You are on page 1of 2

Exercicios automatismos 08/05/17

 1. Desexamos facer un circuito con dous contactores (KM1 e KM2) e catro pulsadores
(S1, S2, S3 e S4), que funcione do seguinte xeito:
– KM1 actívase dende S1 ou dende S4 e desactívase dende S2.
– KM2 actívase dende S3 e desactívase dende S2 ou dende S5.

 2. Desexamos facer un circíto con tres contactores (KM1, KM2 e KM3) e catro
pulsadores (S1, S2, S3 e S4), co seguinte funcionamento:
– KM1 actívase con S1, KM2 con S2 e KM3 con S3.
– Todos os contacotes desactívanse con S4.
– KM3 non se activa se non está previamente conectado KM2 e este non o fai se
previamente non o está KM1. A activación dos tres contactores debe facerse en
“cascada” seguindo a orde KM1-KM2-KM3.

 3. Debuxa os esquemas de mando e forza e monta no panel de probas o circuíto


necesario para o arranque de dous motores trifásicos con pulsadores de marcha e paro
que cumpra as seguintes condicións:
– O motor M1 arranca con S1e S4 e M2 con S2.
– Ambos motores páranse cos mesmos pulsadores de parada S3 e S5.
– Se se dispara o relé térmico dun deles, o outro motor tamén se para.
– O motor M2 ten que arrancar primeiro para que M1 funcione.
– O funcionamento de ambos motores debe sinalizarse con dúas lámpadas.
– O disparo de calquera dos relés térmicos debe sinalizarse cunha sóa lámpada.

Páxina 1 de 2
Exercicios automatismos 04/05/17

 4. Debuxa os esquemas de mando e forza para o arranque de dous motores trifásicos


con pulsadores de marcha e paro que cumpra as seguintes condicións:
– O motor M1 arranca con S1e M2 con S2.
– O motor M1 para con S3 e M2 con S4.
– Se se dispara o relé térmico dun deles para só ese motor.
– O motor M2 ten que arrancar primeiro para que M1 funcione.
– O funcionamento de ambos motores debe sinalizarse con dúas lámpadas.
– O disparo de calquera dos relés térmicos debe sinalizarse cunha sóa lámpada.
– Unha ver arrancados os motores paran independentemente.

 5. Desexamos facer un circuito con dous contactores (KM1 e KM2) e tres pulsadores
(S1, S2 e S3), que funcione do seguinte xeito:
– KM1 actívase dende S1 e para dende S2.
– KM2 actívase dende S3 e para dende S2.
– KM1 e KM2 nunca poden funcionar á vez.

 6. Desexamos facer un circuito con dous contactores (KM1 e KM2) e tres pulsadores
(S1, S2, S3, S4, S5 e S6), que funcione do seguinte xeito:
– KM1 actívase pulsando á vez S1 e S2 para con S3.
– KM2 actívase con S4 e para pulsando á vez S5 e S6.

Páxina 2 de 2

You might also like