You are on page 1of 7

ARQUITECTURA GRECIA

A cultura Grega é a orixe da cultura occidental. Producese nesta época un


gran desenrolo das artes e das ciencias propiciado pola estabilidade
política e económica.
Xorden, o teatro, a moeda, a filosofía, a democracia, os xogos olímpicos...
Fontes para o estudo da antiga Grecia
- Os xacementos arqueolóxicos
- A literatura antiga grega (Herodoto “as historias de Herodoto”) e
romana.
- As copias romanas de orixinais gregos (sobre todo en escultura).
- Os grandes museos europeos de Italia, Alemania, Reino Unido,
Francia e a propia Grecia que atesoran moitas obras como por
exemplo os “frisos” e o “frontón” do Partenón no museo Británico
de Londres ou o “Altar de Zeus” no museo de Pérgamo en Berlín.

Marco xeográfico
- Grecia peninsular e insular.
- As costas de Turquía (Asia menor), “jonia”.
- Magna Grecia (sur de Italia e Sicilia).
- Exipto (Alexandría).
- Con Alajandro Magno, Persia, Afganistán, India.

Cronoloxía
Aproximadamente do século VIII a.c. ate o ano 146 a.c.
Períodos:
ARCAICO – do século VIII a.c. a finais do VI a.c.
CLÁSICO – Século V e IV a.c.
HELENÍSTICO – Finais do século IV a.c. ao século I a.c.

ANTECEDENTES
A cultura creto-minoica.
DEUSES
- Zeus (Rei dos Deuses).
- Apolo (Deus do Sol e da beleza)
- Poseidón (Deus do mar)
- Dionisio (Deus do viño)
- Atenea (Deusa da guerra e da sabiduría)
- Hermes (Mensaxeiro dos Deuses)
- Artemisa (Deusa da caza)
- Demeter (Deusa da agricultura)
Era unha relixión antropomorfa na que os Deuses tiñan aparencia e
debilidades humanas, so se diferencian en que son inmortais.
ORGANIZACIÓN POLÍTICO-SOCIAL
Cidades estado (Polis, exem. Atenas, Esparta Samos Mileto...) con unha
lingua común e unha relixión (Panteón) común.
Mandatarios electos democraticamente (excluían as mulleres e as clases
baixas). É unha sociedade patriarcal.
Non existía un sistema militar organizado, nin un sistema sacerdotal.
ARTE
O seu ideal artístico predominou perante séculos. Revivirá no
Renacemento (séculos XIV, XV e XVI) e no Neoclasicismo (séculos XVIII e
XIX). É, como toda a súa cultura un Arte “antropocéntrico”, realizado á
medida do ser humano.
Protágoras “El hombre es la medida de todas las cosas”.
A súa arquitectura xa non ten a monumentalidade que tiñan culturas
anteriores como a exipcia (excepto en algunhas obras situadas en zonas
de persia e asia menor, mais influenciadas por culturas afins ao
monumental. Un exemplo sería o templo de Hera en Samos dun tamaño
similar a un campo de futbol)
En escultura conseguen un realismo idealizado, sobre todo xa en época
clásica na búsqueda do “canon” perfecto resumido en tres palabras
PROPORCIÓN – ARMONÍA – EQUILIBRIO.
Os clientes da arte grega son os administradores da Polis.
ARQUITECTURA RELIXIOSA
TEMPLOS.
É moi importante a ubicación dos mesmos na paisaxe. Xeralmente o
seu equilibrio e quietude contrasta coa paixase abrupta Grega, buscaban
que destacaran xa na distancia, sempre escollian lugares poéticos que
desen lugar a unha unión co divino, a sua forma oponse absolutamente ao
axitado entorno.
Son templos para ser vistos desde fora, ao seu redor, de feito non
teñen unha fachada principal, inda que si unha entrada á “cella”, os seus
lados cortos xeran dous “frontons” que son tratados coa mesma
importancia.
Os rituais e ofrendas facianse no exterior en altares a tal efecto.
Permitíase achegarse para visualizar os magníficos relevos dos frisos á
distancia adecuada. As portas permanecian abertas nas datas sinaladas e
permitiranse miradas furtivas á escultura da Deusa/Deus.
Os templos servian como símbolo da unión das Polis (relixión común
– lingua común).
Era un povo ceive non sometido a Rei nin sacerdote. Os templos son
luminosas siluetas de pedra sobre a paisaxe que representan ós
habitantes da Polis.
Coñecemos os nomes dos constructores dos templos, eran
profesionais moi respetados.
Spyro Kostof sobre o templo Grego:
“Ao final esta sensatez de forma constructiva de inspiración
humana e o que distingue á experiencia dun templo grego do xigantismo
abouxador das estruturas exipcias”
“O pensamento grego é ao mesmo tempo xeral e específico. Toma unha
idea ou unha forma, que non é outra cousa que unha idea plasmada,
aliméntase e perfecionase....A arquitectura grega é conservadora,
inventou pouco e a invención foi lenta.. Unha vez posto en marcha o
“dórico” (século VI a.c.) o seu deseño permaneceu estable, a non ser
cambios correctivos que foron suavizando as incorreccións ópticas das
formas e enalteceron o seu impacto expresivo”.
O interior do templo non é un lugar de culto, é a mansión do Deus/Deusa.
O culto faciase no exterior dos templos en altares preparados a tal efecto.
O “estereobato” era a plataforma sobre a que se alzaba o templo,
formada por 3 escalóns, no último, denominado “estilobato” , (de stylos,
columna en grego) apoiábanse as columnas.
O nucleo central ou espazo interior do templo podía ter ata tres estancias:
- NAOS ou Cella. (sala principal que albergaba a estatua do
Deus/Deusa). O mais común é que estea alineada coa penúltima
columna do lado curto.
- PRONAOS. Pórtico que precedía á naos.
- OPISTODOMOS. Sala engadida ao outro lado da naos que enfatiza a
simetría do edificio. Utilizábase para gardar o tesouro e os obxetos
de culto.
Unha columnata ou PERISTILO rodea o nucleo central do edificio.
Un teito a duas augas xera dous FRONTÓNS nos lados curtos.
Poden clasificarse:
Según a disposición das columnas:
- IN ANTIS
- PRÓSTILO
- ANFIPRÓSTILO
- PERÍPTERO
Según o nº de columnas na fronte curta:
- DÍSTILO
- TETRÁSTILO
- HEXÁSTILO
- OCTÁSTILO
- DECÁSTILO
Existe tamén o templo circular chamado THOLOS.
Sábese que a cella construíase despois de terminado o peristilo, inda
sendo incómodo esto indica a prioridade do peristilo, o templo era
concebido fundamentalmente como unha presencia exterior.
Non ten aparentemente fronte dianteira e fronte traseira.
CORRECIÓNS ÓPTICAS
O chan donde asentan as columnas, (estilobato), cúrvase cara arriba no
centro de cada lado.
As columnas dos extremos non eran perfectamente verticais, inclínanse
lixeiramente cara tras e cara o centro de cada lado. Tamén son mais
grosas que as outras, precisamente para que parezan iguais.
Filón de Bizancio a finais do século III a.c., escribiu que tal compensación
óptica era necesaria para evitar que as cousas que “que de feito eran
rectas e de igual grosor”, pareceran non selo. Si normalmente non
notamos estas correccións é precisamente porque son tan acertadas que
se convirten en parte natural do templo grego.
“El ojo es influido continuamente por lo que no podemos detectar...es
más influido por lo que menos detecta” JOHN RUSKIN.
DÓRICO
Foi a primeira orden (aparece a finais do século VII a.c.) que xeraron os
gregos. Foron estilizando esta orden ate o século V a.c. no que xa se
considera “Dórico pleno”.
A altura das columnas é igual ao diámetro da base multiplicado por 5,50
ou por 5.75.
O “fuste” ten “éntasis”, son estriadas, 20 estrias con aristas vivas, estas
danlle un aspecto unificado en vertical o unificar os tambores.
As columnas non teñen “basa”.
As columnas e o arquitrabe liso non se pintaban.
Si a pedra era porosa, aplicábaselles unha capa de estuco.
As de mármore ás veces encerábanse para que reluciran mais.
O “friso” superior está formado por “triglifos” e “metopas” que se
pintaban, os triglifos de azul e a fondo des metopas de vermello.
O lugar axeitado de cada triglifo era xusto encima das columnas con un
triglifo adicional en cada intercolumnio. O simbolismo arquitectónico
esixía que os triglifos ocuparan as esquinas do friso xa que as catro
esquinas quedan definidas por columnas. Esto creaba que entre os
triglifos do ángulo e os seus veciños inmediatos un espazo mais ancho que
entre calquer outro par de triglifos. Para solucionar este problema
xeráronse duas solucións:
Na “Magna Grecia” ensancharon as metopas do borde, en Grecia
acercaban as columnas do extremo. En ocasións utilizábase unha
combinación de ambas. Fig. 6.14
JÓNICO
Ten a súa orixe no século VI a.c. nas costas occidentais de Asia menor. É
mais esbelto e airosa que a orden Dórica.
Ten basa e presenta un lixeiro éntasis.
En época clásica as proporcións das columnas jónicas é:
- Altura total é o diámetro inferior do fuste multiplicado por 7.2.
- O fuste ten 24 acalanaduras verticais e entre cada dúas, un “filete”
liso.
O entablamento mide xeralmente un quinto da orden total.
CORINTIO
Aparece a finais do século V a.c. basicamente é igual que o jónico en canto
a proporcións pero con un capitel diferente, mais ornamentado con forma
de campá invertida con caulículos (pequenas volutas nas esquinas) e follas
de acanto. Esta orden foi mais utilizada polos romanos que polos propios
gregos.
ARQUITECTURA CIVIL
URBANISMO. Fig. 7.5, 7.8, 7.9 e 7.15
O plan de Mileto figura como unha das utilizacións mais sofisticadas da
cuadrícula na antiguidade. As ruinas de Mileto atópanse hoxe a 9 km. Do
mar. Albergaba dous portos naturais no seu lado oeste. Foi trazada pouco
despois do 479 a.c., ano en que Mileto foi liberada dos Persas que a
tomaran e destruiran no 490 a.c. O trazado de mileto incluia varios
“ágoras”, teatro.. . O ágora era o foro público de todos os habitantes e
para todos os dias. Era o lugar dos discursos públicos, das asambleas dos
cidadans, dos espectáculos, asi como da actividade social e comercial.
As ágoras de Mileto están delimitadas pos “stoas” polo menos en dous
dos seus lados. En Mileto as stoas foron parte integrante dun deseño
gloval, dando solemnidade a ese espazo descuberto, sin chegar a pechalo.
A STOA é un tipo constructivo grego como o é o templo, pero moito mais
flexible en canto a súa forma e función.
Os paseos en torno á stoa eran frecuentados por estudosos do
comportamento humano como Zenón, a súa escola filosófica, o
estoicismo, debe o seu nome ao marco arquitectónico das súas
discursións.
O TEATRO é moi importante na cultura grega. Construíanse aproveitando
inclinacións do terreo ou escavando este, tecnicamente non sabían
soportar o peso dunha grada inclinada, ( Roma si arranxou este problema
técnico por medio de bóvedas e empregando formigón, diste xeito os
teatros romanos foron edificados sin necesidade de apoiarse nun terreo
inclinado). En planta a grada dos teatros gregos ten forma
ultrasemicircular para dar cabida ao “coro” que é circular, (en roma a
planta dos gradas é semicircular xa que o coro perde importancia e
reducese a un semicírculo.

You might also like