓNS

gL Protección de cables e Sobrecargas e curtocircuitos.


conductores
aM Protección de aparatos de Curtocircuitos. A intensidade de
conexión, acompañando outros disparo é catro veces a nominal.
aparatos de protección.
gR Protección de sistemas Sobrecargas.
electrónicos, semiconductores,
etc.

Nos circuitos de forza dos automatismos a elección dos fusibles está


condicionada ós límites doutras proteccións, empreganse normalmente
os fusibles tipo aM cun calibre igual ou superior á intensidade axustada
en magnetotérmicos e relés térmicos.

Elección dos fusibles para a protección dun motor eléctrico.

1- Saber a intensidade de arrinque do motor (Ia).


2- Empregar fusibles tipo aM que fan o disparo con 4In.
3- A In dos fusibles será de valor comercial inmediata superior a
Ia/4

Aparellos de funcións múltiples.

Estes aparellos están formados por combinacións de aparellos


traballando conjuntamente na alimentación dos motores. A máis
emparegada é a asociación de disxuntor, contactor e relé térmico, tamén
chamado gardamotor, na que se reúne no mesmo aparello a protección
contra curtocircuitos facendo o corte omnipolar. A protección contra
sobrecargas e contra a falta de fase queda asegurada polo relé térmico.

Presostatos.

Son aparellos destinados a controlar equipos hidráulicos ou neumáticos


entre varios valores de presión. O dispositivo de presión actúa sobre un
xogo de contactos que cambiarán as condicións do circuito entre uns
marxes de presión.

ELEMENTOS DE SINALIZACIÓN

Os elementos de sinalización luminosa empréganse para indicar ós


operarios o estado eque se atopan os elementos de mando e control
dunha instalación ou máquina eléctrica.
Entenderemos por sinalización luminosa o alumado suministrado por
lámpadas de incandescencia ou de gas de pequena potencia. As máis
coñecidas son os pilotos, colocados nos paneis frontais de armarios e
cadros eléctricos.
Tamen se empregan os diodos LED de distintas cores para a
sinalización.
As cores dos pilotos de sinalización son:

- Verde indica o correcto ou “normal” funcionamento da máquina.


- Vermello ou laranxa indica condicións anormáis no funcionamento das
máquinas, instalacións, alarmas, emergencias, paradas de instalacións,
disparo de térmicos por sobreintensidades, etc.
- Branco indica que a máquina ou instalación está baixo tensión.

As sinalizacións ópticas son etiquetas, placas plásticas ou metálicas e


adhesivos con diferentes cores.

As sinalizacións acústicas son dispositivos tales como timbres, sereas,


bocinas, zoadores etc., que indican xeralmente situacións de funcionamento
perigosas, emergencias, alarmas, etc.

Balizas e columnas sinalizadoras. Empréganse donde a distancia de


visibilidade e reducida.
Teñen forma de columna e están pensadas para instalarse na parte superior
de maquinaria.

Están compostas por un pe de fixación, polo que pasa o cableado, e una


parte óptica, formada por dous ou máis elementos de material transparente.
Estes montanse a diferentes niveis con cores fixos ou persoalizados polo
operario.

Algunha columnas tamen disponen de sinalización acústica cun zoador, e


luces xiratorias.

You might also like