You are on page 1of 3

Animais que poden contar?

Os animais teñen moitas habilidades! Mentres les, subliña detalles que explican que
poden facer os animais con cantidades e números. Animais que poden contar Imaxínache
que alguén che ofrece dous pratos. Un prato ten só unha galleta, mentres que o outro
ten tres galletas. Cal elixes?
A non ser que non che gusten as galletas, obviamente elixirías o prato coas tres
galletas.
O mesmo faría un mono, un paxaro ou un can. Os animais non necesitan saber as
palabras
“uno” “dúas” e “tres”, ou 1, 2 e 3, para saber que comer tres galletas é máis saboroso
que comer unha soa.
Máis ou menos?
Ser capaz de discernir1 entre máis e menos é unha das destrezas 2 matemáticas máis
básicas que existen. Posúena un gran número de animais. Un petirrojo 3 elixirá unha
árbore con máis vermes e unha píntega escollerá un prato con máis moscas. Os animais
prefiren un número maior, mesmo aínda que isto signifique que reciben menos. Por
exemplo, os cabalos prefiren tres mazás pequenas que dous grandes.
Pero os animais non toman clases de matemáticas, para que necesitan contar? Ser capaz
de identificar cal é o grupo maior é moi útil para os animais. Axúdalles a elixir o arbusto
co maior número de froitos ou unirse ao grupo máis grande. Moitos peixes, por exemplo,
nadan en grupos para protexerse. Se un depredador 4 ataca, un peixe nun grupo de 40
peixes terá menos risco de ser devorado que outro que está nun grupo de 10 peces. Por
iso, se un peixe pode elixir entre dous grupos, elixirá o máis grande.
VOCABULARIO
1. Discernir (verbo): recoñecer ou distinguir unha cousa entre dúas ou máis cousas
2. Destreza (substantivo): habilidade ou capacidade
3. un tipo de paxaro co peito vermello
4. animal que caza e come a outros animais para alimentarse

Canto?
Ser capaz de diferenciar entre máis ou menos é unha habilidade básica. Pero moitos
animais poden tamén contar. Estes animais poden manter na súa mente cantos obxectos
hai, ata certo5 número. Normalmente, poden facelo ata o catro.
Inclusive certos animais saben diferenciar entre un, dous e tres. Aos peixes e ás abellas
pódeselles ensinar a nadar ou voar nun labirinto seguindo un camiño marcado con certo
número de puntos. Para chegar á saída do labirinto, teñen que contar. Algúns animais,
como certas aves e as ratas, poden contar ata máis que tres. Por exemplo, unha pomba
é capaz de picotear un botón exactamente 24 veces para conseguir un premio. Se a
interrompen, ata pode acordarse do número en que estaba e renovar 6 a conta.
Os animais capaces de recoñecer a diferenza entre 1, 2 e 3 poden inclusive aprender a
clasificar grupos segundo o número de obxectos. Por exemplo, ás pombas e aos primates
pódeselles ensinar a tocar grupos de obxectos na pantalla de computadora en orde: o
grupo cun só obxecto primeiro, o grupo con dous obxectos segundo, etc.
2+2=?
Son os humanos os únicos capaces de sumar e restar? Non! Moitos animais tamén poden
facelo. Os científicos estudaron as habilidades matemáticas duns poliños criándoos á
beira de bólas amarelas coma se fosen os seus “irmáns”. Logo, esconderon as bólas
amarelas detrás de dúas pantallas, en dous grupos diferentes. Mentres que un poliños
observaba, cambiaban as bólas dun grupo ao outro. O poliño sempre corría cara ao
grupo máis grande, a pesar de que non podía ver as bólas. É dicir, o poliño puido levar
un rexistro mental7 de cantas bólas habían en cada grupo, sumando e restando as que
movían os investigadores.
Nun estudo8 comparando monos e estudantes universitarios, os investigadores
ensináronlles dúas fotos con diferentes cantidades de obxectos. Logo, tiñan que elixir
unha terceira foto que mostrase a suma dos dous grupos de obxectos. Os monos fixérono
tan ben como as persoas!
Os seres humanos poden facer cálculos matemáticos moito máis complexos 9 que as
pombas. Pero, como imos descubrindo, talvez non esteamos sós no club dos
matemáticos.
VOCABULARIO
5. Certo (adxectivo): algún, algúns, un número que non se sabe exactamente; que é
verdade
6. seguir facendo algo que se interrompeu
7. un recordo na súa mente
8. Estudo (substantivo): un experimento ou investigación para aprender máis sobre un
tema
9. Complexo (adxectivo): difícil, complicado, que non é fácil de aprender

COMPRENSIÓN LECTORA
1. Cal destas oracións resume mellor o texto?
A. Segundo os estudos, algúns animais con capaces de comparar, contar, sumar e restar
certas cantidades.
B. Os animais utilizan a súa capacidade de contar obxectos para poder comer máis que
outros animais e protexerse dos predadores.
C. Os animais son capaces de realizar cálculos matemáticos tan complexos como os que
poden facer os seres humanos.
D. Segundo os investigadores, as habilidades matemáticas dalgúns animais só lógranse
entender por medio de estudos científicos.
2. O texto explica que poder comparar cantidades de obxectos resulta beneficioso
para os animais, que oración do texto apoia esta idea?
A. “Por exemplo, os cabalos prefiren tres mazás pequenas que dous grandes.”
(Parágrafo 3)
B. “Axúdalles a elixir o arbusto co maior número de froitos ou unirse ao grupo
máis grande.” (Parágrafo 4)
C. “Ser capaz de diferenciar entre máis ou menos é unha habilidade básica.”
(Parágrafo5)
D. “Para chegar ao seu destino, teñen que contar.” (Parágrafo 6)
3. Que quere dicir a frase “o primeiro banzo na escaleira matemática” no parágrafo
5?
A. o inicio dunha gran subida
B. o coñecemento matemático que teñen os animais
C. a habilidade matemática inicial
D. o camiño ao éxito nas matemáticas
4. Cal é o subtítulo da sección do texto que nos ensina que os animais poden sumar e
restar?
A. Animais que poden contar
B. Máis ou menos?
C. Canto?
D. 2+2=?
5. Segundo o texto, en que se parecen as habilidades matemáticas dos humanos e os
animais?
A. Ambos poden facer cálculos matemáticos simples.
B. Ambos poden contar grupos de obxectos que non están á vista.
C. Ambos poden facer operacións matemáticas complexas.
D. Ambos poden ser parte do club dos matemáticos.
6. Segundo o texto, como os animais se benefician das súas habilidades matemáticas?
Cita polo menos dous exemplos do texto na túa resposta.

You might also like