AnuncioG0598 160321 0001 - GL

You might also like

You are on page 1of 2

DOG Núm.

56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16218

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2021 pola que se resolve a convocatoria


pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo
vacante nesta consellería.

Mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia


núm. 25, do 8 de febreiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun
posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego


público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regula-
mento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e
no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado
decreto,

RESOLVE:

Primeiro.  Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á persoa funcionaria


de carreira que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo.  O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14


do citado Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promo-
ción interna, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta
CVE-DOG: wrz0pqq4-w8g7-x669-snt2-cks69mc5vyy2

resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días hábiles con-
tados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de
sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudi-
cataria obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de
vinte días hábiles e computarase desde a data da publicación desta resolución no Diario
Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas


que, de ser o caso, lle fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de baixa tem-
poral ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16219

Terceiro.  A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a
daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro dos prazos sinala-
dos no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará
traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán
interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Cultura, Educación e
Universidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no
Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro,
do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impug-
nala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo
de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998,
do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade


P.D. (Orde do 5 de decembro de 2018; DOG núm. 243, do 21 de decembro)
Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Apelidos e nome: Do Campo Lorenzo, Mª Jesús.


Nº rexistro persoal: ****694713 A1135.
Corpo ou escala: xeral administrativo da Administración do Estado.
Subgrupo: C1.
CVE-DOG: wrz0pqq4-w8g7-x669-snt2-cks69mc5vyy2

Posto de traballo: secretario/a do/da director/a xeral.


Código: ED.701.00.000.15770.001.
Nivel: 18.
Centro directivo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Localidade: Santiago de Compostela.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like