You are on page 1of 4

APUNTES USC www.apuntesusc.

es

TEMA 1. A ECONOMÍA COMO CIENCIA SOCIAL.A ANÁLISE


ESTRUTURAL DA ECONOMÍA. CONCEPTOS BÁSICOS

1.1 A CIENCIA ECONOMICA COMO CIENCIA SOCIAL


A economía como ciencia xurde e s desenvolve co capitalismo, que é un sistema
económico dominante na actualidade, xorde no s. XVIII. Anteriormente había un
predominio da agricultura de tipo feudal e do comercio a pequena escala.
O capitalismo industrial dá lugar á aparición da economía política. Así mesmo, a
economía como ciencia independente nace con Adam Smith (1776), coa publicación de
Investigación sobre a natureza e causa da riqueza das nacións, que tamén da inicio á
Escola Clásica.
Non existe unha única ciencia económica, senón diferentes esquemas teóricos
(pensamentos): forte separación entre a economía convencional e as visións
heterodoxas... discordancia conceptual, teórica e metodolóxica.
Diversas correntes de pensamento: Corrente preclásicas (Cameralismo, Mercantilismo,
Fisiocracia); Escola clásica: o nacemento da economía como ciencia; Marxismo; Escola
neoclásica; Teoría económica keynesiana; “Vella” e “Nova” Economía institucional;
Monetarismo; Neokeynesianismo; Postkeynesianismo...
O obxecto de estudo da economía.
Adam Smith (1776) atribuíalle á “Economía Política” un dobre obxectivo:
- prover á poboación dunha renda ou subsistencia abundante
- proporcionar ao Estado unha renda suficiente para prestar os servizos públicos.
John Stuart Mill (1848) concibía que o obxecto da “EP” era ensinar e investigar a
natureza da riqueza e as leis da súa produción e distribución.
Este inicial “contido social” da ciencia económica foise baleirando progresivamente,
sendo substituíndo por un enfoque cada vez máis técnico, a partir da escola neoclásica,
sendo asumido pola corrente dominante.
Definición máis célebre (Lionel Robbins, 1932): “A economía é a ciencia que estuda a
conducta humana como relación entre fins e medios escasos aplicables a usos
alternativos”.
Esta definición contén dous aspectos que a afastan de calquera contido social (crítica):
1) o seu obxecto se reduce a unha cuestión de elección
2) non se ocupa nin dos medios escasos nin dos usos alternativos (son un dato)
Xorden definicións alternativas, como a de Oskar Lange (1959): “A economía (política)
trata de descubrir as lais sociais que rexen a produción e a distribución dos medios
materiais que serven para satisfacer a necesidades humanas”.

APUNTES USC www.apuntesusc.es


APUNTES USC www.apuntesusc.es

As Leis Sociais diferéncianse das Leis Naturais (ciencias naturais) en que as primeiras
poden variar con cada contexto social e histórico (non son leis inmutables nin eternas).
Esta característica é compartida coas demais ciencias sociais, que estudan diversos
aspectos do comportamento humano en sociedade.

1.2 O MÉTODO ESTRUTURAL EN ECONOMÍA


As insuficiencias da teoría económica
- Necesítase un corpo teórico que dea consistencia lóxica á análise, máis non é
suficiente.
- Entre a teoría danse desfases e hai contextos nacionais específicos (coa súa
historia, grupos étnicos, institucións políticas, actitudes sociais, estrutura de
produción, distribución e consumo...)
- Estas insuficiencias son as que deben ser tratadas coa análise estrutural.
O concepto de estrutura
É un concepto utilizado polas ciencias naturais e matemáticas e logo transferido ás
ciencias sociais. Aínda que foi utilizado pro Quesnay, Marx, ou outros autores, non se
emprega de forma sistemática en economía ate 1926 cando Bernhard Harms (1876-
1939) define a estrutura aplicada á economía. Dende ese momento multiplícanse as
definicións do concepto. O concepto en si (aceptación xeral) denota orde ou distribución
de elementos.
José Lius Sampedro (1917-2013): “A estrutura económica é o conxunto de relacións e
elementos que caracterízan cun certo grao de permanencia unha certa realidade
económica”.
O método estrutural: consiste en substituír os estudos parciais de causalidades illadas
(atomismo) por análises xerais de interdependencias.
O concepto de “estrutura” ten tres notas caracterizadoras:
- Totalidade: conx dos elementos que constitúen o conx de obxecto de análise.
- Interdependencia: os elementos dunha realidade non están illados senón que se
relacionan.
- Permanencia: as relacións que definen unha estrutura teñen un certo grao de
estabilidade e duración no tempo, diferenciándose daquelas de carácter
conxuntural. A estrutura é capaz de “autorregularse” e isto implica a súa
conservación, é dicir, a reprodución e perpetuación da propia estrutura.
Dinámica Estrutural: Regulación e cambio estrutural
A realidade económica está en continua transformación polo que tamén hai continuos
movementos na estrutura económica (dinámica estrutural).

APUNTES USC www.apuntesusc.es


APUNTES USC www.apuntesusc.es

Existen mecanismos de regulación que permiten incorporar eses cambios sen que se
cambie a estrutura. Se fallan tenden a desenvolverse outros que incorporen as
modificacións e permitan a reprodución da estrutura ( por exemplo: a alternancia do
mercado e/ou o Estado na regulación económica dentro do capitalismo)
Cando hai acumulación de tantos cambios que impide manter as relacións definitorias
da estrutura, prodúcese un cambio estrutural.
Os cambios poden ser por evolución ou por revolución (por exemplo, cambios drásticos
no nivel superestrutural).
O método estrutural
Consiste en analizar e interpretar a realidade como unha estrutura. Non é só para
describir a realidade, tamén ten pretensións teóricas que axuden a entender o
comportamento do mundo material. As relacións de interdependencia subxacen na
estrutura e precisan ser descubertas e interpretadas, identificando as causas que están
detrás.
Este método non chegou ao nivel de abstracción da teoría económica convencional,
mais ten a vantaxe de non ter os límites dela: considera aspectos sociais, institucionais e
históricos.
Na análise estrutural hai un re descubrimento de moitas achegas de Marx, as que se
unen achegas de outros autores posteriores a este.
A disciplina científica de Estrutura económica
Caracterizase por ser:
- Teórica: o seu obxectivo é ofrecer unha visión dos feitos articulados entre si por
relacións de interdependencia cun certo grao de permanencia. Estas relacións
configuran unhas leis de funcionamento da estrutura.
- Global: céntrase na análise do conxunto e non de elementos illados. Non
debemos confundir coa análise macroeconómica convencional.
- Actual: trátanse fundamentalmente as situaciñons do noso tempo, aínda que se
considera necesario coñecer os antecedentes históricos para destacar aqueles
factores que poden ser relevantes para comprender o presente.

ESTRUTURA ECONÓMICA MUNDIAL: disciplina que se ocupa do estudo da


realidade económica mundial na súa complexidade (totalidade, interdependencias,
permanencia/dinamismo).

APUNTES USC www.apuntesusc.es


APUNTES USC www.apuntesusc.es

APUNTES USC www.apuntesusc.es

You might also like