You are on page 1of 4

14/05/13

Que é?

UD6 • Recollida e análise da información sobre os


procesos educativos para tomar decisións coa
intención de melloralos, axustalos, modificalos,…
A AVALIACIÓN EN • Inseparable da práctica educativa.
EDUCACIÓN INFANTIL • Forma parte do proceso educativo.

MÓDULO: DIDÁCTICA DA EDUCACIÓN INFANTIL


CICLO SUPERIOR DE EDUCACIÓN INFANTIL - MODALIDADE DISTANCIA
CURSO 2012-13

A avaliación é un proceso: Que se avalía?. Aspectos para avaliar


O proceso de ensinanza
Continuo Realízase ao longo de todo o proceso.
Organización da aula
Sistemático Deséñase de antemán a metodoloxía para levala
a cabo, non é espontánea. Planificación do ambiente

Integral e global Avalíanse todos os elementos do proceso E-A Relación entre alumnado e profesorado

Coordinación entre educadores/as


Formativo Permite introducir melloras/axustes durante o
proceso. Relación coas familias

Individualizado Adecúase ás necesidades de cada un dos Aproveitamento de recursos do centro


nenos/as, non se establecen comparacións cos
Atención á diversidade do alumnado
outros nenos/as, senón co neno/a mesmo/a.
Orientador Para educadoras/es e familias sobre a situación e Traballo en equipo
evolución do neno/a. …

Currículo educación infantil: D330/2009


Que se avalía?. Aspectos para avaliar
Criterios de avaliación
O proceso de aprendizaxe Son os parámetros de referencia en base aos que se
pode avaliar o grao de consecución dos obxectivos.

Ideas e coñecementos previos do alumnado Exemplo: Un obxectivo do currículo é:

"Tomar conciencia do propio corpo identificándoo global e


O grao de desenvolvemento das capacidades do alumnado,de segmentariamente“
acordo cos obxectivos formulados
O criterio de avaliación relacionado, que sirve de referente para saber se se
acadou o obxectivo é:
O grao de asimilación dos contidos conceptuais,
procedementais e actitudinais "Nomea e localiza no seu corpo e no das demais persoas as partes
elementais que o compoñen"

Cando programamos actividades, debemos deseñar os criterios de


avaliación que permitan valorar a consecución dos obxectivos propostos.
Os criterios (indicadores) deben ser concretos e facilmente observables.
Cando avaliamos o grao de consecución dos obxectivos, teremos
como referentes os CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
Seguindo co exemplo anterior, a adaptación do criterio do Currículo para unha
actividade podería ser: “Localiza coa man unha parte do corpo cando se da unha
instrución verbal”

1
14/05/13

Que se avalía?. Aspectos para avaliar Que se avalía?. Aspectos para avaliar

A proposta pedagóxica A programación // as unidades didácticas

A análise do contexto realizado. A coherencia interna das programacións.

A adecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación


A adecuación dos obxectivos xerais de etapa/ciclo ás ás necesiadades do alumnado
necesidades e características dos nenos/as, así como ás
finalidades do centro.
A idoneidade da metodoloxía, actividades e materiais
empregados
A adecuación da secuenciación de obxectivos e contidos aos
niveis, así como da metodoloxía e da proposta de avaliación.
A validez das estratexias de avaliación

A adecuación das medidas de atención á diversidade

Que se avalía?. Aspectos para avaliar Cando se avalía?. Momentos da avaliación

Os materiais curriculares AVALIACIÓN INICIAL


•Cando?
Avaliaremos a idoneidade de todos os recursos de apoio aos Ao inicio dun proceso: comezo do curso, inicio dunha unidade
procesos de aprendizaxe: fichas, libros, xoguetes, obxectos,… didáctica, comezo dunha actividade,…

•Para que?
-Obter información sobre a situación de partida de cada neno/a
En definitiva: -Detectar os coñecementos previos
avaliaremos TODOS os elementos que interveñen no proceso E-A -Adecuar a intervención ás características dos nenos/as e grupo
-Coñecer as características, necesidades, … do alumnado
E
L PERSOAIS: alumnado, educadores/as, equipo directivo,…
E •Recolle información de
M
MATERIAIS: instalacións, materiais, ambiente,… -Familia
E -Informes médicos, psicopedagóxicos,…
N
T ORGANIZATIVOS: persoal, distribución grupos, espazos, -Datos de escolarización previos
O horarios,… -Situacións de observación directa
S -…

Cando se avalía?. Momentos da avaliación Cando se avalía?. Momentos da avaliación


AVALIACIÓN CONTINUA AVALIACIÓN FINAL OU SUMATIVA
•Cando?
•Cando?
Durante o proceso, en paralelo ás situacións educativas
Ao finalizar o proceso ( a etapa, ciclo, curso, a unidade didáctica, a
actividade,…)
•Para que?
-Analizar os progresos e dificultades dos nenos/as
•Para que?
-Adecuar a intervención ás características dos nenos/as e grupo
-Valorar os resultados:
-Obter información permanente do proceso E-A
-Comprobar o grao de adquisición de capacidades do alumnado
-Comprobar se o proceso E-A se adapta ás características e necesidades
-Comprobar a consecución dos obxectivos propostos
do alumnado
-Expresar a situación individual de cada neno/a tras o proceso E-A
-Contribuír á mellora da actuación docente
-Valorar o proceso de ensino: propostas de mellora
•Recolle información de
•A través de
-Grao de adquisición das capacidades dos nenos/as
-Deseño de actividades específicas de avaliación
-Grao de consecución dos obxectivos
-…
-Clima da aula
-Posibles dificultades
-…

2
14/05/13

Planificación da avaliación Documentos de avaliación


PLANIFICACIÓN Para que se quere avaliar?
Determinación dos obxectivos da avaliación EXPEDIENTE PERSOAL
Quen vai avaliar?
Tipo de avaliación: interna/externa

FICHA PERSOAL Datos persoais, familiares, médicos; data de


Cando se vai avaliar?
Antes, durante e despois DO/A ALUMNO/A ingreso no centro, data de baixa;…

Como se vai avaliar?


Determinación da metodoloxía, técnicas e instrumentos de avaliación -Recolle observacións sobre a escolaridade do
RESUMOS DE neno/a.
Deseño do instrumento de avaliación
Establecemento de criterios e indicadores de avaliación ESCOLARIDADE -Carácter anual; cuberto polo titor/a; asinado
polo director/a.

RECOLLIDA DA INFORMACIÓN
INFORME ANUAL DE -Recolle datos da avaliación continua
ANÁLISE AVALIACIÓN -Realízao o titor/a, anualmente
-Formato: decisión do equipo educativo
VALORACIÓN, XUÍZOS
Elaboración de informes, memorias, etc.
INFORME FINAL DE -Recolle grao de adquisición das capacidades
-Realízao o titor/a, ao final da etapa
AVALIACIÓN
TOMA DE DECISIÓNS -Formato: decisión do equipo educativo

Segundo a Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan Técnicas de avaliación: como se vai recoller a
determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de información?
educación infantil (…)
OBSERVACIÓN
Art 5.6: A cada alumno/a abriráselle unha carpeta na que figure,
alomenos, a seguinte documentación:
Requisitos:

- Solicitude de ingreso segundo modelo oficial. •Determinar os obxectivos e condutas a observar


- Fotocopia cotexada da folla de inscrición no libro de familia. •Sinalar os momentos e o lugar para realizala
- Fotocopia do boletín de vacinas.
- Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria, se é o caso. •Seleccionar o instrumento axeitado
- Ficha de avaliación inicial de educación infantil. •Rexistrar: quen, a quen, cando, onde…
- Fichas-informe de avaliación anuais de educación infantil.
- Informe de avaliación final de educación infantil. •Usar linguaxe precisa, clara sen ambigüidades
- Ficha-resumo de escolaridade do segundo ciclo de educación infantil. •Evitar interpretacións, subxectividades
-Informes de avaliación individualizada.
-Informe psicopedagóxico, se é o caso •Non influír nos nenos/as
•Organizar a información, analizala

TIPOS DE OBSERVACIÓN INSTRUMENTOS DE OBSERVACIÓN


• Observación espontánea ou sistemática. No primeiro caso faise referencia a con que se vai recoller a información?
aquelas observacións ocasionais que se realizan sen organizalas previamente.
Pode ser útil nalgunhas ocasións, aínda que na escola infantil debe planificarse en
maior ou menor medida a observación. DIARIO: pode ser un caderno ou outro tipo de formato no que se van
• Observación directa ou indirecta. No primeiro caso o educador comproba por facendo anotacións sobre os feitos máis relevantes de cada xornada. É
si mesmo aquelas condutas que quere avaliar (os materiais que utiliza, as un instrumento de reflexión que xeralmente se realiza cando remata a
destrezas que manifesta o alumnado,...). A observación indirecta ven a ser unha actividade, e nel non se relata só o que acontece, senón tamén as
reflexión sobre as capacidades ou a situación do alumnado a través doutros interpretacións e explicacións propias do que vai sucedendo.
axentes (familia, outros profesionais,…).
• Observación en situacións naturais ou en situacións creadas. Faría
referencia a se observamos como se comporta un neno/a nas actividades habituais ANECDOTARIO: rexistra feitos ou comportamentos relevantes.
da escola infantil ou se creamos situacións específicas para observar. Recóllense ao longo do tempo e rexístranse cronoloxicamente para a
Evidentemente, son moito máis ricas as primeiras.
súa posterior avaliación. As anécdotas deben recollerse o antes posible
• Observación individual ou grupal e reflectir o contexto ambiental no que se producen. Poden ser
verbalizacións, comportamentos,...Poden ser de grupo ou individuais, e
• Observación participante e non participante. No primeiro caso, inténtase
utilizaremos calquera formato áxil (fichas). Con este instrumento
avaliar a capacidade de mellora e aprendizaxe do alumnado cando se lle
proporcionan axudas, modelos e pautas, comprobando a capacidade de podemos obter información de situacións naturais.
desenvolvemento potencial. Na observación non participante, a educadora non
intervén na acción, mantense á marxe para observar ao alumnado.

3
14/05/13

LISTA DE CONTROL. Consiste nun listado de condutas a observar nos CUESTIONARIO. Consiste nunha serie de preguntas que se teñen
que rexistramos a presenza ou ausencia de dita conduta. A diferenza que contestar por escrito.
dos anteriores, neste instrumento necesitamos seleccionar previamente
unha serie de condutas. É de fácil administración, xa que consiste en O cuestionario pode ser: de preguntas abertas (contestan libremente)
marcar cun aspa se a conduta se produce ou non, aínda que non nos ou pechadas (danse unha serie de respostas entre as que a xente ten
permite determinar a frecuencia coa que se produce. que elixir)

En educación infantil pódese utilizar en varias situacións: cando o


neno/a accede ao centro, entrégaselle un cuestionario ás familias
ESCALAS DE ESTIMACIÓN. Están constituídas por unha serie de para ter información inicial. Neste caso, as preguntas están
ítems ou indicadores a avaliar igual que nas listas de control, só que relacionadas co desenvolvemento do neno/a, hábitos, saúde ou datos
neste caso é posible indicar o grao ou a frecuencia coa que se dan unha familiares. Tamén se pode empregar para saber a opinión da familia
serie de condutas. sobre un determinado tema.
O tipo de valoracións poden ser:

De grao: "Moi baixo Baixo Normal Alto",


"Non iniciado En desenvolvemento Conseguido",

Numérica: "0 1 2 3 4 5“

De frecuencia: "Nunca Ás veces Sempre"

ENTREVISTA. Consiste na realización dunha serie de preguntas que se


teñen que contestar. Pero a diferenza do cuestionario, establécese unha
relación directa entre o entrevistador/a e as fontes de información, co
que se facilita o intercambio inmediato de comunicación.

Require por tanto para o entrevistador/a poñer en práctica as súas


habilidades comunicativas: saber escoitar, expresarse con claridade,
coidar o ambiente e o clima da relación, etc.

TIPOS DE ENTREVISTAS: Segundo o grao de estruturación, as entrevistas


poden ser:

- Entrevista estruturada. As preguntas responden a un guión


preestablecido, a marxe de acción do entrevistado/a é moi limitado.

- Entrevista non estruturada (ou libre): non se limita nin o número de


preguntas nin o tipo, senón que se van determinando durante a entrevista.

- Entrevista semiestruturada: combina aspectos das dúas anteriores.

You might also like