You are on page 1of 3

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago

Inventario 3

Clasificación Genérica Acibechería; Artes plásticas; Obxectos rituais e cerimoniais comúns;


Obxectos devocionais; Cristianismo: obxectos rituais e cerimoniais

Objeto/Documento Portapaz

Autor/a Anónimo

Materia/Soporte Prata Dourado


Acibeche

Técnica Gravado
Labra

Dimensiones Alto máx = 15,60 cm; Profundidade = 5,50 cm; Ancho máx = 9 cm

Descripción Portapaz constituído por unha placa de acibeche coa representación


da Virxe do Pilar flanqueada por dous anxos axeonllados portadores
de cirios. A Virxe coroada suxeita o Neno co brazo esquerdo e coa
man dereita estendida sinala cara a abaixo. A placa de acibeche vai
embutida nunha caixa de prata sobredourada que presenta polo
anverso dúas bandas decoradas con punteado a xeito de piares
rematados por senllos pináculos. O borde superior remátase en
forma de piñón con crestería que se coroa cunha cruz latina. Todo o
bordo interno da placa de prata decórase con ondas que funcionan
como pestanas para a suxeición do elemento de acibeche. Polo
reverso dispón dunha asa en forma de «S» para poder ser ofrecida
aos fieis.

Iconografia Virxe do Pilar

Datación 1501=1525 (Comezos s. XVI)

Contexto Cultural/Estilo Gótico

Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))


[Posiblemente Santiago de Compostela]

Uso/función Litúrxico

Descriptores Geográficos Santiago de Compostela

Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: -El Mundo de las Creencias. Museo de Teruel. 24
de novembro de 1999 ó 15 de marzo de 2000. Organizada polo
Museo Nacional de Antropoloxía de Madrid e o Museo Teruel.

Clasificación Razonada A elaboración de pezas nas que se combina un metal con acibeche é
bastante frecuente entre as producións dos acibecheiros
composteláns. En moitos casos era a maneira de facer funcional
algún obxecto, como é este o caso, ao dotalo dunha estrutura
portante que posibilitase a súa fixación e permitise que cumprise coa
función atribuída. A realización de portapaces acada un incremento
entre os séculos XVI e XVII para desaparecer practicamente a finais
do XIX ou principios do XX pola perda da tradición de dar a paz en
público durante a celebración da misa e por cuestións de tipo
hixiénico. O tipo máis estendido ofrece unha forma de pequeno
retabliño cunha representación iconográfica piadosa, como é o caso
da peza que nos ocupa. Na maioría das igrexas existían por parella,
un para as mulleres e outro para os homes, e ofrecíase, no momento
de dar a paz na celebración da misa, para que os fieis das primeiras
filas, e de maneira simbólica, o bicasen en representación de todos
os asistentes. Era frecuente que as mulleres bicasen portapaces con
representacións de personaxes femininos e o contrario para os
homes. Os portapaces de acibeche usábanse preferentemente
durante as celebracións de Semana Santa ou en período de
entredito, aínda que non exclusivamente.

Bibliografía MONTE CARREÑO, Valentín. El azabache: piedra mágica, joya,


emblema jacobeo. Gijón (c): Picu Urriellu, 2004. p. 142.

PESQUERA VAQUERO, María Isabel. Portapaz. El mundo de las


creencias [catálogo da exposición]. Teruel: Diputación Provincial,
Museo de Teruel, 1999. p. 196.

Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel

You might also like