You are on page 1of 24

UNIÓN INTERCOMARCAL DE

CCOO SANTIAGO-BARBANZA

GUÍA DE SERVIZOS 2021


Horarios de atención ao público

LUNS A XOVES VENRES


Mañás: 9.00 a 14.30 Mañás: 9.00 a 14.30
Tardes: 16.00 a 19.00

SANTIAGO
R/ Miguel Ferro Caaveiro, 8
15707-Santiago de Compostela

Teléfono: 981 551 800


Fax: 981 551 801
Asesoría Xurídica: 981 551 842

ucstgo@galicia.ccoo.es
asesoria.stgo@galicia.ccoo.es
SERVIZOS DO SINDICATO
A principal función do sindicato é dar protección aos afiliados e afiliadas. CCOO
considera que a atención na empresa é o máis importante pero non o único, por iso
tamén ofrecemos servizos e vantaxes á nosa afiliación.
A Unión Intercomarcal de CCOO de Santiago-Barbanza edita esta pequena guía
dos servizos que prestamos dende o sindicato.
Estamos organizados por sectores de actividade. En cada área ofrecemos infor-
mación xeral e transversal, común a varios sectores, pero tamén información e
servizos específicos de cada sector. Para manter a afiliación ao día, indicamos as
nosas web sectoriais, onde se pode acceder a información sobre convenios, espe-
cífica do sector e de cada rama de actividade:

FEDERACIÓN DE SERVIZOS. Sectores de comercio, hostalaría, turismo e ser-


vizos financeiros e administrativos
www.ccoo-servicios.es/galicia

FEDERACIÓN DE CONSTRUCIÓN E SERVIZOS. Sectores da construción,


madeira e afíns e sectores de limpeza, seguridade privada, funerarias, axuda
domiciliaria, salóns de peiteado
www.construccionyservicios.ccoo.es

FEDERACIÓN DE INDUSTRIA. Sector da industria e o metal, e sector téxtil,


química e afíns, alimentación, agraria
www.industria.ccoo.es/galicia

FEDERACIÓN DO ENSINO. Ensino privado, público, concertado, autoescolas,


academias
www.ccooensino.net

FEDERACIÓN DE SANIDADE E SECTORES SOCIOSANITARIOS. Servizos


sanitarios públicos, privados, sectores sociosanitarios
www.sanidad.ccoo.es/galicia

FEDERACIÓN DE SERVIZOS Á CIDADANÍA. Sector da Administración pública,


transporte, pesca, gráficas, comunicacións, prensa
www.fsc.ccoo.es/galicia

FEDERACIÓN DE PENSIONISTAS E XUBILADOS


www.pensionistas.ccoo.es
A seguir resumimos os principais servizos que ofrece o sindicato, como acceder á
información e como beneficiarse de cada un deles, para que, dende a túa casa,
poidas coñecelos en cada momento a través da web ou dirixíndote ás nosas sedes,
como che resulte máis sinxelo.

A Asesoría Xurídica é un servizo primordial do Sindicato Nacional de CCOO de


Galicia. CCOO defende os intereses e os dereitos dos traballadores e traballa-
doras na negociación colectiva e tamén, cando se dá o caso, a través das nosas
asesorías xurídicas. Tramitamos expedientes de xubilación, invalidez, enfermi-
dade, demandas por despedimentos, reclamación de salarios, recursos de san-
cións, reclamación de vacacións, expedientes de regulación, reclamación de
dereitos laborais e sociais, asesoramento e demandas por conflitos colectivos e
individuais, negociación de convenios colectivos, asesoramento en políticas de
igualdade e saúde laboral. Podes pedir información das tarifas e cita previa
chamándonos por teléfono.

A Secretaría de Saúde Laboral, a través dos Gabinetes de Saúde Laboral,


ofrece aos delegados e delegadas de prevención o soporte técnico necesario
para a mellora das condicións de traballo, a protección ambiental e a promoción
da saúde dos traballadores e traballadoras. O noso obxectivo é fomentar a parti-
cipación dos delegados e delegadas en materias preventivas mediante o aseso-
ramento directo e a asistencia tanto á representación dos traballadores/as como
aos propios traballadores e traballadoras, especialmente nas pequenas e medianas
empresas.
O Gabinete de Igualdade ponse a disposición de toda a afiliación a través do
seu servizo de asesoramento sobre medidas de corresponsabilidade e conci-
liación, problemas das traballadoras vítimas de violencia de xénero, etc. Trátase
dun instrumento para potenciar a igualdade entre mulleres e homes nas actua-
cións sindicais e na negociación colectiva, coa posta en marcha dun sistema
efectivo de inclusión da transversalidade de xénero e coa loita contra a fenda
salarial no mercado laboral.

Confederación Sindical CCOO: www.ccoo.es. Nesta web podes ver a infor-


mación do día a día da Confederación Sindical, con acceso aos datos sobre os
actos e convocatorias diarias nas distintas áreas de actuación así como docu-
mentos e información de servizos xerais do sindicato no ámbito estatal, campa-
ñas, documentos, manuais, convocatorias, etc.

Sindicato Nacional CCOO Galicia: www.ccoo.gal. Web do día a día do sindi-


cato en Galicia, con acceso á información dos actos e convocatorias nas distintas
comarcas así como documentos e información de servizos xerais do sindicato no
ámbito autonómico e comarcal, e á publicación Galicia Sindical, que tamén se
envía por correo electrónico á afiliación. Nesta web atoparás tamén un espazo
dedicado ás comarcas, onde poderás consultar información e as actividades
realizadas na nosa bisbarra, nas que te invitamos a participar e colaborar.

Emprego autónomo, servizo en liña de CCOO para o asesoramento a autó-


nomos: www.ccooautonomos.es

Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde (ISTAS)

É unha fundación autónoma de carácter técnico-sindical promovida por


CCOO co obxectivo xeral de impulsar actividades de progreso social para
a mellora das condicións de traballo, a protección do medio ambiente e a
promoción da saúde dos traballadores e traballadoras no Estado español.
www.istas.net

Fundación 1.º de Mayo

Esta fundación desenvolve proxectos de investigación, estudos e semi-


narios, tanto por conta propia como en colaboración con outras institucións
de ámbito español ou europeo.
http://www.1mayo.ccoo.es.

Fundación 10 de Marzo

En Galicia, o arquivo histórico está organizado e custodiado por esta fun-


dación. Encárgase de divulgar o patrimonio histórico documental do sindi-
cato; para iso utiliza métodos e tecnoloxías comúns no campo da arqui-
vística, organiza actividades como exposicións, congresos, etc.
http://www.f10m.org.
Máis información en: http://www.archivoshistoricos.ccoo.es
CALENDARIO LABORAL 2021
1. AMES 17. ORDES 33. TORDOIA
13 de maio Día da Ascensión 16 de febreiro Martes de Entroido 25 de febreiro Martes de Entroido
24 de xuño San Xoán 16 de agosto Festa local de Ordes 15 de maio San Isidro Labrador

2. ARZÚA 18. OROSO 34. TOURO


16 de xullo Virxe do Carme 16 de febreiro Martes de Entroido 25 de febreiro Martes de Entroido
16 de agosto Festa local de Arzúa 16 de setembro Santa Eufemia 13 de abril Luns de Pascua

3. BAÑA (A) 19. OUTES 35. TRAZO


22 de xaneiro San Vicente 17 de febreiro Mércores de Cinza 24 de xuño San Xoán
9 de setembro Virxe das Dores 29 de setembro Festividade de San Campio 21 de setembro Festa de San Mateo

4. BOIMORTO 20. PADRON 36. VAL DO DUBRA


16 de febreiro Martes de Entroido 5 de abril Luns de Pascua 16 de febreiro Martes de Entroido
6 de setembro Festas do Rosario 6 de maio Festa de San Xoán do Raio 6 de agosto Festa do Emigrante

5. BOIRO 21. PINO (O) 37. VEDRA


16 de xullo Virxe do Carme 29 de xuño San Pedro 20 de setembro Festa do Patio
31 de agosto San Ramón 22 de xullo Festa da Madalena 10 de decembro Santa Baia

6. BOQUEIXÓN 22. POBRA DO CARAMIÑAL 38. VILASANTAR


16 de febreiro Martes de Entroido 16 de agosto Luns Carme dos Pincheiros 16 de febreiro Martes de Entroido
13 de maio Festas da Ascensión 20 de setembro Luns do Nazareno 26 de xullo Festa local de Vilasantar

7. BRIÓN 23. PORTO DO SON


13 de maio Festas da Ascensión 15 de febreiro Festa local de Porto
27 de setembro Santa Minia 9 de setembro Nosa Señora de Loreto

8. DODRO 24. RIANXO


5 de abril Luns de Pascua 16 de xullo Virxe do Carme
13 de setembro Festas de Laíño 17 de setembro Venres de Guadalupe

9. FRADES 25. RIBEIRA


16 de febreiro Martes de Entroido 16 de febreiro Martes de Entroido
29 de setembro San Miguel 16 de xullo Virxe do Carme

10. LOUSAME 26. ROIS


24 de xuño San Xoán 5 de abril Luns de Pascua
10 de agosto San Lourenzo 15 de maio San Isidro Labrador

11. MAZARICOS 27. SANTA COMBA


16 de febreiro Martes de Entroido 29 de xuño San Pedro
24 de xuño San Xoán 30 de xullo San Antonio

12. MELIDE 28. SANTIAGO DE COMPOSTELA


29 de xuño San Pedro 13 de maio Festas da Ascensión
16 de xullo Virxe do Carme 16 de agosto San Roque
FESTIVOS LOCAIS
13. MESÍA 29. SANTISO
16 de febreiro Martes de Entroido 24 de xuño San Xoán 2021
6 de agosto As Misas 14 de setembro Santa Cruz

14. MUROS 30. SOBRADO


29 de xuño San Pedro 16 de febreiro Martes de Entroido
16 de xullo Virxe do Carme 29 de xuño San Pedro

15. NEGREIRA 31. TEO


9 de xullo San Cristovo 13 de maio Festas da Ascensión
20 de setembro Santa Margarita 11 de novembro Festa do San Martiño

16. NOIA 32. TOQUES


16 de xullo Virxe do Carme 16 de febreiro Martes de Entroido
24 de agosto Festa de San Bartolomeu 3 de setembro San Antolín
Afíliate a CCOO
 Para que a dirección da túa empresa e as organizacións empresariais non
impoñan os seus intereses e decisións.

 Para que as Administracións públicas teñan en conta as nosas demandas.


Porque xuntos, si podemos.

 CCOO debe a súa independencia e a súa forza aos afiliados e afiliadas. O


voso apoio garante a nosa representatividade e a nosa capacidade de
reivindicación e proposta.

 CCOO é imprescindible nas empresas para axudarche a resolver os teus


problemas e para que se cumpran os convenios colectivos e o dereito
laboral.

 CCOO é necesario para conseguir mellores condicións de traballo, mello-


res salarios, novos dereitos, a través da negociación dos convenios colec-
tivos, da relación permanente cos empresarios e do diálogo coas Adminis-
tracións central e autonómica.

 A forza de CCOO é unha garantía para que se manteña e mellore o sistema


de protección social: as pensións, a protección por desemprego, a pro-
tección ás persoas con dependencias.

 CCOO conta cos mellores servizos de asesoramento sindical, xurídico e


técnico que pon ao teu dispor como afiliado e afiliada.

 CCOO proporciónache información sobre a situación económica e laboral,


e das posibles alternativas sindicais.

 CCOO axúdache para que teñas acceso á formación profesional, decisiva


para encontrar ou mellorar o emprego.

 Como afiliado ou afiliada, CCOO pon ao teu dispor diversos servizos en


ámbitos como a vivenda, os seguros, os fondos de pensións, tempo libre.

 A cota sindical é deducible na declaración da renda. Ademais, coa cota tes


dereito a un seguro de vida en caso de accidente.

 CCOO é o primeiro sindicato en afiliación, representatividade e presenza


nas empresas.
Valores das cotas de afiliación para o ano 2021

Cota súper reducida 4 € (revisable anualmente)


Aplicable a persoas que non perciben ingresos, retribucións nin prestacións,
ou que as perciben en contías brutas iguais ou inferiores a 7000 € ao ano.
Aplicable tamén a menores de 30 anos, na procura do primeiro emprego, e a
mozos e mozas que leven máis de seis meses na situación de simpatizantes

Cota especial 7,65 €


Aplicable a persoas con retribucións, ingresos ou prestacións brutas entre
7001 € e 14 000 € ao ano

Cota xeral reducida 12,60 €


Aplicable a persoas con retribucións ou prestacións brutas entre 14 001 € e
24 000 € ao ano

Cota xeral ordinaria 14,00 €


Aplicable a persoas con retribucións brutas superiores a 24 001 € ao ano

Cota xeral pensionistas e xubilados 10,35 €


Aplicable a persoas con ingresos superiores a 14 001 € ao ano

Cota militante 17,40 €


Cota voluntaria

Recorda que podes desgravar a cota sindical


na túa declaración anual da renda
COMO PODES TRAMITAR A TÚA AFILIACIÓN?

Estas son as tres vía que tes para afiliarte:

1. De forma presencial

Tes que cubrir un formulario coa túa información persoal e laboral mais os teus
datos bancarios e devolvelo cuberto en calquera dos locais de CCOO ou a través
de calquera das nosas delegadas e delegados sindicais da túa empresa.

2. A través da páxina web do sindicato

En calquera das seguintes ligazóns:

http://www.ccoo.gal/

http://www.ccoo.gal/santiagobarbanza

Preme a icona “Afíliate”, volve premer en “Afíliate” e accedes á información sobre


protección de datos. Preme “Aceptar” e accederás a un formulario que deberás
cubrir coa túa información persoal, laboral, os teus datos bancarios e enviar.

3. A través do teléfono

Agora é máis rápido e doado: premo na seguinte ligazón:

https://www.ccoo.es/sol_afi_web_breve_/index.php

Cobre os datos solicitados e chamámoste por teléfono para completar a


afiliación.
Servizos de CCOO. Descontos para afiliados e afiliadas

ACADEMIAS
Ofrece aos afiliados e afiliadas de
CCOO que queiran preparar as opo-
sicións ofertadas pola Xunta de Gali-
cia descontos entre o 20 % e o 25 %
nas clases presenciais sobre o prezo
de cada unha das mensualidades, un
25 % no prezo do curso en liña, un 50 % na matrícula (todas as persoas que xa foron
alumnas en calquera das convocatorias anteriores estarán exentas de pagala, pero
deberán realizar a reserva da praza aboando o 50 % da primeira mensualidade).

Rúa de San Lázaro, 83. Santiago. Teléfono 981 884 924


Web: www.centroestudio.es

Ofrece aos afiliados e afiliadas de CCOO que queiran


preparar as probas e procesos selectivos para acceso
ao emprego público das distintas Administracións públi-
cas (estatal, autonómica e local) descontos do 25 % na
matrícula e o 10 % no importe do material que corres-
ponda ao grupo de preparación; ademais, cando se
matricule un número igual ou superior a cinco persoas
afiliadas en grupos de preparación dunha mesma opo-
sición en cada centro de formación de Academia Postal, aplicaráselle un desconto do 10 %
no importe da mensualidade establecida para cada grupo de preparación.

Rúa da República Arxentina, 39. Santiago. Teléfono 981 598 590


Web: www.academiapostal.es

(CEFIASA) ofrece un desconto do 25 % sobre as clases


presenciais, a distancia e en liña, tanto en oposicións
como en cursos profesionais, e un 20 % sobre o material
editado pola academia.

Rúa do Escultor Camilo Otero, 17. Santiago.


Teléfono: 981 940 494.
Web: www.adams,es
FISIOTERAPEUTAS
Ofrece unha valoración inicial de balde para todos os
afiliados e afiliadas e para os seus familiares de pri-
meiro grao; descontos especiais de ata o 40 % en
sesións de fisioterapia para afiliados e afiliadas e
familiares de primeiro grao; descontos de ata o 40 %
nos tratamentos de rehabilitación de longa duración.
Este centro presta unha atención personalizada e
está especializado en combater doenzas crónicas, como poden ser fibromialxia, artrose,
artrite, ansiedade e cadros de estrés, insomnio, asesoramento nutricional, pilates, etc.

Rúa de Melide 1, Salgueiriños. Santiago


Teléfonos: 981 552 255/689 767 436.
Web: https://recuperacion-funcional.com

PSICOTÉCNICOS
Ofrece descontos para afiliados e afiliadas a CCOO nos
seus servizos. Este psicotécnico está especializado na
realización de certificados médicos estándar e nos recoñe-
cementos necesarios para os certificados de obtención e
renovación dos distintos tipos de licenzas e permisos de
condución, de operador de guindastre, de embarcacións de recreo, armas, seguridade privada,
mergullo e tenza de cans potencialmente perigosos.

Rúa do Hórreo, 30, 2.º, Santiago. Rúa Porta Fondo de Vila, 2, 2.º, Padrón
Teléfono: 981 583 967 Teléfono: 981 811 179
Web: https://psicotecnicohorreo.es
ÓPTICAS
Descontos a afiliados e afiliadas. Para acceder ás vantaxes
e condicións especiais, tanto para a afiliación como para a
familia, é necesario presentar a tarxeta de cliente, coa que
se beneficiará dun 20 % de desconto en todos os produtos,
agás ofertas.

Rúa de Paz, 2, baixo, Pobra do Caramiñal


Teléfono: 981 831 594 ou
Servizo de Atención ao Cliente: 902 180 901
Web: www.opticacaramiñal.es

Ofrece un 15 % de desconto en todos os produtos: lentes


graduadas, de sol, lentes de contacto, audiófonos, laringó-
fonos, etc. Seguro gratuíto en lentes graduadas, lentes de
contacto, audiófonos e laringófonos, polo prazo dun ano en
todo o país. Revisión visual e auditiva gratuíta. Tarxeta de
pago fraccionado de Multiópticas, gratuíta. Tarxeta Travel
club, gratuíta. Non se inclúen os artigos en promoción. Todos
estes descontos e condicións especiais son extensibles aos
familiares directos (pais, esposo/a e fillos) e teñen validez en
todas as Multiópticas de Galicia e de toda España.

Rúa do Xeneral Pardiñas, 26, Santiago Rosalía de Castro, 5, Ribeira


Teléfono: 981 597 027 Teléfono: 981 835 209
Web: www.multiopticas.com

Un 20 % ao mercar lentes de marca con cristais gradua-


dos. Descontos de ata o 40 % en lentes de sol de todas as
marcas, cristais graduados gratis para nenos e nenas de
ata 12 anos ao comprar a montura e cambio dos cristais
ao 50 % por raiado, rotura ou cambio de graduación en sucesivas compras. (Cristais suxeitos
a fabricación en material orgánico índice 1.501.con endurecido). Pódense beneficiar destes
descontos todas as persoas afiliadas a CCOO activas e ao corrente no momento da tran-
sacción e os seus familiares de primeiro grao.

Rúa do Xeneral Pardiñas, 11 baixo - Santiago CC. As Cancelas, local 0-22


Teléfono: 981 571 602 Teléfono: 981 940 771
Web: www.opticalia.es
CLÍNICAS DENTAIS
Ofrece aos afiliados e afiliadas de CCOO descontos de entre o
10 % e o 15 % en odontoloxía preventiva e endodoncia, estética
dental, periodoncia, implantación oral, cirurxía bucal, próteses,
medicina nutricionista, etc.

Rúa República do Salvador, 34, 5.º B, Santiago


Teléfono: 981 590 656
Web: https://piasclinicadental.com/

LIBRERÍAS
Ofrece aos afiliados e afiliadas de CCOO un desconto do 5 % en
todas as compras.

Rúa do Xeneral Pardiñas, 30. Santiago


Teléfono: 981 594 410
Web: https://www.casadellibro.com

TALLERES
Lavolimp Autoservizos de Limpeza do Automóbil.
Desconto dun 10 % sobre o importe da factura antes do
IVE en todos os servizos, logo de acreditar a condición
de afiliado/afiliada.

Rúa Mariño de Rivera 12, baixo, Ribeira


Teléfonos: 686 850 852 / 677 733 421
Descontos dun 10 % sobre o importe da factura
antes do IVE en todos os servizos, acreditando a
condición de afiliado/afiliada.

Paseo das Carolinas, 12, Ribeira


Teléfono: 881 862 886

GASOLINEIRAS
Esta nova gasolineira de autoservizo ofrece un
desconto medio xeral de ata 0,06 € en litro con
respecto á media dos subministradores localizados
na zona de influencia. Ademais, grazas ao acordo
de colaboración con CCOO, entregarase a cada
afiliado/a que o solicite expresamente unha tarxeta
nominativa que facilitará un desconto adicional
respecto do prezo que figure anunciado no día, de
0,02 € en gasóleo de automoción (Goa) e 0,01 € en
gasolina sen chumbo de 95 octanos (Gna 95), no
expendedor da unidade de subministración de SBC
GASOLINEIRAS.

Para solicitar a tarxeta, as persoas afiliadas terán que cubrir un impreso que lles
facilitaremos no sindicato e entregalo na UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO
SANTIAGO-BARBANZA, para tramitar a tarxeta personalizada e beneficiarse do desconto
especial para a afiliación.

Avenida do Cruceiro, 228, Santiago


Polígono de Xarás, Ribeira
Tarxetas Galp beneficia as persoas afiliadas
cun desconto de 6 céntimos/litro en cada
recarga que se efectúe en calquera das
gasolineiras Galp. Para solicitar a tarxeta ou
renovala, terá que ser a través da seguinte
ligazón: https://ccoo.ahorraengalp.com/
Consulta a listaxe de estacións adheridas a esta promoción en https://galp.com/es

O C IO

Poderás beneficiarte, como titular e ata tres acom-


pañantes, dun desconto de 10 € na compra dunha
entrada de adulto, júnior ou sénior de 1 día para
PortAventura Park. Para validar a promoción é
imprescindible presentar persoalmente o teu certi-
ficado de afiliación ou o último recibo de CCOO nos
despachos de billetes do parque. Válido unha soa
vez por día. Non válido para outros parques ou
instalacións de PortAventura World.

A través do portal de Internet Diverclick, posibilítase a


adquisición de entradas con importantes descontos e ofertas
para todo tipo de espectáculos, cinemas, teatros, musicais,
etc. Ofertas exclusivas para as persoas afiliadas a CCOO
ALUGAMENTO DE VEHÍCULOS

Para todas as persoas afiliadas existe unha


tarifa pechada, cuns prezos que se aplica-
rán todos os días do ano, e que supoñen
entre un 20 % e un 25 % de desconto no
alugamento de vehículos na península, e entre un 10 % e un 15 % para Canarias e
Baleares. A tarifa incluirá quilometraxe ilimitada e seguro persoal de accidentes, entre outros.
As tarifas teñen sempre o carácter de
mellor tarifa dispoñible en cada momento
e son válidas para todos os días do ano,
pero sempre que fagamos unha reserva
debemos informarnos sobre se nese
momento hai unha promoción, oferta, etc. da que nos puidésemos beneficiar. Para as
persoas afiliadas a tarifa que sexa aplicada incluirá 400 quilómetros/día, sen cargos de
recollida e/ou entrega en aeroportos, portos e estacións Renfe, incluídas a terminais AVE.

Para todas as persoas afiliadas existe unha tarifa pechada,


cuns prezos que se aplicarán todos os días do ano. O acordo
é extensivo ata o segundo grao de consanguinidade e/ou
afinidade da persoa afiliada a CCOO. As reservas pódense
facer a través do teléfono 932 934 897, en calquera oficina AVIS ou ben a través da web
www.avis.es.

ORDENADORES E INFORMÁTICA

Desconto do 50 % ao darte de alta como socio/a no


Club Fnac. Todas as persoas afiliadas que queiran
darse de alta e beneficiarse desta oferta deberán
acreditar a súa condición de afiliadas presentando en
calquera dos seus establecementos o certificado de
afiliación (que o podes obter a través do acceso á Zona
da Afiliación da nosa web) ou ben o recibo de paga-
mento da última cota sindical.
HOTEIS

A cadea de hoteis ofrece ás persoas afiliadas a CCOO


un desconto de ata o 10 % na contratación das súas
estancias vacacionais. Puxéronse en marcha protocó-
los fronte á COVID-19. Consulta a listaxe cos hoteis
abertos na páxina da cadea. www.barcelo.com

Descontos entre o 8 % e o 15 % para persoas afiliadas.


www.nh-hoteles.es

Descontos do 10 % nos hoteis e un 10 % nos restaurantes


EBOC para a nosa afiliación. www.cataloniahotels.com

Desconto do 15 % aplicado ás persoas afiliadas.


www.paradores.es

PARA MÁIS INFORMACIÓN, SERVICIOS.CCOO.ES

As empresas resérvanse o dereito a modificar as condicións dos servizos ofrecidos. Nese caso, o
sindicato comprométese a informar por correo electrónico.
INFORMACIÓN XERAL DE INTERESE

GRAOS DE CONSANGUINIDADE/AFINIDADE
PRIMEIRO GRAO: pai, nai e fillos/as, sogros/as, nora, xenro
SEGUNDO GRAO: avó, avoa, irmáns, irmás e netos/as; cuñados/as
TERCEIRO GRAO: bisavós/as, tíos/as, sobriños/as, bisnetos/as
CUARTO GRAO: curmáns, curmás

 Solicitude de informe de vida laboral:


https://sede.segsocial.gob.es/Sede_1/ServiciosenLinea/Ciudadanos/231440

 Outros trámites e formularios do Ministerio de Emprego:


http://www.empleo.gob.es/es/informacion/index.htm

 Servizo Público de Emprego Galego, trámites oficinas emprego, xestións,


funcionamento e trámites coa oficina de emprego:
http://emprego.xunta.es/cmspro/contido?set_language=gl&cl=gl#

 Formación e cualificación, Consellería Traballo, información de formación,


certificados de profesionalidade:
http://traballo.xunta.es/portada-formacion- e-cualificacions

 Instituto das Cualificacións:


http://traballo.xunta.es/portada-cualificacions

 Concello de Santiago, Axencia Local de Emprego, información local de


formación e ofertas de emprego:
http://axencialocaldecolocacion.org/
Local sindical CCOO Santiago de Compostela
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro, 8
15707 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981 551 800
Fax: 981 551 801

Local sindical CCOO de Ribeira


Rúa Correos, n.º 5 baixo, Ribeira
Teléfono: 981 872 413
Fax: 981 871 081

ucstgo@galicia.ccoo.es
www.ccoo.gal/santiagobarbanza

You might also like