You are on page 1of 2

1

Exercicios de repaso con solucións. Parte I do programa, E. Descritiva. Temas 1 a 7.

1. Por favor, pensa en asignar números ás persoas en función do que lles corresponde
nas seguintes características. Logo intenta concretar o nivel de medida segundo a
clasificación de Stevens (nominal, ordinal, de intervalo, de razón):
- diagnóstico clínico da enfermidade (por exemplo: trastorno obsesivo compulsivo, fobia),
- nivel de intelixencia medido cun test,
- nacionalidade,
- nivel CELGA do galego,
- número de usuarios dun servizo municipal,
- tempo dedicado ao estudo durante a semana.

2. Para cada unha das variables que se nomean a continuación, indica se son
cuantitativas discretas ou cuantitativas continuas:
- partido político ao que se vota,
- nivel de estudos,
- tempo de reacción ante un estímulo luminoso na estrada,
- número de seguidores nunha rede social,
- distancia recorrida polos traballadores para chegar á empresa cada mañá.

3. Estes son os datos de tempo de antigüidade (en anos) nunha empresa dun grupo
formado por 15 empregadas/os: 1, 1, 2, 2, 3, 4, 4, 4, 5, 6, 7, 7, 8, 9, 12.
Practica con esta variable o cálculo dos principais índices que vimos para a súa
descrición. É dicir, obtén os valores de media, mediana, varianza e desviación típica,
Por favor, interpreta tamén os seus resultados de asimetría e curtose, sabendo que As =
0.61 e Cr = –0.32. Por último, cal é a puntuación típica (Z) que corresponde a unha
persoa que leva oito anos na empresa?

4. É de interese analizar a relación lineal que poida existir entre a puntuación dun
grupo de aspirantes nun exame de acceso a un curso e a súa nota posterior. Tomarase
como un criterio de validez do exame de acceso para seleccionar aquelas persoas que
máis se poidan beneficiar do curso.
Calcula o coeficiente de correlación de Pearson, constrúe a ecuación de regresión para
estas dúas variables e informa do valor do coeficiente de determinación (proporción de
varianza explicada).

Participantes Exame de acceso (X) Nota final no curso (Y)


1 5 7
2 7 9
3 4 3
4 8 7
5 3 4
6 3 6
2

SOLUCIÓNS:

1. - diagnóstico clínico da enfermidade (nominal),


- nivel de intelixencia medido cun test (de intervalo) 1,
- nacionalidade (nominal),
- nivel CELGA do galego (ordinal),
- número de usuarios dun servizo municipal (de razón),
- tempo dedicado ao estudo durante a semana (de razón).

2. - partido político ao que se vota (nominal; lembrade que non é cuantitativa),


- nivel de estudos (ordinal; non é cuantitativa),
- tempo de reacción ante un estímulo luminoso na estrada (cuantitativa continua),
- número de seguidores nunha rede social (cuantitativa discreta),
- distancia recorrida polos traballadores... (cuantitativa continua).

3. Media: X = 5 ; Mediana: Mdn = 4; Varianza: S x2 = 9.33 ; Desviación típica: Sx = 3.05;


Asimetría: As = 0.61 (asimetría positiva, maior frecuencia nos valores por debaixo da media);
Curtose: Cr = –0.32 (só certo grao de apuntamento negativo; é dicir, é case mesocúrtica, con
unha tendencia cara a unha distribución platicúrtica); Puntuación típica para Xi = 8: Zi = 0.98
(case unha desviación típica por enriba da media; en puntuacións T sería 59.8).

4. Valores útiles para o cálculo:


n=6 ∑ X·Y = 196 ∑ X = 30 ∑ Y = 36 ∑X 2
= 172
∑Y 2
= 240

∑ (X − X ) = ∑ x 2 = 22 ∑ (Y − Y ) = ∑ y 2 = 24
2 2

Coeficiente de correlación: rxy = .70 (ou valores aproximados)

Ecuación de regresión: Y’ = 2.35 + 0.73 X

Coeficiente de determinación: rxy2 = .49

O erro medio ao predicir-estimar con esta ecuación será de Sy.x = 1.44 (ver tamén o exercicio
específico de repaso sobre correlación e regresión).

1
As puntuacións obtidas coa maioría dos tests trátanse coma se fosen variables cuantitativas, medidas polo
menos a nivel de intervalo. Aínda que algúns autores consideran que o nivel correcto segundo a clasificación de
Stevens sería tan só ordinal.

You might also like