You are on page 1of 1

Exercicios complementarios sobre presupostos de tesouraría

Na ligazón que lles aparece máis abaixo nesta páxina poderán atopar 6 exercicios cos que
poderán practicar a elaboración de presupostos ou orzamentos de tesouraría. Dos 6 están
resoltos o 1, 2 e 4.

Na solución que descargarán do 4, que é o exercicio máis completo, verán 2 follas, das que
poden aumentar o ancho da columna A para ver completos os títulos das filas (sitúen a frecha
do cursor na fila das letras das columnas na liña vertical que separa a columna A da B e cando
en vez da frecha se vexa unha cruz estiren o ancho):

A folla 1.ª contén os cálculos para prever as vendas dos 12 meses do ano 2018, ao que se vai
referir o presuposto. Non é necesario que estuden nin entendan os cálculos desta folla 1.ª, só
teñan en conta as cifras da previsión das vendas dos meses do ano 2018, que se van usar no
presuposto da folla 2.

A folla 2.ª contén o presuposto de tesouraría do ano 2018 a partir da fila 69, recolléndose nas
filas anteriores os cálculos necesarios para elaboralo, nos seguintes apartados:

3. Previsión de los Cobros por Ventas: na fila 16 fíxense nas fórmulas que se usan nas celas
para calcular os cobros mensuais.

4. Previsión de los Pagos por Compras: na fila 35 fíxense nas fórmulas que se usan nas celas
para calcular os pagos mensuais.

5. Previsión de Otros Pagos: na cela D51 hai un erro, pois debe conter =B42, para que non saia
o erro #VALUE! nalgunhas celas posteriores. Pode que atopen máis erros, que poden comentar
no foro da UD2.

APUNTES DE ROBERTO BRUIXOLA PECHUÁN

You might also like