You are on page 1of 1

As reformas da II República.

As consecuencias da Guerra Civil


A República comprende dende o 1931 ata o 1939, pero as reformas máis Os efectos da Guerra Civil foron devastadores. Entre outros,
destacadas son ata o 1933. No ámbito relixioso, unha das iniciativas da demograficamente, o Estado perdeu case 1 millón de persoas. E, ademais,
Constitución era a separación da Igrexa do Estado. As reformas querían 400 mil marcharon cara o exilio. Economicamente, o Estado quedou
diminuír a influencia da Igrexa sobre a vida pública e a educación. En canto arruinado. Orixinouse unha grande escaseza de produtos de primeira
ás reformas territoriais, púxose en marcha o proceso de descentralización do necesidade, falta de alimentos, de hixiene, de menciñas, de electricidade e
Estado, recollido na Constitución, que recoñecía a existencia dunhas de combustible. Para a maior parte da poboación a miseria transformouse na
nacionalidades históricas con lingua e identidades propias (Galicia, País súa realidade cotiá, con salarios moi baixos e prezos moi elevados pola
Vasco e Cataluña) e permitía establecer gobernos autónomos. Houbo unha escaseza dos produtos.
reforma agraria que tratou o problema do latifundismo. A propiedade das Sección Femenina
terras eran de quen puidera mercalas e pagalas. Unha lei, dada en 1932, Rama feminina da Falange liderada por Pilar Primo de Rivera, irmá do
decretou que todas as grandes terras que non se cultivasen podían ser fundador da Falange. A Sección Femenina organizaba o Servicio Social,
expropiables para a súa distribución entre campesiños sen terras. Creóuse o obrigatorio para todas as mulleres, e que se encargaba de educalas nos
Instituto de Reforma Agraria para indemnizar aos propietarios e facilitarlles o valores franquistas. Así, no franquismo a muller debía ser submisa,
asentamento ás familias camepesiñas, mais a escaseza de recursos para obediente, esposa e nai. E atender en exclusiva as tarefas domésticas
indemnizar aos propietarios e os numerosos pleitos que estes imterpoñían
fixeron que a reforma fose lenta e limitada
A educación na república
Durante a II República impúlsase a coeducación, isto é, a formación de
homes e mulleres xuntos e en condicións de igualdade. Algunhas mestras,
bolseiras pola Xunta de Ampliación de Estudos, viaxaron ao estranxeiro para
coñecer o sistema educativo doutros países e poder poñelo en práctica ao
seu regreso ao Estado. Ademais, durante a II República creáronse 13 mil
escolas. Por último, apuntar que un dos esforzos máis significativos foi a
chegada ao mundo rural desa nova xeración de mestres e mestras que
intentaron levar a cabo, xunto a instrución, unha intensa propagación das
ideas e valores republicanos.
Misións pedagóxicas
Proxecto de solidaridade pedagóxico da II República. Numerosos
estudantes, mestres/as, universitarios, e outras profesións incorporáronse ao
proxecto. O seu obxectivo era espallar a cultura nos medios rurais máis
abandoados. As actividades que programaban en cada “misión” consistía en
teatro, coro, museo do pobo, cine e divulgación de innovacións tanto
sanitarias como agrarias. Cada expedición viaxaba en camións con libros
(bibliotecas circulantes) que se depositaba na escola do pobo e era
xestionados polo mestre ou mestra da localidade. Varios inteletuais como
Federico García Lorca incorporáronse a estas misións.
Golpe de Estado
Onde e cando comenza, en que zonas fracasa a insurrección. O
levantamento militar iniciouse o 17 de xullo en Ceuta, Melilla e Marrocos. Os
días 18 e 19 espállase por Canarias, Baleares e o resto da península. A
insurrección fracasa, sobre todo, nas grandes cidades e zonas industriais,
grazas á resistencia popular e dalgúns corpos policiais, e a que un sector do
exército mantívose leal á República.
Define exército popular
Exército da II República que contou con axuda soviética. e que trataba de
poñerlle fin á represión exercida de forma incontrolada polos comités. No
1937 uníronse as milicias, forzas civís voluntarias organizadas por sindicatos
ou partidos.
Define brigadas internacionais
Unidades militares de voluntarios e voluntarias que agruparon 30.000
persoas de máis de 50 países diferentes, que apoian ao exército republicano
nos primeiros anos de guerra.
En que consistiu o Comité de Non Intervención?
É unha asemblea formada por países europeos que proclaman a súa
neutralidade na Guerra civil española por medo á política expansionista de
Hitler. A pesar de que recoñecen que a guerra era unha agresión contra un
goberno lexítimo, o republicano. Desta forma, prohiben o envío de axuda ao
bando republicano. A partir do ano 37 este Comité dará orde aos brigadistas
para que abandonen a guerra., obrigando ao retorno
dxs voluntarixs das brigadas internacionais.
A ditadura de Francisco Franco
Franco impón unha ditadura militar que suprime as liberdades democráticas
como de expresión e de relixión. As medidas tomadas na ditadura son as
seguintes:
● A Constitución da República foi anulada
● Os sindicatos e partidos prohibidos excepto a Falanxe
● As eleccións suprimidas
● E as institucións republicanas desmanteláronse
● Abolíronse os gobernos autónomos e prohíbense as manifestacións
nacionalistas catalá, vasca e galega.
Ademais, Franco exerce o título de caudillo e concentra todos os poderes:
xefe de Estado, xeneralísimo dos exércitos, o seu cargo era vitalicio e ten o
dereito o nomear sucesor.
A represión franquista
O franquismo caracterízase por exercer unha represión permanente contra
calquera oposición co obxectivo de castigar a aquelas e aqueles que
apoiaran a República. A represión foi especialmente dura nos anos da
posguerra, década dos 40. As accións contra os opositores incluían, entre
outros, reclusión en campos de concentración, como o que existiu en A
Guarda (pontevedra), traballos forzados en obras públicas, torturas,
encarceramentos e execucuións por motivos políticos. Calcúlase que depois
da guerra houbo 50 mil execucuións por motivos polítcos.

You might also like