You are on page 1of 3

TEMA 3: NON SON FADA NIN PRINCESA

LITERATURA
1.- OS XÉNEROS LITERARIOS
A) Definición de Literatura
A literatura é unha arte na que se utilizan as palabras para emocionar e conmover. 
Os textos literarios clasifícanse tendo en conta unha serie de características, que fan que se
etiqueten co nome de XÉNEROS LITERARIOS.
Establécense dúas grandes categorías: os xéneros de ficción e os xéneros de non ficción. 
B) OS XÉNEROS DE FICCIÓN

Son os chamados xéneros maiores  e neles encontramos tres ben coñecidos:

 A Narrativa: É a forma adecuada para que un narrador transmita acontecementos alleos.


Inclúense neste xénero os contos e as novelas. Caracterízase polos seguintes trazos:

 Cóntanse uns feitos que lle ocorren a uns personaxes nun determinado lugar e tempo.
 O narrador é un ser de ficción inventado polo/a autor/a.
 Alternan a voz do narrador e a dos personaxes.
 Antigamente era habitual que fose en verso, hoxe normalmente é en prosa.

 A Lírica: É o xénero adecuado para a expresión dos sentimentos do eu poético. É o que


coñecemos normalmente co nome de poesía. Presenta as seguintes características:

 Discurso subxectivo.
 Provoca emoción no receptor, xa que se pretende que se identifique cos sentimentos
do emisor.
 Está escrita en verso (agás o poema en prosa).
 Presenta ritmo e musicalidade.
 Polo xeral é breve.

 A dramática: Nela son os propios personaxes os que viven de forma directa os seus


conflitos. Adoitamos chamarlle teatro. As súas características son as seguintes:

 Está dirixida á representación


 Ademais do código verbal interveñen a mímica, a iluminación, a escenografía...
 O texto está constituído esencialmente en diálogo.

2.- FIGURAS LITERARIAS

Cando a linguaxe non se utiliza con finalidade informativa senón lúdica, estamos diante de
textos literarios. Mais este requisito non é o único, para que exista un texto literario a linguaxe
ten que ser empregada dun xeito especial, creando no lector/oínte un pracer estético, é dicir,
que o pasemos ben (ou mal) non só co que se nos conta senón tamén  coas sensacións que
experimentamos.
Con esta finalidade os escritores botan man, entre outras cousas, das figuras literarias. Isto é
máis habitual na poesía pero non é exclusivo deste xénero literario, tamén na prosa se poden
empregar moitas figuras, depende do tipo de texto que teñamos diante. 

Algúns destes recursos, en concreto os que son máis necesarios cando elaboramos descricións,
son os seguintes:

 O símil ou comparación.- é un recurso que nos permite comparar unha cousa con
outra e non só é un recurso da linguaxe literaria, senón que tamén está moi presente
na linguaxe cotiá, Ex. : “Está coma un garabullo” (delgado), “Está coma un odre”
(gordo).

Para realizar unha comparación, guiámonos polo seguinte esquema: 

COMO
    TERMO IMAXINARIO
TERMO REAL É/ ESTÁ COMA
(aquilo co que se compara)
(a cousa que se TAL QUE
describe)
SEMELLA/
PARECE

 Metáfora.-  procedemento no que se establece unha relación entre dous elementos


identificándoos : o termo real e o termo imaxe. Podemos falar de dous tipos de
metáfora:

 metáfora impura: os dous elementos (o real e o imaxinario) aparecen na frase:  as


ventás son ollos  que miran o mundo.

 metáfora pura:  só aparece o elemento imaxinario: os luceiros da súa cara . 

 A personificación.- Procedemento que consiste en atribuír calidades propias dos seres


humanos a animais, elementos da natureza, obxectos, ideas....

É frecuente utilizarmos este tipo de recursos cando facemos descricións de elementos da


natureza: o río baixa cantando, as nubes choran.

 A hipérbole.-  Consiste en esaxerar as características dalgún elemento coa finalidade

de chamar a atención sobre el: “estar cego por alguén”, “ter todo o ouro do mundo”.  A
hipérbole é un recurso moi característico das caricaturas.
VOCABULARIO: A paisaxe marítima
Areal / praia
Arquipélago
Arrecife
Atol
Baía / badía / enseada
Baixío / banco de area
Beira / ribeira / marxe / orela
Beiramar / mariña
Cabo
Cantil / acantilado
Con
Delta
Escuma / espuma
Esteiro / estuario
Fiorde
Foz / desembocadura
Golfo
Iceberg
Illa
Istmo
Litoral / costa
Península
Rompente

You might also like