You are on page 1of 4

Memoria do Programa de convivencia

curso 2012/13

Durante o presente curso traballouse en torno aos seguintes obxectivos:

-Revisión das normas de convivencia a nivel de aula e de centro.


-Avaliación do grao de cohesión dos diferentes grupos a través da aplicación de
sociogramas.
-Traballo específico sobre as emocións e habilidades sociais: andel habilitado na
biblioteca con libros sobre dita temática.
-Fomento da convivencia entre os alumnos/as de diferentes idades mediante a
organización de agrupamentos segundo o criterio de grupos heteroxéneos e verticais
nas diferentes actividades de convivencia do centro (Magosto, Nadal, Entroido, Día das
Letras Galegas,...).
- Concienciación da importancia do coidado ao medio ambiente.
- Fomento da aprendizaxe cooperativa.

As actividades levadas a cabo foron as seguintes:

 Elaboración dun cartel coas normas xerais do centro que se colocou na entrada
do colexio.
 Aplicación de sociogramas nas diferentes aulas. A partires dos resultados das
probas obtívose información sobre o grao de cohesión dos grupos así como
daqueles alumnos máis valorados ( líderes) tanto como compañeiros de xogo como
de traballo e tamén dos menos valorados ( alumnado pouco integrado). Esto serviu
de pauta para poñer en práctica estratexias tanto a nivel individual como grupal que
servisen para mellorar o funcionamento do grupo como unidade.
 Acción de axuda ao medio ambiente: co obxectivo de concienciar aos rapaces e
rapazas da importancia de coidar o medio ambiente, organizaronse equipos de
alumnos de 2º e 3º ciclo co encargo de colaborar coa labor de supervisión da
limpeza do patio de recreo. Instalouse un taboleiro no patio de recreo onde
quedaban rexistradas as quendas de actuación.
 Aplicación dun test de Autoestima nos diferentes ciclos co obxectivo de coñecer
mellor ao alumnado.
 Celebración do día da Paz ( 31 de xaneiro).
Durante toda a semana fixose un traballo específico en relación á figura de Vicente
Ferrer ( procura de información, visionado de vídeos, ...).
O propio día, durante toda a mañá, levamos a cabo diferentes obradoiros coa
participación do alumnado seguindo o criterio de agrupamentos verticais. A duración de cada
obradoiro foi de 12 minutos establecendo quendas rotatorias.
Iniciamos a xornada co reparto dunhas chapas alusivas ao número de equipo.
Obradoiro 1: “Construcción dun pau de chuvia”. Con tubos de cartón, recollidos
previamente, os rapaces e rapazas confeccionaron un pau de chuvia.
Obradoiro 2: “Decoración do pau de chuvia”. Unha vez construido pasaron a un segundo
obradoiro onde procederon á decoración do pau de chuvia.
Nestes obradoiros hai que salientar a colaboración entre os nenos/as, os maiores axudaron
aos máis pequenos.
Obradoiro 3: “Instrumentación”.A actividade consistiu en levar a cabo unha instrumentación
cos mesmos paus que se construiron anteriormente
Obradoiro 4: “Video”. Neste obradoiro proxectaronse varios vídeos coa temática común de
“Vicente Ferrer e a súa labor humanitaria”.
Obradoiro 5: “Decoración dun marcapáxinas”. Os nenos e nenas decoraron un
marcapáxinas previamente diseñado en relación coa temática tratada.
Obradoiro 6: “Retrato de Vicente Ferrer”. Partindo dun debuxo da cara do autor os nenos
representaron graficamente, segundo as idades, esta figura ( os pequenos pintaron e os
maiores debuxaron).
Obradoiro 7: “Contacontos”. Na biblioteca do centro levouse a cabo un Contacontos a cargo
de dúas mestras. O conto tiña por título “Caradepapoula e o pau de chuvia”. Este conto foi
representado posteriormente por un grupo de alumnos no festival das Letras Galegas.
Obradoiro 8: “Dramatización”. A actividade desenvolvida neste obradoiro consistiu nunha
entrevista a un alumno que representaba a figura de Vicente Ferrer. Tratáronse aspectos da
sua vida e obra. Partiuse dun guión previamente redactado para despois dar paso á
improvisación.
Obradoiro 9: “Manualidade”. Neste obradoiro os nenos/as construiron un corazón con papeis
de diferentes cores que representaba unha mensaxe de paz.
Obradoiro 10: “Relaxación”. A continuación os diferentes grupos pasaron polo obradoiro de
relaxación, co obxectivo de facer reflexionar aos rapaces que “a paz empeza por un mesmo”.
A valoración foi positiva. É de destacar o bo clima de convivencia, a participación activa
do alumnado e a cooperación efectiva entre os alumnos das diferentes idades. Considérase
como mellora para o vindeiro curso a ampliación da duración do tempo dos talleres ou a
reducción en número dos mesmos.
 Sesións de aprendizaxe cooperativa
Levaronse a cabo diferentes actividades facendo fincapé no desenvolvemento das
competencias social e cidadá así como en autonomía e iniciativa persoal.
Ditas actividades incluíron:
-Dinámicas para favorecer a cohesión de grupo
-Dinámicas para favorecer a formación de equipos
-Técnicas específicas de traballo cooperativo
 Convivencia entre o alumnado de 6º do noso centro co CEIP de Randufe.Co
motivo da despedida da etapa de Ed. Primaria os alumnos de 6º de ambólos dous
centros participaron nunha xornada de convivencia durante tres días nun albergue
xuvenil. Previamente houbo unha xuntanza dos mesmos alumnos para favorecer o
coñecemento mutuo.
 Convivencia cos avós: Visitaron o centro algúns avós de alumnos e alumnas coa
finalidade de transmitir como eran os xogos nos seus tempos. Foi unha actividade
moi motivadora para o alumnado e tamén moi gratificante para os avós e avoas.
 Participación nas xornadas de Deporte Escolar “Xogade”. Por primeira vez o
centro participa nestas xornadas que favorecen a convivencia con outro alumnado
da comarca.
 Participación na actividade “Xogos Populares” promovida por Ponte nas ondas.
 Intercambio cultural cun centro de Inglaterra: Os alumnos/as dos diferentes
ciclos realizaron actividades relacionadas con diferentes temáticas co obxectivo de
intercambialas cos alumnos de escolas inglesas.

A nivel xeral a avaliación das actividades realizadas foi positiva. As actividades foron
motivadoras tanto para o alumnado como para o profesorado. Consideramos moi importante
continuar nesta liña durante cursos vindeiros, modificando aqueles aspectos susceptibles de
mellora. Seguir fomentando a convivencia é fundamental para o desenvolvemento persoal e
social do alumnado e dende unha perspectiva de prevención de conflitos. É preciso polo tanto
incidir no fomento das habilidades sociais e a educación emocional ao longo de todo o curso.

You might also like