You are on page 1of 7

Tema 2: A enerxía Ciencias Módulo II

TEMA 2: A ENERXÍA.-

1. A ENERXÍA.-
A enerxía é un concepto familiar e un termo moi utilizado na linguaxe
cotiá. Entendemos por enerxía: vitalidade, luz, calor, electricidade, capacidade
para realizar un traballo. Diremos que calquera cousa que ocorra ao noso
arredor ou calquera tarefa que queiramos realizar necesita enerxía: queimar un
papel, cambiar un caderno de lugar, golpear unha pelota, viaxar en coche, etc.;
o traballo realizado para cambiar dalgún xeito o que nos rodea pódese realizar
grazas á enerxía.
Así, chamamos enerxía á capacidade que teñen os corpos para producir
cambios neles ou noutros corpos.

ACTIVIDADES.-
1.- De onde sae a enerxía que permite facer as seguintes actividades:
levantamos os libros do chan; un coche móvese pola estrada a 60km/h; unha
lámpada está emitindo luz; no meu aparello MP3 está soando música; a
lavadora está lavando 4kg de roupa; un martelo crava unha punta na madeira;
as plantas fan a fotosíntese; o aire comprimido dunha escopeta dispara un
balote; o caldo na pota está a ferver; sopra un forte vento; nas Burgas de
Ourense a auga sae quente.

2. FORMAS DE ENERXÍA.-
A enerxía pódese manifestar de diferentes formas, recibindo distintos
nomes en cada caso.
• Enerxía cinética: calquera corpo que se mova ten unha forma de
enerxía que se chama enerxía cinética. Canto maiores sexan a masa e
a velocidade do corpo en movemento, maior é a enerxía cinética que
posúe.
• Enerxía potencial gravitacional: é a enerxía que teñen os corpos por
estaren colocados a unha certa altura. Canto maiores sexan a altura en
que estea colocado o corpo e a súa masa, maior ha ser a súa enerxía
potencial.
• Enerxía potencial elástica: a elasticidade é a propiedade que teñen
os corpos de recuperaren o seu tamaño cando deixamos de facer forza
sobre eles. Cando un corpo elástico está estirado ou encollido, ten
acumulada unha forma de enerxía que chamamos enerxía potencial
elástica. Canto maior sexa a lonxitude que está comprimido ou
estirado, máis enerxía elástica ten o corpo.
• Enerxía química: é unha forma de enerxía relacionada coa estrutura
interna da materia, xa que é a responsable de manter unidos os
átomos que forman as moléculas. As substancias poden reaccionar
quimicamente e transformarse noutra novas mediante unha reacción
química; en case todas elas hai unha variación de enerxía, e, nalgúns
casos, podemos aproveitalas para producir enerxía útil para nós, como
nas pilas ou nas combustións.
• Enerxía eléctrica: é un tipo de enerxía xerada por partículas cargadas
electricamente. É un dos tipos de enerxía que máis se emprega actual-
mente, por varias razóns: podémola producir de xeitos moi diversos (en
centrais hidráulicas, térmicas e nucleares; a partir de reaccións

1
Tema 2: A enerxía Ciencias Módulo II

químicas; …), é bastante doada de transportar, e pódese transformar


con comodidade noutras formas de enerxía (luz, son, calor,
movementos, …). Unha corrente eléctrica é un conxunto de cargas
eléctricas que se moven no mesmo sentido.
• Enerxía radiante (luminosa): é a transmitida pola luz. A luz visible é a
que podemos ver os humanos, pero hai outras “luces” que non vemos
cos ollos: son as ondas electromagnéticas; as ondas de radio, de
televisión, as microondas, os raios infravermellos, os ultravioleta, os
raios X, son todos ondas electromagnéticas que se diferencian na
frecuencia de onda e na enerxía que transportan. Do Sol chégannos
moitas destas ondas. Tradicionalmente as persoas usamos a enerxía
do Sol como fonte de luz natural e para quentar; na actualidade
empregámola, ademais, para producir auga quente e electricidade.
• Enerxía térmica ou calorífica: é consecuencia do movemento
desordenado dos átomos e moléculas que constitúen a materia. A
calor é unha forma da enerxía que se transmite entre dous corpos que
están a distinta temperatura; a calor sempre pasa espontaneamente do
corpo quente ao frío.
• Enerxía nuclear: ten como orixe as transformacións que teñen lugar
no interior dos átomos.
o Fisión: algúns núcleos dos
átomos son inestables, e
tenden a romperse noutros
máis pequenos perdéndose
masa que se transforma en
enerxía radiante, calor sobre
todo. É a que usamos nas
centrais nucleares.
o Fusión: dous núcleos moi pe-
quenos chocan a moita veloci-
dade e transfórmanse noutro
maior, pero perdendo masa
que se transforma en enerxía.
É o que ocorre nas estrelas.
• Enerxía sonora: é a transmitida
polo son. A enerxía sonora é transportada polas ondas sonoras, que
necesitan unha substancia para poder propagarse nela (a diferenza da
luz e demais ondas electromagnéticas que non a necesitan).

ACTIVIDADES.-
2.- Indica en cada caso cal dos dous é o corpo que ten máis enerxía
cinética: un coche de 1000kg que se move a 60km/h ou un coche de 1000kg
que se move a 120km/h; unha bicicleta ou unha moto que levan a mesma
velocidade; unha persoa camiñando ou un cabalo correndo.
3.- Imaxina que tes un bloque de plastilina enriba dunha mesa. Razoa en
cada caso cal será o corpo que fai un burato máis grande na plastilina; deduce
entón cal deles é o que tiña máis enerxía potencial gravitacional:
a) Unha bóla de ferro e outra de plástico do mesmo tamaño caendo
desde a mesma altura.
b) Dúas bólas idénticas deixándoas caer desde distinta altura.

2
Tema 2: A enerxía Ciencias Módulo II

4.- As ondas dunha emisora FM que chegan á antena dun aparello de


radio transportan enerxía?
5.- Hai calculadoras que non usan pilas. Que tipo de enerxía utilizan,
calorífica ou luminosa?
6.- Un abrigo de roupa, dá calor?
7.- Cal é a diferenza entre a fisión nuclear e a fusión nuclear?
8.- Relaciona cada tipo de enerxía da columna da esquerda coa súa orixe
na columna da dereita:
A-Cinética 1-Debida á posición ou altura dos corpos
B-Química 2-Procede das partículas cargadas
C-Térmica eléctricamente
D-Potencial gravitacio- 3-Maniféstase nas reaccións químicas
nal 4-Debida ás forzas existentes nos núcleos
E- Nuclear atómicos
F-Eléctrica 5-Debida á temperatura dos corpos
6-Debida ao movemento dos obxectos
9.- Indica en que tipos de enerxía se transforma a enerxía eléctrica nos
seguintes dispositivos: estufa eléctrica; lámpada; ventilador.

3. UNIDADES DA ENERXÍA.-
A unidade de enerxía no sistema internacional é o joule (J). Un libro de
1kg a unha altura de 1m ten unha enerxía potencial de arredor de 10J; unha
pedra de 2kg movéndose a 36km/h ten unha enerxía de 100J.
Hai máis unidades para medir a enerxía; unhas son múltiplos e divisores
do joule, como o quilojoule (kJ) ou o megajoule (MJ), e outras non son do SI,
das que as máis coñecidas son a caloría (cal) e a quilocaloría (kcal). As
equivalencias:
1cal=4,18J; 1kcal=4180J.
Algúns valores de enerxías:

ACTIVIDADES.-
10.- Cando queimamos un litro de gasolina libéranse 32000kcal de calor.
Canta enerxía é expresada en joules e en megajoules?
11.- Cen gramos de caramelos teñen unha enerxía química de 378kcal.
Cantos joules de enerxía ten un caramelo de 20g?

3
Tema 2: A enerxía Ciencias Módulo II

4. PROPIEDADES DA ENERXÍA.-
Aínda que son diversas, as formas de enerxía teñen unhas propiedades
comúns a todas elas.
4.1. A enerxía pódese almacenar.-
O combustible que temos no depósito do coche ten enerxía química
almacenada e así seguirá ata que non o queimemos; a batería dese mesmo
coche ten enerxía eléctrica acumulada na espera de ser utilizada cando o
arranquemos; a auga embalsada nun encoro ten enerxía potencial gravitacional
almacenada, que non se usará ata que a auga caia e mova as turbinas.
Podemos atopar centos de exemplos en que un corpo ten enerxía almacenada;
esta é unha das características da enerxía: que se pode gardar ou almacenar
para ser usada posteriormente.
Pero non todas as magnitudes relacionadas coa enerxía se poden
almacenar, como, por exemplo, a calor que non se pode gardar, estritamente
falando.
4.2. A enerxía transfórmase.-
Unhas formas de enerxía pódense transformar noutras.
• Transformación de enerxía potencial en cinética e viceversa: un
exemplo sinxelo desta transformación témolo nun balón que se deixa
caer desde unha certa altura, bate no chan e sobe ata outra altura:

• Transformación de enerxía cinética en eléctrica: este tipo de


transformación conséguese nalgúns xeradores eléctricos. Nestes, o
movemento dun eixe de rotación fai pasar unhas bobinas por diante
duns imáns ou electroimáns, inducíndose nelas unha corrente eléctrica.
• Transformación de enerxía térmica en eléctrica: a enerxía térmica
procedente da combustión dos hidrocarburos (gas natural, propano,
gasóleos, etc.) e do carbón, e a calor procedente da desintegración
nuclear dos elementos radioactivos (uranio e plutonio) emprégase para
producir vapor de auga a alta presión, que se lanza contra as pas das
turbinas, que á súa vez fan xirar os rotores dos alternadores, co que se
produce enerxía eléctrica. Tamén se pode aproveitar deste xeito a calor
procedente do interior da Terra (enerxía xeotérmica).

4
Tema 2: A enerxía Ciencias Módulo II

• Transformación de enerxía potencial en eléctrica: a auga retida nun


encoro a certa altura déixase caer collendo así velocidade
(transformación de enerxía potencial gravitacional en cinética), batendo
contra as pas das turbinas. Estas transmiten o movemento de rotación
aos alternadores (enerxía cinética) producindo finalmente electricidade
(enerxía eléctrica).
• Transformación de enerxía eléctrica en enerxías cinética,
potencial, luminosa, térmica, …: actualmente a enerxía eléctrica é
moi doadamente transformada noutros tipos de enerxía: térmica
(radiador, estufa, secador, …), luminosa (lámpadas), potencial
gravitacional (guindastres, elevadores), química (mediante a electrólise
podemos utilizar a enerxía eléctrica para descompoñer a auga en
hidróxeno e osíxeno).
4.3. A enerxía consérvase.-
Como acabamos de comprobar, a enerxía transfórmase, pero non
aparece nin desaparece. Esta calidade da enerxía enúnciase no coñecido
principio de conservación da enerxía: “A enerxía non se crea nin se destrúe,
senón que se transforma”.
Ademais de transformarse, a enerxía pódese transferir duns corpos a
outros de dous xeitos distintos:
• En forma de traballo: prodúcese cando un corpo provisto dunha
determinada enerxía, a transmite a outro provocando un
desprazamento na dirección da forza aplicada.
• En forma de calor: prodúcese cando toda ou parte da enerxía que
posúe un corpo se transmite a outro en forma de calor debido ao
rozamento, á diferenza de temperatura entre ambos, etc.
De acordo co principio de conservación da enerxía, a cantidade total de
enerxía non cambia, o que nos pode levar a pensar que a enerxía existente é
inesgotable. Mais non é así, xa que a maior parte da enerxía que utilizamos
nas nosas máquinas non se pode utilizar de novo. Cando a enerxía deixa de
ser útil para ser transformada en traballo dicimos que está degradada; na
maioría dos casos, esta degradación prodúcese en forma de calor

ACTIVIDADES.-
12.- Se comemos un bocadillo e logo subimos a un monte, que
transformacións de enerxía ocorren ao longo deste proceso?

5
Tema 2: A enerxía Ciencias Módulo II

13.- Nun texto lemos que un meteorito, cando entra na atmosfera


terrestre, ten, entre enerxía cinética e potencial gravitacional, 3MJ de enerxía
total. Porén, cando bate contra a terra, só ten unha enerxía cinética de 1,2MJ.
Resulta que os datos están ben. Non se cumpre aquí o principio de
conservación da enerxía?

5. FONTES DA ENERXÍA.-
Os recursos naturais que nos permiten obter a enerxía son as chamadas
fontes da enerxía. Podemos distinguir dous tipos: fontes non renovables (as
que existen na Terra de xeito limitado e que tardan en renovarse, se cadra,
millóns de anos, polo que o seu consumo acabará por esgotalas) e fontes
renovables (as que a natureza pode xerar ao mesmo ritmo ou superior ao
consumo que facemos delas, ou ben pode producilas de novo a curto prazo,
polo que en principio son inesgotables).
5.1. Fontes de enerxía non renovables.-
• Carbón: é unha rocha sedimentaria producida pola descomposición de
vexetais sepultados hai millóns de anos. É unha fonte relativamente ba-
rata, pero que contamina bastante.
• Petróleo: foi producido fai millóns de anos a partir de restos biolóxicos
enterrados por capas de sedimentos. Ademais de combustible, úsase
como materia prima para plásticos e fibras sintéticas. Ao ritmo actual
de consumo, é probable que se esgote bastante antes de finalizar o
século actual.
• Gas natural: formado principalmente por metano, que forma bolsas
xeralmente onde hai petróleo no subsolo. Ten gran poder calorífico e,
dentro dos hidrocarburos, é de combustión máis limpa.
• Enerxía nuclear: obtense a partir do isótopo fisionable do uranio-235.
A ruptura dos seus núcleos libera unha enorme cantidade de calor. Os
inconvenientes deste tipo de enerxía son o seu elevado perigo en caso
de accidente.
5.2. Fontes de enerxía renovables.-
• Enerxía hidráulica: a auga nos encoros está a gran altura; cando se
deixa caer, a velocidade da auga move turbinas que producen
electricidade. Esta é a fonte de enerxía
renovable máis empregada actualmente, é
limpa e non xera residuos. Os seus
inconvenientes son a pouca dispoñibilidade
en épocas de seca e o asolagamento de
vales fértiles ou de importancia ecolóxica.
• Enerxía eólica: ao ser aire en movemento,
o vento ten enerxía cinética que hoxe
produce electricidade en aeroxeradores.
• Radiación solar: cada ano chega á Terra
enerxía en forma de radiación solar 4000 veces maior ca a consumida
pola humanidade nese ano. Actualmente aproveitamos esa radiación
de dous xeitos: enerxía solar térmica, producindo auga quente para
uso doméstico, podendo ser de baixa temperatura (paneis solares) ou
de alta temperatura (mediante espellos); enerxía solar fotovoltaica,
producindo directamente a electricidade cando a radiación solar incide
nun material semicondutor apropiado.

6
Tema 2: A enerxía Ciencias Módulo II

• Enerxía maremotriz: a diferenza de alturas da auga do mar entre o


abalo e o devalo pode aproveitarse para turbinala e producir
electricidade.

• Enerxía xeotérmica: o interior da Terra


está a elevada temperatura. A auga
quente que sae espontaneamente
nalgúns lugares pode aproveitarse para
calefacción, uso sanitario e doméstico, ou
para producir electricidade; tamén pode
inxectarse auga fría por medio de pozos,
que se transforma en vapor que pode
xerar electricidade.
• Biomasa: é materia orgánica non fosilizada. Actualmente pódese usar
ben por combustión directa ou ben por transformación en
biocombustibles.

ACTIVIDADES.-
14.- Sinala as fontes de enerxía renovables: hidráulica; nuclear; biomasa;
eólica; xeotérmica.

You might also like