You are on page 1of 14

A EDAFOSFERA (para algúns autores é unha das capas do planeta)

1.- Definición do solo:


Existen moitas definicións do solo, pero nós centrarémonos na definición edafolóxica e na xeolóxica.
Para a Edafoloxía (ciencia que estudia o solo) o solo é a parte sólida máis externa que sufriu as
accións atmosféricas e dos seres vivos. Non é un medio inerte, senón dinámico que intenta acadar un
equilibrio coas condicións circundantes. Tamén é un medio de transición entre o aire, a auga mais os seres
vivos e a rocha nai subxacente. Un ecosistema entre outros ecosistemas, un ecotono onde habitan moitos
seres vivos: fungos, algas, invertebrados e vertebrados e, por suposto é inseparable da vexetación.
Para a Xeoloxía, o solo é o mesmo que se describe arriba pero tamén considera parte del aos
materiais non consolidados (soltos), meteorizados ou alterados con relación á súa condición orixinal, e
situados sobre unha rocha dura e consolidada. É dicir, ademais do solo como soporte de vida, considera
como parte del a fragmentos de rochas, cinzas volcánicas, aluvións, depósitos eólicos ou calquera outro
material procedente das rochas e que formará parte antes ou despois do ciclo das rochas.
O solo é unha fina película (aínda que teña varios metros, pois se define en relación coas dimensións
terrestres) que actúa como soporte da vida e que permita unha transición entre o medio inorgánico e o medio
orgánico.
Aparece ligado á vida mesma pois, a través del, as plantas reciben os nutrientes en forma mineral ou
inorgánica e os absorben polas raíces. Unha vez os nutrientes son transformados en materia orgánica, e ó
caer esta no solo, os microorganismos do nivel dos descompoñedores e transformadores a transforman de
novo en materia inorgánica, cerrando os ciclos bioxeoquímicos do carbono, o nitróxeno, o fósforo e do xofre.

2.- Composición do solo:

O solo é un sistema aberto, dinámico, constituído por tres fases.

Compoñentes sólidos: Poden ser orgánicos e inorgánicos.

A materia orgánica do solo procede de animais,


plantas, fungos e microorganismos e dos seus
productos de alteración. Pode ser moi visible, como no
caso das raíces das plantas e os restos da fauna
edáfica (miñocas ou caracois), pode estar formada por
restos vexetais parcialmente descompostos, pero
aínda recoñecibles, ou ben pode estar totalmente
transformada e mostrar cores pardos ou escuros, o
humus, formando parte das partículas máis pequenas
do solo e ser invisible a simple vista.
O contido de materia orgánica dun solo varía entre
o un 1% dos solos áridos (aridisoles) a máis dun 10%
en solos de pradería (mollisoles) e máis dun 30% en
solos orgánicos (histosoles), dependendo da vexetación
(os bosques tropicais son os que máis
aportan), do clima (a mineralización máis
rápida é en zonas tropicais), dos organismos
do solo, da posición topográfica e a
orientación (solana-umbría, erosión), do
drenaxe (a máis osíxeno máis
descomposición), da textura (dela depende o
drenaxe), composición das arxilas, a
estructura e a labrada (canta menos labrada
máis materia orgánica).
A materia orgánica inflúe nas
propiedades físicas (porosidade, aireación
e movemento da auga), químicas (procesos
de intercambio de ións) e biolóxicas
(formación do solo, fonte de micro e macronutrientes) e mellora a capacidade dos solos para soportar a
producción de alimentos, pois inflúe na fertilidade.
A súa evolución precisa primeiro a súa descomposición (fragmentación e catabolismo) e a

1
humificación mediante enzimas microbianos e arxilas.
Hoxe en día sábese que en medios especiais, como no caso dos solos boreais e outros, onde as
condicións de temperatura e/ou humidade limitan a mineralización dos ións amonio (NH4+) e nitrato (NO3-),
as raíces poden absorber diversas moléculas orgánicas directamente (L-aminoácidos, por exemplo) e
utilizalos como fonte de nitróxeno. (Serafín González Prieto, Dr. En Bioloxía e investigador de Edafoloxía no
CSIC).
Os transportadores de aminoácidos e glícidos na raíz son inducibles e cando hai escaseza de
nitróxeno (situacións estresantes) as raíces fabrican máis transportadores. Con estes mecanismos poden
recuperar os producidos polos microorganismos do solo e os que ela mesma excreta en determinadas
circunstancias.
http://elhocino-adra.blogspot.com/2013/07/absorcion-de-aminoacidos.html
O aporte de aminoácidos a un cultivo tamén é unha técnica útil para romper o estres ao que pode estar
sometida una planta (xeadas, transplantes, secas, ventos fortes), xa que aumentan a absorción de nutrientes,
a produción de fitohormonas, estimulan a produción de raíces, melloran a flora microbiana do solo.
(https://www.agromatica.es/aminoacidos-en-las-plantas/ )

A materia inorgánica procede da erosión das rochas (da rocha


nai e de outras), ten tamaños moi distintos que, de maior a menor,
forman gravas, areas, limos ou arxilas. As arxilas expansivas teñen a
capacidade de almacenar auga coas súas sales disoltas e os seus ións
(tamén os contaminantes).

Os dous grupos de materia actúan en conxunto no solo e, por iso, a


parte sólida do solo pódese describir así:
- Partículas maiores de 0,05mm de diámetro constitúen o
esqueleto do solo.
- Partículas inferiores ás 2micras (arxilas, limos e coloides
húmicos), constitúen o plasma do solo.
 Compoñentes fluídos: Líquidos ou gases.

- Líquidos: constitúen a disolución do solo, auga e ións de Na, K,


Mg, Ca, Cl, nitratos, sulfatos bicarbonatos.... Deles
aliméntanse as plantas. E tamén compoñentes líquidos
orgánicos, que axudan a mobilizar elementos como o Fe e o
Al.. Nun solo sen auga as reaccións químicas non son
posibles e a vida non pode desenvolverse.

- Gasosos: Proceden da
atmosfera e da
actividade química e
biolóxica do interior do
solo.

3.- Algunhas características do solo

 A textura do solo depende da proporción dos distintos tamaños de partículas. Ven dada polos
compoñentes sólidos inorgánicos do solo. Os elementos grosos, con diámetro >2mm, bloques (25-
60cm), cantos (6-25cm), grava grosa (2-6cm), grava media (0,6-2cm) e gravilla (0,2-0,6cm). Os
elementos finos, chamados terra fina, cun diámetro < 2mm, son a area (area fina 50-200µm), o limo
(2-50µm) e a arxila (< 2µm) (segundo a Comisión do Banco de Datos de Solos e Augas e a
International Society of. Soles Science e o USDA).

Para estudiar as partículas do solo podemos utilizar a granulometría, vendo as proporcións relativas
2
das distintas partículas que forman a terra fina, agrupadas en tamaños, pois permite inferir outras
propiedades relacionadas co uso e o comportamento do solo: Facilidade de labrada e de circulación
de auga, capacidade de retención e aporte de auga ás plantas, etc.
Considéranse distintas clases texturais nas que se agrupan distintos solos que comparten porcentaxes
similares dos compoñentes finos. Estas clases están representadas no seguinte diagrama triangular:

Amósanse as clases do USDA, a ISSS


(International Society of Soil Science) tamén
ten outras parecidas.

Unha textura está equilibrada se


presenta contidos óptimos para a maioría
dos cultivos: 40-45% de area, 30-35% de
limo e un 25% de arxila (solos francos).
Fálase de solo con textura lixeira ao
que é fácil de labrar, mentres que o de textura pesada ten unha forte cohesión das súas partículas e
trabállase con dificultade. Son expresións inexactas pero moi empregadas. O correcto sería empregar
térmenos como solo solto ou solo forte.
A posibilidade de corrixir defectos texturais dun solo é factible en pequenas extensións.

 A Estructura

É unha propiedade tipicamente edáfica que permite diferenciar un solo dun sedimento. Describe a forma
de unirse as partículas individuais do solo en unidades de maior tamaño (agregados) e o espacio de ocos
asociado a elas.
A estructura descríbese atendendo ao grado, a forma e o tamaño dos agregados que van determinar, a
cohesión dentro dos agregados e a adherencia entre eles. Os agregados poden ser de diversas formas:
laminares, prismáticos ou en bloques, e tamén de distintos tamaños.
Un horizonte sen agregados non ten estructura o se di que é continua e o horizonte macizo. Un
agregado verdadeiro ten que ser estable na auga, cando é humedecido lenta pero totalmente, se ben son
elementos fráxiles, sensibles á labrada, á transformación do uso do solo e ó paso de maquinaria e gando.
A estabilidade da estructura do solo controla moitas funcións dun ecosistema, xa que o sistema de poros
constitúe un espacio vital para as raíces. Un solo ben estructurado é aquel que, ó secarse, desmenúzase
ben espontaneamente; que, ao estar relativamente seco, pode labrarse con facilidade; e que, ao estar
húmido non se adhire ás ferramentas.

 A capacidade de intercambio de ións

A adsorción é a asociación de materia ás superficies dos sólidos. Fai que as concentracións das
substancias disoltas sexa distinta nas proximidades das partículas que no seno do líquido.
A Capacidade de Intercambio de Catións (CIC) expresa o número de moles de ións positivos
adsorbidos que poden ser intercambiados baixo unhas condicións dadas de temperatura, presión,
composición da fase líquida, etc. Exprésase en centimoles de carga positiva por quilogramo (cmol(+)kg-1).
Os compoñentes activos do solo, as arxilas e o humus, opóñense ao lavado de nutrientes do solo. Teñen
unha elevada superficie específica e unha carga superficial predominantemente negativa. A maior cantidade
de arxila e humus dun solo, maior superficie de cargas negativas hai nel, e maior é a capacidade de reter
catións que alimentarán ás plantas.
Os valores óptimos son >25 cmol(+)kg-1 . En Galicia os valores máis frecuentes non superan os 7
cmol(+)kg-1. O encalado pode axudar a aumentar a CIC.

3
Os catións máis abundantes son: Ca+2, Mg+2, Na+, K+, e atópanse en maior proporción que os que están
en solución.
Noutros solos, como os desenvolvidos a partir de materiais
volcánicos ou os solos ácidos de zonas tropicais, poden
presentar Capacidade de Intercambio de Anións. Se esta
capacidade aumenta, diminúe a CIC, e pode afectar á nutrición
das plantas que non poden absorber fosfatos, sulfatos e outros
anións retidos polo solo.
Os anións máis comúns son: NO3-, Cl-, SO 2-4, HPO2-4. A súa
adsorción tamén está controlada polo pH do medio, entre outros
factores.

4.- A vida nos solos


Megabiotas: comprende vertebrados, como serpes, raposos,
ratos, toupas, coellos, etc. Animais zapadores que removen o
solo para alimentarse o refuxiarse
Macrobiotas (diámetro > 2 milímetros): comprende invertebrados, como formigas, termitas, cempés,
lombrigas, caracois, arañas). As raíces das plantas son a miúdo incluídas nestas biotas
Mesobiotas (diámetro 0.1-2 milímetros), solen vivir nos poros do solo. Este grupo componse de
microartrópodos, como los ácaros, pseudoescorpións, colémbolos
Microbiotas (diámetro < 0.1 milímetros), moi abundantes e diversos. Entre a microflora están as algas,
bacterias, fungos e lévedos que poden descompoñer case calquera sustancia natural. A microfauna
comprende nemátodos, protozoarios, turbelarios, tardígrados, rotíferos
(http://www.fao.org/ag/esp/revista/0011sp1.htm)

5.- Organización vertical: perfil e horizontes do solo

Ó mesmo tempo que se van formando os solos, mediante alteracións físicas, químicas e biolóxicas,
os materias ordénanse en capas máis ou menos horizontais: os horizontes
Os horizontes se caracterizan pola cor, morfoloxía (textura, estructura), polas propiedades como a
compactidade, plasticidade, adhesividade e dureza e, tamén, polo contido en materia orgánica, pH,
contido en sales, etc.
O corte vertical dos horizontes denomínase perfil do solo, como os que vedes no esquema.
A vista e o tacto, un coitelo e
unha lupa de man, son
instrumentos básicos na
prospección de campo. Para
estudiar e describir un solo hai que
delimitar un volume mínimo,
establecido polo Soil Survey Staff
(S.S.S.) do Departamento de
Agricultura de Estados Unidos
(USDA). Ese volume mínimo chámase pedión, e non ten unha cantidade fixa (de 1 a 10 m 2) segundo a
variabilidade dun solo. A profundidade vai desde a superficie ata a rocha nai. A calicata é unha apertura
dunha escavación con tres paredes verticais para observar ben o perfil, e outra inclinada ou con escalos
para poder baixar.
Hai moitos solos diferentes en función dos distintos horizontes xenéticos. Na súa nomenclatura
empréganse as letras do alfabeto en maiúsculas: A, B, C, etc., e tamén algunha letra minúscula
acompañando. Estas letras indican a posición que ocupa o horizonte no solo (maiúscula por orde
alfabético), o proceso de formación (letra minúscula, como t, acumulación de arxila) e algunha
característica destacable. (O pai desta nomenclatura é Docuchaev, a quen se lle considera tamén o pai da
Edafoloxía actual)
Para facilitar o estudio e a clasificación dos solos estableceuse un só tipo de perfil co que se comparan
os demais. Este perfil tipo presenta os seguintes horizontes:
O1 (A00): É o horizonte máis superficial con restos orgánicos pouco ou nada descompostos.
O2 (A0): Contén gran cantidade de restos vexetais descompostos (humus). A súa cor e escura, ás
veces negra.
E (eluvial): con pouca materia orgánica pois nel prodúcese o lavado ou lixiviación dos minerais
axilosos e dos óxidos de Fe e de Al. A súa cor é gris cinza.
B: É un horizonte de acumulación dos minerais arrastrados por lavado do horizonte anterior
4
(iluviación). A súa cor é variable, segundo o mineral dominante, pero soe ser encarnado. Nel tamén hai
fragmentos de rocha nai con alteración variable e acumulacións de distintos compoñentes, como xesos e
arxilas.
C: É un horizonte mineral con fragmentos da rocha nai e pouca ou nula actividade biolóxica.
R: Rocha nai sen alterar
K: Horizonte con gran acumulación de carbonato de calcio o de carbonato de calcio y magnesio
Y: Horizonte con elevado contido de xeso
A definición dos horizontes xenéticos é cualitativa e, por iso é difícil de empregar. Para evitalo o S.S.S.
do USDA introduciu o concepto de horizonte de diagnóstico, cun uso xeneralizado no mundo.
Un horizonte de diagnóstico é un horizonte definido coa maior precisión posible, con datos de campo
e de laboratorio. Os superiores son os epipediones e os do interior do solo os endopediones.
Epipediones
Móllico: horizonte con boa estructura, de cor escura debida á materia orgánica. Ten unha saturación
de bases alta (>50%). É típico dos solos de pradería de gramíneas.
Úmbrico: semellante ó anterior pero típico dos solos acedos, con menor saturación de bases (<50%).
Antrópico: tamén semellante ó anterior, pero as súas características son debidas á acción do ser
humano, engadindo esterco e outros fertilizantes ricos en fósforo que o diferencia do móllico.
Endopediones
Cámbico: é un horizonte de meteorización, equivalente a un Bw (a w fai referencia á meteorización).
Argílico: horizonte iluvial con acumulación de arxila, equivalente a un Bt.
Espódico: Horizonte de acumulación iluvial de materiais amorfos, materia orgánica, aluminio, con ou
sen ferro, e activos. Típico dos podzois ben desenvolvidos, equivalente a un Bh (rico en humus), Bs (con
sesquióxidos) ou Bhs (con ambos).

6.- Edafoxénese

O material orixinal dun solo pode transformarse por diversas causas que son acumulativas ó longo do
tempo. A edafoxénese é a formación do solo.
Dos factores que interveñen na edafoxénese os máis relevantes son a rocha nai e o clima.
Chámanse solos zonais aqueles nos que a influencia do clima é determinante e solos azonais aqueles nos
que predomina a influencia da rocha nai.
Outros factores que inflúen na formación dun solo son a topografía, os seres vivos, e o tempo.
O clima é o factor máis determinante na formación e evolución dun solo, de xeito que solos
semellantes son atopados en climas semellantes, aínda que as rochas nais sexan moi distintas. A alteración
da rocha (meteorización) é causada por procesos físicos, químicos e biolóxicos que dependen da temperatura
e da humidade. A presencia de ríos, de neve ou xeo e do vento, responsables lo movemento dos fragmentos
de rochas, tamén dependen dos mesmos factores climáticos.
Os productos resultantes dun mesmo material cambian moito segundo o clima: o granito, nun clima
temperado, descomponse en area que se atopa dentro dunha matriz arxilosa (evolución sialítica Si-Al),
mentres que nun clima cálido e húmido de rexións tropicais forma unha capa dura con costras de aluminio e
ferro, lateritas que aparecen ao romperse o enlace Si-Al e disolverse a sílice.

A rocha nai condiciona as propiedades químicas do material e estas teñen gran influencia na
evolución do solo. Os solos desenvolvidos sobre rochas básicas teñen minerais arxilosos con gran
capacidade de intercambio iónico, e, poden ser máis fértiles (as rochas básicas dan releves máis chas e os
seus solos son máis difíciles de arrastrar). Os solos desenvolvidos sobre rochas ácidas teñen outros minerais
máis fáciles de lavar e son máis pobres (as rochas ácidas dan lugar a releves máis abruptos e os seus solos
son máis fáciles de arrastrar).
A rocha nai tamén é responsable das propiedades físicas do solo, como a porosidade.

O tempo o imos tratar como factor de evolución dun solo, non da súa formación. De forma xeral, a
diferenciación de horizontes vai facéndose patente a medida que progresa a evolución do solo, co paso do
tempo.

Pódense sinalar diferentes fases da evolución dun solo:

Comeza cando unha rocha é descuberta pola erosión, ou ben é depositado un material sedimentario.
Comeza o cambio e fórmase un solo novo, inmaturo, con horizontes A e C. A evolución continúa ata dar lugar
ao solo maduro, en equilibrio coa vexetación e o clima e que mantén a unha vexetación clímax, fórmase un
horizonte B cun alto contido en materia orgánica. Cando a evolución chega ao final fórmanse solos vellos ou
5
senís, con pouca fertilidade polo lavado continuo dos horizontes, aparecen diferencias moi claras entre os
horizontes A e B, con pouca materia orgánica e arxila acumulada no horizonte B. Estes últimos son os solos
típicos das pluviselvas tropicais.

Os seres vivos do solo contribúen á mestura dos A A1


seus compoñentes, aportan dióxido de carbono e A
materia orgánica, abren galerías e ocos e, tamén,
enterran sementes e froitos que poden xerminar e A2
aumentar a diversidade de flora da área onde habitan.

C B
As miñocas constrúen grumos e gránulos no solo, B
agregados estables ó paso da auga, cando a materia C
orgánica e a arxila recorren o seu intestino, cubríndose
de gomas orgánicas estabilizadoras e de calcio que
segrega dunha glándula especial. O excremento de
miñoca é un agregado estable pero que permite aos C
pelos radicais das raíces obter aire e aproveitar os C
nutrientes. Segundo varias estimacións, unha poboación
activa de miñocas pode transformar anualmente ata 40
toneladas de solo por hectárea (un grosor duns 0,5cm). Tempo
Hai que favorecer técnicas de cultivo que favorezan esta
actividade.
Tamén son importantes os procesos que se dan na rizosfera, a área onde as raíces das plantas están en
contacto co solo. Nela hai unha gran variedade de relacións microbianas, asociadas ó fluxo de nutrientes
(recordade o ciclo do nitróxeno) e de enerxía entre o solo e a planta en crecemento.
Moitos microorganismos producen polímeros, sobre todo polisacáridos, que cementan as partículas
edáficas. O crecemento da raíz favorece e alimenta a estes seres, alimentándoos cos nutrientes que xera a
propia planta, contidos no mucílago que excreta a punta da raíz.

A mensaxe fundamental deste apartado é que o solo é un ente vivo e o seu manexo, como no caso
da fertilización e o abonado, no debe ser considerado só en térmenos de necesidades dos cultivos, senón das
necesidades do ecosistema do solo na súa totalidade, garantíndose unha relación equilibrada entre o solo
e os cultivos que, así, manteranse sans e perdurará o seu uso durante séculos.

7.- Rasgos xerais dos solos galegos

Na actualidade existen dous tipos de clasificación de solos: a da FAO e a da Soil Conservation Service do
USDA, chamada Soil Taxonomy.
Os solos galegos están determinados por un clima no que predomina a precipitación sobre a
evapotranspiración. Os solos non teñen falta de auga, salvo nun pequeno período en verán, pero as
continuas precipitacións lavan catións como o Ca e o K que, ademais de fertilizar o solo, axudan a que o pH
non baixe. A medida que o solo se lava, vaise facendo máis ácido. A temperatura, por outra banda, é suave
e permite a actividade microbiana do solo case todo o ano e tamén permite que haxa unha velocidade
moderada nas reaccións químicas dos minerais.
Os materiais de partida que darán lugar ó solo son, principalmente: Rochas ácidas, como o granito e o
xisto, que non son doadas de atravesar pola auga e dan lugar a solos pouco fondos e con moita area; rochas
non ácidas, como os gabros, as serpentinas e as anfibolitas,
pouco permeables tamén pero con minerais fáciles de alterar e
que dan lugar a solos máis profundos, con máis arxila e máis
fértiles; as rochas calizas son moi pouco abundantes en Galicia
e dan solos semellantes aos anteriores; materiais de depósito,
sedimentos de varios tipos, que ocupan os vales dos ríos ou
outras zonas, que teñen maior porosidade e facilitan o
desenvolvemento dos solos máis fondos e fértiles de Galicia.
A topografía é un factor decisivo na distribución dos tipos de
solos galegos, xa que dela dependen os movementos do solo
das ladeiras e a distribución de auga. Pódense identificar
catenas ou secuencias de solos de estes tipos: solos
esqueléticos nos cumios, algo máis profundos nas ladeiras, e

6
moito máis desenvolvidos nos vales, nos cales non soe haber falta de auga xa que esta escorre polas
ladeiras e acumúlase neles.

A vexetación xoga distintos papeis na formación do solo: por unha banda protexe o solo, como xa vemos;
por outra as raíces poden ir facendo solo onde non o hai ao ir medrando, como fan algúns piñeiros e ó
acidificar o seu contorno. As follas que caen no solo aportan alimento ós organismos que viven nel, se son
follas como as do castiñeiro ou bidueiro; pero poden ter problemas de mineralización, como no caso das follas
de piñeiros e eucaliptos. O papel, polo tanto, é complexo, e por iso as veces se fala de vexetación mellorante
(castiñeiro) e vexetación degradante (eucalipto).
A acción do home ten gran importancia desde o Neolítico, coa aparición da agricultura e a consecuente
deforestación. En moitos casos os seus efectos foron destructivos, en outros foron positivos como a
formación de bancais en áreas de pendente e o abonado natural con elementos sustraidos polas colleitas. En
xeral, diminuíu o contido de materia orgánica un 35%, elevouse o pH e redistribuíronse o P, N e K. Nos
últimos anos aumentou a erosión e apareceron solos do tipo Antrosol por actividades mineiras, recheos, etc.
Os solos formados sobre rochas graníticas son solos pouco evolucionados con abundantes
afloramentos rochosos, ricos en area e pobres en arxilas, Leptosoles e Regosoles, e solos con fases de
edafoxénese e de erosión. As limitacións que teñen, como a forte pedregosidade, forte pendente e a escasa
profundidade, os fai aproveitables só nos vales e, aínda así non son aptos para praderías en zonas de
carácter mediterráneo, xa que non reteñen ben a auga, salvo que teñan posibilidades de rego. A súa mellor
utilización é a forestal.
Os solos formados sobre rochas básicas e ultrabásicas son solos profundos, xa que as rochas son
fáciles de alterar, ricos en arxilas (caolinita, goethita) e poden ser francos ou arxilosos con cores amarelentas
ou roxizas, pero a súa estructura é masiva. Teñen forte fixación de fosfatos e unha capacidade de cambio moi
dependente do pH. Andosoles, Leptosoles, Regosoles e Cambisoles, son os máis característicos.
Os solos sobre lousas, filitas e xistos son similares aos derivados de granito, se as rochas son ricas en
seixo e moscovita (xistos de Lugo e Ourense), e similares aos derivados de rochas básicas, se son ricas en
biotita, anfíboles e plaxioclasas (xistos do grupo de Ordes).
Os solos sobre rochas areniscas e cuarcitas. Unha rocha dura, como a cuarcita, á penas forma solo ou
ben este e de textura grosa, pH ácido e escasa amortiguación, onde a materia orgánica se humifica con
dificultade; formándose un Leptosol ou un Regosol ao principio e un Podsol (solo considerado degradado e
infértil) ao final.
Os solos sobre sedimentos son moi variables, xa que estes tamén o son entre eles segundo a natureza,
o tamaño das partículas e a idade do sedimento. Os máis antigos atópanse nas concas sedimentarias de
Monforte, Maceda, Verín, A Limia e As Pontes, están formados por arxilas (caolinita) e incluso carbón (lignito)
e soen estar cubertos por outros máis modernos e grosos. Cando os antigos afloran na superficie, ó ter tanta
arxila son bastante impermeables e poden orixinar solos hidromorfos, chamados Gleisoles. Se estes
sedimentos antigos aparecen en zonas de borde (terrazas fluviais), a drenaxe é mellor e os solos que
aparecen non teñen tanto problema coa auga e chámanse Acrisoles ou Alisoles, solos con pouca capacidade
de cambio, profundos e ácidos.
Os depósitos recentes (Holoceno) teñen solos en fase inicial. Si o sedimento é areoso, o solo se clasifica
como Arenosol. Nos sedimentos fluviais aparecen desde solos más ou menos profundos e fértiles como os
Fluvisoles, calcáreos, tiónicos, ímbricos ou dístricos, ata os existentes en áreas de estuario e os sedimentos
sapropélicos. Nos depósitos de pendente atópanse solos de tipo Regosol e Cambisol dístrico ou húmico.
Finalmente, hai algúns enclaves en Galicia onde se acumularon restos orgánicos nun medio hidromorfo,
pobre en osíxeno e con baixas temperaturas: as turbeiras (Histosoles), con turba bastante descomposta, pH
ácido, boa capacidade de retención de auga e nutrientes e escaso peso, que foron obxecto de explotación
para horticultura e xardinería.

7
(Leptosol)

(Regosol)

8.- O uso do solo en Galicia

Os solos son e foron un recurso natural vital para o


desenvolvemento e crecemento da humanidade, mediante os
seus diferentes usos, sobre todo na agricultura e gandería. En
Galicia, o Neolítico co desenvolvemento da agricultura chegou
máis tarde que en oriente Medio e hai uns 8.000 anos aínda
predominaban as actividades recolledoras. Ata 3.000 anos máis
tarde non se detectou a deforestación que marca o predominio
do pastoreo e das labores agrícolas.
O pastoreo levaba consigo o emprego do lume co que se
queimaba o bosque para conseguir praderías. Este uso trouxo
consigo a erosión de moita superficie de solo á longo prazo. Do
bosque pasouse a un sistema degradado de carrasqueira.
A invasión romana trouxo os castiñeiros e as vides, estas
últimas cultivadas en socalcos feitos nas ladeiras das montañas (terrazas do Sil).
Os solos galegos dan un rendemento agrario moi baixo, debido ó abandono do uso do campo e por
factores propios dos solos como a forte pendente, escasa profundidade, condicións climáticas inadecuadas,
acidez, elevado contido de aluminio no complexo de cambio, baixa capacidade de cambio, escaseza de
8
bases, escaseza de elementos facilmente asimilables polas plantas e dificultades de labrada por excesiva
pendente, pedras ou afloramentos rochosos, excesiva humidade e pequena extensión das unidades de
cultivo...
Todo isto fai que los solos de Galicia teñan unha baixa fertilidade intrínseca e que só o aporte de
nutrientes e a corrección dos defectos máis significativos, xunto cunha política que evite a erosión e utilización
inadecuada, poderían levar a un incremento da producción e da conservación
Na actualidade, o uso do solo está orientado a formar cabana gandeira de vacún, ao cultivo da vide e ao
aproveitamento forestal. Este último produce especies capaces de adaptarse a solos degradados, como o
piñeiro e o eucalipto, en moita maior proporción da que sería desexable, esquecendo en moitos casos ás
especies autóctonas, con follas melloradoras da estructura do solo e pouco combustibles.
O solo tamén é o soporte de grandes estructuras viarias e de construccións urbanas e industriais. Estas
obras deben ter o coidado de non asentarse sobre solos expansivos nin sobre solos formados sobre rochas
salinas.
Outra función do solo importante na actualidade é a capacidade de filtro natural que posúe para solucións
contaminadas, sendo capaz de limpar ás augas que o atravesan, retendo gran número de substancias
estrañas e modificándoas cos microorganismos que habitan nel. Os solos galegos teñen unha capacidade de
retención destas substancias bastante elevada.
As sociedades modernas requiren doutros usos do solo, como recreo e conservación de espacios
naturais, fomentándose a visita ás áreas que aínda son atractivas e aumentándose, día a día, as ofertas de
turismo rural de zonas outrora despoboadas.

9.- O impacto no solo

A vexetación protexe e estabiliza ós solos, impedindo a súa erosión. Unha deforestación non sostible e un
cambio climático cara a condicións áridas, levarán á desaparición e empobrecemento da cobertura vexetal,
comezando a erosión e a desertización do solo.
A erosión implica a perda do solo, é o impacto máis grave. A desertización é a perda da capacidade de
retención de auga e nutrientes, é dicir, a perda da fertilidade. Algúns autores empregan o termo
desertificación para falar da desertización provocada por causas humanas.
A alteración que comeza cunha desertización pode rematar nunha erosión, pois a perda de fertilidade leva
á desaparición da vexetación, seguida do deterioro da súa estructura.
Outras alteracións do solo son a salinización, típicas de solos de regadío, que impiden o crecemento
vexetal. Se a rocha nai é salina (xeso, halita) libera as sales, a auga de regadío as solubiliza e, coa calor,
ascenden por capilaridade ata ocupar a superficie do solo. As veces forman costras moi duras e extensas,
como no caso do Mar de Aral (neste caso por desecación do Mar). En España atopamos salinización dos
solos na Cuenca do Ebro e na do Guadiana.

Os procesos erosivos constitúen o impacto peor no solo, xa que o desgastan. Son procesos lentos pero
máis rápidos que a formación do solo son procesos progresivos con efectos moi notorios en tempo
relativamente corto (sucos de erosión, aumento do solo baleiro de vexetación). Son procesos irreversibles,
xa que a formación do solo pode levar séculos ou milenios, mentres que a erosión leva décadas.
Aínda que en teoría os solos son un recurso renovable, á hora da verdade é moi difícil e leva moito tempo
a súa rexeneración, polo que, na práctica, considéranse un recurso non renovable dende o punto de
vista da productividade.
O desenvolvemento das actividades agrícolas, gandeiras e industriais modernas, xera efectos similares
ou máis drásticos, incluso, que aqueles que poda provocar o cambio climático:
A expansión da agricultura e gandería intensiva produciuse a costa das árbores (deforestación), aciñeiras
na zona mediterránea e carballos, faias e piñeiros na atlántica. O solo perdeu o aporte dos seres vivos que
formaban os bosques e do humus que se formaría a partir deles. A roturación facilitou a escorrentía e a
erosión progresiva de extensas áreas anteriormente cubertas por bosques e pastizais.
(A auga da chuvia, ó chegar á superficie do solo, divídese en auga de infiltración, favorecida pola
vexetación, penetrando no solo e recargandi os acuíferos, e en auga de escorrentía, que discorre pola
superficie arrastrando partículas e erosionando o solo)
A reforestación das últimas décadas non tivo a finalidade de recuperar os ecosistemas autóctonos, senón
o aproveitamento forestal. Así as cousas, piñeiros e eucaliptos cobren extensas áreas, mentres os carballos
loitan por facerse un oco entre árbores que viñeron de fóra.
O estudio da erosión abórdase con distintos enfoques, segundo o axente erosivo, a forma en que se
produce a erosión ou a súa intensidade. Os axentes erosivos son, principalmente, a auga e o vento pero,
tamén, a neve, o xeo, a fauna e as raíces, o home e a gravidade (posición topográfica). A forma ca que
actúan é por impacto ou por fluxo. A intensidade pode ser natural ou acelerada.
9
En España a erosión hídrica é a de maior transcendencia e a escala mundial a hídrica e a eólica son as
máis relevantes.

Porcentaxe de solo erosionado en España (Magister, 1992)


Evaluación da erosión Porcentaxe de superficie afectada
Inapreciable 16%
Moderada 45%
Grave 29%
Moi grave 10%

Dende uns anos emprégase a Ecuación Universal de Perda do Solo (USLE) para medir a erosión en
parcelas agrícolas, que foi modificada e revisada. Na actualidade séguese investigando nestes métodos de
cuantificación:

A=R x K x LS x C x P
R= Precipitación (relacionada coa enerxía cinética e coa erosividade da auga)
K= Fluxo de auga (relacionado cas características do solo, e dicir, coa súa erosionabilidade)
LS= Releve (ladeira ou val, pendente, lonxitude...)
C= Cuberta vexetal
P= Prácticas de conservación (como labareo a nivel, cultivo a nivel en faixas alternantes, terrazas e canles
con céspede)

O seu emprego está en continua discusión, xa que hai factores fáciles de calcular, como R e K, pero
outros son moi complicados.

Outro impacto no solo é a contaminación. Os solos galegos non se atopan moi contaminados, xa que
non hai moita industrialización, pero a súa capacidade depuradora ponse a proba nalgúns casos de
contaminación, sobre todo cando se analizan as concentracións de determinados elementos da rocha que
se solubilizan ao baixar o pH, ó acidificarse o solo.
Un destes exemplos é o do aluminio, elemento que pode ser moi tóxico en concentracións baixas. A
solubilidade do Al ten unha curva moi característica, en forma de U, con relación ao pH. A solubilidade
aumenta moito con valores de pH maiores de 9 ou menores de 5. Os solos de Galicia son ácidos e as
rochas ricas en aluminio e, sen embargo, as augas de escorrentía teñen niveis moi baixos del. Nos
solos galegos fórmanse complexos sólidos estables entre o Al e a materia orgánica do solo.
A chuvia ácida baixa o pH do solo, que se volve máis ácido e o aluminio solubilízase e pasa á auga, e
dela pode pasar a nós e aos nosos animais e plantas.
Outras contaminacións dos solos prodúcense en vertedoiros urbanos ou industriais e tamén en
áreas de recollida de refugallos mineiros.
Outros impactos reducen a actividade da fauna e dos microorganismos do solo, como a utilización
de técnicas de labrada pouco axeitadas; o emprego de lombricidas, herbicidas e funxicidas; de fertilizantes
como o sulfato amónico e outros fertilizantes químicos; non dotar ó solo de suficientes residuos orgánicos
(esterco) na superficie; non plantar trevos ou outras leguminosas e evitar que o pH sexa inferior a 5.0

10.- Medidas de conservación dos solos

Parte das medidas de conservación as evidenciades a partir de mencionar o contrario do tratado no


apartado anterior, pero hai que mencionar a importancia da boa xestión do uso do solo que ten que levar
un país e que debe partir das súas autoridades.
O solo é un recurso de todos que debe preservarse para as xeracións vindeiras nun ambiente san e
bioticamente activo. Para conseguilo é preciso coñecer as interaccións solo-cultivo e os efectos das prácticas
agrícolas no solo.
Un solo ben estructurado, cunha rede de poros continua, é vital para que drene ben, o aire se mova
con liberdade e as raíces podan desenvolverse ilimitadamente. Nun solo compactado as raíces non poden
moverse con liberdade e non se renovan e o aire e a auga permanecen estancados sen renovarse.
Polo tanto, para o crecemento vexetal óptimo son necesarias unhas condicións que permitan o
enraizado profundo e solos ben drenados e aireados.
Unha das premisas da agricultura ecolóxica ou biolóxica é a da conservación dos solos. Varias
das técnicas empregadas van encamiñadas ó seu logro: a rotación de cultivos, cambiando de lugar as
especies máis esixentes e plantando leguminosas (abono verde); o cultivo múltiple, que prevén contra as

10
pragas, evitando o uso de pesticidas; o emprego de abonos orgánicos, sobre todo esterco e abonos verdes; o
aforro de auga mediante rego por goteo e outros; a labrada superficial e incluso sen arar; o voltear o solo
estando seco, evitando así que se compacte, e o mantemento do solo cuberto por vexetación para evitar o
seu arrastre.

E, por último, indicarvos a existencia da Carta Europea sobre Conservación do Solo, con 12 puntos:
I- O solo é un dos máis prezados activos da humanidade. Permite ás plantas, ós animais e ó homo vivir na
superficie da terra
II- O solo é un recurso limitado, facilmente destruible
III- A sociedade industrial utiliza o solo para a agricultura, así como para a industria e outros fins. A política
de ordenación do territorio debe concibirse en función das propiedades do solo e das necesidades de
hoxe e de mañá
IV- Agricultores e silvicultores deben aplicar métodos que preserven a calidade do solo
V- O solo debe ser protexido contra a erosión
VI- O solo debe ser protexido contra a contaminación
VII- O desenvolvemento urbano debe ser planificado de maneira que se cause o menor dano posible ás
áreas limítrofes
VIII- Nos proxectos de enxeñería civil, deben ser avaliados os efectos sobre as terras limítrofes, de
maneira que se poidan ter en conta nos custos as medidas de protección adecuadas
IX- É indispensable un inventario dos recursos do solo
X- Requírense novas investigacións e colaboración interdisciplinar para asegurar o correcto uso e
conservación do solo
XI- A conservación debe ser ensinada en tódolos ámbitos e ser mantida en sumo grao na mente do
público
XII- Os gobernos e todas aquelas persoas con autoridade deben impulsar medidas específicas para
planificar e administrar os recursos do solo

Bibliografía
Lampkin, N. 1998. Agricultura ecológica. Ed.. Mundi-Prensa.
Grupo Xabre. 1997. Xeoloxía –COU. Ed.. Xerais.
Porta, J.; López-Acevedo, M. Y Roquero, C. 2003. Edafología para la agricultura y el medio ambiente. Ed..
Mundi-Prensa. (Premio Nacional del Libro Agrario)
Pérez Alberti, A. e outros. 1982. Xeografía de Galicia. Ed. Sálvora

11
A AGRICULTURA ECOLÓXICA OU BIOLÓXICA

É un tipo de agricultura que non require tantos medios e minimiza as perdas de auga e o uso de
praguicidas e fertilizantes inorgánicos.
As técnicas empregadas están destinadas a conservar o solo, manténdoo cuberto o máximo tempo
posible para evitar que sexa facilmente arrastrado; fertilízase con esterco, compós e outras formas
de materia orgánica. Utiliza métodos físicos e biolóxicos de control de pragas e conta cada vez con

12
máis granxeiros que acaban por ver os seus beneficios, xa que o solo non se esgota e non fai falta
cerrar a explotación e buscar outras terras onde continuar coa actividade agropecuaria.

Os sistemas agrícolas sostibles recomendan:


 Combinar o policultivo tradicional co monocultivo moderno.
 Plantar máis cultivos perennes.
 Reducir ó mínimo a erosión, a salinización e o asolagamento do solo.
 Reducir a destrucción de bosques e pasteiros para producir alimentos.
 Non sobrecargar os acuíferos, reducindo o ritmo de extracción de auga de maneira que
 dea tempo a que se recarguen.
 Reducir o desperdicio de auga nos regadíos, utilizando métodos como o rego por goteo.
 Aumentar o uso de fertilizantes orgánicos e de plantas leguminosas que abonan o solo
 fixando o nitróxeno do aire.
 Utilizar controis biolóxicos de pragas e Manexo Integrado de Pragas.
 Protexer as mellores terras de cultivo da degradación e da súa destrucción por urbanización
ou establecemento de obras públicas.
 Variar a política de prezos dos productos alimentarios de maneira que reflictan todos os
 custos, incluído o deterioro ambiental que produciu o seu cultivo.
 Reducir o dispendio dos alimentos, xa que actualmente un 27% se estraga nas tendas,
 restaurantes e fogares, mediante información sobre a súa conservación ou conxelación.
 Aumentar a investigación e a educación sobre os cultivos e a alimentación san.
 Informar a granxeiros e agricultores sobre os beneficios deste tipo de sistemas agrícolas, e
que poidan comprobalo nalgunha explotación en funcionamento.
 Crear titulacións especializadas en agricultura sostible.
 Reducir a pobreza para que se poidan conservar os recursos naturais de áreas con gran
 demanda de alimentos.
 Compatibilizar e integrar as políticas relacionadas coa agricultura, poboación, cidade e
 campo, enerxía, saúde, clima, educación, recursos naturais, usos dos recursos,
 contaminación e protección da biodiversidade.

AGRICULTURA BIODINÁMICA

É un tipo de agricultura que ten


como base a protección e
preservación das calidades dos
solos, para que sempre
permanezan vivos. (Baseada en las
teorías de Rudolf Steiner)
Inspirada no coñecemento de
visións distintas sobre como cultivar
en distintas partes do mundo,
considera as granxas como
organismos complexos, fai fincapé
na interrelación entre solos, plantas
e animais, e trata o conxunto como
un sistema en equilibrio, evitando na
medida do posible intervencións
externas.

O fertilizante provén da compostaxe, de restos de colleitas e de abonos verdes e evítase o uso de


fertilizantes, pesticidas e herbicidas industriais. Diferénciase doutros tipos de agricultura ecolóxica no
uso de preparados vexetais y minerais como aditivos para o compós e aerosois para o terreo, así
como no seguimento dun calendario de sementado baseado no movemento dos astros. Pódese
13
engadir esterco pero só de animais criados en
extensivo, xa que non teñen metais pesados en
cantidades tóxicas.
A boa saúde do solo controla as pragas e a saúde dos
cultivos. Esta saúde non pode ser medida só facendo
un análise dos nutrientes NPK, xa que non mide o
apelmazamiento do solo, a estrutura esponxosa que é
aportada por unha boa materia orgánica que mantén
vivos aos organismos do solo.
A materia orgánica ben compostada ten outras
funcións máis importantes que a de aportar nutrientes,
tales como a mellora da estabilidade da estructura del
solo, o desenvolvemento dunha porosidade adecuada
e, polo tanto, da capacidade de retención de auga e
aire e a activación dos seres vivos. Aumentando o nivel
orgánico do solo conséguese o aumento da capacidade
de intercambio catiónico, propiedade que mide a
fertilidade potencial natural do solo, e un estado de
maior neutralidade moito mellor para a vida,
aumentando a actividade biolóxica do solo: actividade
enzimática, actividade respiratoria, contido en
polisacáridos.
O compós ben feito leva, ao principio da compostaxe e
cada vez que se voltea a pila, uns preparados
biodinámicos, seis produtos feitos a base de plantas medicinais, pero non microorganismos, senón
crear as condicións para que estes aparezan . Ao solo aplícase o “preparado de boñiga (500)” e ás
plantas o “preparado de sílice (501).
https://marisolgarrido.wordpress.com/about/
https://www.youtube.com/watch?v=PGrTxTIjpO8
http://marisolgarrido.net/
https://player.fm/series/el-bosque-habitado/el-bosque-
habitado-cuidar-el-suelo-entender-el-vacio-con-marisol-
garrido-160918

https://www.agroecologia.net/recursos/publicaciones/publicaciones-online/2000/IV%20congreso
%20cordoba/ciencia-formacion/holistica.html
http://fci.uib.es/Servicios/libros/conferencias/seae/Estudio-de-la-
composicion-quimica-del-pasto-en.cid221874

Contidos XUGA:
Concepto de solo, perfil e horizontes do solo; fases do solo (sólida e
fluídos); compoñentes minerais e orgánicos (incluíndo os
organismos) do solo; textura e estrutura do solo (esta última orixe da
porosidade e permeabilidade). Factores e procesos de formación do
solo. Evolución do solo no tempo. (Non se inclúen os tipos de solos)

Esquema para practicar un debuxo sinxelo do perfil do solo

14

You might also like