You are on page 1of 107

Árbores con historia

Ruta de árbores senlleiras.

Árbores con historia 1


ÁRBORES CON HISTORIA, un produto de ocio sustentable

Antecedentes

Con independencia das medidas establecidas para a protección de especies ou


unidades taxonómicas como tales, a conservación da nosa biodiversidade
vexetal pasa tamén pola protección daqueles exemplares concretos ou rodais
de árbores que polas súas características extraordinarias ou subliñables
(tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza, etc.) son
considerados reliquias botánicas obxecto de respecto veciñal e con valor
científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. Estes exemplares
singulares representan un valioso legado e un valor natural na medida en que
se trata de elementos que subsistiron aos rigores dos tempos ou que contan
cunhas particularidades especiais.

Galicia non só se constitúe como un punto de encontro de camiños, senón


tamén dos mundos florísticos eurosiberiano e mediterráneo, o que explica a
presenza no seu territorio de bosques naturais de distintos tipos, o que da lugar
a unha variada e rica biodiversidade vexetal e forestal.

Desde esta perspectiva de patrimonio cultural e natural, o obxectivo é a posta


en valor das árbores senlleiras de Galicia, a través da creación de rutas que
enriquecen, cun enfoque natural, a promoción dos elementos singulares
considerados reliquia botánica que son obxecto de respecto veciñal e contan
cun valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental salientable.

En definitiva, trátase de promover un recurso ambiental en clave de


sostibilidade, aproveitando e divulgando os seus beneficios para a
biodiversidade galega.

Descrición

ÁRBORES CON HISTORIA é una iniciativa para poñer en valor as árbores e


formacións senlleiras incluídas no catálogo Galego de Árbores Senlleiras,
regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo.

Deste xeito, por medio da creación de rutas entre os diversos elementos


senlleiros e, en consonancia cos recursos culturais e sociais que se atopan no
seu contorno, que incrementan o seu valor lúdico e histórico, pódese establecer
un diálogo a modo de correlación espacial que serva como fío condutor para a
promoción dun ocio responsable.

Esta posta en valor e uso turístico destes recursos naturais, mediante o deseño
de estratexias de promoción e divulgación en sintonía coa preservación do
medio, permitiranos construír escenarios de emocións, tempo e tradicións onde
a protagonista sexa a árbore senlleira que os relaciona.

Árbores con historia 2


ÁRBORES CON HISTORIA.

O deseño desta ruta elaborouse tratando de conxugar o aproveitamento dos


recursos culturais, naturais e etnogastronómicos existentes no percorrido.
Algunha das árbores desta ruta están dentro das Rutas das Camelias e outras
formacións e árbores senlleiras inclúense dentro da Ruta Rosaliana. Para
maior abondamento, o interese desta ruta reside no maridaxe coa arquitectura
civil típica galega, os pazos, un mosteiro franciscano do século XIV, que
alberga un hospital de peregrinos para pasar a noite (San Antonio de Herbón),
e o río Ulla, que xeneroso completa a oferta con aspectos lúdicos
complementarios.

Configuración e itinerario da ruta

A ruta está configurada para a posta en valor dos elementos arquitectónicos,


históricos e culturais existentes, así como dos produtos e elementos turísticos
que a confiren dunha maior personalidade.

Árbores con historia 3


PERCORRIDO DA RUTA

Árbores con historia 4


ÁRBORES E FORMACIÓNS SENLLEIRAS POR CONCELLOS E PARROQUIAS
NOME CIENTÍFICO FAMILIA DENOMINACIÓN PROVINCIA CONCELLO PARROQUIA LUGAR
Tileiro Prateado da Alameda A Coruña Santiago de Santiago de Alameda do campo da
Tilia tomentosa Tiliaceae
do Campo da Estrela Compostela Compostela estrela
Santiago de Santiago de
Abies nordmanniana Pinaceae Perona do Paseo da Ferradura A Coruña Paseo da Ferradura
Compostela Compostela
Eucaliptos do Paseo da A Coruña Santiago de Santiago de Paseo da Ferradura
Eucalyptus globulus Myrtaceae
Ferradura Compostela Compostela
Buxeda do Pazo de San Santiago de Santiago de
Buxus sempervirens Buxaceae A Coruña Pazo de San Lourenzo
Lourenzo Compostela Compostela
Carballeira de San Lorenzo de A Coruña Santiago de Santiago de San Lourenzo
Quercus robur Fagaceae
Trasouto Compostela Compostela
Santiago de Santiago de
Gingko biloba Ginkoaceae Xinkgo do Pazo de Fonseca A Coruña Xardín do Pazo de Fonseca
Compostela Compostela
Dicksonia do Pazo de Santa A Co ru ñ a P a zo d e S a n ta Cru z de
Dicksonia antarctica Dicksoniaceae V e d ra Ortigueira
Cru z d e Ri b a d u l l a Ribadulla
Tulipeiro de Virxinia do Pazo P a zo d e S a n ta Cru z d e
Liriodendron tulipifera Magnoliaceae A Co ru ñ a V e d ra Ortigueira
d e S a n ta Cru z Ribadulla
P a zo d e S a n ta Cru z d e
P h yto l a cca d i o i ca P h yto l a ca ce a e Om b ú d o P a zo d e S a n ta Cru z A Co ru ñ a V e d ra Ortigueira
Ribadulla
Quercus robur Carballo fastixiado do Pazo de P a zo d e S a n ta Cru z d e
Fagaceae A Co ru ñ a V e d ra Ortigueira
"Fastigiata" S a n ta Cru z Ribadulla
Criptomeria do Pazo de Santa A Co ru ñ a P a zo d e S a n ta Cru z d e
Cryptomeria japonica Taxodiaceae V e d ra Ortigueira
Cru z Ribadulla
Camelia do Pazo de Santa P a zo d e S a n ta Cru z d e
Camellia japonica Teaceae A Co ru ñ a V e d ra Ortigueira
Cru z Ribadulla
P a zo d e S a n ta Cru z d e
B u xu s se mp e rvi re n s B u xa ce a e B u xa l d o P a zo d e S a n ta Cru z A Co ru ñ a V e d ra Ortigueira Ribadulla
Retícula de Olivos do Pazo de Pazo d e S a n ta Cru z d e
Olea europaea Oleaceae A Co ru ñ a V e d ra Ortigueira
S a n ta Cru z Ri b a d u l l a
Washingtonias Robustas do P a zo d e S a n ta Cru z d e
Washingtonia robusta Arecaceae A Co ru ñ a V e d ra Ortigueira
P a zo d e S a n ta Cru z Ribadulla
Qu e rcu s su b e r Fa g a ce a e S o b re i ra d e V a l b o a P o n te ve d ra A E stra d a Valboa Os Hórreos
Camelia reticulada do Pazo de
Camellia reticulata Teaceae P o n te ve d ra A E stra d a Oca P a zo d e Oca
Oca
B u xu s se mp e rvi re n s B u xa ce a e B u xa l d o P a zo d e Oca P o n te ve d ra A E stra d a Oca P a zo d e Oca
Carreira de Tilos do Pazo de
Tilia platyphyllos Tiliaceae P o n te ve d ra A E stra d a Oca P a zo d e Oca
Oca
Cryptomeria japonica Cri p to m e ri a E le ga n te d o P a zo
T a xo d i a ce a e P o n te ve d ra A E stra d a Oca P a zo d e Oca
" e l e g a n s" d e Oca

Árbores con historia 5


NOME CIENTÍFICO FAMILIA DENOMINACIÓN PROVINCIA CONCELLO PARROQUIA LUGAR
Qu e rcu s su b e r Fa g a ce a e S o b re i ra d o P a zo d e V a l i ñ a s P o n te ve d ra A E stra d a San Martiño de Callobre P a zo d e V a l i ñ a s
Qu e rcu s su b e r Fa g a ce a e S o b re i ra l d e M a g á n P o n te ve d ra Cu n ti s E sta ca s (S a n Fi z) M agán
Araucaria do Brasildo Parque
Araucaria angustifolia Araucariaceae Pontevedra Caldas de Reis Ca l d a s d e Re i s P a rq u e d e Ca l d a s d e Re i s
de Caldas de Reis
Cunninghamia Cunninghamia do Pazo Xardín
Taxodiaceae P o n te ve d ra Ca l d a s d e Re i s Ca l d a s d e Re i s P a rq u e d e Ca l d a s d e Re i s
lanceolata d e Ca l d a s d e Re i s
Ciprés de California do Pazo
Cupressus macrocarpa Cupressaceae P o n te ve d ra M ei s Qu i n tá n s P a zo d e Qu i n tá n s
d e Qu i n tá n s
Carreira de Eucaliptos do Pazo
Eucalyptus globulus Myrtaceae P o n te ve d ra Ri b a d u m i a Ri b a d u m ia (S a n ta B a ia ) P a zo d e B a rra n te s
d e B a rra n te s
Cedro do Libano do Pazo de
Cedrus libani Pinaceae Pontevedra Pontevedra Lourizán (Santo André) Pazo de Lourizán
Lourizán
Metasequoia Metasecuoia do Pazo de
Taxodiaceae Pontevedra Pontevedra Lourizán (Santo André) Pazo de Lourizán
glyptostroboides Lourizán
Corylus avellana Betulaceae Avelaira do Pazo de Lourizán Pontevedra Pontevedra Lourizán (Santo André) Pazo de Lourizán
Criptomeria xaponesa do Pazo
Cryptomeria japonica Taxodiaceae Pontevedra Pontevedra Lourizán (Santo André) Pazo de Lourizán
de Lourizán
Secuoia vermella do Paxo de
Sequoia sempervirens Taxodiaceae Pontevedra Pontevedra Lourizán (Santo André) Pazo de Lourizán
Lourizán
Sophora japonica Sófora xaponesa do Pazo de
Fabaceae Pontevedra Pontevedra Lourizán (Santo André) Pazo de Lourizán
"Pendula" Lourizán
Castiñeiros xaponeses e
Castanea crenata Fagaceae Pontevedra Pontevedra Lourizán (Santo André) Pazo de Lourizán
chineses do Pazo de Lourizán
Araucaria bidwillii Araucariaceae Araucaria de Carballeira Pontevedra Pontevedra Salcedo (San Martiño) Carballeira
Cedros do Himalaia dos
Cedrus deodara Pinaceae P o n te ve d ra P o n te ve d ra P o n te ve d ra X a rd ín s d e V i ce n ti
X a rd ín s d e V i ce n ti
Carballo da Capela de Santa
Quercus robur Fagaceae P o n te ve d ra P o n te ve dra Mourente Capela de Santa Margarida
M a rg a ri d a
Metrosideros da Finca de
Metrosideros robusta Myrtaceae P o n te ve d ra Po i o P o i o (S a n S a l va d o r) Fi n ca d e B e sa d a
B e sa d a
San Vicente do Grove
Ficus carica Moraceae Figueira do Meco Pontevedra O Grove Monte Siradella
(San Vicente)
Salgueiro da braña de Tremoedo (Santo
Salix atrocinerea Salicaceae Pontevedra Vilanova de Arousa Deiro
Xafardán Estevo)

Árbores con historia 6


NOME CIENTÍFICO FAMILIA DENOMINACIÓN PROVINCIA CONCELLO PARROQUIA LUGAR
Alcanforeiros do Pazo de
Cinnamomum camphora Lauraceae P o n te ve d ra V i l a g a rcía d e A ro u sa Rubiáns (Santa María) P a zo d e Ru b i á n s
Ru b i á n s
Magnolia grandiflora do Pazo
Magnolia grandiflora Magnoliaceae P o n te ve d ra V i l a g a rcía d e A ro u sa Ru b i á n s (S a n ta M a ría ) P a zo d e Ru b i á n s
d e Ru b i á n s
Araucaria excelsa do Pazo de
Araucaria heterophylla Araucariaceae P o n te ve d ra V i l a g a rcía d e A ro u sa Ru b i á n s (S a n ta M a ría ) P a zo d e Ru b i á n s
Ru b i á n s
Ta xo d i u m d i sti ch u m T a xo d i a ce a e T a xo d i o s d o X a rd ín d e A rti m e P o n te ve d ra V i l a g a rcía d e A ro u sa Carril X a rd ín d e A rti m e
Palmeira datilera do Mosteiro
Phoenix dactylifera Arecaceae A Coruña Padrón Herbón (Santa María) Mosteiro de Herbón
de Herbón
Fi cu s ca ri ca M o ra ce a e Fi g u e i ra d e Ro sa l i a A Co ru ñ a P a d ró n Padrón (S a n tiago) Ca sa -M u se o Ro sa l ía d e
Castro
Plátanos de sombra do Paseo
Platanus hispanica Platanaceae A Co ru ñ a P a d ró n P a d ró n (S a n ti a g o ) P a d ró n
d o E sp o l ó n
Quercus robur Carballo fastixiado do Xardín
Fagaceae A Co ru ñ a P a d ró n Padrón (S a ntiago) X a rd ín A rtísti co d e P a d ró n
"Fastigiata" A rtísti co d e P a d ró n
Aesculus Hippocastanea Castiñeiro das Indias do Xardín
A Coruña Padrón Padrón (Santiago) Xardín Artístico de Padrón
hippocastanum ceae Artístico de Padrón
Coroa de Cristo do Xardín
Cercis siliquastrum Fabaceae A Coruña Padrón Padrón (Santiago) Xardín artístico de Padrón
Histórico de Padrón
Secuoias vermellas do Xardín
Sequoia sempervirens Taxodiaceae A Co ru ñ a P a d ró n P a d ró n (S a n ti a g o ) X a rd ín A rtísti co d e P a d ró n
A rtísti co d e P a d ró n
Palmeira do Senegal do Xardín
Phoenix reclinata Arecaceae A Coruña Padrón Padrón (Santiago) Xardín Artístico de Padrón
Artístico de Padrón
Oliveiras do Cemiterio de
Olea europaea Oleaceae A Co ru ñ a P a d ró n Iria-Flavia Ce m i te ri o d e A d i n a
Ad i n a

Árbores con historia 7


TILEIRO PRATEADO DA ALAMEDA DO CAMPO DA ESTRELA. SANTIAGO DE
COMPOSTELA.

Os tileiros son árbores corpulentas e fermosas árbores planifolias e caducifolias,


con follas alternas, cordifolmes e coa beira aserrada. As flores son bisexuais e
pentámeras, e dispóñense en inflorescencias que saen de brácteas axilares con
forma de lingua. Os froitos son secos, redondeados, indehiscentes e polispermos
(carcérulos). O tileiro prateado, orixinario do surleste de Europa, é unha árbore
rústica e frugal, de ampla copa, con follas grandes de envés branco prateado, que
se usa adoito como planta ornamental en parques e xardíns de Galicia.

O exemplar catalogado amosa excelentes condicións fisionómicas e sanitarias, con


moi poucas deficiencias ou alteracións.

Medra o tronco sen ramificarse ata a altura de 2,90 m, onde se forma a cruz, da
que saen tres grandes brazos que medran case verticais, os cales se ramifican
sucesivamente para configurar unha copa globosa, equilibrada e de grandes
dimensións. Na cruz obsérvanse cicatrices que mostran que nun pasado non
distante a copa a formaban un maior número de pólas.

O fuste está cuberto de brión en moitos lugares, e na galla obsérvase a presenza


de gran cantidade de polipodios e couselos, indicadores de posibles zonas de
podremia.

Nome común: Tileiro prateado da Alameda do Campo da Estrela

Nome científico: Tilia tomentosa Moench.

Provincia: A Coruña

Concello: Santiago de Compostela

Parroquia: Santiago de Compostela

Lugar: Alameda do Campo da Estrela

Altura: 24,60 m

Perímetro normal: 3,78 m

Diámetro de copa: 18,10 m

Idade estimada: 100-130 anos

Árbores con historia 8


Árbores con historia 9
PERONA DO PASEO DA FERRADURA. SANTIAGO DE COMPOSTELA.

O Abies nordmanniana é unha árbore sempre verde orixinaria do Cáucaso, do


grupo das coníferas, coas follas aciculares subdísticas, escotadas no ápice, e coas
piñas erectas que se desintegran ao madurar. Cultívase con frecuencia en parques
e xardíns galegos como árbore de adorno.

O nome vulgar desta árbore do catálogo deriva de que foi plantada conmemorando
a visita a Compostela de dona Isabel Perón. É un exemplar de fermosa arquitectura
que medra dereito cara o ceo, aínda que o tronco perde a verticalidade no seu
tramo medio, pero con tendencia a recuperala novamente.

A 3,10 m de altura comeza a formarse a copa, coa forma piramidal típica da


ramificación monopódica que caracteriza a maior parte das coníferas. As ramas
dispóñense case radialmente arredor do tronco e medran colgantes cara ao chan,
dándolle á árbore un aspecto “chorón”.

A pesar da súa xuventude, 61 anos de idade, xa posúe unha altura de 22 m. A súa


privilexiada situación, con espazo suficiente no marco dun xardín público e ben
conservado, favorece o seu rápido crecemento e que a súa feitura exprese a
potencialidade da especie.

Nome común: Perona do Paseo da Ferradura

Nome científico: Abies nordmanniana (Steven) Spach

Provincia: A Coruña

Concello: Santiago de Compostela

Parroquia: Santiago de Compostela

Lugar: Paseo da Ferradura

Altura: 22 m

Perímetro normal: 1,57 m

Diámetro de copa: 5 m

Idade estimada: 61 anos

Árbores con historia 10


Árbores con historia 11
EUCALIPTOS DO PASEO DA FERRADURA. SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Son tres os eucaliptos de grandes dimensións que nos atopamos no compostelán


Paseo da Ferradura. Dous están situados preto do monumento a Rosalía de
Castro, o outro, chamado eucalipto dos namorados, atópase no outro extremo do
paseo.

Os tres amosan unha arquitectura moi semellante e bastante típica en exemplares


vellos da especie. Troncos robustos e de grandes dimensións, apoiados sobre
grandes contrafortes que dan estabilidade ás árbores. Entre 6 e 8 metros de altura
comezan a ramificarse para formar copas moi voluminosas, xa que medran illados
e poden manifestarse en toda a súa potencialidade, desenvolvendo copas amplas
sen necesidade de acadar grandes alturas ao faltar a competencia.

Nome común: Eucaliptos do Paseo da Ferradura

Nome científico: Eucalyptus globulus Labill.

Provincia: A Coruña

Concello: Santiago de Compostela

Parroquia: Santiago de Compostela

Lugar: Paseo da Ferradura

Altura: 39,6; 35,4 e 38,8 m

Perímetro normal: 6,67; 8,50 e 4,50 m

Diámetro de copa: 23,25; 26 e 26,05 m

Idade estimada: 120-130 anos

Árbores con historia 12


Árbores con historia 13
CARBALLEIRA DE SAN LOURENZO DE TRASOUTO. SANTIAGO DE
COMPOSTELA.

Esta carballeira fórmana carballos das máis diversas formas, quizais como
consecuencia das podas ás que foron sometidos no pasado para aproveitar a súa
leña e doutros danos sufridos ao longo da súa xa dilatada vida.

Os troncos, retorcidos e con grandes nórregas adornando a súa base, medran sen
ramificación ata unha altura próxima aos 3 m, onde comezan a desenvolver as
copas, con formas e dimensións condicionadas pola proximidade dos seus
conxéneres.

Gran parte dos pés presentan ocos e zonas podres nos lugares nos que se
cortaron ou desprenderon pólas, polo que o estado sanitario é moi variable duns
exemplares a outros, pero unha actuación restauradora sobre as podremias en
troncos e copas sería moi recomendable.

Nome común: Carballeira de San Lourenzo de Trasouto

Nome científico: Quercus robur L.

Provincia: A Coruña

Concello: Santiago de Compostela

Parroquia: Santiago de Compostela

Lugar: Entrada ao Mosteiro de San Lourenzo

Altura: 18,30 m

Perímetro normal: 3,65 m

Diámetro de copa: 15,40 m

Idade estimada: máis de 100 anos.

Árbores con historia 14


Árbores con historia 15
XINKGOS DO PAZO DE FONSECA. SANTIAGO DE COMPOSTELA.

O xinkgo é unha singular árbore asiática, do grupo das ximnospermas, que amosa
follas planas e caedizas con forma de abano, flores unisexuais dioicas, hai pés
macho e pés femia, e sementes recubertas dunha sarcotesta carnosa fedorenta.
Utilízase adoito como árbore ornamental en parques e xardíns pola súa rusticidade
e polo bonito efecto decorativo das súas follas, que toman unha cor amarela
dourada antes de caer.

No xardín de Fonseca medra unha parella de xingkos monumentais, o de maior


altura é femia e o máis cativo macho, os dous de extraordinaria feitura, con
fermosos portes e grandes dimensións.

Os troncos son monopódicos en ambos os casos, e ramifican a bastante altura, con


pólas en disposición radial arredor do fuste, formando copas regulares, de contorno
redondeado no pé macho e case piramidal no exemplar femia. A copa do exemplar
feminino ten menor tamaño pola perda de ramas debida á competencia con outras
árbores xa desaparecidas.

O estado sanitario é bo e, aínda que chaman a atención en calquera época do ano,


no outono adquiren unha coloración amarelo-dourada espectacular.

Nome común: Xinkgos do Pazo de Fonseca

Nome científico: Ginkgo biloba L.

Provincia: A Coruña

Concello: Santiago de Compostela

Parroquia: Santiago de Compostela

Lugar: Pazo de Fonseca

Altura: 21,70 e 27,20 m

Perímetro normal: 3,00 e 2,60 m

Diámetro de copa: 16,95 e 13,05 m

Idade estimada: 110-130 anos

Árbores con historia 16


Árbores con historia 17
BUXEDA DO PAZO DE SAN LOURENZO. SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Trátase dun parterre formado por infinidade de buxos que forman 4


compartimentos arredor dunha fonte situada no medio da formación. Todos os
debuxos que forman as cuadrículas teñen índole relixioso, pois todos versan sobre
o Apóstol Santiago, San Lourenzo e a Orde Franciscana, Xesús e María.

O que máis chama a atención da formación é que tras 400 anos de historia síguese
respetando o deseño orixinal e os buxos contan cun estado de saúde moi bo.

Nome común: Buxeda do Pazo de San Lourenzo.

Nome científico: Buxus sempervirens L.

Provincia: A Coruña

Concello: Santiago de Compostela

Parroquia: Santiago de Compostela

Lugar: Pazo de San Lourenzo

Altura: 0,50 – 1,30 m

Diámetro de copa: 18,00 – 16,00 m

Proxección de copa: 26,7 m²

Idade estimada: 400 anos

Árbores con historia 18


Árbores con historia 19
TULIPEIROS DE VIRXINIA DO PAZO DE SANTA CRUZ. VEDRA.

O tulipeiro de Virxinia é unha corpulenta e fermosa árbore de folla plana e caediza


orixinaria de América do Norte e plantada adoito en parques e xardíns. Amosa
follas de gran tamaño, simples, alternas, bruscamente truncadas no ápice e flores
grandes, de cor amarelada verdosa, con forma de campá ou tulipa. Os froitos son
sámaras.

O monumento vexetal constitúeno dous exemplares que aparentemente parecen


xemelgos, aínda que a dendrometría os diferenza.

Os troncos, provistos de contrafortes na base, son robustos e corpulentos,


superando os 4 m de perímetro normal, cubertos de brións e fentas ata gran altura.
Ramifícanse por riba dos 5 m, cando comezan a formarse copas de grandes
dimensións, irregulares pola falta de pólas nalgunhas zonas, debido á competencia
con outros exemplares arbóreos.

O seu estado sanitario é bo, aínda que a alta densidade do arborado no seu
contorno provocará, se non se remedia, unha mingua volumétrica das copas en
pouco tempo.

Nome común: Tulipeiros de Virxinia do Pazo de

Santa Cruz

Nome científico: Liriodendron tulipifera L.

Provincia: A Coruña

Concello: Vedra

Parroquia: Ortigueira

Lugar: Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Altura: 31,40 e 38,70 m

Perímetro normal: 4,30 e 4,90 m

Diámetro de copa: 26,65 e 17,52 m

Idade estimada: 100-130 anos

Árbores con historia 20


Árbores con historia 21
OMBÚ DO PAZO DE SANTA CRUZ. VEDRA.

Estamos tamén ante un exemplar de extraordinaria feitura. O tronco instálase sobre


unha gran plataforma de máis de 15 m de perímetro e ramifícase radialmente a
1,50 m de altura para formar unha copa moi aberta e de grandes dimensións,
amosando a árbore o perfil dun cogomelo.

A pesar de ser unha especie cuxas pólas rompen con moita facilidade, por ter a
madeira moi branda, este exemplar ofrécesenos san, vigoroso e en toda a súa
integridade, chamando a atención o seu porte.

Nome común: Ombú do Pazo de Santa Cruz

Nome científico: Phytolacca dioica L.

Provincia: A Coruña

Concello: Vedra

Parroquia: Ortigueira

Lugar: Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Altura: 10,40 m

Perímetro normal: 3,50 m

Diámetro de copa: 16,20 m

Idade estimada: 120 anos

Árbores con historia 22


Árbores con historia 23
CARBALLO FASTIXIADO DO PAZO DE SANTA CRUZ. VEDRA.

O cultivar “Fastigiata” do carballo pedunculado caracterízase pola ramificación


principal ascendente e próxima ao tronco, formándose unha copa recollida, de
reducido diámetro, cilíndrica, cónica ou fusiforme.

O monumento vexetal crece na entrada ao viveiro, nunha localización privilexiada,


con gran campo visual, sen competencia e maniféstase en todo o seu esplendor. O
recio e robusto tronco ramifícase pronto en ramas ascendentes que lle procuran un
porte columnar, maxestoso, típico da variedade.

A base do tronco está poboada de contrafortes para suxeitar a súa espectacular


estrutura. As primeiras ramas fórmanse a 2,30 m de altura sobre do chan, onde se
sitúa a cruz, que non será a única ao longo do fuste. Destas cruces saen ramas en
disposición radial, as cales comezan axiña a medrar verticalmente, configurando
unha copa columnar de grandes dimensións.

Salvo algúns ocos con podremias na base do fuste, o seu estado sanitario é
excelente e a súa morfoloxía abraiante.

A árbore atópase no terreo agrícola do pazo, importante representación do xardín


hortícola, admirado non soamente no ámbito territorial galego.

Nome común: Carballo fastixiado de Pazo de Santa Cruz

Nome científico: Quercus robur L. Fastigiata

Provincia: A Coruña

Concello: Vedra

Parroquia: Ortigueira

Lugar: Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Altura: 31,20 m

Perímetro normal: 4,13 m

Diámetro de copa: 15,65 m

Idade estimada: 100-150 anos

Árbores con historia 24


Árbores con historia 25
CRIPTOMERIA DO PAZO DE SANTA CRUZ. VEDRA.

A criptomeria é unha conífera sempre verde orixinaria do Xapón, de fermoso porte,


que podemos ver adoito en parques e xardíns de Galicia como árbore ornamental.
As follas son aciculares, decorrentes, dispostas en cinco ringleiras nas ramiñas. As
sementes fórmanse en conos secos cuxas escamas amosan apéndices dorsais.

O monumento vexetal do Pazo de Santa Cruz é un exemplar de extraordinaria


fermosura e notables dimensións, cunha altura moi superior á das árbores que o
rodean, polo que destaca sobre todas elas, cando menos pola súa altura, pois
acada os 34,10 m.

A base do tronco, cun perímetro de 8 m e de forma neiloide, lembra unha pata de


elefante. Comeza a ramificarse a 11,30 m de altura sobre o chan, quedando o terzo
inferior sen pólas, o que facilita a contemplación do impresionante fuste.

A copa non acada grandes dimensións en canto a diámetro; supera escasamente


os 11 m, pero, aínda así, este e o do Castelo de Soutomaior son os exemplares de
maior dendrometría de Galicia.

Amosa un pequeno oco na base do tronco sobre o que sería conveniente actuar
para evitar que as súas dimensións aumenten.

Nome común: Criptomeria do Pazo de Santa Cruz

Nome científico: Cryptomeria japonica (L. f.) D. Don

Provincia: A Coruña

Concello: Vedra

Parroquia: Ortigueira

Lugar: Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Altura: 34,10 m

Perímetro normal: 3,87 m

Diámetro de copa: 11,20 m

Idade estimada: 130-150 anos

Árbores con historia 26


Árbores con historia 27
CAMELIA DO PAZO DE SANTA CRUZ. VEDRA.

Este monumento vexetal atópase nun paseo ornamentado por camelias e


magnolias de gran tamaño. Unha destas, recollida tamén non Catálogo de árbores
senlleiras, dá sombra durante gran parte do día á camelia sobranceira.

Medra o seu tronco indiviso ata 1,10 m de altura e amosa unha fenda vertical que
desde o chan chega ata a cruz, polo que talvez se trata de dous exemplares
soldados polo pé e convertidos co tempo nunha unidade.

Na cruz nacen os 3 brazos que conforman a copa, que non é de grandes


dimensións pola competencia espacial e pola luz á que está sometida. Aínda así,
acada unha altura de 9, 20 m.

Nome común: Camelia do Pazo de Santa Cruz

Nome científico: Camellia japonica L.

Provincia: A Coruña

Concello: Vedra

Parroquia: Ortigueira

Lugar: Pazo de Santa Cruz

Altura: 9,20 m

Perímetro normal: 1,12; 1,15 e 0,90 m

Diámetro de copa: 6,50 m

Idade estimada: 200-300 anos

Árbores con historia 28


Árbores con historia 29
BUXAL DO PAZO DE SANTA CRUZ. VEDRA.

O buxal está formado por exemplares dispostos en dúas liñas a ambos os lados do
camiño, formando un túnel vexetal. Hai pés de moi diversos talles e con distinta
morfoloxía, que antigamente eran os protagonistas indiscutibles do paseo pero que
agora se atopan asombrados e dominados pola presenza na súa proximidade de
árbores que limitan e mesmo chegan a impedir o seu desenvolvemento.

Ao longo do paseo aprécianse exemplares con numerosas zonas podres e ramaxe


seca, así como a falta de varios pés do conxunto, polo que sería axeitado restaurar
este singular buxal, comezando pola poda das grandes árbores que o dominan,
abrindo claros de luz que favorecerán tan emblemático paseo de buxos.

Nome común: Buxal do Pazo de Santa Cruz

Nome científico: Buxus sempervirens L.

Provincia: A Coruña

Concello: Vedra

Parroquia: Ortigueira

Lugar: Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Altura: 14,2 m

Perímetro normal: 0,72 e 0,60 m

Diámetro de copa: 6,30 m

Idade estimada: 300-400 anos

Árbores con historia 30


Árbores con historia 31
RETÍCULA DE OLIVEIRAS DO PAZO DE SANTA CRUZ. VEDRA.

Importante grupo, máis de medio millar, de oliveiras de excepcionais dimensións


situadas a ambos os lados do paseo principal do pazo, formando unha retícula de
grandes dimensións.

A maior parte das árbores érguense sobre unha grosa plataforma formada pola
parte baixa do tronco e as raíces superficiais, que sobresaen do chan. Case todas
se ramifícan bastante abaixo, a 1-2 m de altura, formando copas abertas e de
grandes dimensións, estrutura sen dúbida inducida a través dos tratamentos
culturais para favorecer a frutificación, pois os seus froitos foron aproveitados ata
tempos non remotos.

O estado sanitario dos exemplares máis antigos comeza a ser preocupante, xa que
amosan esgazamentos de pólas e ocos e zonas podres no tronco, ademais de
ramiñas secas e síntomas de defoliación na copa.

Nome común: Retícula de Oliveiras do Pazo de Santa Cruz

Nome científico: Olea europaea L.

Provincia: A Coruña

Concello: Vedra

Parroquia: Ortigueira

Lugar: Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Altura: 14,70 e 14,20 m

Perímetro normal: 3,85 e 3,50 m

Diámetro de copa: 12,50 e 13,05 m

Idade estimada: 500 anos

Árbores con historia 32


Árbores con historia 33
WASHINGTONIAS ROBUSTAS DO PAZO DE SANTA CRUZ. VEDRA.

A washingtonia robusta é unha palmeira mexicana con tronco alto e esvelto que
leva no seu extremo un penacho de follas grandes, compostas dixitadas, con forma
de abano. As flores son trímeras, bisexuais, de cor laranxa, e o froito é unha drupa
comestible de cor azul escura. Cultívase como árbore ornamental en parques e
xardíns de Galicia, xeralmente en comarcas de clima suave.

O monumento vexetal son unha parella de palmeiras xemelgas, sendo


practicamente iguais a súa morfoloxía e dendrometría.

A base dos estípites amósase ensanchada pola acumulación de fibras, pero o


perímetro normalízase a poucos centímetros de altura sobre do chan, acadando
unhas medidas de 1,86 e 1,88 m á altura do peito.

As dúas palmeiras medran dereitas ata alturas de 24,50 e 24,60 m, onde comezan
a formar as coroas, de escasos diámetros, 2,30 e 2,15 m, respectivamente.

O estado sanitario dos dous exemplares é bo.

Nome común: Washingtonias robustas do Pazo de Santa Cruz

Nome científico: Washingtonia robusta H. Wendl.

Provincia: A Coruña

Concello: Vedra

Parroquia: Ortigueira

Lugar: Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Altura: 27,10 e 26,90 m

Perímetro normal: 1,86 e 1,88 m

Diámetro de copa: 2,30 e 2,15 m

Idade estimada: 100-125 anos

Árbores con historia 34


Árbores con historia 35
DICKSONIA DO PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA. VEDRA.

Extraordinaria pteridófita de porte arbóreo e excepcionais dimensións. Atópase


sobre un cúmulo de terra e co fuste algo inclinado e suxeito por tres estacas de
madeira, coa base cuberta polos restos das frondes que foron caendo polo paso
dos anos.

Nome común: Dicksonia do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.

Nome científico: Dicksonia antarctica

Provincia: A Coruña

Concello: Vedra

Parroquia: Ortigueira

Lugar: Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Altura total: 5,20 m

Perímetro basal: 2,45 m

Diámetro de copa: 4,0 m

Árbores con historia 36


SOBREIRA DE VALBOA. A ESTRADA.

A sobreira é unha árbore sempre verde mediterránea semellante á aciñeira e da


mesma familia. O tronco e as pólas grosas aparecen revestidos de tecido
suberoso, a cortiza, e as cúpulas dos froitos teñen as escamas aplicadas.

O tronco da Sobreira de Valboa, cun perímetro basal de 11,50 m, amosa, ademais


de cicatrices de pólas amputadas, a base rodeada por grandes nórregas e
contrafortes que axudan a soster a súa impresionante estrutura copal.

Medra inclinado e está completamente oco, presentando unha cavidade a xeito de


garita que se prolonga polos brazos que saen da cruz, situada a unha altura de
4,60 m sobre do chan, sen que esta preocupante incidencia afecte negativamente á
copa, de notables dimensións, máis de 17 m de diámetro, con abundante follaxe.

Nome común: Sobreira de Valboa

Nome científico: Quercus suber L.

Provincia: Pontevedra

Concello: A Estrada

Parroquia: Valboa

Lugar: A carón da Capela da Virxe das Neves

Altura: 20,30 m

Perímetro normal: 9,43 m

Diámetro de copa: 17,32 m

Idade estimada: 500 anos

Árbores con historia 37


Árbores con historia 38
CAMELIA RETICULADA DO PAZO DE OCA. A ESTRADA.

Trátase dun exemplar de extraordinarias dimensións, situado na parte posterior da


capela do pazo, correspondente a unha especie moito menos frecuente que a
camellia japonica.

É un fermoso e monumental exemplar da variedade “Captain Rawes”, de


maxestoso porte. Considérase a mellor representación europea da especie.

O seu tronco bifúrcase a 1,20 m de altura sobre o chan, nacendo dúas pólas
principais que forman unha copa globosa, algo diminuída e deformada pola poda
de ramas secas apicais e basais, e por medrar en competencia con outras
camelias, entre as que sobresae, e a carón do edificio da capela do pazo. Os dous
troncos están suxeitos entre eles por unhas varas metálicas para evitar que se
esgace algún deles, xa que a súa unión e feble.

É un exemplar de gran valor, moi apreciado e visitado, e sitúase no xardín


xeométrico, entre o edificio principal e a carreira de buxos centenarios, elemento
vexetal tamén moi valioso. Amosa zonas podres ao longo do tronco e sinais de
perda de pólas.

Nome común: Camelia reticulada do Pazo de Oca

Nome científico: Camellia reticulata Lindl.

Provincia: Pontevedra

Concello: A Estrada

Parroquia: Oca

Lugar: Pazo de Oca

Altura: 11,20 m

Perímetro normal: 1,35 m

Diámetro de copa: 7 m

Idade estimada: 100-150 anos

Árbores con historia 39


Árbores con historia 40
BUXAL DO PAZO DE OCA. A ESTRADA.

O buxal disponse paralelo á ría, formando unha sebe perimetral ao seu arredor.
Está composta por exemplares de moita antigüidade e valor, sen dúbida unha das
mellores formacións de buxo de Galicia. Son exemplares de grandes dimensións,
pois foron plantados a unha distancia ampla que permite o desenvolvemento da
súa arquitectura copal.

O paseo entre os buxos é realmente impresionante, xa que forman dúas paredes


vexetais pola gran densidade da follaxe.

Algúns exemplares están completamente ocos e con podremias no tronco, e outros


están afectados pola doenza coñecida co nome de roia.

Nome común: Buxal do Pazo de Oca

Nome científico: Buxus sempervirens L.

Provincia: Pontevedra

Concello: A Estrada

Parroquia: Oca

Lugar: Pazo de Oca

Altura: 13,20 m

Perímetro normal: 1,20 m

Diámetro de copa: 6,90 m

Idade estimada: 400 anos

Árbores con historia 41


Árbores con historia 42
CARREIRA DE TILEIROS DO PAZO DE OCA. A ESTRADA.

O tileiro de folla ancha é unha fermosa árbore caducifolia que non chega a Galicia
de forma natural aínda que se emprega adoito en parques e xardíns como árbore
ornamental e de sombra. As follas, cos pecíolos vellosos e con forma de corazón,
son alternas e teñen a beira serrada, leva poucas flores en cada inflorescencia e os
froitos son tomentosos.

A carreira de tileiros está formada por medio centenar de árbores dispostas en


dous corredores arredor do paseo.

Baixo os fustes dos tileiros hai plantada unha sebe de buxos, que achega colorido
ao conxunto no inverno, cando os tileiros están espidos.

Acompañan os exemplares centenarios algúns máis novos, debido ás reposicións


feitas ao longo do tempo.

Entre os que pertencen á plantación inicial, algúns amosan tocos que testemuñan o
desprendemento de ramas, ademais de grandes ocos e zonas podres, non faltando
síntomas de defoliación e algunhas ramas secas nas copas.

A pesar diso, pódese dicir que o estado sanitario é bastante bo.

Nome común: Carreira de tileiros do Pazo de Oca

Nome científico: Tilia platyphyllos Scop.

Provincia: Pontevedra

Concello: A Estrada

Parroquia: Oca

Lugar: Pazo de Oca

Altura: 29,70 e 25,10 m

Perímetro normal: 3,32 e 3,15 m

Diámetro de copa: 14,70 e 18,10 m

Idade estimada: 150 anos

Árbores con historia 43


Árbores con historia 44
CRIPTOMERIA ELEGANTE DO PAZO DE OCA. A ESTRADA.

A criptomeria elegante é unha variedade de criptomeria que se diferenza polas


follas aciculares estreitas, brandas e longas, abundantes, que ofrecen unha copa
densa que toma cor parda avermellada no inverno.

O tronco do monumento vexetal ten un perímetro basal de 8,20 m e permanece


indiviso ata 7,10 m de altura, onde se bifurca. Hai anos as ramas que saían da cruz
eran tres, agora soamente quedan dúas e unha gran cicatriz que nos lembra a
presenza no pasado desa terceira póla.

Ás dúas ramas que persisten volven a ramificarse pouco despois da cruz, formando
unha copa moi voluminosa e de grande tamaño, de case 14 m de diámetro.

Nome común: Criptomeria Elegante do Pazo de Oca

Nome científico: Cryptomeria japonica (L. f.) D. Don Elegans

Provincia: Pontevedra

Concello: A Estrada

Parroquia: Oca

Lugar: Pazo de Oca

Altura: 29,70 m

Perímetro normal: 4,45 m

Diámetro de copa: 13,95 m

Idade estimada: 125 anos

Árbores con historia 45


Árbores con historia 46
SOBREIRA DO PAZO DE VALIÑAS. A ESTRADA.

A súa privilexiada situación, na entrada do pazo, sen sufrir competencia doutras


árbores, permitiulle desenvolver unha armoniosa e colosal arquitectura, pero na
actualidade presenta importantes problemas, como podremias, tronzamentos e
mutilacións, que afectaron de forma importante á súa fisonomía, xa que perdeu
numerosas e significadas pólas, minguando considerablemente a súa copa.

Para evitar males maiores derivados da descompensación da arquitectura da


árbore, foi necesario instalar un sistema de cables e tensores, para garantir o
equilibrio corporal, co que esta importante árbore parece que volve a recuperar
algo de vigor.

Pensando no día en que falte, este nobre exemplar reproduciuse, e hai neste terreo
unha sobreira que aínda está lonxe de acadar a maxestuosidade da súa
proxenitora.

Nome común: Sobreira do Pazo de Valiñas

Nome científico: Quercus suber L.

Provincia: Pontevedra

Concello: A Estrada

Parroquia: San Martiño de Callobre

Lugar: Vilar

Altura: 21 m

Perímetro normal: 5,70 m

Diámetro de copa: 20,95 m

Idade estimada: 250-500 anos

Árbores con historia 47


Árbores con historia 48
SOBREIRAL DE MAGÁN. CUNTIS.

Nome común: Sobreiral de Magán.

Nome científico: Quercus suber.

Provincia: Pontevedra

Concello: Cuntis.

Lugar: Magán-Estacas.

Árbores con historia 49


ARAUCARIA DO BRASIL DO PARQUE DE CALDAS DE REIS. CALDAS DE
REIS.

A araucaria do Brasil é unha árbore sempreverde do grupo das coníferas, orixinaria


de América do Sur. O tronco non se divide ata que se ramifica na parte superior
con ramas arqueadas que deseñan unha característica arquitectura.

As follas son triangulares, alternas espiraladas e algo punzantes, as flores son


unisexuais e as piñas grandes. Cultívase en parques e xardíns de localidades
galegas de suave climatoloxía.

O seu tronco, cun perímetro basal de 2,85 m e cuberto desde a base por pequenas
ramiñas, érguese maxestuoso sobre as demais árbores que a acompañan no
parterre no que está situada, medrando ata 32 m de altura dereito e vertical, pola
competencia á que está sometida a araucaria no xardín. A primeira ramificación
importante aparece aos 10 m de altura, quizais pola competencia xa mencionada e
pola exposición aos ventos dominantes.

A copa fórmase no terzo superior da árbore e ten aspecto desordenado e irregular,


amosando pólas verdes soamente na zona apical, como é habitual nesta especie,
acadando un diámetro de 15,20 m.

O seu estado sanitario é bo, aínda que sería conveniente unha poda de
saneamento na copa para eliminar as ramas secas.

Nome común: Araucaria do Brasil do Parque de Caldas de Reis.

Nome científico: Araucaria angustifolia (Bertol.) O. Kuntze

Provincia: Pontevedra

Concello: Caldas de Reis

Parroquia: Caldas de Reis

Lugar: Parque de Caldas de Reis

Altura: 32 m.

Perímetro normal: 2,10 m.

Diámetro de copa: 16,20 m.

Idade estimada: 125 anos.

Árbores con historia 50


Árbores con historia 51
CUNNINGHAMIA DO PARQUE-XARDÍN DE CALDAS DE REIS. CALDAS DE
REIS.

O seu tronco, monopódico, medra dereito, case vertical, tratando de evitar a


competencia cos demais elementos arbóreos do parque. O tronco permanece sen
ramificar ata unha altura de 5 m, case coincidindo coa altura das camelias e outros
arbustos que a acompañan.

As ramas de maior talle aparecen a maior altura e seguen un patrón común e


bastante frecuente nesta especie: ausencia de follas na parte basal das pólas para
concentrarse nas zonas apicais, dándolle á copa aspecto irregular, pouco vistoso e
nada harmonioso.

Nome común: Cunninghamia do Parque-Xardín de Caldas de Reis

Nome científico: Cunninghamia lanceolata (Lamb.) Hook. f.

Provincia: Pontevedra

Concello: Caldas de Reis

Parroquia: Caldas de Reis

Lugar: Parque-xardín de Caldas de Reis

Altura: 31m

Perímetro normal: 1,70 m

Diámetro de copa: 11,60 m

Idade estimada: 100 anos

Árbores con historia 52


Árbores con historia 53
CIPRÉS DE CALIFORNIA DO PAZO DE QUINTÁS. MEIS.

Árbore cun porte maxestuoso, este ciprés acada unha altura de 33 m, pero, aínda
así, quizais sexa o tronco o máis destacado desta notable conífera.

Dotado de grandes contrafortes e con numerosos tocos de forma redondeada, o


fuste, de 11,36 m de perímetro basal, ten numerosas fisuras verticais que acadan a
altura da cruz, a 5,20 m do chan, e algunhas delas ascenden incluso polas ramas
principias e secundarias ata alcanzar as zonas máis altas da copa.

Recentemente foi sometido a unha actuación restauradora da copa pero varias


ramas principias amosan feridas producidas pola caída de pólas. O paso do ciclón
Hortensia en 1980 e a idade do exemplar son os principais responsables dos danos
na copa, que a pesar de todo presenta un aspecto bastante vigoroso que non fai
temer pola súa integridade nun futuro próximo.

Nome común: Ciprés de California do Pazo de Quintás

Nome científico: Cupressus macrocarpa Hartweg.

Provincia: Pontevedra

Concello: Meis

Parroquia: Quintás

Lugar: Pazo de Quintás

Altura: 33 m

Perímetro normal: 9,19 m

Diámetro de copa: 23,90 m

Idade estimada: 120-130 anos

Árbores con historia 54


Árbores con historia 55
CARREIRA DE EUCALIPTOS DO PAZO DE BARRANTES. RIBADUMIA.

Sen dúbida estamos ante unhas aliñacións de eucaliptos das mellores de Galicia,
formadas por numerosos pés de fermosa feitura, grandes dimensións e bo estado
sanitario.

Dúas ringleiras de eucaliptos, situadas a ambos os lados do camiño de entrada,


acompáñannos durante 200 m pola propiedade do pazo. Os pés, que superan o
centenar, posúen grandes contrafortes basais, configurando bases dos fustes que
semellan patas de elefante.

Como sucede habitualmente nestes conxuntos, preséntanse diversas formas e


tamaños, incluso varios pés coa copa minguada pola perda de ramaxe e pola
competencia cos seus veciños.

Nome común: Carreira de eucaliptos do Pazo

de Barrantes

Nome científico: Eucalyptus globulus Labill.

Provincia: Pontevedra

Concello: Ribadumia

Parroquia: Barrantes

Lugar: Pazo de Barrantes

Altura: 37, 44 e 32 m

Perímetro normal: 8,10; 6,10 e 5,60 m

Diámetro de copa: 29,50; 20 e 23 m

Idade estimada: 100-125 anos

Árbores con historia 56


Árbores con historia 57
CEDRO DO LÍBANO DO PAZO DE LOURIZÁN. PONTEVEDRA.

D. Eugenio Montero Ríos, importante político liberal de finais do século XIX e


comezos do XX, adquiriu o predio de Lourizán, na parroquia de Placeres, concello
de Pontevedra, en 1879, e mellorou notablemente os xardíns e ergueu a finais do
século XIX o actual pazo. Hoxe en día o predio é propiedade da Deputación
Provincial de Pontevedra, que a cedeu por un convenio á Xunta de Galicia, quen a
converteu a súa vez en sede do Centro de Información e Investigación Ambiental,
dependente da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Fronte ás escalinatas principias do pazo atopamos o que sen dúbida é un dos


exemplares de cedro máis notables de Galicia, plantado na época de Montero
Ríos.

Amosa un tronco cilíndrico e robusto, do que xorden as primeiras ramas a 3,10 m


de altura, erguidas e de grande tamaño. A ramificación terciaria, case horizontal,
conforma unha copa ampla, maxestosa, equilibrada e ben conformada.

O estado sanitario é bo, aínda que sofre episodios de defoliación periodicamente.

Nome común: Cedro do Líbano do Pazo de Lourizán

Nome científico: Cedrus libani A. Rich.

Provincia: Pontevedra

Concello: Pontevedra

Parroquia: Lourizán

Lugar: Pazo de Lourizán

Altura: 32,30 m

Perímetro normal: 5,38 m

Diámetro de copa: 27,00 m

Idade estimada: 100-130 anos

Árbores con historia 58


Árbores con historia 59
METASEQUOIA DO PAZO DE LOURIZÁN. PONTEVEDRA.

A metasequoia é unha árbore caducifolia do grupo das coníferas con gran valor
científico, considérase un fósil vivente, e ornamental, pois as súas follas, aciculares
e subdísticas, vístense de fermosas cores antes de caer, amarela primeiro e parda
avermellada máis tarde. As sementes fórmase nun cono leñoso.

Esta especie considerouse extinguida ata o ano 1941, cando se atopou vivindo no
surleste da China. Polo tanto é moi rara a presenza en Europa de exemplares con
máis de medio século de vida. A idade, maxestosidade, dendrometría e excelente
arquitectura converten a metasecuoia de Lourizán nun exemplar único.

O tronco, monopódico, non perde a verticalidade en ningún momento, acadando


unha altura de 33,20 m. A casca, de cor parda-avermellada, despréndese
tardamente en finas tiras. O fuste ramifícase a partir de 5 m de altura,
dispoñéndose as pólas arredor do tronco, de forma radial, reducindo a súa
lonxitude coa altura para configurar unha copa cónica espectacular.

O seu gran vigor e situación na que se atopa permítenlle liberarse da competencia


de outros exemplares arbóreos plantados nas proximidades.

Nome común: Metasequoia do Pazo de Lourizán

Nome científico: Metasequoia glyptostroboides

H. Hu. & Cheng

Provincia: Pontevedra

Concello: Pontevedra

Parroquia: Lourizán

Lugar: Pazo de Lourizán

Altura: 33,20 m

Perímetro normal: 2,54 m

Diámetro de copa: 11,80 m

Idade estimada: 40-60 anos

Árbores con historia 60


Árbores con historia 61
CASTIÑEIROS XAPONESES E CHINESES DO PAZO DE LOURIZÁN.
PONTEVEDRA.

Estes castiñeiros asiáticos, resistentes á doenza da tinta, introducíronse no século


pasado para facer cruzamentos co castiñeiro do país coa finalidade de obter
castiñeiros resistentes á enfermidade e con produtos, madeira e froitos, de mellor
calidade que os dos castiñeiros xaponeses e chineses. Non se trata de individuos
de moi avanzada idade nin de carácteres dendrométricos espectaculares, sendo o
seu maior mérito que dos exemplares destes rodais proceden os castiñeiros
resistentes que se veñen empregando desde hai anos en plantacións forestais en
Galicia.

As características morfolóxicas dos individuos das dúas formacións son moi


parecidas, malia que os castiñeiros xaponeses ocupan maior superficie e, polo que
hai maior número de exemplares, os cales medran inclinados sobre a estrada por
estar en pendente e ter que competir con varios eucaliptos.

Nome común: Castiñeiros xaponeses e chineses do Pazo de Lourizán

Nome científico: Castanea crenata Sieb. & Zucc.; Castanea mollisima Blume Mill

Provincia: Pontevedra

Concello: Pontevedra

Parroquia: Lourizán

Lugar: Pazo de Lourizán

Altura: 17,05 e 22 m

Perímetro normal: 1,25 e 1,20 m

Diámetro de copa: 10,47 e 10,00 m

Idade estimada: 80 anos

Árbores con historia 62


Árbores con historia 63
AVELEIRA DO PAZO DE LOURIZÁN. PONTEVEDRA.

O exemplar é con seguridade o de maiores dimensións de Galicia e posiblemente


tamén o de maior idade, aínda que no Pazo do Rosal (Neda) hai tamén un
conxunto que habería que ter en conta.

O fuste ramifícase casi desde a base e ten unhas dimensións pouco normais para
individuos desta especie.

Na copa posúe algunhas ramas secas que non parecen afectar demasiado o seu
estado de saúde, sen embargo sería interesante averiguar que causa estas
alteracións para evitar perder o exemplar.

Posúe carpóforos na base.

Nome común: Aveleira do Pazo de Lourizán

Nome científico: Corylus avellana L.; Betulaceae

Provincia: Pontevedra

Concello: Pontevedra

Parroquia: Lourizán

Lugar: Pazo de Lourizán

Altura: 9,90 m

Altura ata ramificación: 0,70 m

Diámetro de copa: 10,70 e 11,40 m

Proxección de copa: 10,70 m²

Idade estimada: máis de 100 anos

Árbores con historia 64


Árbores con historia 65
CRIPTOMERIA DO PAZO DE LOURIZÁN. PONTEVEDRA.

O exemplar é con seguridade o de maiores dimensións de Galicia e posiblemente


tamén o de maior idade, aínda que no Pazo do Rosal (Neda) hai tamén un
conxunto que habería que ter en conta.

O fuste ramifícase casi desde a base e ten unhas dimensións pouco normais para
individuos desta especie.

Na copa posúe algunhas ramas secas que non parecen afectar demasiado o seu
estado de saúde, sen embargo sería interesante averiguar que causa estas
alteracións para evitar perder o exemplar.

Posúe carpóforos na base.

Nome común: Criptomeria do Pazo de Lourizán

Nome científico: Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don.

Provincia: Pontevedra

Concello: Pontevedra

Parroquia: Lourizán

Lugar: Pazo de Lourizán

Altura: 35,4 m

Altura ata ramificación: 12,1 m

Perímetro basal: 4,30 m

Perímetro: 3,03 m

Diámetro de copa: 10,10 e 12,60 m

Proxección de copa: 101,2 m²

Árbores con historia 66


Árbores con historia 67
SECUOIA VERMELLA DO PAZO DE LOURIZÁN. PONTEVEDRA.

Trátase dunha secuoia de grandes dimensións, sendo unha das de maior altura de
Galicia.

A base do seu tronco está bastante deteriorada polo costume dos visitantes de
golpear o fuste para comprobar se a corteza e branda ou non. A copa está bastante
mermada pola forte competencia que sufre o atoparse rodeada de outra secuoia,
un calocedro e un camecíparis de grandes dimensións.

Nome común: Sequoia vermella do Pazo de Lourizán

Nome científico: Sequoia sempervirens (D. Don) Endl.

Provincia: Pontevedra

Concello: Pontevedra

Parroquia: Lourizán

Lugar: Pazo de Lourizán

Altura: 43,4 m

Altura ata ramificación: 8,2 m

Perímetro basal: 5,10 m

Perímetro: 3,40 m

Diámetro de copa: 10,90 - 10,80 m

Proxección de copa: 92,45 m²

Árbores con historia 68


Árbores con historia 69
SOFORA PENDULA DO PAZO DE LOURIZÁN. PONTEVEDRA.

A sofora do Pazo de Lourizán pódese considerar única en Galicia, xa que


atopamos moitos individuos da especie, pero moi poucos pertenecentes o cultivar
“pendula”, hai outros na Praza Maior de Lugo, pero este é o de maior envergadura.

De fuste retorcido, rapidamente comeza a ramificarse con ramas tamén retortas. O


seu estado de saude non é o mellor posible, xa que se atopa oco desde a base ata
a cruz, posuíndo moitas pudricións e tronzaduras o longo desta distancia.

Nome común: Sofora Pendula do Pazo de Lourizán

Nome científico: Sophora japonica L. pendula

Provincia: Pontevedra

Concello: Pontevedra

Parroquia: Lourizán

Lugar: Pazo de Lourizán

Altura: 7,3 m

Altura ata ramificación: 2,3 m

Perímetro basal: 2,10 m

Perímetro: 1,80 m

Diámetro de copa: 6,80 – 7,60 m

Proxección de copa: 40,70 m²

Árbores con historia 70


Árbores con historia 71
CEDROS DO HIMALAIA DOS XARDÍNS DE VICENTI. PONTEVEDRA.

Os cedros son árbores sempre verdes, do grupo das coníferas, frecuentes en


parques e xardíns galegos. Adoitan cultivarse tres especies, o cedro do Atlas, do
norte de África, o cedro do Líbano, de Asia Menor, e o cedro chorón do Himalaia,
cuxo nome vulgar alude á súa procedencia, pero tamén se observan adoito nas
zonas verdes estirpes que proceden de cruzamentos entre esas especies.

Amosan os cedros dos xardíns pontevedreses de Vicenti, popularmente coñecidos


tamén co nome de As Palmeiras, tanta variedade morfolóxica como número de
individuos hai no recinto, pois as podas, a competencia con outras árbores e
incluso os ventos van moldeando a súa fisionomía.

De fustes grosos e robustos, dous ramifican moi abaixo, tomando forma de


candeeiro, con ramificacións inicialmente horizontais pero pronto nidiamente
verticais e formando copas bastante abertas. Os outros dous teñen ramificación
máis desordenada, máis confusa, xa que aparecen na cruz pólas truncadas, o que
dá lugar a copas máis irregulares.

O estado sanitario é bo, aínda que todos precisan unha poda sanitaria de limpeza
da ramaxe morta presente nas copas. O parque de xogos infantís que hai nas
Palmeiras vaise trasladar arredor dun dos cedros máis notables, o que está máis
preto da Deputación Provincial, a carón de onde estaba a gaiola das aves.
Agardemos que as cousas se fagan con sentidiño e sen causar dano ao
monumento vexetal.

Nom e com ún: Cedros do Him alaia dos Xardíns de Vicenti

Nome científico: Cedrus deodara (D. Don) G. Don

Provincia: Pontevedra

Concello: Pontevedra

Parroquia: Pontevedra

Lugar: Xardíns de Vicenti

Altura: 25,90; 24,90; 17,20 e 20,7 m

Perímetro normal: 4,50; 4,10; 3,67 e 4,15 m

Diámetro de copa: 22,50; 20,90; 20,70 e 21,10 m

Idade estimada: 100 anos

Árbores con historia 72


Árbores con historia 73
CARBALLO DA CAPELA DE SANTA MARGARIDA. PONTEVEDRA.

Na súa base un banco de pedra de grandes dimensións apóiase no seu fuste,


inclinándose o tronco nesa dirección, parecendo apoiarse no banco.

O fuste está aberto pola metade desde a base ata a cruz, amosando unha enorme
fenda na que se observa madeira morta e moitas galerías de insectos
cerambícidos. A casca está densamente recuberta por brións, couselos e fentas.

Da cruz, situada a 3,40 m de altura sobre do chan, saen dúas grandes ramas que
forman unha copa de grandes dimensións, máis de 21 m de diámetro, máis ancha
que alta, que cruza a estrada de acceso á capela.

O seu estado de conservación e sanitario é bastante deficiente, pero está vixiado e


coidado. No pasado aplicóuselle cirurxía arbórea e colocáronse tensores para
evitar desprendementos. A pavimentación da praza na que medra, a carónda
capela, sen deixar suficiente espazo na base da árbore, contribúe a deteriorala. En
anos húmidos é atacada polo oídio.

Nas súas proximidades había unha fonte milagrosa, na que se lavaban os leprosos
coa esperanza de limparse e curar.

O carballo é testemuña vivente do que foi unha gran carballeira, coñecida co nome
de “Carballeira dos Gafos”, é dicir, dos leprosos.

Nome común: Carballo da Capela de Santa Margarida

Nome científico: Quercus robur L.

Provincia: Pontevedra

Concello: Pontevedra

Parroquia: Mourente

Lugar: Capela de Santa Margarida

Altura: 18,40 m

Perímetro normal: 8,50 m

Diámetro de copa: 21,35 m

Idade estimada: 500-800 anos

Árbores con historia 74


Árbores con historia 75
ARAUCARIA DA CARBALLEIRA. PONTEVEDRA.

Nome común: Araucaria da Carballeira

Nome científico: Araucaria bilwillii

Provincia: Pontevedra

Concello: Pontevedra

Lugar: Carballeira

Altura: 25,40 m

Perímetro basal: 3,80 m

Diámetro de copa: 11 m

Árbores con historia 76


METROSIDEROS ROBUSTA DA FINCA DE BESADA. POIO.

Único exemplar de grandes dimensións atopado en Galicia, polo que o seu interese
é moi alto.

A copa vexeta cara a estrada xa que polos outros lados compite con araucarias,
secuoias, cedros e criptomerias entre outros, todos de maior tamaño que o
metrosideros. A finca é unha colección botánica con gran variedade de especies
exóticas.

Nome común: Metrosideros robusta do Pazo de Besada

Nome científico: Metrosideros robusta A. Cunn.

Provincia: Pontevedra

Concello: Poio

Parroquia: Poio

Lugar: Pazo de Besada

Altura: 15,7 m

Altura ata ramificación: 3,2 m

Perímetro basal: 2,63 m

Perímetro: 1,91 m

Diámetro de copa: 9,80 e 10,60 m

Proxección de copa: 81,71 m²

Árbores con historia 77


Árbores con historia 78
FIGUEIRA DO MECO. O GROVE.

A figueira é unha árbore caducifolia da rexión mediterránea que se cultiva adoito


nas hortas galegas como planta froiteira e que aparece naturalizada nalgunhas
comarcas de Galicia. As follas son grandes e alternas, con longos pecíolos, e as
flores dispóñense en inflorescencias especiais, siconos, que son os figos, os cales,
cando maduran, levan no seu interior os verdadeiros froitos, de tipo aquenio ou
núcula.

O máis chamativo do exemplar catalogado quizais sexa o lugar escollido para


medrar, colgada dunha pequena fenda dunha parede granítica, como se dunha
planta pioneira se tratase.

Ducias de pequenas ramiñas saen da parede para formar unha pequena copa con
forma ovado-globosa que non se chega a poboar completamente de follaxe,
seguramente pola falta de achegas hídricas e nutricionais e pola incidencia do
vento mareiro.

Conta o padre Sarmiento a historia do Meco, unha lenda dos séculos XV ou XVI.
Este personaxe, cura da vila mariñeira do Grove, era mullereiro, libertino e larpeiro,
e exercía o dereito de pernada. A súa debilidade eran as mulleres, e foron estas as
que o aforcaron colgándoo dunha figueira no monte Siradella. No posterior xuízo,
cando o xuíz preguntou quen aforcara o Meco, os grovenses responderon:
¡matámolo todos!...e a figueira desde aquela dá figos vermellos, pois levan o
sangue do Meco.

Nome común: Figueira do Meco

Nome científico: Ficus carica L.

Provincia: Pontevedra

Concello: O Grove

Parroquia: Monte A Siradella

Lugar: Mirador Monte A Siradella

Altura: 5 m

Perímetro normal: Formado por moitos abrollos que

saen dos penedos

Diámetro de copa: 2,5 m

Idade estimada: Máis de 100 anos

Árbores con historia 79


Árbores con historia 80
SALGUEIRO DA BRAÑA DE XAFARDÁN. VILANOVA DE AROUSA.

Nome común: Salgueiro da Braña de Xafardán.

Nome científico: Salix atrocinerea.

Provincia: Pontevedra

Concello: Vilanova de Arousa.

Lugar: Deiro.

Altura total: 14,4 m

Diámetro de copa: 19,1 - 20 m

Árbores con historia 81


ALCANFOREIROS DO PAZO DE RUBIÁNS. VILAGARCÍA DE AROUSA.

O alcanforeiro é unha árbore asiática perennifolia e aromática, con follas simples


subopostas, de cor verde brillante pola face. Flores bisexuais de cor branca
amarelada e froito carnoso. Non é común en Galicia.

No pontevedrés Pazo de Rubiáns atopamos varios alcanforeiros, árbores pouco


comúns na xeografía galega. Entre os do Catálogo galego de árbores senlleiras
destaca pola súa monumentalidade e impresionante porte o exemplar máis próximo
ao bosque.

O fuste, cun perímetro basal de 5,10 m, permanece sen ramificar ata unha altura
de 2,80 m, onde forma a cruz e comeza a ramificarse, nacendo ramas en todas as
direccións, configurándose unha copa aberta, moi equilibrada e de grandes
dimensións, cun diámetro que supera os 22 m.

O seu estado sanitario é moi bo e a produción de sementes viables excelente, a


teor do que se pode observar baixo das copas, pois aparece o chan cuberto de
sementes e plántulas.

Nome común: Alcanforeiros do Pazo de Rubiáns

Nome científico: Cinnamomun camphora (L.)

Siebold

Provincia: Pontevedra

Concello: Vilagarcía de Arousa

Parroquia: Rubiáns

Lugar: Pazo de Rubiáns

Altura: 19,10 e 14,30 m

Perímetro normal: 3,75 e 2,20 m

Diámetro de copa: 22,75 e 8,90 m

Idade estimada: 100-120 anos

Árbores con historia 82


Árbores con historia 83
MAGNOLIAS GRANDIFLORAS DO PAZO DE RUBIÁNS. VILAGARCÍA DE
AROUSA.

Aínda que en Galicia crecen varios exemplares monumentais de magnolia


grandiflora, as do Pazo de Rubiáns posúen unha característica que as diferenza
das demais, pois as primeiras ramas medran cara abaixo, apoiándose finalmente
no solo.

Os troncos están provistos de robustos contrafortes que soben ata a cruz e as


copas, de gran vistosidade, son moi amplas e bastante regulares.

O estado sanitario amosa deficiencias, xa que nos troncos de ambos aparecen


ocos sen cicatrizar e carpóforos de fungos da madeira. Nas copas tamén se
aprecian ramiñas secas e síntomas de defoliación, non sendo polo de agora a
situación alarmante.

Nome común: Magnolias Grandifloras do Pazo de Rubiáns

Nome científico: Magnolia grandiflora L.

Provincia: Pontevedra

Concello: Vilagarcía de Arousa

Parroquia: Rubiáns

Lugar: Pazo de Rubiáns

Altura: 18,90 e 19,00 m

Perímetro normal: 5,20 e 4,50 m

Diámetro de copa: 19,35 e 18,10 m

Idade estimada: 150-200 anos

Árbores con historia 84


Árbores con historia 85
TAXODIOS DO XARDÍN DE ARTIME. VILAGARCÍA DE AROUSA.

O taxodio ou ciprés calvo é unha árbore conífera orixinaria de América do Norte,


con follas aciculares, alternas subdísticas, caedizas, e piñas redondeadas de
tamaño pequeno. Medra en lugares húmidos polo que ten raíces aéreas que
emerxen do solo (neumatóforos). Cultívase, aínda que non adoito, en parques e
xardíns de Galicia.

No xardín crecen tres exemplares de taxodio, dous con ramificación monopódica,


formando unha copa piramidal que, no máis grande, acada 32,60 m de altura.

O terceiro destaca pola súa morfoloxía e polas súas dimensións, que o converten
no de maior dendrometría de España, seguido polo do Real Xardín Botánico de
Madrid. O tronco, cun perímetro basal de 7,45 m, permanece indiviso ata 3,80 m,
onde saen 3 potentes brazos que conforman a copa.

No interior da copa obsérvanse varias ramiñas secas, así como unha boa
poboación de couselos que medran sobre o tronco e pólas pola cara norte,
denunciando a presenza dalgunhas podremias.

No entorno crecen moitas árbores de gran tamaño, con intensa competencia entre
elas, pero a pesar diso o seu estado sanitario e aspecto xeral son bos.

Nome común: Taxodios do Xardín de Artime

Nome científico: Taxodium distichum (L.) Rich.

Provincia: Pontevedra

Concello: Vilagarcía de Arousa

Parroquia: Carril

Lugar: Xardíns de Artime

Altura: 31,10 e 32,60 m

Perímetro normal: 6,03 e 3,95 m

Diámetro de copa: 15,05 e 14,05m

Idade estimada: 100-150 anos

Árbores con historia 86


Árbores con historia 87
ARAUCARIA EXCELSA DO PAZO DE RUBIÁNS. VILAGARCÍA DE AROUSA.

Nome común: Taxodios do Xardín de Artime

Nome científico: Araucaria heterophylla (Salisb.) Franco.

Provincia: Pontevedra

Concello: Vilagarcía de Arousa

Lugar: Pazo de Rubiáns.

Altura: 32,20 m

Perímetro basal: 3,40 m

Diámetro de copa: 13,20 – 15,00 m

Árbores con historia 88


PALMEIRA DATILEIRA DO MOSTEIRO DE HERBÓN. PADRÓN.

A palmeira datileira é unha árbore do norte de África que, como case todas as
palmeiras ten un tronco indiviso que leva no seu ápice un penacho de follas, neste
caso de gran tamaño e bipinnadas (de tipo palma). É unha palmeira con
importancia económica polos seus froitos e cultívase tamén como árbore de adorno
en parques e xardíns, pero non é común en Galicia.

A base do estipe está engrosada polo recubrimento de raíces adventicias e brións,


acadando un perímetro de 3,64 m, que se reduce a 1,30 m á altura normal, medida
que se mantén ata a base da coroa.

O estípite é erguido, dereito e esvelto, con ornamentacións anulares formadas


polas cicatrices que deixan as follas ao caer, rematado polo penacho foliar que
comeza a unha altura de 15,60 m sobre o chan, acadando a árbore unha

altura total de 19,80 m e un diámetro de copa de 6,25 m.

Esta palmeira agarda con paciencia, ano tras ano, a reposición da súa parella,
árbore irmá que desapareceu hai tempo.

Nome común: Palmeira datileira do Mosteiro de Herbón

Nome científico: Phoenix dactylifera L.

Provincia: A Coruña

Concello: Padrón

Parroquia: Herbón

Lugar: Mosteiro de Herbón

Altura: 19,80 m

Perímetro normal: 1,30 m

Diámetro de copa: 6,25 m

Idade estimada: 125-150 anos

Árbores con historia 89


Árbores con historia 90
FIGUEIRA DA CASA-MUSEO DE ROSALIA DE CASTRO. PADRÓN.

O aspecto xeral desta figueira é bastante malo. A súa base está fendida,
atravesando esta fenda o tronco, xa de por si bastante deteriorado, con zonas
descascadas. Á altura de 2,20 m apréciase a cruz, arredor da cal comeza a
ramificarse a árbore, formada por pequenas pólas que medran en todas as
direccións, sen formar unha copa ampla.

O conxunto está suxeitado por un gran contraforte de ferro, xa que o feble tronco
non pode aguantar a copa.

O seu estado sanitario é deficiente e a dendrometría non é especialmente notable,


radicando o maior interese desta árbore na súa vinculación coa poetisa Rosalía de
Castro, pois seguramente foi ela quen a plantou e cítaa no poema Adiós, ríos;
adiós, fontes, incluído no seu poemario Cantares Gallegos.

Nome común: Figueira da Casa-Museo de

Rosalía de Castro

Nome científico: Ficus carica L.

Provincia: A Coruña

Concello: Padrón

Parroquia: Padrón

Lugar: Casa-Museo de Rosalía de Castro

Altura: 5,70 m

Perímetro normal: 1,56 m

Diámetro de copa: 5,95 m

Idade estimada: 100-150 anos

Árbores con historia 91


Árbores con historia 92
PLÁTANOS DE SOMBRA DO PASEO DO ESPOLÓN. PADRÓN.

Dan sombra ao paseo exemplares de plátano de sombra de fermoso porte, cunha


estrutura común: de 1 a 2 m de tronco libre de ramificacións para logo formar a
cruz, da que saen as ramas principais, moi abertas e orientadas en todas as
direccións, para cubrir o maior espazo posible, configurando copas moi amplas e
regulares.

Nos ápices das ramas principais fórmanse as chamadas "cabezas de gato", tocos
ou verrugas derivadas das podas reiteradas na mesma zona.

Os perímetros basais oscilan entre 3 e 5 m e a altura ata as cabezas de gato, nos


exemplares podados, é de 10 m.

Moitos exemplares presentan polo tronco ocos e zonas podres, pero o seu estado
sanitario é xeralmente bo.

Nome común: Plátanos de Sombra do Paseo do

Espolón de Padrón

Nome científico: Platanus hispanica Mill ex

Muenchh.

Provincia: A Coruña

Concello: Padrón

Parroquia: Padrón

Lugar: Xardín Artístico de Padrón

Altura: 10,60 e 10,10 m

Perímetro normal: 3,38 e 4,02 m

Diámetro de copa: 9,45 e 5,95 m

Idade estimada: 100-125 anos

Árbores con historia 93


Árbores con historia 94
CARBALLO FASTIXIADO DO XARDÍN HISTÓRICO. PADRÓN.

A base do tronco, provista de grandes contrafortes para robustecer a súa ancoraxe


ao chan, ofrécenos un perímetro de 6,35 m, que se reduce onde rematan os
contrafortes a 3,50 m.

O tronco permanece indiviso e sen ramificar ata 3,80 m de altura, cando se forma a
cruz, da que nacen as ramificacións que configuran unha copa piramidal-columnar
que acada unha altura de 25,70 m e un diámetro de 14,40 m.

O seu estado sanitario é bo, aínda que amosa o tronco cicatrices derivadas de
labores culturais deficientemente realizados, pero que en ningún caso
comprometen a integridade desta maxestosa, singular e monumental árbore.

Nome común: Carballo fastixiado do Xardín Histórico de Padrón

Nome científico: Quercus robur L. Fastigiata

Provincia: A Coruña

Concello: Padrón

Parroquia: Padrón

Lugar: Xardín Histórico de Padrón

Altura: 25,70 m

Perímetro normal: 3,47 m

Diámetro de copa: 14,40 m

Idade estimada: 100-150 anos

Árbores con historia 95


Árbores con historia 96
CASTIÑEIRO DE INDIAS DO XARDÍN ARTÍSTICO. PADRÓN.

O castiñeiro de indias é unha árbore caducifolia orixinaria do surleste de Europa,


coas follas grandes, opostas, palmeado-compostas, con sete ou nove foliolos coa
beira serrada. As flores, de cor branca, pentámeras e bisexuais, agrúpanse en
inflorescencias erguidas grandes e vistosas. Os froitos son cápsulas, e as
sementes, as coñecidas castañas de indias. Cultívase adoito en parques e xardíns
de Galicia.

Tal vez o máis chamativo e valioso deste notable exemplar sexa que nos ofrece a
posibilidade de contemplar un castiñeiro de indias non sometido a tratamentos
periódicos de poda nin á competencia con outras árbores. O resultado é unha
árbore que amosa unha extraordinaria copa cilíndrica ou columnar, difícil de
observar en individuos desta especie.

O tronco ten un perímetro basal de 7,35 m, pero redúcese axiña e mide soamente
3,50 m á altura do peito, erguéndose dereito. Ese forte engrosamento na base do
tronco, formando como contrafortes, é unha estratexia da árbore para soportar con
estabilidade a robusta, ampla e equilibrada copa.

A 4,90 m do chan fórmase a cruz e comeza a estrutura da copa, que acada unha
altura de 31 m, o que o converte no castiñeiro de indias galego de maior altura.

Amosa un estado sanitario satisfactorio.

Nome común: Castiñeiro de Indias do Xardín Artístico de Padrón

Nome científico: Aesculus hippocastanun L.

Provincia: A Coruña

Concello: Padrón

Parroquia: Padrón

Lugar: Xardín Artístico de Padrón

Altura: 31,10 m

Perímetro normal: 3,48 m

Diámetro de copa: 16,80 m

Idade estimada: 100 anos

Árbores con historia 97


Árbores con historia 98
COROA DE CRISTO DO XARDÍN HISTÓRICO. PADRÓN.

Singular exemplar da asiática e caducifolia árbore do amor, así chamada por ter
follas con forma de corazón, ou árbore de Xudas, denominación que recibe porque
segundo a tradición Xudas Iscariote aforcouse guindándose dunha destas árbores.
As follas son simples, alternas e caedizas, coa beira enteira, e as flores son
pentámeras e bisexuais, de cor púrpura. Froito de tipo legume. A floración é precoz
e presenta caulifloria, aparecen flores nos talos e nas ramas, características que,
xunto coa súa rusticidade e plasticidade, fan que sexa moi utilizada en parques e
xardíns galegos.

O monumento vexetal posúe un atractivo moi especial, aínda que non se trata
dunha árbore moi vella ou de dendrometría espectacular, pois non acada 1,50 m de
altura cando está podado.

O seu pé, cun perímetro basal de 0,50 m, ramifícase con moita prontitude, á altura
de 0,25 m, onde nacen as 3 ramas principias que se ramifican profusamente e de
forma enmarañada para configurar unha singular estrutura ou armazón vexetal, de
perfil redondeado, coñecida como "Coroa de Cristo", que lle dá o nome ao
exemplar.

O seu estado sanitario é bo, pola relativa xuventude da planta e polas constantes
atencións que recibe ao medrar nun espazo verde público moi valioso.

Nome común: “Coroa de Cristo” do Xardín

Histórico de Padrón

Nome científico: Cercis siliquastrum L.

Provincia: A Coruña

Concello: Padrón

Parroquia: Padrón

Lugar: Xardín Histórico de Padrón

Altura: 1,48 m

Perímetro normal: 0,50 m (perímetro basal)

Diámetro de copa: 1,20 m

Idade estimada: 50-100 anos

Árbores con historia 99


Árbores con historia 100
SEQUOIAS VERMELLAS DO XARDÍN HISTÓRICO. PADRÓN.

A sequoia vermella é unha árbore xigante, pode superar os 100 m de altura, do


grupo das coníferas, sempre verde, orixinaria de América do Norte. Ten tronco con
casca grosa, moi fibrosa, de cor avermellada, e follas aciculares, puntiagudas, con
bandas estomáticas abrancazadas no envés, con inserción espiralada subdística,
formando ramiñas con crecementos elípticos. Flores unisexuais monoicas. As piñas
son redondeadas e de pequeno tamaño, con escamas peltadas. En Galicia
cultívase como árbore de enfeite en parques e xardíns e, escasamente, en
repoboacións forestais.

As características das dúas sequoias vermellas do Xardín de Padrón son


semellantes, pois a época de plantación, tratamentos culturais, dendrometría,
morfoloxía e estado sanitario son case os mesmos. As dúas conservan o tronco
neiloide, engrosado na base, protexido por unha grosa casca fibrosa de cor parda
avermellada, ademais da copa estreitamente piramidal e a ramificación
monopódica que son características da especie.

No contorno singular do Xardín de Padrón, de extraordinaria fermosura e de gran


aprecio popular, buscaron inspiración, segundo a tradición e fontes documentais,
poetas inmortais galegos, como o trobador medieval de Padrón Macías “O
namorado” ou Rosalía de Castro. O exemplar máis grande de secuoia vermella do
xardín recibe o nome de Sequoia de Rosalía de Castro, pois ao pé do seu tronco
adoitaba sentarse a poetisa galega máis célebre buscando a inspiración necesaria
para crear os seus sentidos versos. O outro exemplar é coñecido polo nome de
Secuoia de Macías O Namorado.

As dúas secuoias teñen amplos perímetros basais, sendo a de Rosalía a maior,


con 10 m de perímetro. Esta medida redúcese a 6 m á altura do peito, xa que esta
conífera presenta grandes contrafortes na base do fuste. As copas son piramidais,
aínda que non totalmente regulares, pola presenza dalgunha rama seca. Acadan
alturas de 35 e 33 m, bastante inferiores á altura potencial da especie.

Salvo a ausencia dalgunhas ramas nas copas e a presenza doutras secas ou con
defoliacións, o estado sanitario é bastante bo, aínda que unha das árbores sufriu
un proceso grave de defoliación hai anos, do que parece que se está a recuperar
axeitadamente tras o correspondente tratamento.

Nome común: Sequoias vermellas do Xardín Histórico de Padrón

Nome científico: Sequoia sempervirens (D.Don) Endl.

Provincia: A Coruña

Concello: Padrón

Árbores con historia 101


Parroquia: Padrón

Lugar: Xardín Histórico de Padrón

Altura: 35,20 e 33 m

Perímetro normal: 6,17 e 6,20 m

Diámetro de copa: 16,95 e 16,05 m

Idade estimada: 100-150 anos

Árbores con historia 102


PALMEIRA DO SENEGAL DO XARDÍN ARTÍSTICO. PADRÓN.

A palmeira do Senegal é unha árbore sempreverde orixinaria do Senegal. Adoitan


nacer varios pés xuntos configurando harmoniosos conxuntos de gran amplitude.
Como acostuma ser habitual nas palmeiras o talo, chamado nestas árbores estipe
ou estípite, non se ramifica e aparece coroado por un penacho de follas, que na
palmeira do Senegal son pinnadas, de tipo palma.

O monumento vexetal catalogado é unha agrupación formada por varios pés que
nacen dun punto común, polo que trataremos a súa morfoloxía considerando que
se trata dun único exemplar, por certo un dos mellores de España desta especie.

A súa base, impenetrable, está poboada por palmas que medran en gran
densidade, entrecruzándose e dificultando o acceso ao seu interior. O seu
perímetro basal mide 11 m e a formación está rodeada por unha fermosa sebe de
azaleas que realza o impresionante conxunto, facéndoo se cabe máis maxestoso.

Os pés de maior tamaño superan os 12 m de altura, tendo o conxunto un diámetro


aproximado de 15,40 m. Esta singular palmeira é moi apreciada polos veciños de
Padrón, moitos dos cales tomaban dela as palmas para o Domingo de Ramos.

O estado sanitario é bo, aínda que a competencia pola luz vai sendo máis difícil
cada vez, a medida que as árbores do xardín que están cerca dela van acadando
maior altura e configurando copas máis grandes.

Nome común: Palmeira do Senegal do Xardín Artístico de Padrón

Nome científico: Phoenix reclinata Jacq.

Provincia: A Coruña

Concello: Padrón

Parroquia: Padrón

Lugar: Xardín Artístico

Altura: 12,20 m

Perímetro normal: 13,40 m

Diámetro de copa: 15,40 m

Idade estimada: 100 anos

Árbores con historia 103


Árbores con historia 104
OLIVEIRAS DO CEMITERIO DE ADINA. PADRÓN.

É un conxunto formado por catro oliveiras situadas a carón do muro de cerramento


do cemiterio, con troncos retortos, sinuosos, con ocos e podremias de distinta
importancia.

Amosan copas irregulares e desequilibradas, con ramiñas secas e síntomas de


defoliación, seguramente como consecuencia do mal estado dos troncos.

As alturas oscilan entre os 6 m da máis cativa e os 10 m da maior e forman un


harmonioso conxunto de gran fermosura.

O estado sanitario é regular e demandan un tratamento restaurador que incremente


o vigor das copas, actualmente bastante minguado.

Nome común: Oliveiras do Cemiterio de Adina

Nome científico: Olea europaea L.

Provincia: A Coruña

Concello: Padrón

Parroquia: Iria-Flavia

Lugar: Cemiterio de Adina

Altura: 9,40; 10,00; 6,10 e 9,40 m

Perímetro normal: 1,58; 3,18; 2,80 e 1,57 m

Diámetro de copa: 8,35; 10,00; 4,25 e 10,25 m

Idade estimada: 250 anos

Árbores con historia 105


Árbores con historia 106
Árbores senlleiras con historia.

Ano 2015.

Árbores con historia 107

You might also like