You are on page 1of 2

푸른 빛 너는 나를 닮아서

물결처럼 늘 일렁이고
네 안의 끝 바닥에 발 닿으면
숨 내뱉고 다시 떠올라

[...]

푸른 밤
멀리 나를 부르는 것은
빛인가 어둠인가

온유 - blue

-------------

remata o recital.
remata o espectáculo e sinto
que algo parte nalgún sitio.
así, inexacto.
é isto o máis próximo que nunca estarei de experimentar
aquela dor invisible do parto? claro, non falo do corpo.
aínda non comprendo como é posible xuntarse tanto
e non confundirmos as nosas mentes. como é posible?
como é posible retirarme ao cuarto de baño
e non ver no rostro
os vosos rostros?
Que delirio!

remata o recital.
remata o espectáculo e chega a peor parte.
nunca foi tan doloroso convocar a ninguén.
é sempre así? "gostei inmenso!" e despois
non vernos nunca máis.
pese á miña convicción.
haberá no derradeiro día
quen escoitei da miña boca
as mellores mentiras que preparei?

remata o recital e ás veces


só ás veces
repito para min: non vos gustou?
teño máis. por favor, non marchedes.
por favor.

--------------------------------------

fártase a crítica de repetir que a poesía é fantástica


porque nela habita a verdade. e fico coa vontade toda de berrarlles:
recito poesía
porque teño medo daquilo que diría
se fose honesto.
de todas as casas que vería arder na noite inmensa
como cabichas da adicción que non remata nunca.
de todos os perigos que sorteei
de todos os perigos
sen decatarme.
--------------------------------------

You might also like