You are on page 1of 2

Comentario resolto Filosofía Platón

1. Comenta o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolve a cuestión seguinte.


Realidade e coñecemento en Platón

«SÓCRATES— (...) Así, pois, a alma, sendo inmortal e tendo renacido moitas veces e ao ter
contemplado todas as cousas, as de aquí e as do Hades, non hai nada que non teña aprendido.
De xeito que non hai que sorprenderse de que ela sexa quen de ter recordos acerca da virtude e
das demais cousas que, por certo, coñecera anteriormente. Pois ao estar emparentada toda a
natureza e tendo aprendido todo a alma, nada impide que quen, recordando unha soa cousa —iso
que os homes chaman aprender—, encontre todas as demais, se é valente e teimudo na busca.
Porque o buscar e o aprender non son máis que reminiscencias.»
(PLATÓN, Menón)

Neste fragmento do Diálogo Menón de Platón (da súa época de transición 8388-385); unha obra
onde trata o tema da posibilidade de ensinar a virtude , a inmortalidade da alma e a concepción
do coñecemento como reminiscencia, baséase na idea Socrática de que “coñecer é recordar” por
iso no seu diálogo utiliza a figura do seu mestre Sócrates.

O que fai Platón é perfeccionar a maiéutica de Sócrates para convertila na dialéctica:



Trátase de ascender ao mundo das Ideas desde o mundo sensible ata contemplar o ben en sí.
A alma pertence ao mundo intelixible pero cando cae no corpo olvida as ideas; contemplando as
cousas do mundo sensible comeza a recordar, sáenlle alas (libérase do mundo sensible) e comeza
a ascender ao mundo intelixible ao que pertence xa que “ o semellante ama ao semellante”) Así,
pois, vendo as cousas belas deste mundo a alma comeza a recordar.

Debemos ter en conta que Platón considera a inmortalidade da Alma; pois a Alma racional
pertence ao Mundo Intelixible e a través do coñecemento ascende novamente ao mundo ao que
pertence.

A idea central da filosofía de Platón baseáse no feito de que o coñecemento que adquirimos
mediante os sentidos non é totalmente real. O mundo que coñecemos, o Mundo sensible, é
cambiante, inestable e perecedeiro; por iso considera que ten que haber un mundo estable de
obxectos perfectos sobre os que poder facer “ciencia”, é dicir, sobre os que basear o
coñecemento: o Mundo Intelixible.

O mundo Intelixible ou Mundo das Ideas non podemos percibilo mediante os sentidos; pois
trátase de captar as Ideas: realidades eternas, imperecedeiras, inmutables, universais e
independentes do mundo sensible (caracter´siticas que Parménides deu ao SER). A Idea non é
unha realidade mental; senón estramental; máis alá lo coñecemento obxectivo; así, hay múltiples
Ideas que se organizan de maneira xerárquica, sendo a Idea de Ben a que preside esa orde. A
Idea de Ben é como o sol que ilumina o resto de Ideas.

Para explicar este dualismo Ontolóxico, Platón escribe o Mito Da Caverna onde representa uns
homes atados desde nenos, encadeados: Detrás deles arde un lume; entre o lume e eles hai unha
parede ao longo dun camiño polo que pasan uns homes con obxectos que sobrepasan a altura
da parede, uns van falando e outros calados. Os prisioneiros so viron na súa vida as sombras
proxectadas polo lume e asociáronas con sonidos que escoitan dos homes que falan. Toman por
reales as sombras que ven. Se un deles fose liberado e tivese que mirar a luz do exterior ao
principio estaría cegado e sentiría dolor e non vería a penas nada pero ao comezar a ver, vería
máis reales os obxectos que ve agora no exterior. Necesitaría acostumbrarse para ver las cousas
de arriba. O último que vería sería o sol no ceo e deduciría que produce as estaciones e os anos
e goberna toda la rexión visible. Cando se acordara dos seus compañeiros e da súa ciencia,
compadeceríase deles. Se volvese a ocupar o seu sitio na caverna, vería con dificultade e

necesitaría tempo para acostumarse ás tinieblas. Os demáis mofaríanse del e dirían que tiña os
ollos estropeados por subir arriba e mataríano se os obrigase a sair.

A caverna así, equivale ó mundo sensible, o lume ó sol, a subida ó mundo de arriba á ascensión
da alma ó mundo intelixible. O último que se percibe é a Idea de Ben, no mundo sensible é a
Comentario resolto Filosofía Platón
causa da luz e o sol, no mundo intelixible é productora de verdade e coñecemento. Debe
conocela quen queira proceder sabiamente en público ou privado.

Así; Platón fainos entender que o único coñecemento válido é o do Mundi Intelixible, o
coñecemento das Ideas, O coñecemento do mundo sensible proporciónanos a Opinión (doxa)
que é un coñecemento imperfecto e desprezable. No símil da Caverna son as sombras e os
iconos que ven os prisioneiros.

Pero se atendemos á problemática que xorde ao separar as súas realidades e cómo se formou o
mundo Intelixible; Platón introduce a figura do Demiurgo; é un artífice divino que lle impón forma
e estructura á materia dándolle intelixibilidade e consistencia. Non é creador , como podería ser o
Deus cristián, senón ordeador da materia tomando como modelos as ideas e configurando a
realidade sensible.

O Demiurgo fixo este mundo o “Máis belo e bo posible” (optimismo platónico

En canto a cómo proceder para coñecer as Ideas; Platón establece niveis e grado de
coñecemento: para iso emprega novamente outro Símil para que poidamos comprender máis
fácilmente; Platón comeza a súa metáfora dividindo unha liña en dous segmentos desiguais. Un,
o maior, representa o coñecemento (episteme) e o mundo intelixible; o outro, o menor, a opinión
(doxa) e o mundo sensible.

- O segmento que corresponde á opinión (doxa) subdivídese, seguindo a proporción primeira, en


outros dous:

- un corresponde ás cousas sensibles reais, como animais e mobles (crenza ou pistis)

- e outro ás sombras e imaxes daquelas (imaxinación ou eikasúa)

- O segmento que corresponde ao coñecemento (episteme) subdivídese tamén, segundo a


mesma proporción, noutros dous:

- o da intelixencia intuitiva ou intelección (noesis)

- e o da razón discursiva (dianoia).

Así pois Platón establece dous Grados:

-  A opinión (doxa) coñecemento sensible ou sensorial versa sobre os obxectos sesnibles,


particulares e concretos. Por exemplo unha rosa fermosa. 

-  A ciencia (epísteme) é o coñecemento racional ou intelectual, versa sobre as ideas
intelixibles e universais. Por exemplo a idea de fermosura en sí. 

Os tipos de coñecementos son proporcionais aos graos de realidade. Para Platón só é válido o
coñecemento dado pola razón e despreza o dos sentidos. 

O que fai Platón é perfeccionar a maiéutica de Sócrates para convertila na dialéctica:

Trátase de ascender ao mundo das Ideas desde o mundo sensible ata contemplar o ben en sí.

( a alma pertence ao mundo intelixible pero cando cae no corpo olvida as ideas; contemplando as
cousas do mundo sensible comeza a recordar, sáenlle alas (libérase do mundo sensible) e
comeza a ascender ao mundo intelixible ao que pertence xa que “ o semellante ama ao
semellante”)Así, pois, vendo as cousas belas deste mundo a alma comeza a recordar
(REMINISCENCIA: coñecer é recordar). Pero Platón tamén fala de DIALÉCTICA EMOCIONAL: o
amor platónico: a filosofía e o amor que busca captar a beleza absoluta (partindo do amor ás
cousas belas chegarmos á idea de Beleza e de Ben).O famoso amor platónico consiste tamén
nun proceso ascendente promovido polo pulo erótico que nos fai amar a “beleza” e achegarnos a
ela. No diálogo o Banquete expón este método partindo da premisa de que o obxecto do amor é
a beleza. A filosofía é o amor que busca a captación da beleza absoluta. Este pulo erótico pasa
do amor polo corpo belo do amado ao amor da beleza de todos os corpos belos pasando pala
beleza moral das almas, das conductas, das leis, das ciencias ata que chega á Beleza en si.

You might also like