You are on page 1of 7

APUNTES USC www.apuntesusc.

es

TEMA 1.3: CONCEPTOS BÁSICOS PIB E BALANZA DE


PAGOS

PIB e outros agregados


VALOR ENGADIDO BRUTO
Nos esquemas anteriores non se incorpora un elemento importante para o proceso
produtivo: os insumos ou inputs intermedios.
No valor do ben ou servizo final incorpórase o valor individual de cada insumo, polo cal
imos diferenciar entre o valor da produción efectiva ou total (VPT) e o valor engadido
bruto (VEB).
VEP= VPT – CI = RA + EBE
Onde CI é o custo dos inputs, RA é a remuneración dos asalariados e EBE é o
excedente bruto de explotación (remuneración do capital: maquinaria, alugueiros, xuros,
etc.) (a remuneración dos factores tamén se coñece como rendas primarias)
*Non confundir custo con valor.
CRITERIOS DE VALORACIÓN
As magnitudes económicas que imos ver poden traballarse con tres criterios:
o Prezos básicos: valor dos bens e servizos producidos que incorpora as
retribucións dos factores e impostos sobre producións netos de subvencións.
o Prezos de produtor: ao anterior engádense outros impostos sobre produtos e
importacións, pero non o imposto sobre o valor engadido (IVE).
o Prezos de mercado: ao anterior engádeselle o IVE e os marxes de distribución e
transporte. É o que pagamos na tenda.
Tamén hai que diferenciar as variables reais e as nominais.
o Variables nominais ou a prezos correntes: os datos expresan o valor que teñen en
cada momento do tempo. Inclúense, polo tanto, posibles cambios no prezo
(Inflación).
o Variables reais ou a prezos constantes: cando non interesan os cambios nos
prezos, podemos tomar un ano base empregado como referencia, e descontar os
efectos da evolución nos prezos. Analizamos se una variable aumenta ou decrece
en relación ao valor que tiña o ano base.
O PIB
Defínese como o valor de todos os bens e servizos finais producidos no interior dunha
economía polos factores produtivos que operan nun territorio nun período de tempo
determinado.
Problemas do PIB:

APUNTES USC www.apuntesusc.es


APUNTES USC www.apuntesusc.es

o É unha variable fluxo que non considera os recursos de fondo.


o Non se asigna un valor en función da finalidade.
o Non se incorporan actividades que ocorren fóra do fluxo económico, como o
coidado dos fillos ou do fogar. Tampouco se recollen (ou non se recollen ben)
actividades legais.
o O PIB per cápita adóitase empregar como referencia da renda dunha persoa dun
país, o que é cuestionable.
o Existen marxes de erro de ata o 20% no seu cálculo.
Métodos de estimación do PIB
Método 1: vía de demanda agregada

Método 2: vía da oferta

Método 3: vía da renda

Outros agregados
o O produto nacional bruto (PNB): hai que agregarlle ao PIB as rendas primarias
netas (RPN, remuneración de factores).

As RPN son a diferenza entre as rendas primarias cobradas por residentes no


resto do mundo e as pagadas a non residentes no país.

o O produto inferior neto e o produto nacional neto.


Para pasar a termos netos basta con subtraer o consumo de capital fixo
(obsolescencia desgaste, imprevistos,...).

o A renda nacional bruta neta dispoñible.

APUNTES USC www.apuntesusc.es


APUNTES USC www.apuntesusc.es

Esta magnitude informa sobre a capacidade de gasto da economía. Obtense a


partir do produto bruto ou neto nacional, agregándolle as transferencias
correntes netas do exterior (rendas secundarias).

As TCN son a diferenza entre as transferencias correntes recibidas e as


enviadas.
o O aforro nacional bruto.
A capacidade de gasto dunha economía (RNBD) pode destinarse a consumo ou
a aforro. Se coñecemos o consumo final, o aforro obtense de forma sinxela.

O aforrado pode empregarse para realizar investimentos, é dicir, á FBC. E se


investimos máis do que temos aforrados? Veremos aumentados os nosos
pasivos, haberá déficit.

Nunha economía, ademais dos aforros, é posible recibir recursos do estranxeiro


para investimentos; tamén pode suceder que decidamos investir os nosos
aforros noutro país. Temos que considerar as transferencias netas de capital
(TNCp)

DISTRIBUCIÓN DA RENDA
É o PIB per cápita un bo indicador do nivel de renda da poboación dun país?
Se queremos analizar o nivel de renda da poboación dun país para comparar o poder
adquisitivo dos cidadáns de distintos países, primeiro temos que ver como é a
distribución da renda.

Para facelo, dispoñemos de diversas ferramentas, como a curva de Lorenz e o índice de


Gini (IG):

Sendo p e q estratos de poboación e renda.

APUNTES USC www.apuntesusc.es


APUNTES USC www.apuntesusc.es

A BALANZA DE PAGOS

Balanza de pagos: é un documento contable que ofrece un rexistro sistemático das


transaccións económicas ocorridas durante un período de tempo determinados entre os
residentes dun país e os residentes do resto do mundo.
Adóptase o criterio de partida dobre: anótanse ingresos e pagos, variacións de activo e
variacións de pasivo.
Empréganse varias sub-balanzas diferenciadas polo tipo de transacción: non se mesturan
as importacións cas compras de accións.
Recóllense todas as transaccións entre residentes e non residentes, sexan mercantís ou
non (transferencias).
CONTAS DA BALANZA DE PAGOS
Na balanza de pagos as transaccións entre residentes e non residentes recóllense en
diferentes sub-balanzas, denominadas contas, que a súa vez están divididas en varias
sub-balanzas.
Esta clasificación permite anotar as transaccións en función da súa natureza.
Hai tres contas na balanza de pagos: a conta corrente, a conta de capital e a conta
financeira.
o A conta corrente: nela anótase un ingreso cando se reciben cartos e un pago cano
se envían.
Formado por catro sub-balanzas:
o Balanza comercial: recolle as exportacións e as importacións de bens.
o Balanza de servizos: recolle as exportacións e as importacións de
servizos.
o Balanza de rendas primarias: recolle a retribución de factores nacionais
no estranxeiro e o pago a factores estranxeiros no país.
o Balanza de rendas secundarias: recolle as transferencias enviadas e
recibidas.
o A conta de capital. Non confundir coa financeira: non se recollen fluxos de
capitais para investimentos.
Esta conta, que funciona como a corrente (anotando ingresos e pagos), recolle as
seguintes operacións:
o Transferencias de capital que afectan a activos fixos ou patrimoniais
(doazón dun edificio).
o Operacións sobre activos non financeiros non producidos: compravenda
de solo e de elementos do subsolo.
En xeral, é unha conta pouco relevante en relación as demais.

APUNTES USC www.apuntesusc.es


APUNTES USC www.apuntesusc.es

o A conta financeira: recóllense as transaccións sobre activos e pasivos financeiros


(movementos de capitais, de accións, de créditos, de bonos, etc.)
Anótanse variacións do activo e do pasivo:
o Todas as operacións que incrementen o activo anótanse cun valor
positivo na variación neta de activos (VNA). As operacións que o
minoren anótanse na VNA con valor negativo.
o Todas as operacións que incrementen o pasivo anótanse cun valor
positivo na variación neta de pasivos (VNP). As operacións que o
minoren anótanse na VNP cun valor negativo.
Esta formada por catro sub-balanzas:
o Investimento directo: investimento que en última instancia implica a
creación dunha empresa ou a posesión do 10% ou máis do seu capital
social. Reflicte investimentos a longo prazo.
o Investimento en carteira: recolle o investimento en títulos cotizables
sempre que non se acade o 10% do capital social nalgunha entidade.
o Outras formas de investimento: recolle os demais movementos de
capital: concesión de préstamos e créditos. Tamén recolle os
movementos nos depósitos bancarios.
o Variación de activos líquidos en reserva: activos con recoñecemento
internacional (ouro), dereitos de xiro especiais, a posición de reserva no
FMI e os depósitos de moedas convertibles de outros países (divisas).
A variación de reservas só se anota na variación neta de activos, cun
valor positivo cando aumenta e negativo cando minora.
* Mentres que na conta corrente e na de capital anotamos un ingreso cando
recibimos cartos e un pago cando enviamos cartos, a conta financeira funciona
doutro xeito.
*Anotamos un valor positivo na VNA cando aumentan os activos, e un valor
negativo cando minoran. A compra de accións incrementa o VNA e a súa venda
redúceo.
*Anotamos un valor positivo na VNP cando aumentan os pasivos , e un valor
negativo cando minoran. Si pedimos un préstamo, anotamos un valor positivo da
VNP, a medida que o amortizamos, anotamos valores negativos na VPN
(estamos reducindo a nosa débeda).

EQUILIBRIO NA BALANZA DE PAGOS


Como documento contable, a balanza de pagos está equilibrada (pero cada conta
pode ter déficit e superávit).

APUNTES USC www.apuntesusc.es


APUNTES USC www.apuntesusc.es

Denominamos SCC ao saldo da conta corrente, SCK ao saldo da conta de


capital, SCF ao saldo da conta financeira e VR á variación de reservas.
Debe cumprirse a seguinte condición de equilibrio:

Na práctica, ocorre que SCC + SCK non é equivalente s SCF +VF debido a
fallo na recollida de datos. Por iso, hai unha conta especial para garantir a
condición de equilibrio: “erros e omisións”. Cando SCC + SCK > SCF +VR,
erros e omisións é negativo, en caso contrario, positivo.
Balanza de pagos e outras magnitudes.
Hai varias formas de analizar o déficit ou superávit da conta corrente na balanza
de pagos.
Recordemos que o PIB se obtén como:

Por outra banda, o saldo da conta corrente é:

Podemos pasar de PIB a PNB engadindo as RPN:

Podemos pasar do PNB á RNBD engadindo ao PNB as RSN:

Ao consumo final máis á FBC podemos chamarlle gasto nacional (GN), así:

Atendendo a esta relación, se o gasto interno supera a capacidade de gasto


nacional, teremos un déficit na conta corrente; en caso contrario, teremos un
superávit.
Por outra banda, tamén sabemos que a diferenza entre a RNBD e o CF nos
informa sobre o nivel de aforro, polo tanto:

Nesta segunda relación temos que se o aforro nacional bruto non é suficiente
para financiar a FBC, teremos un déficit no saldo da conta corrente.
O consumo final pode dividirse en consumo privado (CPR) e gasto público
(CPU). Ademais, incorporamos os impostos (T) por ser os ingresos do sector
público.

APUNTES USC www.apuntesusc.es


APUNTES USC www.apuntesusc.es

Agora podemos distinguir entre aforro privado (APR) e público (APU):

A FBC tamén se pode dividir da mesma forma, en privada (IPR) e pública (IPU).
Substituíndo e reordenando, temos:

Atendendo a esta relación, teremos un déficit se o investimento é superior ao


aforro, podendo distinguir as orixes do déficit.
Por último, recordemos a condición de equilibrio:

Polo tanto, un déficit do saldo da conta corrente que non se logre cubrir cun
saldo positivo da conta de capital, implicará a necesidade de financiarse con
recursos do exterior ou a necesidade de reducir as reservas internacionais.

OFN son as operacións financeiras netas ou o aforro financeiro neto. De ser


negativo o saldo sa SCC + SCK, o país verá aumentada a súa posición debedora
fronte o resto do mundo ou verá reducida a súa posición acredora. En caso de
superávit, ocorre o oposto: ou aumenta a posición acredora ou minora a posición
debedora.

APUNTES USC www.apuntesusc.es

You might also like