You are on page 1of 1

A Célula

A célula é a unidade básica da vida. Segundo a teoría celular todos os seres vivos están
formados por elas polo que atendendo ó número que conteñan, clasificámolos en dous
tipos: unicelulares, é dicir que están formados por unha soa célula e pluricelulares,
aqueles seres vivos formados por máis de unha.
O corpo humano está composto por células que, á súa vez, agrúpanse para formar
tecidos. Os tecidos únense para formar órganos e os órganos integran sistemas ou
dispositivos.

Todas as células están formadas por material xenético, membrana plasmática e


citoplasma.
O material xenético posúe a información que precisa para controlar o seu funcionamento.
Este material é transmitido de xeración en xeración mediante unha copia que pasa de
célula en célula na reprodución. A célula é unidade mínima reprodutiva, xa que toda célula
procede de outra coma ela.
A membrana plasmática envolve os seus orgánulos apartándoos e protexéndoos do
exterior.
O citoplasma contén os orgánulos que efectúan unhas funcións concretas sumerxidos no
citosol, unha substancia xelatinosa que contén a célula. Polo tanto é a unidade mínima
fisiolóxica.

Existen dous tipos de célula: procariota e eucariota.


As células procariotas non teñen núcleo e teñen o material xenético disperso no citosol.
Só conteñen ribosomas que fabrican proteínas.
Por outra banda, as eucariotas son máis grandes e teñen núcleo limitado por unha
membrana no que está situado o material xenético. A diferenza das procariotas, conteñen
orgánulos con altos graos de especialización. Poden ser de dous tipos, animal ou vexetal.
A eucariota animal ten unha nutrición heterótrofa é dicir, convirte as substancias orgánicas
en enerxía.
A eucariota vexetal ten uns orgánulos chamados cloroplastos que lle permiten realizar a
fotosíntese. Por iso, ó contrario que a animal, nútrese de maneira autótrofa, xa que é
capaz de xerar substancias necesarias para ela e nutrirse a partir de elementos
inorgánicos.

You might also like