You are on page 1of 7

TEMA 4 : Princesas

MORFOLOXÍA
1.- OS SUBSTANTIVOS
1.1. SIGNIFICADO DOS SUBSTANTIVOS
Hai dous tipos de substantivos: comúns e propios.
Os substantivos comúns designan todos os seres dunha mesma clase e xeralmente refírese a persoas,
animais ou cousas: profesor, coche, gato, cabalo, xente, herba.
Os substantivos propios son os que se refiren a cada un dos individuos de maneira particular. Hai dous
tipos:
● Antropónimos ou nomes de persoas: Brais, Uxía, Antía, Iria, Xabier...
Cómpre destacar aquí os hipocorísticos e os alcumes: Lola, Paco, Fuco, Concha (hipocorísticos); O
Sabio, A Faraona.... (alcumes)
● Topónimos ou nomes de lugar: Ourense, Cambre, Galicia, Europa....
En canto aos substantivos comúns, temos por unha banda, uns substantivos que se refiren a entidades que
se poden percibir cos sentidos, son os chamados concretos (caixa, peixe, vento...), e outros que se refiren a
realidades que non son perceptibles de xeito directo,  son os chamados abstractos (amor, xentileza,
ilusión...).
Dende outra perspectiva, os substantivos poden ser contables, cando indican entes que se poden contar
(nenos, árbores, galiñas...) ou incontables, se sinalan realidades que non se poden contar (leite, humor,
aire, lixo...)
Finalmente consideramos substantivos individuais aqueles que na súa forma singular nomean un só ser,
admitindo tamén unha forma plural para designar a máis de un (pluma, nécora, rosa, avó...), e
substantivos colectivos os que en singular designan un conxunto de seres ou cousas (xentío, bandada,
bosque, niñada, leña....)

 
1.2. O XÉNERO DOS SUBSTANTIVOS

Todos os substantivos galegos teñen xénero (masculino ou feminino), aínda que non sempre a diferenza de
xénero leva implícita unha diferenza de sexo. A gran maioría dos substantivos que hai na lingua só admiten
un xénero, é dicir, son invariables en xénero. Tendo isto en conta podemos facer a seguinte clasificación:

Substantivos que se refiren a seres inanimados

Son xeralmente MASCULINOS os seguintes substantivos:

● Os rematados en –O: o aparello.(Pero a foto)


● Os nomes das letras: o a, o xe...
● Os rematados en –UME: o lume.
● Tamén: o cárcere, o arume, o berce, o cal, o costume, o couce, o cume, o cuspe, o diadema, o
dote, o fel, o friame, o labor, os legumes, o leite, o lume, o mel, o nariz, o pelame, o riso, o
sal, o sangue, o sinal, o sorriso, o til, o ubre.

Son xeralmente FEMININOS os seguintes substantivos:

● Os rematados en –A: a aba. (Pero o día).


● Os rematados en –AXE (agás traxe, paxe, garaxe, personaxe, salvaxe): a viaxe.
● Os rematados en –ADE e en –CIÓN: a liberdade, a ficción.
● Os rematados en –SE: a paréntese. (Pero: o interese.)
● Os rematados en –ITE: a hepatite. (Pero: o satélite).
● Os nomes das árbores froiteiras: a cerdeira, a nogueira, a pereira, a maceira, a oliveira, a
laranxeira... (Pero o piñeiro, o castiñeiro, o limoeiro, o pexegueiro)
● Tamén: a alma, a árbore, a arte, a auga, a cal, a canle, a calor, a cor/a color, a dor/a dolor, a
febre, a fronte, a marxe, a orde, a orixe, a ponte, a sebe, a sede, a sentinela, a síndrome, a
suor, a viruxe.
 Hai que ter en conta que nunca se varía o xénero dos determinantes ou artigos por motivos de fonética
sintáctica ou cacofónicos: a auga, a alma, a aguia, a arte.
B. Substantivos que se refiren a seres animados

Nos substantivos que fan referencia a seres animados, é dicir, aqueles que na realidade designan
seres nos que hai distinción de sexo,  existe unha dobre posibilidade, pois hai substantivos cunha
única forma e outros que varían:

1.- Substantivos que presentan a mesma forma para o masculino e para o feminino.

● Substantivos que marcan o xénero a través do artigo: o atleta / a atleta.


● Substantivos que marcan o xénero matizándoo con palabras como "macho" ou
"femia": tartaruga.

2.-  Substantivos cunha forma para o masculino e outra distinta para o feminino.

Nestes casos o masculino asóciase co sexo macho e o feminino coa femia. Os procedementos para
manifestar esta diferenza son diversos:

● Mediante morfemas de xénero diferentes:


● Substantivos que en masculino rematan en –O OU –E ÁTONOS e en feminino en –
A ÁTONO: fillo-filla.
● Substantivos que en masculino REMATAN EN VOGAL TÓNICA OU DITONGO TÓNICO e que
en feminino engaden –A (avó-avoa). Porén, moitos destes substantivos teñen a mesma
forma para os dous xéneros: israelí. Casos especiais son grou-grúa, xudeu-xudía e sandeu-
sandía.
● Substantivos que en masculino REMATAN EN CONSOANTE (distinta de –n) e que en
feminino engaden un –A: deus-deusa, doutor-doutora.
● Substantivos que en masculino REMATAN EN –N e en feminino en –A pero:
● Se fan o masculino en –ÁN, fan o feminino en –Á: irmán-irmá.
● Porén se se trata de substantivos despectivos e pexorativos fan o feminino en -
ana: papán-papana, charlatán-charlatana.
● Se fan o masculino en –ON, fan o feminino en –OA (león-leoa), agás os aumentativos
e pexorativos que o fan en -ona (cabezón-cabezona).
● Se fan o masculino en – ÍN, fan o feminino engadindo –A (bailarín-bailarina),
excepto ruín, que é invariable.
● Se fan o masculino en –ÚN, forman o feminino en –ÚA (excepción: euscaldún-
euscalduna).
Coa incorporación dun sufixo no feminino: heroe-heroína, rei-raíña.
Con palabras diferentes en masculino e feminino: cabalo-egua, pai-nai.

 
En ocasións hai substantivos que presentan distinción de xénero pero masculino e feminino non fan
referencia a sexos senón que expresar outros valores:

Designación de obxectos distintos: o zapato-a zapata, o caldeiro-a caldeira.


● Diferenciación de formas ou tamaños (o feminino soe designar o obxecto maior): o carballo-a
carballa.
● Uso do feminino para indicar valor colectivo: o leño-a leña, o froito-a froita.
1. 3. O NÚMERO DOS SUBSTANTIVOS
A maioría dos substantivos poden aparecer en singular ou en plural, pero hai que ter en conta as seguintes
consideracións:
● Algúns substantivos só se empregan en singular: norte, sur, leste, oeste, babor, estribor, maio,
xuño, balor...
● Outros só se usan en plural: cartos, cóxegas, folgos, exequias, ondas...
● Outros, rematados en –s ou –x, teñen a mesma forma para o singular e o plural: o luns-os luns, o
martes-os martes, o oasis-os oasis, o paraugas-os paraugas, o fax-os fax.
● Hai substantivos que teñen significado diferente en singular e plural: o miolo -os miolos...

No que respecta á formación do plural, esta segue as seguintes pautas:

● As palabras rematadas en vogal ou en ditongo forman o plural engadindo -s: mesa-mesas, irmá-


irmás, lei-leis, rei-reis... Os estranxeirismos engaden -s ou respectan a forma de plural da lingua de
orixe: spray-sprays, hippy-hippys ou hippies.
● As palabras rematadas en -N tamén forman o plural engadindo -s: camión-camións, tren-trens,
irmán-irmáns...
● As palabras rematadas en -R, ou -Z forman o plural engadindo -es: calor-calores, luz-luces...
● As palabras rematadas en –S  poden manterse invariables no plural (as graves e esdrúxulas) ou
engadir – ES (as graves): siamés-siameses pero mércores- os mércores.
● As palabras rematadas noutras consoantes (estranxeirismos ou cultimos) forman o
plural engadindo –S: álbum- álbums, sándwich- sándwichs...
● As palabras que rematan en -l forman o plural de acordo coas seguintes regras:
● Os monosílabos rematados en -l fan o plural engadindo -es: cal-cales, tal-tales, el-eles, gol-
goles, mal-males, sal-sales, pel-peles, val-vales... Excepción: fiel-fieis, cruel-crueis.
● As palabras agudas rematadas en -l forman o plural engadindo -is: animal-animais, papel-
papeis, cruel-crueis, civil-civís, español-españois, azul-azuis...
● As palabras graves  rematadas en -l forman o plural engadindo -es: túnel-túneles, fácil-
fáciles, útil-útiles, mísil-mísiles, réptil-réptiles, téxtil-téxtiles... 
● As palabras compostas en que o segundo elemento é un monosílabo rematado en
-l forman o plural como os monosílabos, engadindo -es: chuchamel-chuchameles, xirasol-
xirasoles, ollomol-ollomoles...
As palabras que rematan en grupo consonántico (incluídas as acabadas en -x) non varían: luns, fax,
unisex...
Nos nomes compostos caben tres posibilidades:
● Cando os compoñentes se escriben separados, o morfema de plural deben levalo ambos os
dous: garda civil-gardas civís, gato montés-gatos monteses...
● Se o segundo elemento vai introducido coa preposición “de”, o morfema de número
engádese só ó primeiro elemento: pita do monte-pitas do monte, cabalo do demo-cabalos
do demo...
● Cando os dous elementos forman unha soa palabra o número engádese ó segundo
elemento: vacaloura-vacalouras, vagalume-vagalumes, paporrubio-paporrubios...
2.- OS ADXECTIVOS
2.1. O adxectivo, significado e forma
O adxectivo é un tipo de palabra variable que acompaña o substantivo e concorda con el en xénero e
número.
Os adxectivos cualificativos expresan calidades ou características que se lles poden atribuír aos
substantivos aos que se refiren.

2.2. O significado dos adxectivos cualificativos.

Aínda que a función deste tipo de adxectivos é completar o significado do substantivo, isto pódese facer de
dúas maneiras, segundo a información que acheguen, así falamos de dous tipos de adxectivos
cualificativos:

● Especificativos: limitan a extensión do substantivo cunha calidade que non posúen os outros
substantivos. Adoitan ir pospostos ao substantivo: Canción melódica (só ese tipo de canción e non
outra).

● Explicativos ou epítetos: Designan unha calidade propia do substantivo e non achegan información
nova. Poden aparecer antepostos ou pospostos ao substantivo ( Ceo azul, clara luz)

 2.3.A forma dos adxectivos cualificativos

Formalmente os adxectivos son variables. Igual que os substantivos, están formados por un elemento  fixo
(lexema), que é o que achega o significado léxico, e outros elementos intercambiables (morfemas flexivos),
que achegan un significado de tipo gramatical (xénero, número); ademais tamén poden posuír morfemas
derivativos (sufixos e prefixos) que poden facer variar o seu significado.

 
No que respecta ao xénero e ao número o comportamento do adxectivo e do substantivo é idéntico, coa
única diferenza de que no adxectivo o xénero e o número lle veñen dados polo substantivo ao que
modifican.
 

2.4. Os graos do adxectivo

A calidade que expresa o adxectivo pódese manifestar en diversos graos: positivo, comparativo e
superlativo.

● Grao positivo. É o grao no que está un adxectivo que expresa unha calidade ou estado sen matizar
ningunha intensidade do mesmo. El é unha persoa interesante.
● Grao comparativo. Un adxectivo está en grao comparativo cando compara a intensidade coa que
dous substantivos posúen a mesma calidade: Este chiste á máis divertido ca o anterior.
● Grao superlativo.  Un adxectivo está en grao superlativo cando expresa unha calidade no seu maior
grao: Estou esgotadísima.
A. Procedementos de formación do comparativo.

● e igualdade: as dúas calidades posúense no mesmo grao. Os contos son tan interesantes coma as


novelas.
● de inferioridade: unha calidade posúese en menor medida ca a outra. Os contos
son menos interesantes ca as novelas
● de superioridade: unha calidade posúese en maior medida cá outra. Os contos
son máis interesantes ca as novelas.

As partículas comparativas úsanse seguindo estas regras:

● COMA e CA son obrigatorios cando segue pronome persoal tónico (min, ti, el, ela...) El é máis
alto ca ti - El é tan alto coma ti.
Tamén debemos usar COMA cando a continuación hai unha oración subordinada condicional,
temporal ou de relativo: Fai coma se non a vira, É coma quen non o ten, Fíxeno coma cando mo
explicaron
● COMO e QUE (ou DO QUE) son obrigatorios cando segue un verbo en forma persoal. É menos
intelixente do que pensa, É tan parvo como parece.
● Nos demais casos pódese optar entre unha forma ou outra, aínda que é recomendable utilizar as
formas en –a.

Convén recordar que cando a partícula comparativa CA vai seguida de artigo esta pode contraer
con el ou non:
Gústanme máis as carballeiras ca as praias/ Gústanme máis as carballeiras cás praias
A contracción non se pode realizar se o artigo xa forma parte doutra contracción:
Gústalles máis ás galegas ca ás americanas.

No caso de realizárense as contraccións, estas son as formas resultantes:

Ca +a = cá;  Ca +o = có; Ca + as = cás; Ca + os = cós

B. Procedementos para formar o superlativo

Distínguense dous tipos de superlativo segundo comparemos a calidade con outros substantivos que
tamén a teñen pero en menor grao (superlativo relativo) ou  nos centremos unicamente nun substantivo
que posúe esa calidade nun grao moi alto (superlativo absoluto). Fíxate na diferenza:  É a película máis
divertida da carteleira /É unha película divertidísima.
● Superlativo relativo fórmase segundo esta fórmula: artigo + máis/menos + adxectivo + de + 2º termo.
● O superlativo absoluto pódese formar das seguintes maneiras:
● engadíndolle ao adxectivo o sufixo –ísimo (ou –érrimo nas formas cultas): El é
intelixentísimo, Libérrimo.
● antepoñendo prefixos como super–, ultra– ou hiper–. Ela é superintelixente.
● antepoñendo o adverbio moi ó adxectivo: El é moi intelixente.
● antepoñendo o adverbio ben: Ela é ben intelixente
● antepoñendo adverbios rematados en –mente: El é extremadamente feliz.
● repetindo o adxectivo: Ela é lista lista
VOCABULARIO: A paisaxe interior
Aba, faldra, pé
Fervenza, salto
Barranco, precipicio
Canle
Canón
Caverna, espenuca, cova
Cavorco
Chaira, planicie
Congostra, corga, corgo
Conca, cunca
Cordilleira, cordal, serra
Cume, cumio
Deserto
Duna
Encoro, presa, represa
Garganta, desfiladeiro
Fenda, greta, regaña
Pena, rocha, penedo
Picoto, curuto, curota
Socalco, bancal, bancada
Val
Vao
 

You might also like