You are on page 1of 4

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN

Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003


Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS
Boletín Informativo
Decano de la da Biblioteca
prensa náutica del Barbanza do
CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 53
XANEIRO 2009

PRESENTACIÓN
SUMARIO

N
este número monográfico do Boletín
Páx. 1
Informativo da Biblioteca O PEREIRIÑOS, " PRESENTACIÓN
queremos informarvos que proximamente os Páx. 2
alumnos/as de 3º Ciclo de Primaria desprazaranse ata " QUEN É A NOSA
a aldea de Lires (Cee) para compartir unha xornada INVITADA?
literaria coa escritora Concha Blanco, percorrendo os Páx. 4
EU SON... DE
lugares máxicos que fican no Universo creativo dunha "
CONCHA BLANCO
das escritoras máis prolíficas da nosa terra.

PANTONE H695 13C


Páxina 2 PEREIRIÑOS

QUEN É A NOSA INVITADA?

Para saber máis polo miúdo quen é Concha


Blanco, lede atentamente o que nos conta a propia
autora:

No Concello de Cee hai unha aldea que se


chama Lires. En Lires está a ría máis pequena de
Galicia, que coa marea baixa desaparece; é unha
ría con maxia. Antes da ría hai un cruceiro e preto
do cruceiro está a miña casa onde nacín o 19 de
xuño de 1950.
Segundo me contaron, tardei moito en saír da
barriga de miña nai, retraso que a piques estivo de
facerme coincidir nacer con morrer. D. Xoán, o
médico que axudou no parto, deume un par de
azoutas. Así que dende aquela aprendín a ser
puntual nas miñas citas, co traballo, cos amigos,
coas amigas.
Quérovos contar que a miña primeira anécdota
xa ocorreu aquel día ao pé do leito naquela casa
de Lires. Este doutor, amigo da familia, suxeriulles
aos meus que me puxesen por nome Blanca, en vez
de Concha. Blanca Blanco Blanco.
¡¡Non!! aseguraron os meus proxenitores por
unanimidade.
Ata os dez anos vivín neste fermoso lugar.
Fun á escola pública na que compartía pupitre
con meu curmán, e aula con todos os nenos e
nenas da aldea, grandes e pequenos. No pupitre,
que se me facía un chisco grande, sempre tiña as
pernas colgando. Aquí foi onde me fixen amiga dos
libros, ata namorarme deles. El gato con botas foi
o primeiro exemplar de contos de meu, agasallo de
dona Amparo, unha das miñas primeiras profesoras
que coñecía ben a afección que eu tiña pola
lectura.
Logo fun a Ferrol cursar o bacharelato no
Instituto Concepción Arenal.
Nº53. XANEIRO 2009 Páxina 3

Desta cidade teño gravadas fondas pegadas e


trouxen comigo a amizade de Cheli, de Pili...
A carreira de Maxisterio curseina en Santiago de
Compostela, cidade da que só dicir o seu nome
me comprace.
Logo residín en diferentes lugares da provincia
da Coruña, por mor das escolas a onde fun
destinada: Nemiña (Muxía), O Ézaro (Dumbría),
Brens (Cee), Dumbría. E agora aquí estou de novo
en Cee, impartindo clases de Lingua Galega e
Literatura aos alumnos e alumnas de 1° ciclo da
ESO.
Amais de ler e escribir gústame:
Desordenar e ordenar. Escoitar a radio desde a
cama. Ter encontros cos nenos e nenas. Falar por
teléfono. Observar a natureza. Comer tortilla de
patacas ou croquetas de Ana Villar. Ver programas
de entrevistas. Imaxinar por dentro ás persoas.
Escribir dentro do coche. Deitarme e erguerme
tarde. Pasear pola praia da Langosteira, á beira
do mar.
Pero sobre todo o que máis me gusta é SOÑAR.
Literariamente amais dos títulos publicados
podería salientar que fun accésit Lazarillo (1997),
Premio Lecturas (2002), Finalista Barco de Vapor
(1988) e Finalista tres veces (máis que salientar
aquí cabería dicir "lamentar", 1996, 1999, 2003)
no Premio Merlín e un bo posto entre os finalistas
nunha ocasión no Premio Edebé.
Con Habitación 202 no ano 2007 Concha Blanco
faise co Premio de Novela por Entregas de La Voz
de Galicia.
No ano 2008 faise co VI Premio Pura e Dora
Vázquez de narración con Encontro ás agachadas.
EU SON... DE CONCHA BLANCO

Hoxe son unha fada


mañá son un cabaleiro
onte vivín unha aventura
encol dun barco veleiro.

Hoxe son unha raíña


mañá un bravo león
onte nas Olimpíadas
alceime en gran campión.

Hoxe son unha bolboreta


mañá un grilo cantor
onte nunha excursión ao ceo
coñecín ao meu amor.

Hoxe son unha andoriña


mañá un mexilón festeiro
onte desde un avión
divisei o mundo enteiro.

Cabaleiros ou raíñas
bolboretas ou leóns.
Fadas, andoriñas
grilos, mexilóns.

Os soños...
Ai os soños !
Os soños...
Sempre soños son...

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A CULTURA GALEGA...


CEIP DO FOXO

You might also like