You are on page 1of 4

O POLB

O polbo é un animal invertebrado, molusco mariño, sen cuncha. Este animal é carnívoro
e é o terror dos cangrexos, das lagostas, das ameixas e de todos os crustáceos que
viven nas covas e gretas que se forman nas rocas da costa. Cos seus oito longos brazos,
infestados de ventosas, co seu corpo en forma de bolsa e cos seus grandes ollos vai
sementando o pánico no mar. Escondido entre as algas, sen apenas moverse, o astuto
polbo espera a que se achegue unha presa.

A este temible animal tamén lle gusta camuflarse baixo a area, sen que se lle vexa máis
nada que os seus grandes ollos. Desta forma deféndese dos seus depredadores, xa que
pasa desapercibido. Ademais, cando pasa nadando algún molusco ou crustáceo cázao,
sen que este póidase dar conta da súa presenza.
Outras veces vaise achegando á súa presa lentamente, con moito sixilo e misterio e,
cando máis descoidado está o animal que quere cazar, lánzalle un dos seus longos
tentáculos e suxéitalle firmemente cos seus ventosas, sen posibilidade de que este se
poida escapar.

Cando o polbo está famento é tan voraz, que mesmo se come os seus propios
tentáculos, os cales máis tarde lle volven a crecer outra vez.

A forza do polbo é tan prodixiosa que, cos seus oito brazos adheridos, uns ás rocas e
outros á súa vítima, é un perigo na auga, mesmo para o home, sobre todo, cando se
trata de polbos de gran tamaño.

Cando o polbo advirte algún perigo,


ponse en garda, cambia bruscamente
de coloración e engúrraselle e pon
ríxida a pel. Non ten medo de
enfrontarse a un inimigo, pero tamén
sabe retirarse a tempo. Para iso lanza
con forza a auga que ten almacenada
entre o corpo e a pel: isto faille
desprazarse en sentido contrario, é
dicir, cara atrás. Ao mesmo tempo
solta un chorro de tinta que enturba
a auga, o que lle axuda a esconderse
rapidamente.

Pero todo isto sucede cando o polbo está famento ou en perigo. En cambio, cando
saciou o seu apetito, móstrase moi compracente e bo, e ata permite que as súas
presas preferidas paséense por encima dos seus brazos.
ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA

1) Elixe o tema do texto.

O medo os polbos Curiosidades sobre o polbo Os crustáceos

2) Construe oracións uniendo o suxeito co predicado.

O polbo están cheos de ventosas.

Os brazos do polbo son o alimento do polbo.

Os crustáceos ten oito longos brazos.


-
-
-

3) Copia o parágrafo máis curto da lectura párrafo más corto de la lectura.

4) Por que crees que crees que o polbo pode chegar a comerse os seus propios
tentáculos?

5) Explica coas túas palabras as tres estratexias que soe utilizar o polbo cando se
percata dalgún peligro.
6)Busca en la lectura seis sustantivos:

7)Busca en la lectura y escribe 8 verbos:

8) Fai un resumo da lectura.

You might also like