You are on page 1of 10

TEMA 5 – DIDACTICA

A programación e organización dun centro de educación infantil


As unidades didácticas
Para elaborar a súa programación deben aprender non só os conceptos básicos e a terminoloxía axeitada da educación
infantil senón tamén a estrutura das diferentes unidades de traballo que debe programar.

A programación. Concepto
Que é a programación de aula?
As programacións de aula corresponden ao 3º nivel de concreción ou decisión curricular.
Son os documentos de planificación que o educador realiza para o seu grupo-aula.
Consiste no conxunto de unidades nas que se concretan todos os elementos do currículo.
Reflicte as decisións que se tomaron con relación aos elementos da proposta pedagóxica.
Pode ter carácter anual, mensual, quincenal ou semanal. Isto influirá no nº ou tamaño das unidades didácticas.
Temos que ter en conta que é un instrumento de traballo para o educador, que non é unha finalidade, é dicir, que ten
que servir para facilitar o labor. Non cumpre o seu obxectivo polo mero feito de realizala.
Debe ser flexible, servir de guía, pero non ser un corpiño, de maneira que ao levala á práctica se poidan introducir
modificacións revisándoa e achegando melloras continuas.
A programación é un documento de traballo para o educador, elaborada no marco da proposta pedagóxica.
Cando existan varios grupos da mesma idade, é necesaria a planificación dun traballo conxunto en equipo por parte dos
educadores.

Reflexione:
Na LOE di: "a autonomía pedagóxica, con carácter xeral, concretarase mediante as programacións didácticas, plans
de acción titorial e plans de orientación académica e profesional e,en todo caso,mediante proxectos educativos...
As programacións didácticas son os instrumentos de planificación curricular específicos para cada unha das áreas,
materias ou módulos".

Características e elementos das unidades didácticas


A unidade didáctica é unha unidade de traballo que está integrada por un conxunto de actividades articuladas e
coherentes entre si e que responden a uns determinados obxectivos e contidos e que se desenvolve nun tempo
determinado.
As unidades didácticas poden responder tanto á resolución das tarefas da vida cotiá do neno (a alimentación, o aseo)
coma ao coñecemento do medio social e natural (as árbores, os animais, o meu corpo...).
Para os nenos do 1º ciclo de educación I, as unidades didácticas baseadas na resolución das necesidades básicas dos
nenos adquiren unha grande importancia e teñen unha ampla duración no tempo e gran flexibilidade nos obxectivos e
contidos.
Dividir a programación en unidades máis pequenas facilita o traballo do educador, xa que lle permite proporcionarlle
coherencia ao conxunto das actividades e agrupalas en relación cos obxectivos que se pretenden conseguir.
Por outro lado, tamén lles facilita aos nenos a comprensión do sentido e da finalidade das actividades que realizan.

Reflexione
Na Orde do 19 de decembro de 2009 que establece o currículo e a ordenación da educación infantil di:
"A proposta pedagóxica en educación infantil incluirá a concreción do currículo en unidades de programación
integradoras para cada curso, as medidas de atención individualizada e de atención á diversidade, a planificación
educativa dos espazos, a organización do tempo, os criterios para a selección e o uso dos recursos materiais, as
actuacións previstas para a colaboración permanente coas familias, as pautas para a coordinación dos distintos
profesionais que interveñen no centro, así como as medidas para avaliar a práctica docente".

Elementos das unidades didácticas


Que elementos a compoñen?
Cada unidade didáctica está integrada por unha serie de elementos.
Tipos de unidades didácticas
A forma de clasificar estas unidades pode ser diversa, segundo os obxectivos que se pretendan, segundo a metodoloxía
que se utilice, segundo a súa duración etc.
Un dos criterios de clasificación bastante utilizado pode ser en función da súa permanencia no tempo, é dicir, sobre o seu
carácter temporal ou permanente.

OBXETIVOS
NUCLEO CONTENIDOS
DIDÁCTICOS

ADAPTACIONES
CURRICULARES

RECURSOS
ACTIVIDADES DIDÁCTICOS Y EVALUACIÓN
METODOLÓGICOS

El Nucleo o título, es la idea central de la unidad didáctica. Normalmente, este nucleo es el eje organizador, de todos los
demás elementos. Ejemplo: “Hacemos una excursión” o “la hora de merendar”.
Objetivos didácticos: expresan las capacidades que se van a desarrollar a lo largo de la unidad. Son más concretos.
Contenidos: Recuerdan los aprendizajes, que queremos conseguir en relación con los planteados para el ciclo.
Es preferible seleccionar pocos, significativos y directamente relacionados con las actividades que vamos a proponer,
excluyendo los que se repiten en otras unidades didácticas.
Actividades: Tan sólo en este nivel de concreción aparecen las actividades como elemento, porque sólo en este 3º nivel
se trasladan a la práctica educativa las anteriores decisiones. Al diseñar las actividades, es necesario que éstas respondan
a los principios metodológicos que deben guiar la intervención educativa (principio de actividad, globalización...)
Recursos didácticos y metodológicos: A medida que el educador diseña las actividades, es necesario prever los
recursos que necesitará, de tipo personal (ayudas complementarias de padres, otros educadores u otro personal, etc.) o de
tipo material (espacios, mobiliario, material didáctico, audiovisual, etc.).
Además, es el momento de planificar su propia acción como educador.
Evaluación: Para evaluar una unidad didáctica, como elemento principal de la evaluación continua, se precisa establecer
las estrategias que se van a utilizar para recoger información durante su puesta en práctica, y qué tipo de actividades
pueden ser utilizadas para con el objetivo de evaluar el desarrollo de la unidad.
Adaptaciones curriculares: Son las previsiones para adaptar el desarrollo de la unidad didáctica a niños concretos del
grupo que, debido a sus características y necesidades individuales, necesiten una adaptación de las propias actividades, de
la metodología utilizada, de los contenidos de aprendizaje o, en último término, de los propios objetivos que se propone
desarrollar el educador en esta unidad.

UNIDADES DIDÁCTICAS TEMPORAIS


Con características concretas dun período específico do ano:
• Que afectan a toda a actividade diaria, poden ser o período de adaptación, o período de aprendizaxe do control do pis
• Unidades que engloban un tema ou aspecto de interese determinado. Son diferentes actividades arredor dun aspecto ou
centro de interese: relacionado co medio natural ou social, tecnolóxico, imaxinación ou fantasía, os animais...
• Proxectos que engloban actividades dirixidas a un obxectivo concreto: construción dalgún obxecto, saídas, excursións...
• Talleres:dirixidos a adquirir técnicas concretas de utilización de instrumentos e materiais para construción,marionetas...
• Festas e celebracións: momentos especiais na vida do grupo, como o carnaval, a festa de fin de curso, o Nadal...

UNIDADES DIDÁCTICAS PERMANENTES


Están relacionadas coas rutinas da vida cotiá, como a comida, o descanso, a hixiene:
• Actividades habituais que se repiten en horas fixas do curso: entrada, hora do patio, merenda, despedida etc.
• Zonas ou recantos de actividade: necesitan unha programación específica que aínda que varíe expresa unha
intencionalidade educativa que xustifica a súa organización: recanto da casiña, do supermercado, de manipulación de
obxectos, de lectura, de construcións...
EJEMPLO DE UNIDADES:

PERMANETES: * Rutinas cotidianas: entrada, higiene, descanso, comidas...


* Actividades habituales: la hora del cuento, el corro, el patio...
* Zonas o rincones: juego simbólico, construcciones, manipulación plástica, lectura, agua, descanso
y juegos de mesa.

TEMPORALES: * Períodos específicos: período de adaptación, final de curso...


* Unidades temáticas: del medio(los animales, el charco...) o de la fantasía (cuento...)
* Proyectos: construimos una cabaña, hacemos un huerto, vamos de paseo.
* Talleres: barro, máscaras, disfraces, marionetas, cocina, teatro y plástica.
* Fiestas: la Navidad, Carnaval, la feria, la fiesta de fin de curso, un cumpleaños...
* Acontecimientos imprevistos: nieva, nace un bebé, un accidente, hoy llueve mucho...

Deseño e elaboración de actividades:


Como se deseñan os materiais?
O educador deben seleccionar as actividades e ter previstas cada unha delas en función das unidades didácticas.
Constitúen o último elo da planificación.
As actividades son todo aquilo que o neno realiza para levar á práctica o desenvolvemento das unidades didácticas. É, en
definitiva, a última concreción da intervención educativa e das decisións curriculares.
Débense caracterizar por:
• Seren significativas, é dicir, estaren relacionadas coas experiencias previas dos nenos.
• Permitiren a interacción entre iguais e co adulto nun clima cálido e acolledor.
• Estaren relacionadas con capacidades do neno, tanto motoras como cognitivas, afectivas...
• Estaren deseñadas, acadaren os obxectivos e contidos programados, polo que teñen que estar relacionadas con eles.
• Permitiren e favoreceren a expresión a través de diferentes linguaxes.
• Respectaren e teren en conta os ritmos de aprendizaxe e desenvolvemento de cada neno e nena.
• Reflectiren os distintos aspectos da organización, espazo, tempo, materiais.
• Facilitaren a avaliación do proceso e das dificultades que atopen os nenos e as nenas na súa realización.

Tipo de actividades:
Que tipos de actividades podemos planificar?
As actividades pódense clasificar de diferentes formas segundo elixamos uns ou outros criterios.

SEGUNDO O MOMENTO DA ACTIVIDADE

• Iniciais de motivación ou presentación: descubrir o que coñecen os nenos, as súas ideas previas, intereses...

• De desenvolvemento: serve para adquirir e afianzar as aprendizaxes e descubrimentos dos nenos.

• Finais ou de avaliación: con elas os nenos lembran o aprendido no proceso percorrido.


Achéganlle datos ao educador sobre os coñecementos adquiridos que se converterán en ideas previas no seguinte
proceso de ensino-aprendizaxe.

SEGUNDO O GRAO DE AUTONOMÍA

• Dirixidas: o educador guía a actividade do neno, dando indicacións e determinando a execución.

• Semidirixidas: o docente organiza as liñas xerais, pero déixalle ao neno liberdade para modificar algún aspecto do
desenvolvemento.

• Libres: os nenos organizan o desenvolvemento da actividade libremente.

SEGUNDO O NÚMERO DE NENOS E NENAS

• De grupo: realízana varios nenos e nenas xuntos, en pequeno ou gran grupo.

• Individuais: a realización da actividade é individual.

SEGUNDO OS ASPECTOS QUE DESENVOLVE

• Sensoriais: favorece o desenvolvemento dos sentidos: discriminación de sons, texturas etc.

• Atención e observación: paseos, actividades de horta etc.

• Psicomotrices: coordinación xeral, equilibrio, ritmo etc.

• Expresión: musical, plástica, rítmica etc.

SEGUNDO O ÁMBITO ONDE SE DESENVOLVE

• Extraescolar: fóra do horario escolar e do contexto da escola. Favorece a participación dos pais noutros contextos.

• Escolar: dentro do espazo da escola, no seu horario, para alcanzar os obxectivos educativos do currículo escolar.

Atención á diversidade. As adaptacións curriculares


Para que poidan resolver as dúbidas, deberá afondar nos seguintes aspectos:
Diversidade educativa e atención á diversidade:
A atención á diversidade ten especial importancia cando entendemos a escola infantil como unha institución aberta á
sociedade e, polo tanto, á realidade nas súas máis variadas formas, que pretende dar resposta ás características e
necesidades de todos os nenos como grupo e individualmente.
Preténdese fuxir da idea de educación igual para todos. Tense en conta a existencia dunha gran diversidade de
intereses, niveis madurativos, características persoais, capacidades, estilos de aprendizaxe, contextos familiares, culturais..
Todo isto supón un reto para os educadores, que teñen que enfrontarse a unha gran heteroxeneidade nas aulas e que,
por outra parte, tamén supón unha fonte inesgotable de experiencias enriquecedoras.
O sistema educativo ten que lles dar resposta ás características e diferenzas individuais, partindo da realidade de que
todos somos diferentes, coas nosas peculiaridades individuais, de aí o coñecido lema "todos iguais, todos diferentes".
Se existe unha diversidade educativa, deberá, polo tanto, existir unha atención á diversidade dende o sistema educativo.

Debe coñecer
As lexislacións en materia educativa dos últimos anos formuláronse este tipo de resposta e tivérona en conta:
• A LOXSE falou de alumnado con necesidades educativas especiais. (NEE)
• Na LOCE falouse de alumnado con necesidades educativas específicas. Inténtase superar a idea de "adaptacións para
alumnado que non chegaba a alcanzar os obxectivos mínimos" e ampliala tamén para aqueles alumnos que estaban por
enriba da media -superdotados- e necesitaban actividades de "ampliación".
• Na LOE establécense ambos os 2 tipos de alumnos e fálase de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
e distínguense dentro del 3 tipos:
• Alumnado que presenta necesidades educativas especiais.
• Alumnado con altas capacidades intelectuais.
• Alumnado con integración tardía no sistema educativo español.

Diversidade en educación infantil


Que se entende por diversidade educativa?
A educación infantil é unha etapa que se considera voluntaria de 0 a 6 anos e gratuíta no tramo 3 a 6. Parece que os
nenos dunha idade semellante deberían ter unhas características comúns, pero a realidade é moi diferente.
O grupo é moi diverso en canto a capacidades, desenvolvemento, estilos, aspectos socioculturais, nivel de maduración...
O educador adaptará a súa actuación ás diferenzas individuais e ofreceralle a cada neno o que necesita en cada momento.
Aínda así, existen nenos que, polas súas características individuais, necesitan atención diferente á dos seus
compañeiros, de acordo coas súas necesidades concretas.
Denomínase así cando temos alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO:


Alumnado que presenta Son os que poden ter unha ou varias discapacidades ou outros factores de efectos similares.
necesidades educativas Estas discapacidades poden ser sensoriais, psíquicas, motoras, de conducta...
especiais Poden necesitar atención ao longo de toda a escolaridade ou de forma puntual.
Alumnado con altas Correspóndelles ás administracións educativas adoptar as medidas educativas para
capacidades intelectuais identificar e valorar de forma temperá as súas necesidades.
Así mesmo, cómpre adoptar plans de actuación con eles.
Alumnado con incorporación O sistema educativo ten que favorecer a incorporación á escolarización obligatoria dos
tardía ao sistema educativo nenos que veñen doutros países. O descoñecemento da lingua é o maior problema nalgúns
español. casos, polo que se desenvolven programas específicos.

No caso de alumnos con desvantaxe social, a Administración deberá tomar as medidas para compensar as desigualdades
e ofrecerlles oportunidades educativas a todos os nenos.
Tratamento no currículo
En que aspectos afecta ao currículo a atención á diversidade?
O currículo é o mesmo para todos os nenos, a súa flexibilización e adaptación realízase no centro educativo, segundo as
características dos alumnos e do contexto.
As medidas de atención á diversidade tómanse no proxecto educativo do centro, na proposta pedagóxica e tamén nas
programacións.
A atención aos nenos con necesidades educativas especiais ou específicas debe abordala todo o equipo educativo en
colaboración coas familias.
No proxecto educativo de centro, no que se expresa a concepción do tipo de centro que queremos, deberase plasmar
como se pensa abordar a atención á diversidade dos alumnos e que medidas se adoptarán.
Recollerase todo aquilo que implique tomar medidas de atención aos alumnos por parte do equipo educativo, como a
organización de apoios e todo o que esixa un cambio de estrutura e organización do centro, como a reorganización de
horarios, espazos, funcións de educadores, profesores de apoio, equipos de atención temperá, reunións de equipos...
Na proposta pedagóxica, as decisións implican o equipo educativo, establécense decisións por ciclos, que eviten
problemas de desaxuste no progreso dos nenos. Organizaranse apoios en grupos pequenos, específicos e modificación do
currículo cando sexa necesario, tamén se deben proxectar as eliminacións de barreiras arquitectónicas, apoios de persoal
cualificado, selección de materiais de apoio. Os educadores expresan os acordos sobre as adaptacións que se realizarán
para os alumnos e que se concretarán na programación, adaptacións dos obxectivos, medidas de reforzo, organización de
apoios, medidas de atención aos alumnos...
Reflexione
Na Orde do 19 de decembro de 2007 pola que se establece o currículo e se regula a ordenación da educación se trata o
tema da atención á diversidade no artigo 9:
"... Nesta etapa é especialmente relevante a detección precoz da necesidade de apoio educativo, co fin de comezar a
atención individualizada o máis temperamente posible. Os centros atenderán o alumnado que presente necesidades
educativas especiais adoptando a resposta educativa que mellor se adapte ás súas características e necesidades persoais e
contará para iso coa colaboración dos servizos de orientación educativa."
Tipos de adaptacións curriculares
Que tipos de adaptacións curriculares podemos realizar?
A partir do currículo oficial e da proposta pedagóxica elaborada polo equipo educativo realízanse as adaptacións
curriculares necesarias en función das características e necesidades do alumnado.
As adaptacións curriculares son estratexias de planificación e actuación que se realizan para adaptar a intervención
educativa ás necesidades concretas dos nenos que o necesitan.
En cada caso necesítase un tipo de intervención determinada, non existen respostas preestablecidas nin actuacións
estándar que se poidan aplicar sen máis.

O tipo de adaptacións curriculares que se poden realizar son:


DE ACCESO

Modificacións no tipo de recursos ou na forma de utilización dalgúns recursos especiais, como o tipo de materiais, ou
que establezan a forma de comunicación que hai para que o neno teña acceso á información e poida desenvolver o
currículo ordinario.

ADAPTACIÓNS CURRICULARES

As que se realizan nos elementos do currículo para favorecer a aprendizaxe dos nenos:
• Significativas: implican modificación ou eliminación de contidos, de obxectivos ou de avaliación do currículo básico.
• Non significativas: axustes nas actividades, metodoloxía, espazos, temporización, agrupamentos.

Obxectivos Contidos Espazos e materiais Metodoloxía Avaliación

As adaptacións terán lugar nos seguintes aspectos:


• Obxectivos: especialmente nas áreas de aprendizaxe nas que o neno teña dificultades.
• Contidos: modificando a secuencia ou adaptando o nivel dos contidos.
• Espazos e materiais: analizando o espazo en función das posibilidades, características, necesidades e/ou limitacións
de cada neno. Realizando adaptacións dos materiais e xoguetes (alumnado con discapacidade visual ou auditiva).
• Metodoloxía: individualizando a atención, traballando de forma individualizada, variando o ritmo de realización das
actividades. Utilizando a mesma técnica que co resto do grupo, pero con outro ritmo.
• Avaliación: adaptando os criterios e instrumentos ás características concretas de cada neno ou nena.

As novas tecnoloxías na atención á diversidade


Os pasos para realizar unha adaptación curricular son:
• Diagnosticar e valorar a situación inicial.
• Identificar as necesidades educativas cos datos que se conseguiron.
• Determinar as adaptacións curriculares que se necesitan.
• Fixar os criterios e os instrumentos de avaliación indicados.
• Avaliar, incluíndo os criterios que servirán para decidir a promoción de etapa.
No caso da educación infantil, non é requisito a promoción de etapa ao non ser unha etapa obrigatoria.

Que nos achegan as novas tecnoloxías?


Na actualidade, as novas tecnoloxías atópanse cada vez máis ao servizo do alumnado e da escola infantil.
No caso da atención á diversidade, atopámonos coa posibilidade de acceder a múltiples recursos por parte do educador
que lle proporcionan axudas para o seu labor na aula.

Reflexione
Podemos atopar diferente normativa legal:
• Lei 13/1982 de integración social do discapacitado (BOE do 30.04.1982)
• Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16.03.1995)
• Real decreto 696/1995, do 28 de abril, de ordenación da educación de alumnos con necesidades educativas especiais
(BOE do 02.06.1995)
• Real decreto 943/2003, do 18 de xullo, polo que se regulan as condicións para flexibilizar a duración dos diversos niveis
e etapas do sistema educativo para os alumnos superdotados intelectualmente (BOE do 31.07.2003)

Por outra banda, atopamos tamén múltiples axudas dende servizos da Administración e diferentes organismos que
apoian os nenos con algúns tipos de discapacidades para lograr a súa integración nas aulas ordinarias e o seu acceso aos
recursos de aprendizaxe. PLANIFICACION, IINTERVENCION SOCIOEDUCATIVA

Programación de actividades para centros de educación non formal

NIVEIS

PLANIFICACIÓN
OUTROS
INTERVENCIÓN ELEMENTOS
PROGRAMAS
SOCIOEDUCATIVA

CENTROS
DE EDUCACION
INFORMAL
Planificación na intervención socioeducativa
Que niveis de planificación existen na intervención socioeducativa?
Podemos sinalar os seguintes:
• Plan
No que se definen as grandes liñas de actuación, é o marco de referencia que orienta e condiciona o resto dos niveis de
planificación.
• Programa
Concreta os obxectivos do plan nunha realidade determinada e para un tempo preciso. Nel márcanse as prioridades de
intervención, establécense os recursos e deséñanse as accións para conseguir as estratexias trazadas no plan.
• Proxecto
Corresponde cunha intervención individualizada que concreta as intervencións do programa. Nel defínense obxectivos,
establécense procesos e recursos para alcanzalos por medio de actuacións coordinadas e relacionadas entre si.
• Actuacións
Son as accións que, coordinadas entre si, permiten alcanzar os obxectivos indicados no proxecto.

O tipo de documentos que vimos nas epígrafes anteriores eran específicos para centros educativos, é dicir, no ámbito
formal. Noutros ámbitos, a programación tómase de forma diferente.
No caso de centros de ámbito de educación non formal, deben realizar programacións ou proxectos sempre que se leven
a cabo programas de atención, independentemente do ámbito no que se actúe.
Nestes documentos exprésanse por escrito as nosas intencións, os obxectivos que nos propoñemos, os medios dos que
dispoñemos, os recursos que necesitamos.
Planifícase a acción educativa que pretendemos poñer en marcha, dáselle sentido, e constitúen instrumentos que orientan
o traballo dos profesionais que están implicados nas devanditas programacións.
Fóra do marco escolar, os proxectos adoitan ser a forma de levar á práctica os plans e os programas de intervención de
institucións ou organismos que se dedican a promover accións educativas, de ocio, culturais, sociais e dedicadas á
infancia.
Reflexione:
Que recursos necesitamos para elaborar un proxecto?
Necesitamos os seguintes recursos: humanos (persoal necesario), funcionais (organizativos, técnicos e lexislativos),
materiais (infraestruturas, inmobles, novas tecnoloxías) e financeiros (financiamento e gastos).
Elaboración do proxecto de intervención socioeducativa
De que elementos debe constar o proxecto?

ELEMENTOS DO PROXECTO

O contexto social, Para coñecer o punto de partida das necesidades reais dos participantes.
económico e cultural

Obxectivos O que se pretende coa actuación, de acordo coa fase de diagnóstico.

Actividades Defínese o programa de actividades de acordo cos obxectivos previstos: talleres, xogos etc.

Metodoloxía Como se vai levar á práctica, con que tipo de técnicas e procedementos.

Humanos (persoas que van estar implicadas), materiais (infraestrutura, mobiliario, material
Recursos
funxible, equipos audiovisuais, deportivos, etc.), económicos (orzamento realista) etc.

Avaliación Para comprobar se respondeu aos obxectivos que se previron inicialmente e a súa coherencia.

Un proxecto no ámbito da educación non formal debe contar cos seguintes elementos:
Que aspectos debemos ter en conta para programar na educación non formal? LUDOTECA.
Podemos sinalar, entre outros servizos de atención á infancia, os seguintes:
É o servizo de atención para o tempo libre dos nenos e das nenas. Pon á súa disposición:
O persoal da ludoteca, que favorece a realización de actividades e xogos.
Un espazo amplo para utilizar como lugar de xogo e movemento.
Unha selección de xoguetes e materiais para utilizar no propio espazo da ludoteca.
Xogos e materiais para utilizalos en servizo de empréstito.
Entre os obxectivos da ludoteca podemos sinalar os seguintes:
Animar o xogo e a comunicación entre os nenos e as nenas e cos adultos.
Mellorar as relacións cos educadores e as educadoras do ámbito.
Fomentar o coñecemento dos xogos tradicionais e populares.
Entre as funcións que pode cumprir podemos sinalar as seguintes:
Empréstito de xoguetes, elaboración dun ficheiro de xoguetes, normas de funcionamento.
Dinamización e información sobre o servizo: actividades de animación dirixidas a nenos, familias, educadores... como
talleres de construción ou reciclaxe de xoguetes, talleres monográficos, charlas, coloquios, elaboración dunha guía de
orientación para a adquisición de xoguetes, dípticos ou follas informativas sobre a ludoteca etc.
Coordinación con outro tipo de servizos, como bibliotecas, outras ludotecas, centros educativos etc.

Reflexione
Un gran nº de ludotecas xurdiron por iniciativa dos concellos. En canto aos requisitos de funcionamento, réxense polas
condicións da licenza de apertura deste tipo de locais que esixa cada concello. O persoal debe estar debidamente
cualificado. O responsable debe ser o ludotecario, que serán os que organicen o seu funcionamento.
A planificación noutros servizos e programas de atención á infancia:
Como se organiza a aula hospitalaria?
A atención aos nenos en centros hospitalarios e centros de saúde foi en aumento nos últimos anos.
Podemos ter en conta a Recomendación do Consello sobre a Atención á Infancia, aprobada o 31 de marzo de 1992
polo Consello de Ministros, na que se "trata de lles proporcionar atención aos nenos" no sentido máis amplo do termo.
Neste sentido temos que ter en conta o ámbito de atención nas circunstancias nas que o neno se atopa nalgunha
situación de atención especial por enfermidade tanto no ámbito ambulatorio como no hospitalario.
A organización destes servizos será diferente.
Polo xeral, dependerá directamente das consellerías de Educación, Sanidade e Benestar Social ou Asuntos Sociais das
comunidades autónomas e implicará os ministerios de Sanidade e Consumo e de Traballo e Asuntos Sociais.
No caso das aulas ambulatorias, o tipo de organización pode implicar a existencia dun coordinador de funcionamento
das aulas dun centro ambulatorio e educadores responsables destas.
No caso das aulas hospitalarias tería que existir unha organización complexa, con coordinación de funcionamento,
educadores responsables das aulas que levarían educadores/animadores para os temas de ocio e educadores, encargados
da formación dos nenos.

Como se organiza unha granxa escola?


A estrutura de funcionamento dunha granxa escola conta normalmente, para a atención dos nenos nas actividades de ocio
e educativas, cunha persoa ou persoas responsables dela e cun equipo de educadores organizados por equipos de traballo.
En canto á estrutura e ao sistema de funcionamento, pode ter un esquema similar ao de escola infantil, é dicir, contar
cun director, un equipo directivo, un administrador, un secretario, un equipo educativo, persoal non docente (no que se
incluiría o persoal de cociña, limpeza, mantemento etc.).

O director e o equipo directivo encargaríase de:


A planificación xeral das actividades da granxa escola.
O seu sistema de organización e funcionamento, horarios de persoal, de atención a nenos, calendario...
O sistema de publicidade e oferta aos centros e usuarios en xeral.
A contratación e control do persoal.
A xestión dos recursos e materiais.

O equipo educativo pódese encargar de diferentes labores, como


Coordinar, planificar e organizar cada un dos talleres.
Previr as necesidades de cada unha das actividades que se van realizar de acordo coa programación prevista.
Organizar o funcionamento das diferentes actividades.
Seguir, controlar e avaliar as actividades.
Atender de maneira personalizada participantes nas actividades e residentes temporalmente na granxa escola.
Atender os animais da granxa e a infraestrutura desta, en función das previsións que se determinen de acordo coa
programación prevista.

Reflexione:
Todos os proxectos de ocio teñen a mesma estrutura?
Hai que ter en conta que cada un terá unhas características diferentes porque ningún dos que enunciamos son modelos
senón exemplos. Cada proxecto ou cada programa pode formularse cun sistema de organización, cunha estrutura
particular, pero existen unhas bases de sistemas de organización que nos dan pautas para organizar calquera tipo de
proxecto que queiramos iniciar.

Outros programas educativos


Que outros programas educativos ten o sistema educativo español?
Un dos principios fundamentais que sustentan a LOE trata de conseguir que todos e todas alcancen o desenvolvemento
máximo de todos as súas capacidades (intelectuais, culturais e emocionais). necesítase unha educación de calidade.
Ademais, débese garantir unha igualdade efectiva de oportunidades dándolle os apoios necesarios tanto aos centros
educativos como aos alumnos e ás alumnas.
Trátase de conciliar a calidade da educación coa equidade.
Para garantir a igualdade, o Ministerio de Educación ten os seguintes programas:

PROGRAMA

AULAS ITINERANTES
MUS - E
EN CIRCOS

LINGUA E CULTURA LINGUA ÁRABE E POBO XITANO


PORTUGUESA CULTURA MARROQUÍ
Organización do centro de educación infantil
Deberá buscar información sobre os seguintes órganos de goberno:
Estrutura e organización do centro de educación infantil e normativa legal:
Como se organiza un centro de educación infantil?
As escolas infantís están destinadas a nenos dende aprox. os 3 ou 4 meses de idade ata os 3 ou 6 anos, de acordo coas
necesidades da zona en que se atopan situadas.
DIRECCIÓN
XEFATURA DE ESTUDOS
SECRETARIA
COORDICACIÓN DOCENTE
CONSELLO ESCOLAR

En canto á súa estrutura e organización, os centros de educación infantil ou escolas infantís poden ter:
• Ambos os 2 ciclos, é dicir, toda a etapa completa de 0 a 6 anos.
• Un só ciclo, normalmente o 1º ciclo de 0-3 anos.

Todo o período de tempo que o alumnado permanece no centro está planificado educativamente.
Na xornada ordinaria inclúense tanto as actividades especificamente escolares como os momentos da comida, os hábitos
de hixiene, de descanso e o xogo.
Nas escolas públicas intégranse nenos con necesidades educativas especiais ou específicas, que reciben a atención e o
apoio psicopedagóxico que requiren no marco do currículo propio da lei de educación.
Os centros públicos permanecen abertos de setembro a xullo, cun mesmo horario durante todo o curso escolar.
O horario establece un tempo de horario ordinario de permanencia no centro, de 9.00 a 16.00 h ou de 9.30 a 16.30 h.
Nalgúns centros ofrécese un horario ampliado, que adoita abranguer o período de 7.30 h a 9.00 ou 9.30 h e de 16.00 ou
16.30 a 17.30 h, para familias que requiran, por necesidades laborais ou doutro tipo debidamente xustificadas, deixar o
neno no centro antes de iniciar a xornada ou prolongar a estancia ao finalizar esta.
A admisión dos nenos está regulada por normas establecidas pola consellería de educación de cada comunidade autónoma
Nos últimos tempos ímonos atopando, no caso de escolas infantís no medio urbano, cun modelo de centros de EI con só o
1º ciclo (0-3 anos). Isto prodúcese debido, á ampliación da oferta educativa con carácter gratuíto pero non obrigatorio
dende os 3 anos no ensino público.
O 2º ciclo (3-6 anos) estase ofrecendo de forma xeneralizada nos centros públicos que teñen educación primaria.
Noutros ámbitos prodúcese a coexistencia de centros de 0-6 anos con 0-3 anos.

Reflexione:
A cota de escolaridade establécese con relación aos ingresos económicos familiares e a composición familiar.
Os centros privados réxense polas tarifas de prezos e horarios que establezan e están controlados pola Administración
canto ao cumprimento dos requisitos e condicións.

Órganos de goberno do centro educativo: órganos unipersoais e colexiados


Nos centros existen uns órganos unipersoais e colexiados, así como tamén outros órganos de coordinación docente.
ÓRGANOS DE ÓRGANOS ÓRGANOS
COORDINACIÓN UNIPERSONAIS COLEXIADOS
DOCENTE

Cada comunidade autónoma elaborará o regulamento orgánico de centros onde especificará os órganos de goberno
das escolas infantís. Podemos distinguir:

Órganos unipersoais

• Director/a
• Xefe/a de estudos
• Secretario/a

Órganos colexiados

• Consello escolar
• Claustro

Órganos de coordinación docente

• Titores/as
• Equipos de ciclo

Órganos de goberno do centro educativo: director/a


Imos afondar nalgúns destes órganos. Que competencias ten o director?

COMPETENCIA DO DIRECTOR/A

• Exercer a representación do centro, representar a Administración educativa neste e facerlle chegar a esta as
formulacións, aspiracións e necesidades da comunidade educativa.
• Dirixir e coordinar todas as actividades do centro, sen prexuízo das competencias atribuídas ao claustro de
profesores e ao consello escolar.
• Exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos
obxectivos do proxecto educativo do centro.
• Garantir o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes.
• Exercer a xefatura de todo o persoal adscrito ao centro.
• Favorecer a convivencia no centro, garantir a mediación na resolución dos conflitos e impoñer as medidas
disciplinarias que lles correspondan aos alumnos, en cumprimento da normativa vixente sen prexuízo das
competencias atribuídas ao consello escolar.
• Impulsar a colaboración coas familias, con institucións e con organismos que faciliten a relación do centro co
ámbito e fomentar un clima escolar que favoreza o estudo e o desenvolvemento de cantas actuacións propicien unha
formación integral en coñecementos e valores dos alumnos.
• Impulsar as avaliacións internas do centro e colaborar nas avaliacións externas e na avaliación do profesorado.
• Convocar e presidir os actos académicos e as sesións do consello escolar e do claustro de profesores do
centro e executar os acordos adoptados no ámbito das súas competencias.
• Realizar as contratacións de obras , servizos e subministracións, así como autorizar os gastos de acordo co
orzamento do centro, ordenar os pagamentos e visar as certificacións e documentos oficiais do centro, todo iso de
acordo co que establezan as Administracións educativas.
• Propoñerlle á Administración educativa o nomeamento e cesamento dos membros do equipo directivo, logo de
informar o claustro de profesores e o consello escolar do centro.
• Calquera outra que lle sexa encomendada pola Administración educativa.

Reflexione :
Quen elixe o director ou directora nos centros públicos?
A selección do director realízase mediante un concurso de méritos, nun proceso no que participa a comunidade educativa e
a Administración educativa. O candidato debe presentar un proxecto de dirección

Órganos de goberno do centro educativo: xefe de estudos e secretario

COMPETENCIAS DO XEFE/A DE ESTUDIOS.

• Desempeñar a coordinación pedagóxica do centro.


• Exercer a xefatura do persoal docente no relacionado co réxime académico en ausencia do director.
• Substituír o director en caso de enfermidade ou ausencia.
• Coordinar as actividades de carácter académico, de orientación e complementarias de mestres e alumnos
relacionadas co proxecto educativo,os proxectos curriculares e a programación xeral anual,velando pola súa execución
.

• Elaborar os horarios académicos de alumnos e docentes aprobados polo claustro.


• Coordinar as tarefas dos equipos de ciclo.
• Coordinar e dirixir a acción dos titores.
• Coordinar co representante do claustro, no centro de formación de profesores, as actividades de formación e
planificar as actividades de formación realizadas no centro.
• Organizar actos académicos.
• Fomentar a participación de distintos sectores da comunidade escolar.
• Participar na elaboración da proposta de proxecto educativo e da programación xeral anual.

COMPETENCIAS DO SECRETARIO/A.

• Organizar todos os temas administrativos, de contabilidade, rexistro etc.


• Ordenar o réxime administrativo do centro de acordo coas directrices da dirección.
• Actuar de secretario nos órganos colexiados de goberno do centro.
• Custodiar os libros e arquivos do centro.
• Expedir certificacións que soliciten as autoridades e as persoas interesadas.
• Custodiar e dispoñer a utilización dos medios informáticos, audiovisuais e material didáctico do centro.
• Exercer por delegación do director a xefatura do persoal de administración e servizos adscrito ao centro.
• Elaborar o anteproxecto de orzamento do centro.
• Ordenar o réxime económico do centro.
• Participar na elaboración da proposta de proxecto educativo e da programación xeral anual, xunto co resto do
equipo directivo.
• Velar polo mantemento material do centro en todos os seus aspectos.
• Calquera outra función que lle encomende o director.
• Realizar o inventario xeral e actualizalo.

Órganos de goberno do centro educativo: consello escolar


As competencias do consello escolar son:

COMPETENCIA DO CONSELLO ESCOLAR.

• Aprobar e avaliar os proxectos e as normas aos que se refire o capítulo II do título V desta lei.
• Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro sen prexuízo das competencias do claustro de
profesores, en relación coa planificación e coa organización docente.
• Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.
• Participar na selección do director do centro nos termos que esta lei establece. Ser informado do nomeamento
e cesamento dos demais membros do equipo directivo. Se é o caso, logo de acordo dos seus membros,
adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director.
• Decidir sobre a admisión de alumnos con suxeición ao establecido na lei e nas disposicións que a desenvolvan.
• Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas
disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a
convivencia do centro, o consello escolar, por instancia de pais ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e
propoñer, se é o caso, as medidas oportunas.
• Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a
resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.
• Promover a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos
complementarios de acordo co establecido.
• Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas administracións locais, con outros
centros, entidades e organismos.
• Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das
avaliacións internas e externas nas que participe o centro.
• Elaborar propostas e informes, por iniciativa propia ou por petición da Administración competente, sobre o
funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa
súa calidade.
• Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa.

O consello escolar, en función das características do centro, pode estar composto por todos ou por algúns dos seguintes
compoñentes: director/a, xefe/a de estudos, secretario/a, representante do concello, representantes de educadores, pais
e persoal non docente.

Órganos de goberno do centro educativo: claustro


Cales son as competencias do claustro?

COMPETENCIA DO CLAUSTRO.

• Formularlles ao equipo directivo e ao consello escolar propostas para a elaboración dos proxectos do centro e
da programación xeral anual.
• Aprobar e avaliar a concreción do currículo e todos os aspectos educativos dos proxectos e da programación xeral
anual.
• Fixar os criterios referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación do alumnado.
• Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado
do centro.
• Elixir os seus representantes no consello escolar do centro e participar na selección do director nos termos
establecidos por esta lei.
• Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.
• Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das
avaliacións internas e externas nas que participe o centro.
• Informar as normas de organización e funcionamento do centro.
• Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e velar por que estas se ateñan á
normativa vixente.
• Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro.
• Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa ou polas respectivas normas de organización e
funcionamento.

Que funcións cumpren os titores e o equipo de ciclo?


COMPETENCIAS DO TITOR / TITORA

• Participar no plan de acción titorial.


• Atender as dificultades de aprendizaxe do alumnado para realizar as adaptacións curriculares necesarias.
• Facilitar a integración de nenos no grupo e fomentar a súa participación nas actividades do centro.
• Realizar a programación do curso.
• Desenvolver todo o proceso educativo.
• Planificar e levar á práctica a avaliación inicial, continua e final.
• Colaborar co equipo de orientación educativa, de atención temperá, en caso de dificultades de aprendizaxe.
• Establecer unha comunicación fluída coas familias.

COMPETENCIAS DOS EQUIPOS DE CICLO

• Formularlles propostas ao equipo directivo e ao claustro para seren incluídas no proxecto educativo.
• Elaborar a proposta pedagóxica de ciclo ou, se son equipos de nivel, elaborar propostas para a súa decisión no
conxunto do ciclo.
• Coordinar a realización das actividades extraescolares ou complementarias.
• Afrontar e resolver as dificultades xurdidas no proceso de ensino-aprendizaxe.
• Coordinar o proceso de avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe.

Nos centros que teñen 2 ciclos (0-3 anos e 3-6 anos), o equipo educativo pode organizarse 2º impartan docencia no 1º
ciclo ou no 2º. Cada equipo de ciclo estará dirixido por un coordinador que designará o director do centro.

You might also like