You are on page 1of 1

RELATO HISTóRICO OU LENDA

Esta lenda contouma o meu tío Kiko. El disfruta moito coa historia en xeral. E desde sempre
cóntame historias de musulmáns, de reis e raíñas , de nobres que vivían na Idade Media...Para
el sempre e un bó momento para recordar o pasado.
Esta en concreto di así....
Corría o ano 997 no mes de septembro. O exército musulmán, formado maioritariamente por
bereberes (proveñian do norte de África e eran nómadas) e capitaneado por Almanzor
acederon a cidade de Lugo, co finde tomar a cidade e facerse con ela.
Lugo tiña fortes e altas murallas, moito máis altas que agora, e con un foso profundo, polo
tanto moi difíciles de derribar e penetrar desde fora delas. Os musulmáns usaron unha
estratexia. Consistía en cercalos para que éstes véndose dentro sin auga e comida rendíranse
e abrisen as portas en sinal de rendición. Os cristiáns estaban tan desesperados que
empezaron a cavilar que facer para que os musulmáns marcharan e os deixaran en paz.
Pero despois de moitos días de preocupación un cabaleiro tivo unha gran idea. Subeu ao
adarve da muralla, e berroulles para que estes se acercaran e poidesen ver o que ía facer.
Dende arriba tiroulles un bolo e un año, para facerlles creer que eles estaban tranquilos detrás
dos grosos muros, xa que ademais de protexelos tiñan comida e auga de sobra. Os musulmáns
despois de ver isto vcreron que non ían rendirse e o gran Almanzor tivo que agacha-las orellas
e ordenar a o seu exército a retirada,
E ainda que Almanzor en árabe significa``Victorioso´´, esta vez a victoria foi dos valentes
,sufridores e estrategas cristiáns lucenses que grazas a unha acción hábil e enganosa gañaron
ao exército de Almanzor.
Por certo, o cabaleiro que tirou o bolo e o año, apodárono BOLAÑO e o seu escudo leva un
bolo e un año debuxado para recordar este gran día.

You might also like