You are on page 1of 1

#EnGalego

Actualmente é curioso que o número de galegofalantes estase reducindo pero o galego está
gañando en certos ámbitos como a publicidade porque os usuarios identifican os produtos ou
servizos como autóctonos e de calidade. A lingua tamén é parte da marca turística galega,
como se pode ver nos anuncios da campaña publicitaria O bo camiño, que se emite en
televisións de toda España co obxectivo de promocionar o turismo.

As linguas adáptanse ás sociedades para suplir as demandas e os usos dos falantes, pódese ver
claramente coas aceptacións e os préstamos que fan as academias das linguas para achegar as
variantes estándar á fala popular. Pola globalización cada vez consúmese máis información,
polo que é normal que gañen falantes as linguas máis usadas en Internet xa que están a
satisfacer a nova necesidade de consumir información xa sexa en series, libros, prensa, vídeos
ou redes sociais.

Ese fenómeno podería facernos pensar que as linguas cun bo estado de saúde como o galego
non corren perigo xa que cada vez se usan máis para cubrir esa necesidade, pero hai que ter
en conta a selección de información que facemos e que fan as intelixencias artificiais por nós
favorecen ás linguas con máis información, por exemplo o algoritmo de Google indexa as
páxinas web dando prioridade á cantidade de contido útil eclipsando páxinas en galego con
menos contido.

O ámbito periodístico está sendo afectado polas aplicacións que recompilan e recomendan
noticias de diversos medios, xa que adoitan non usar linguas rexionais. Esta situación supón
realmente un grave perigo para a prensa dixital en galego porque segundo os últimos datos da
enquisa do IGE case o 60% dos galego infórmase unicamente en castelán e que non se
promocionen os xornais galegos pode levar a súa desaparición. En cambio, na televisión e na
radio é o contrario, xa que coa pandemia a audiencia dos telexornais da TVG e as noticias da
Radio Galega aumentaron de maneira significativa, o que podería implicar tamén un cambio
nos próximos anos.

Na rede hai moitos ámbitos distintos e concretamente nas redes sociais é máis común a
coexistencia entre linguas xa que a súa función principal é brindar unha comunicación rápida e
fluída entre falantes de lugares afastados e o uso dunha lingua pode aumentar sutilmente o
seu prestixio no caso das plataformas nas que as mensaxes son públicas como Twitter. O
galego neste caso non se está quedando atrás, por exemplo a conta de @ShinChanGz
conseguiu case 14 mil seguidores en catro meses ou como @OBichero que conta con case 29
mil seguidores ou @Xunta con 166 mil.

En canto á fala, é probable que se expanda cara actos e temas turísticos e incluso podería
chegar a ser a primeira lingua en moitos comercios. Ademais, podería gañar falantes no ámbito
coloquial por iniciativa dos galegos, que maioritariamente non queren que se perda a lingua,
polo que xurdiría moitos neofalantes. A todo isto hai que engadirlle que os prexuízos están
desaparecendo pouco a pouco.

En resumo a evolución da sociedade cara un modelo globalizado con novos hábitos non vai
provocar unha desaparición masiva de linguas, senón que nalgúns casos pode favorecer a
coexistencia e no ámbito oral é probable que nalgún momento xurdan moitos neofalantes co
obxectivo de non perder a lingua.

You might also like