You are on page 1of 5

TEMA 9 A IDADE MODERNA, UNHA NOVA ERA

1.- UN TEMPO DE EXPLORACIÓNS

A) O mundo coñecido polos europeos


No século XV os europeos tiñan un coñecemento limitado do mundo.
Coñecían ben Europa e as terras que bordean o Mediterráneo e o mar Negro.
Sabían da existencia da India, China e Xapón a través de viaxeiros e mercaderes, como Marco Polo,
que traían sedas, especias e outros produtos de Asia.

Prácticamente non sabían nada da África subsahariana e descoñecían a existencia de América,


Oceanía e a Antártida.

B) O comercio con Oriente.


Durante a Idade Media eran moi prezados en Europa os produtos exóticos procedentes do Extremo
Oriente, como a seda e as especias, que chegaban a través da ruta da seda, unha serie de vías
comerciais que unían Constantinopla con China.

En 1453 os turcos conquistan Constantinopla e ocupan o Imperio Bizantino; a ruta da seda queda
interrompida, e os mercadores europeos tiveron que buscar outras rutas.

C) Os avances da navegación
-Desenvolvemento de novos instrumentos que facilitaban a navegación, como o compás, o
astrolabio, o cuadrante, a corredeira e a ampoleta.
-Desenvolveuse a cartografía.
-Melloráronse os barcos, e a apareceron novos modelos máis lixeiros como a carabela.

2.-AS EXPLORACIÓNS PORTUGUESAS

A) O proxecto portugués.
Dende principios do século XV, Portugal quería encontrar rutas alternativas cara á India, evitando o
Mediterráneo, con obxecto de monopolizar o comercio de seda e especias do Extremo Oriente.

O impulsor do proxecto foi o infante Henrique o Navegante, fillo do rei Xoán de Portugal. Creou
unha escola náutica en Segres, que formaba tripulacións para as expedicións e na que se elaboraban
mapas máis precisos, co obxectivo de sair ao paso das lendas que falaban dun "mar tenebroso" ao
sur do continente africano.

B) As primeiras viaxes
Os portugueses avanzaron pouco a pouco. Tras a conquista de Ceuta en 1415, descubriron as illas
de Madeira e Azores, o Cabo Verde e o Golfo de Guinea, que incorporaron ao reino de Portugal.

Tras a morte de Henrique o Navegante en 1460, continuou o avance cara o sur, pero de forma máis
lenta, descubrindo a desembocadura do río Congo, e en 1487 Bartolomé Díaz alcanza o cabo de
Boa Esperanza, deixando aberto o paso cara ao océano Índico

C) A ruta da India
Cristovo Colón propónlle ó rei de Portugal, unha nova ruta para chegar a Asia navegando cara ao
oeste, atravesando o Océano Atlántico. Pero o éxito de Bartolomé Díaz ao dobrar o cabo de Boa

3º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 9. FOLLA 1


Esperanza, fixo que o monarca desestimara o proxecto de Colón.

En 1498, Vasco de Gama chegaría á India pola ruta aberta por Bartolomé Díaz, culminando o
proxecto Portugués e afianzando a presencia portuguesa no océano Índico.

No 1500, os portugueses descubrirían Brasil ao separarse demasiado de África nunha visita á India.

3.-AS EXPLORACIÓNS CASTELÁS

A) O descubrimento de América
Cristovo Colón estaba convencido de que a terra era esférica, e de que era posible chegar a Asia
navegando cara ao Oeste. Tras ser rexeitado polo rei de Portugal, busca financiación nos Reis
Católicos, que tras unha inicial reticencia, decidiron financiar a empresa. A expedición, formada por
tres naves (A Pinta, a Niña e a Santa María), partiu o 3 de agosto de 1492 do porto de Palos de la
Frontera. Dirixiuse primeiro ás illas Canarias, de onde partiu un mes máis tarde aproveitando os
ventos e correntes mariñas.

Despois de máis de dous meses navegando, coa desesperación dos mariñeiros e conatos de motín,
alcanzaron a costa o 12 de outubro de 1492. Sería Rodrigo de Triana o primeiro en avistar terra.
Colón pensara que chegaran a Cipango (Xapón), pero os seus cálculos non eran correctos, porque
non contaba coa existencia do continente americano. En realidade, chegaran á illa de Guahaní.
Desde esta illa, bautizada como San Salvador, percorreu as Bahamas, Cuba e a A Española (Santo
Domingo), e regresou a Castela. Tras esta primeira viaxe, realizou outras tres máis para explorar e
asegurar o dominio castelán.

Colón morreu convencido de que alcanzara Asia, pero o navegante italiano Américo Vespucio
demostrou que se trataba dun novo continente, que recibiu, no século XVI, o nome de América, no
seu honor.

B) A repartición do mundo
A rivalidade entre Castela e Portugal levou ós Reis Católicos a acudir ao papa para que decididse
sobre os dereitos sobre as terras que se fosen descubrindo.Finalmente, Castela e Portugal asinaron o
Tratado de Tordesillas, no que e decidiu trazar un meridiano ao oeste das illas Azores, de xeito de
que as terras situados ao oeste serían para Castela, e ao leste para Portugal. Para Castela
quedaría case toda América, e para Portugal, Asia e Brasil.

Estes descubrimentos supoñerían o nacemento dos grandes imperios ultramarinos e o comezo da


hexemonía europea sobre o resto do mundo.

C) A primeira volta ao mundo


As viaxes de Colón abriron camino a novas exploracións:

-Fernando de Magalláns– descubriu o chamado "estreito de Magalláns" un paso no extremo da


Patagonia entre o océano Atlántico e o Pacífico.

-Xoán Sebastián Elcano – contramaestre Magalláns, sustuino á súa morte, conseguiu dar a
primeira volta ó mundo e demostrar así a esfericidade da terra.

3º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 9. FOLLA 2


4.-A AMÉRICA PRECOLOMBINA

Os pobos que habitaban América cando chegaron os españois, recibiron o nome de precolombinos.
A maior parte eran pequenas tribos primitivas, pero tamén había grandes civilizacións como os
maias, os incas e os aztecas.

A) Os maias
O maias poboaban territorios do actual México, Guatemala, e O Salvador. Alcanzaron o eu
esplendor entre os anos 300 e 900 da nosa era. Despois, as guerras e as loitas polo poder provocaron
a súa decadencia.

Estaban organizados en cidades independentes, gobernadas por un xefe supremo, cunha sociedade
xerarquizada, e cun comercio moi activo.

Eran politeístas. Os sacerdotes estudaban as estrelas para predicir o futuro. Destacaron como
brillantes matemáticos, astrónomos, arquitectos, e escultores.

B) Os incas
Asentados na cordilleira dos Andes, crearon un vasto imperio que abrangueu parte do territorio de
países coma Perú, Bolivia, Arxentina e Chile.

A autoridade máxima exercíaa o Inca, considerado fillo do sol.


Conformaban unha sociedade xerarquizada, e obtiñan das llamas e das alpacas alimento e roupa.
Eran politeístas, e entre os seus deuses principais estaban Viracocha, o deus creador, e Inti, o deus
Sol.

Edificaron construcción de grandes proporcións. Edificaron templos, palacios e fortalezas como


Machu Picchu, e unha ampla rede de camiños

C) Os aztecas
Eran un pobo de guerreiros que poboaban o val de México desde o século XII. Cobraban tributos
aos pobos vencidos e sacrificaban os inimigos derrotados.

No século XIV fundaron Tenochtitlán, que xunto con Texcoco e Tlacopán constitui unha
confederación de tres cidades. Esta foi a orixe do imperio azteca, dirixido por un emperador que
reunía o poder político e relixioso.
A sociedade era xerarquizada, coa agricultura como actividade principal, pero os aztecas destacaron
tamén na fabricación de cerámica e na ourivaría de ouro e da prata.

Eran politeístas; o seu deus mái importante era Huitzilopochtli, deus do soil, ao que ofrecían
sacrificios humanos. Ademáis, levantaron cidades amuralladas, palacios e templos, moitos en forma
de grandes pirámides.

5.- A CONQUISTA DE AMÉRICA

A) A rápida conquista do continente.


A comezos do século XVI, os españois só ocuparan as illas do Caribe, onde non se adaptaban ao
clima e os cultivos non arraigaban. Por ese motivo lanzáronse á conquista do Continente.

Organizáronse numerosas expedicións en América Central e do Sur. As máis importantes foron a de

3º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 9. FOLLA 3


Hernán Cortés, que conquistou o imperio azteca, e a de Francisco Pizarro, que conquistou o
imperio inca.

As expedicións eran dirixidas por particulares que recibían do rei unha capitulación de conquista,
é dicir unha autorización para recrutar un exército e conquistar un territorio, que pasaba ao
monarca. Os gastos corrían a cargo do conquistador, que recibía o título de gobernador ou capitán,
terras e parte do botín.

Os conquistadores enfrontáronse a pobos máis numerosos ca eles, nalgúns casos civilizacións moi
avanzadas, pero vencéronos con facilidade, debido a tres factores:
-Superioridade do armamento español: os indíxenas véronse sorprendidos polos cabalos,
armaduras, e as armas de fogo, que descoñecían.
-As antigas crenzas indíxenas que falaban da chegada de deuses alén do océano.
-As disputas entre os pobos americanos, que os conquistadores aproveitaron para establecer
alianzas.

En 1518 Hernán Cortés, ao mando de 400 homes, saiu de Cuba co obxectivo de explorar o
golfo de México.

Ao desembarcar, tivo noticias da existencia dun gran de imperio e decidiu conquistalo. Aproveitou a
confusión que produciu a súa chegada entre os indios para lograr aliados entre os pobos sometidos
polos aztecas.

Cortés entrou na capital azteca, Tenochtitlán (actual cidade de México D.F.) e foi recibido polo
emperador Moctezuma; pero un ano despois os aztecas rebeláronse e expulsaron ós españois de
Tenochtitlán. Esto se coñece como Noite Triste. O ano seguinte Cortés ataca e destrúe
Tenochtitlán e conquista o resto do territorio mexicano.

C) A conquista de Perú
Francisco Pizarro organizou a conquista do Imperio Inca, aproveitando tamén alianzas cos pobos
someticos polos incas. Apresaron o emperador Atahualpa, quen, aínda que pagou un fabuloso
rescate en ouro, foi executado.
En 1533 tomaron Cuzco, a capital do imperio Inca, pero o dominio de todo o territorio resultou
longo e difícil pola súa enorme extensión e a resistencia dos incas das montañas.

6.- A ORGANIZACIÓN DOS TERRITORIOS AMERICANOS

A) O goberno das Indias


Os reis católicos anexionaron as terras de América e aplicaron a leis castelás, pero pronnto se viu
que aqueles territorios precisaban unha lei de seu, e en 1512 se redactaron as Leis de Indias. Carlos
I crea o Consello de Indias e promulga as Leis Novas, que regulan o trato que debía darse os
indios.

A administración do reino organizouse inicialmente en dous vicerreinados, o de Nova España e o


Perú, frente os cales o rei nombraba un vicerrei que lle representaba.

B) A sociedade colonial
Os españois organizaron a sociedade americana baseándose en criterios raciais:
-Os españois e os seus descendentes, os crioulos, ocupana a posición superior, Controlaban o
comercio, as terras e os cargos de goberno.

3º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 9. FOLLA 4


-Os mestizos: eran fillos de español e india, e ocupaban un lugar intermedio.
-Os indios realizaban os traballos manuais, principalmente labores agrícolas e gandeiros. Sufrían
abusos e vivían frecuentemente nun estado de servidume.
-Os escravos negros foron levados de África para realizar as tarefas máis duras.

C) A explotación dos recursos


A conquista puxo en mans dos españois xacementos de metais preciosos como os de Potosí
(Bolivia).
Ademáis os conquistadores crearon en América grandes facendas agrícolas e gandeiras, nas que
se cultivaban tabaco, millo ou caña de azucre.
Estas explotacións agrarias traballábanse mediante o sistema da encomenda, polo cai o rei concedía
a un colono lotes de terra para o seu cultivo, que incluían os indíxenas que vivían neles.

O comercio con América era monopolio real, e a Casa de Contratación, establecida en Sevilla se
encargaba de organizalo. Para protexer o barcos dos ataques de piratas, organizáronse as frotas de
Indias.

3º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 9. FOLLA 5

You might also like