You are on page 1of 9

T8.

- SEGUNDA REPÚBLICA E GUERRA CIVIL

1.-A PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA E O BIENIO REFORMISTA (1931-1933)

A) Proclamación da República e Constitución de 1931


O 12 de abril de 1931 celebráronse eleccións municipais, que deron a victoria as candidaturas
republicanas en case todas as grandes cidades e capitais de provincia. Alfonso XIII decidiu
exiliarse, a espera da decisión do pobo español. Formouse un goberno provisional, composto polos
partidos que asinaran o Pacto de San Sebastián, e presidido por Alcalá Zamora. O novo goberno
presentouse ao país dende a Porta do Sol, coa función de convocar inmediatamente eleccións
constituíntes.

Un gran número de bispos, encabezado polo bispo de Toledo pediran o voto para os partidos
monárquicos. O goberno provisional declarou a liberdade relixiosa e de culto, eliminou a ensinanza
relixiosa obligatoria e a participación da igrexa nos planes educativos. O Círculo Monárquico, recén
fundado polo director do ABC, no centro de Madrid, inaugurouse ós sons do hinmno monárquico, a
marcha real, arroxando uns pasquíns que prometían "facerlle a vida imposible" á república.
Comezaron discusións e altercados na rúa, e algúns extremistas acordaron, como represalia,
incendiar algúns conventos na capital. O 11 de mayo arderon varios edificios en Madrid. O goberno
provisional non quixo sacar nun primeiro momento a Garda Civil por medo a causar conflictos
maiores, o que foi moi criticado. O día seguinte, declararía o estado de guerra en Madrid, sofocando
os altercados. Nos seguintes días, os ataques aos conventos extenderíanse polo resto de España, e o
goberno actuaría con dureza contra algúns instigadores, e tamén reaccionaría expulsando ou
forzando ao Vaticano a depoñer os bispos que lanzaran proclamas antirrepublicanas. Tamén se
pechou durante tres semanas o diario ABC e se detivo ao seu director, acusado do asasinato dun
taxista, sendo posteriormente absolto.

As eleccións a Cortes Constituíntes foron celebradas o 28 de Xuño de 1931, con triunfo


abrumador das candidaturas republicanas, o que consolidou a vontade popular pola recén
nacida república.

As Cortes electas elaboraron a Constitución de 1931, que implantou un réxime plenamente


democrático, de vocación modernizadora e que pretendía seguir o camiño das grandes democracias
occidentais, coas seguintes características:
-Recoñecemento de liberdades individuais (liberdade de expresion, reunión e asociación), dereito o
divorcio, o matrimonio civil, e o sufraxio universal masculino, e, por primeira vez, femenino.
-Recoñecemento constitucional da obligación do seguro social, vacacións etc.
-Declaración de España como estado aconfesional, con liberdade de conciencia e culto.
-Definición de España como "Estado integral", compatible coa autonomía de rexións, aínda que
explícitamente non federal.
-Posibilidade de expropiacións, para atallar o problema da terra.
-A constitución declarábase pacifista, renunciando "á guerra como instrumento de política nacional"

B) O bienio reformista
A República foi a primeira experiencia democrática de longo alcance na España contemporánea, é
dicir, o primeiro intento serio de etablecer en España un réxime verdadeiramente democrático, con
todo o que conleva: liberdade de expresión, de culto, asociación, sufraxio universal, ensinanza
pública, obligatoria e gratuita. O goberno, con Alcalá Zamora como presidente da República e
Manuel Azaña como presidente do Goberno, encarou os seguintes problemas:

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 7. FOLLA 1


-O problema educativo: España era un país cun analfabetismo do 40% e grandes deficiencias
educativas. Construíronse máis de 10.000 escolas, creáronse as Universidades Populares,
potenciouse a formación e o número dos maestros, e creáronse as Misións pedagóxicas, ligadas á
Institución libre de Ensinanza: eran escolas ambulantes formadas por voluntarios, que levaban a
educación, o teatro e a arte as aldeas máis remotas.

-As ampliacións de dereitos en materia de sexo: Aprobouse por primeira vez o voto da muller.
Admitiuse a entrada de mulleres a carreiras que ata entón tiñan vedadas, e aumentou a presenza da
muller na esfera pública. Foron escollidas as tres primeiras mulleres diputadas; entre elas, Clara
Campoamor foi a maior defensora do voto feminino. Eliminouse a homosexualidade como
agravante de delitos, suprimiuse o delito de adulterio aplicado só a mulleres, introduciuse a baixa
por maternidade, a educación mixta, e aboliuse a prostitución.

-O problema relixioso: promulgouse a Ley de Confesión e Congregacións relixiosas, que


dictaminaba que a Igrexa tería que pagar impostos, estableceuse a "escola única" do Estado, o que
impedía exercer a actividade educativa á Igrexa. Prohibíase ademáis a súa financiación estatal.
Disólvese a Compañía de Xesús, por ser a única congregación con voto de obediencia o papa. A
reacción da Igrexa foi de condena.

-O problema territorial-autonómico: A constitución definía España como "Estado integral" e


permitía as rexións constituirse en autonomía, aínda que sin chegar á federación. Eso resolvía o
problema prantexado por Macía, como solución intermedia a súa proclamación da república
catalana. Aprobouse o estatuto catalán (Estatuto de Nuria), e máis adiante o Estatuto Vasco
(Estatuto de Estella). O estatuto Galego demorouse máis, sendo sometido a referéndum un mes
antes ó golpe de estado do 36, e a súa tramitación parlamentaria foi interrompida pola Guerra Civil.
Aprobouse finalmente polas cortes da Segunda República Española no Exilio, en México, 1945.

-O problema militar: tratábase de democratizar e modernizar o exército, ponéndoo o servizo do


poder civil. Intentouse crear un exército profesional, acorde o modelo dos exércitos europeos, e que
olvidara as tentaciones golpistas e intervencionistas na vida política. Deseñou un sistema de
xubilación anticipada, que permitía xubilarse os militares máis antigos, co que a república podía
retirar a militares dos que dubidaba, e con elo aforrar fondos destinados a mellor equipamento e
preparación. Ademáis con elo conseguía atallar o problema do exceso de mandos militares (tiña 800
xenerais cando bastarían 80) que aumentaba o risco golpista. Tamén regou os ascensos, anulando os
dictaminados pola dictadura, e pechou a Academia Xeral Militar creada por Primo de Rivera. A pear
de que Azaña se esforzou por explicar os motivos perseguidos, a maioría dos militares non as
entenderon, e as interpretaron coma unha inxerencia no ámbito militar, granxeándolle a enemistade
de sectores do exército e da sociedade máis conservadora.

En 1932, a República tivo que facer frente o primeiro intento serio de derrocala: O Golpe de
Estado do Xeral Sanjurjo, o 10 de agosto de 1932, apoiado por varios militares que logo
reincidirían co Golpe do 36, e instigado por tradicionalistas, carlistas e algúns monárquicos. O
golpe fio fácilmente aplastado, saldándose con 10 baixas, e supuxo un alivio para o goberno de
Azaña, que facía tempo que agardaba algo así, saíndo fortalecido do envite. Os responsables foron
condeados a morte, máis indultados polo goberno, que non quería mártires.

-O problema do campo: O sector agrario en España empregaba a uns catro millóns de campesiños,
máis da mitade sen terra, que estaba distribuida en latifundios, con grandes terratenientes, en varias
partes de España, coma o sur. Os xornaleiros do campo traballaban de sol a sol, sen limitación de
xornada, sen descansos, cun gran déficit de dereitos laborais e sufrindo abusos. O sindicato FNTT,

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 7. FOLLA 2


(Federación Nacinal de Traballadores da Terra), tiña 400.000 afiliados en 1932. O problema do
campo era, quizáis o maior problema de España, recoñecido non só por forzas de esquerdas, senón
tamén polas dereitas e as forzas centristas. Precisaba unha solución, e a que puxo sobre a mesa o
goberno foi a Reforma Agraria. O golpe de Sanjurjo propiciou un clima de unidade e consenso que
facilitou a sía apropiación. Deseñouse un sistema de expropiación con indemnización, para garantir
terras aos campesiños. O sistema considerouse lento e insuficiente: a finais de 1933 10.000
campesiños recibiran terra, o que non satisfacía as aspiracións da FNTT, dado os números
manexados.
Tamén se aprobou a xornada de 8 horas para os traballadores do campo, a Ley de Xurados Mixtos,
que aumentaba o poder negociador dos sindicatos do campo, e a de Términos Municipais, que
impedía que cando houbera unha folga, o terrateniente puidera contratar esquiroles de outros
municipios para desbaratala. Era unha resposta de Largo Caballero, ministro de Traballo, as
innumerables queixas recibidas acerca do incumplimento da lexislación laboral no campo.

España non contaba cunha burguesía ou unha clase media asentada que sostivera unha democracia
liberal estable, era necesario creala.

-O problema do orde público:


Aumentáronse o número das forzas de orde en máis dun 25% e se creou a Garda de Asalto, como
intento de crear un novo corpo leal á república.
O goberno tentou garantir a estabilidade do sistema democrático, e para elo se promulgou a Ley de
Defensa da República, que prohibía a apoloxía do réxime monárquico, a ofensa as institucións do
estado, os actos de violencia por motivos relixiosos, políticos ou sociais, a tenencia ilícita de armas
ou explosivos, e as folgas non anunciadas, e os actos que chamasen á violencia. Ó amparo da lei,
detivéronse a extremistas de esquerda e dereita, suspendéronse periódicos e asociacións. A lei
cosechou críticas de non axustase as garantías democráticas e constitucionais, e foi sustituída pola
Ley de Orde Público, máis suave e máis axustada a nova sociedade democrática.

--Un dos problemas de orde público nesta fase foi o Anarquismo. A CNT/FAI radicalizouse,
apostando pola acción violenta, protagonizando diversos conflictos violentos, coma a folga da
Telefónica.
- En dous pobos do rural suceden feitos violentos: Castilblanco e Casas Viejas. Foi especialmente
sonado o suceso de Casas Viejas (hoxe Benalup), onde varios campesiños se sublevan e tentan
sitiar o cuartel da Garda Civil. Os Gardas de Asalto acaban rodeando o lugar onde se agochaban,
matando a todos e quemando a casa, morrendo 22 persoas. Os feitos pasáronlle factura o goberno
Azaña, que entrou en crise e acabou dimitindo, correndo o mito de que Azaña dera a orde, nunca
emitida, de dar "tiros á barriga".
Durante os cinco anos que dura a República en paz (1931-1936) prodúcense en torno a 2.000-2.500
mortos por refriegas ou actos de violencia política, contando os 1.500 da Revolución de Asturias.

2.- O Bienio Radical-Cedista, bienio conservador ou "bienio negro" e a Fronte popular

A) O bienio conservador
En setembro de 1933 Manuel Azaña dimitiu e convocáronse novas eleccións. A situación
internacional cambiara: os efectos da crise de 1929 chegan a España, e Hitler xa disolvera o
parlamento alemán. En españa aumentan as folgas, algunhas reformas que beneficarían os
campesiños quedan atascadas, no PSOE se acrecenta a tendencia máis radical de mano de Largo
Caballero, e se crea Falanxe Española, partido creado por Xose Antonio Primo de Rivera, fillo do
dictador, e inspirado no partido Fascista Italiano de Benito Mussolinni, incluíndo unha sección de
milicias armadas e chamadas á violencia como recurso político. En marzo de 1934, sectores

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 7. FOLLA 3


monárquicos, que levaban conspirando dende a proclamación da república, pactaron con
Mussolinni o suministro de armas para unha posible sublevación.

Os partidos conservadores concurren unidos na CEDA (Confederación Española de Dereitas


Autónomas), liderada por Xose María Gil Robles, que gañou as eleccións, mentres que a esquerda
se presentou fragmentada, e o anarquismo pediu a abstención. Os partidos que máis votos sacaron
foron a CEDA, que representaba a dereita, e o Partido Republicano Radical, que representaba ó
centro e centro-dereita, e precisaban pactar para gobernar. Dado que era facultade do presidente da
República, Niceto Alcalá Zamora, o encargar formar goberno, encargoullo ao líder do Partido
Radical, Alejandro Lerroux, xa que desconfiaba da lealdade da Ceda á república. A CEDA apoiou o
goberno de Lerroux, a cambio de que este emprendera unha axenda de derogación das reformas
emprendidas no primer bienio. Se concedeu unha amnistía a todos os implicados no golpe de
Sanjurjo, e se paralizou a Reforma Agraria, o que levou a desesperación os campesiños que xa
consideraban insuficientes as medidas da reforma. Devolvéronse terras á nobleza, desactiváronse os
dereitos laborais gañados no primeiro bienio, o que posibilitou ó regreso dos abusos empresariais e
a conflictividade laboral, e a situación dos traballadores do sur endureceuse: creceu o paro,
aumentaron as xornadas laborais, e baixaron os salarios.

-Uns altercados anarquistas en Aragón motivados polo resultado electoral e as medidas anunciadas,
levaron a desarticulación do movemento anarquista, que foran unha fonte de problemas no primeiro
bienio, e que perderían toda capacidade de maniobra violenta a partir de entón.

-A "revolución de Asturias": O descontento obreiro, sumado a noticia da entrada de dous


ministros da CEDA no goberno, e o medo ó fascismo que acabara de prender en Alemaña, levou a
unha folga xeral revolucionaria, declarada pola UGT e apoiada polo PSOE, en outubro de 1934,
que cristalizou na revolución de Asturias, na que organizacións obreras e mineiros armados
ocuparon a conca mineira coa intención de tomar as factorías e instaurar un réxime de tipo
comunista. Houbo focos de violencia anticlerical, con 34 relixiosos asasinados, asaltos a edificios
oficiais e empresas. A revolución foi sofocada e duramente reprimida polo exército, co
protagonismo do Xeral Franco e o Xeral Yagüe. O resultado foron entre 1.500 e 2.000 mortos, a
maioría mineiros. Denunciáronse abusos, torturas, violacións e execucións arbitrarias por parte do
exército, o que impactaría a grandes sectores da opinión pública. Detivéronse a máis de 30.000
persoas consideradas responsables ou instigadores. Máis tarde, Franco foi nomeado Xefe do Estado
Maior do Exército polo goberno radical-cedista.

-En Cataluña, a folga cristalizou na proclamación do Estado Catalán dentro da República Federal
Española, por parte do president Lluís Companys. Foi fácilmente reprimida polo exército, a
Generalitat disolta, e o goberno encarcelado.

-Dous casos de corrupción afectaron ó presidente, Alejandro Lerroux: o escándalo do


Estraperlo, e o de Tayá-Nombelá. Gil Robles tentou asumir a presidencia en sustitución de
Lerroux, co fin de modificar a constitución, pero o presidente da república, Alcalá Zamora
impediullo, e tras dous efímeros presidentes máis, convocou eleccións para marzo de 1936 por
debilitarse o apoio da CEDA. Os xenerais da conspiración militar, agrupados dende 1933 na UME
(Unión Militar Española) ofrecéronlle A Gil Robles un golpe de estado no seu apoyo, que declinou.

B) A Fronte Popular (1936)


Os grupos de esquerda presentáronse unidos nunha coalición, a Fronte Popular, a imaxe do que xa
se fixera noutros países europeos. A figura de Azaña renaceu, debido a súa habilidade dialéctica,
congregando greandes multitudes en mítines a campo aberto. Surxiran dous novos partidos:

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 7. FOLLA 4


Esquerda Republicana, de Azaña, de centro-esquerda, e Unión Rebublicana, de centro, con
escisións do Partido Radical de Lerroux. Ambos se integraron no Frente Popular, xunto co PSOE e
o minoritario PCE, que se presentou as eleccións pactando un programa escrito de centro-esquerda
que rexeitaba expresamente calquera tipo de opción colectivista ou comunista, rexeitando a
socialización da banca, das empresas ou das terras.

Gil Robles propuxo anular as elección e declarar o estado de guerra. A conpiración militar pensou
en actuar, pero Franco pensaba que aínda non era o momento.
Azaña foi o encargado de formar goberno, que retomou a política de reformas do primeiro bienio, e
indulto os presos da revolución de Outubro do 34, acelerando as reformas agrarias.
En maio de 1936 Azaña sustitúe a Alcalá Zamora coma presidente da República.

Aumentou a polarización política, cristalizada en incidentes calexeiros protagonizados


principalmente por Falanxe ou por grupos de estrema esquerda;

-Nunha reunión secreta celebrada xusto despóis das eleccións, a UME acordara dar o golpe de
Estado o 20 de abril, data que tiveron que pospoñer por sospeitas do goberno. Os militares
considerados perigosos foron distanciados: Franco foi destinado a Canarias.
-Xa na etapa anterior comezara o fenómeno coñecido como "proceso de fascistización das
dereitas", atraídas polo auxe do fascismo en Europa. As JAP (Xuventudes da CEDA), foron
progresivamente mudando ó fascismo, é moitos se integraron en Falanxe Española.
-Os actos violentos protagonizados polas milicias de Falanxe, levaron a ilegalización do
partido e a detención dos seus líderes, incluído Primo de Rivera.
-No PSOE, existían dous faccións, unha máis moderada, liderada por Prieto, e outra máis radical,
liderada por Largo Caballero. Nesta etapa, Caballero se radicaliza, en furibundos discursos nos
que defendía a dictadura do proletariado. Prodúcese a fusión das xuventudes do PSOE e o PCE
nas JSU (Xuventudes socialistas unificadas), o que as radicaliza. As JSU contaban cunha milicia
armada, as Milicias Antifascistas Obreiras e Campesiñas (MAOC).
-Calvo Sotelo, líder do partido ultraconservador Renovación Española, minoritario con respecto a
CEDA, convertido en portavoz da dereita, pronuncia nas cortes incendiarios discursos nos que se
declara explícitamente fascista, partidario do estado totalitario, e afirma que "sería loco o militar
que non estivera disposto a sublevarse en favor de España".

Neste contexto, o 12 de Xullo prodúcese o asasinato do Teniente Castillo, garda de asalto coñecido
pola súa militancia esquerdista, é asasinado por pistoleiros de estrema dereita. Varios dos seus
gardas de asalto e membros das milicias antifascistas, en represalia, secuestran a Calvo Sotelo o
13 de Xullo, e o asasasinan, o que leva os militares conspiracionistas a adiantar a data do
golpe ó 18 de Xullo.

3.- A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA


A) O golpe de estado e a división de España.
O 17 de Xullo a sublevación iniciouse en Melilla e no protectorado de Marruecos. Sanjurjo debía
liderala, pero faleceu nun accidente de aviación. O xeral Mola "o director" planificou e
organizou todo o plan, ditando "instruccións reservadas" nas que indicaba que o golpe debía ser
moi violento "se tendrá en cuenta que la acción ha de ser en extremo violenta para reducir lo antes
posible al enemigo (...)" O xeral Franco, comandante xeral de Canarias, trasládase o 18 de
Julio a África nun avión, o Dragón Rapide, para encabezar o exército sublevado. Ese mesmo día
iniciaría a sublevación en varias partes da península, co apoio dunha parte do exército, dos
monárquicos, falanxistas, carlistas e unha parte dos conservadores.

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 7. FOLLA 5


España quedou dividida en dous zonas:
-A zona dominada polos sublevados, que se autodenomiban nacionais, que comprendía Galicia,
Navarra, Norte de Castela, parte de Estremadura, algunhas cidades andaluzas, Baleares e Canarias.
-A zona no que e mantivo o control republicano, que comprendía Asturias, País Vasco, Cantabria,
Cataluña, o Levante, Madrid e case toda Andalucía.
As tropas africanas quedaron bloqueadas no estreito de Xibraltar polas forzas gubernamentais, pero
conseguiron cruzar a península gracias aos avións de guerra facilitados pola Alemaña nazi e a
Italia fascista.

B) A organización das dúas zonas


-Na zona republicana, deuse o fenómeno coñecido como a "implosión da República". O goberno
cedeu as presións de facilitar armas ó pobo para garantir a defensa, e as organizacións obreiras,
sindicatos e partidos foron dotados de armamento, formando milicias. Eso foi paralelo ó colapso e
perda de poder do goberno, no que as asociacións ou sindicatos que controlaban cada zona seguían
as súas propias directrices, formando comités e plantexando ao goberno unha Revolución Social
paralela á guerra, na que procederon a colectivizar terras e fábricas, e nalgún lugar como Cataluña,
a experimentar cunha caótica organización case comunista, mentres a estructura do estado,
incluíndo o exército, quedaba paralizada ou colapsada.
Nunha segunda fase, a partir de 1937, o goberno da república recuperou algo do seu poder, e
tratou de impoñer a orde e a legalidade, disolvendo as milicias e formando o Exército Popular
da República.

-Na zona sublevada, creouse a Xunta de Defensa Nacional, e decidiuse que para gañar en
eficacia, era necesario un mando único, que recaeu no Xeral Franco, nomeado Xeneralísimo de
todos os exércitos, Xefe do Goberno e do Estado. Todas as forzas políticas que apoiaran a
sublevación sse integran nun único partido: Falange Española Tradicionalista y de las Jons
(FET y de las JONS)

C) A represión
--Na zona sublevada, as instruccións dos mandos era de emplear o máximo terror posible. O
terror como arma de guerra, era unha técnica importada da guerra de África, e na que os militares
africanistas tiñan xa experiencia. Nas instruccións reservadas de Mola ao inicio do levantamento,
non so se preveía unha "acción en extremo violenta" senón tamén que sería "necesario crear unha
atmósfera de terror, hai que deixar sensación de dominio eliminando sin escrúpulos nin vacilación a
todo o que non pense coma nos. Temos que causar impresión, todo aquel que sexa aberta ou
secretamente defensor da Fronte Popular debe ser fusilado."
Nesta fase se usaban as expresións "limpieza" e "antiespaña": o fin da represión consistía na
eliminación física da base social que sostiña a sociedade republicana, de todo o que fora autoridade
republicana, funcionarios, mestres, políticos, militantes de sindicatos, intelectuais e masones.
Popularizouse o término "roxo", non xa para definir a un comunista, senón a calquera que non se
identificara coa "nova españa".

Todo iso se concretou nunha oleada de crimes de guerra, violacións, execucións arbitrarias e
violacións:
-Por toda a zona sublevada reinaban as "escuadras negras" grupos formados por falanxistas,
membros das forzas de orde e outros elementos, que practicaban detencións e asasinatos arbitrarios
por motivos ideolóxicos, de comportamento, de crenzas ou simples denuncias por rencillas
privadas: os famosos "paseos", no que a persoa era sacada do seu domicilio, frecuentemente pola
noite, e os cadáveres eran frecuentemente deixados nas cunetas dos camiños e carreteiras, para dar
exemplo o resto da poboación, ou ben enterrados en fosas comunes. Nun destes lances foi asasinado

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 7. FOLLA 6


o poeta Federico García Lorca.
-En Sevilla, o Xeneral Queipo de Llano, apodado como "O carniceiro de Sevilla" emprendeu
unha sangenta represión, executando a unhas 6.000 persoas en poucos meses, ó tempo que lanzaba
soflamas radiofónicas destinadas a sembrar o terror, nas cales animaba os seus soldados a cometer
violacións.
-A muller sufriría unha represión específica por parte do bando alzado; as mulleres, e
especificamente as milicianas que loitaban do bando republicano non só eran torturadas e
asasinadas, senón violadas, xa que o papel da muller como soldado escandalizaba á moral
conservadora do bando alzado.
-O Xeral Yagüe foi famoso tamén pola súa arbitraria e sanguenta represión, gañándose o apodo do
"carniceiro de Badaxoz", por uns feitos sucedidos nesta cidade, no que reuniu nun campo de
touros 4.000 prisioneiros detidos por distintos motivos, para proceder a fusilalos a todos. Anos máis
tarde, recoñecería a acción, xustificándoa coma necesaria.
-A "Desbandá" ocorreu cando unha multitude de civís abandoaron Málaga, fuxindo do avance do
exército sublevado, e foron masacrados polas forzas alzadas mentres fuxían pola carretera con
destino Almería. Morreron entre 3000 e 5000 civís.
-A cifra máis aceptada de víctimas da represión franquista durante a guerra é de 100.000 durante a
guerra é 50.000 durante a posguerra (son fusilamentos ou asasinatos directos, non se inclúe nesa
cifra caídos en combate, en bombardeos, mortos en cárceres nin por fames). Se trata dunha cifra de
mínimos, que outos autores elevan.

--Na zona republicana, a represión foi moito máis acentuada nos primeiros meses da guerra,
motivada sobre todo pola perda de poder do goberno e a actuación autónoma das diversas
organizacións obreiras. A partir de 1937, coa recuperación do poder por parte do goberno, non
desapareceu, máis disminiu considerablemente.
-Tras o colapso do goberno da república, cada sindicato e cada partido tiña a súa propia Cheka,
cárceres urbanas nas que represaliaban, torturaban ou asasinaban a aqueles que consideraban
responsables do golpe. Asimesmo, a represión non se dirixiu tan so ós implicados no alzamento,
senón tamén a patronos, militantes de dereitas, e eclesiásticos, para construir unha nova sociedade
sen clases. As Chekas estaban ubicadas sobre todo en Madrid, e tamén en Valencia e Barcelona, e
nelas se asasinou, en conxunto, en torno a 2.600 e 3.600 persoas .
-A matanza da Cárcel Modelo de Madrid: o mes seguinte o alzamento, un grupo de milicianos
anarquistas coáronse no cárcere aproveitando o incendio, asasinando a 30 políticos e militares
reclusos. O feito granxeoulle á república unha nefasta imaxe internacional.
-Comezou unha persecución relixiosa, que conectou co xa antigo anticlericalismo enraizado en
España, no que non so houbo destrucción de igrexas e conventos, senón que se asasinou a máis de
6.000 relixiosos en toda España durantre a guerra.
-A matanza de Paracuellos: durante o asedio de Madrid, os sublevados estaban xa moi cerca da
cídade, e dalgunha das súas cárceres. O goberno xa se trasladara a Valencia, deixando a cidade en
mans da Xunta de defensa de Madrid, e ordeu se procedera ó traslado de presos a cárceres de
Valencia, para evitar que se uniran as catro columnas militares que marchaban sobre Madrid. Dende
todas partes de España chegaban novas sobre o terror da represión dos sublevados, e unha locución
radiofónica do Xeral Mola, sembrara a psicose ao falar dunha quinta columna, que, infiltrada en
Madrid, traballaban pola vitoria do exército nacional e agardaban o momento de unirse a el.
O goberno continuaba falto de poder, sen forzas de orde operativas, e as organizacións comunistas e
anarquistas controlaban os traslados e as carreteiras. En novembro e decembro de 1936, varios
convoyes cargados de presos considerados afíns o alzamento, con dirección a Valencia, foron
desviados ás afueras do pobo de Paracuellos do Jarama, e asasinados. Este proceso se repetiu
durante varias semanas. Mentres ca outros chegaron vivos as cárceres que eran o seu destino, os
asasinados ascenderon a 2.500 persoas. Durante moito tempo se discutiu a responsabilidade nos

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 7. FOLLA 7


feitos de Santiago Carrillo, Conselleiro de Orde Público da Xunta de Defensa nese momento. El
sempre negou a súa responsabilidade, aducindo o caos do momento, e a falta de forzas a súa orde
para maniobrar. O tema aínda é debatido, aínda que nunca se puido probar a súa implicación
directa.
-A cifra máis aceptada de víctimas da represión (víctimas directas) no lado republicano é de 50.000.

4.- O DESENROLO DA GUERRA E A INTERNACIONALIZACIÓN DO CONFLICTO

A) O desenrolo da guerra
-O inicio da guerra e a batalla de Madrid (xullo 36-marzo 37)
En agosto de 1936 as tropa africanas, as máis temibles e preparadas do exército español, conseguiu
cruzar o estreito de Xibraltar gracias ao apoyo alemán e italiano. Antes de chegar a Madrid, as
tropas franquistas liberaron o Alcázar de Toledo, asediado polas tropas republicanas, o que deu
tempo á república a preparar a defensa. A finais de outubro chegaron as portas da capital, e
comezou a Batalla de Madrid. O goberno abandonou a cidade e trasládase a Valencia,
deixando a capital en mans dunha Xunta de defensa, ao mando do xeral Miaja. Madrid resistiu e
os exércitos sublevados foron derrotados nas batallas de Jarama, Brunete, e Guadalaxara. En
Madrid popularizouse o eslogan "Non pasarán", procedente da IGM, e popularizado nos discursos
da política comunista Dolóres Ibárruri, coñecida como A Pasionaria.
-A fronte norte (abril-outubro 37)
Ao fracasar en Madrid, as tropas franquistas se dirixen ao norte para conquistar as zonas industrias
do cantábrico, combinando bombardeos aéreos e ataques terrestres neste contexto se produce o
bombardeo de Guernica, no que a aviación Nazi (Lexión Cóndor) bombardeu a poboación civil de
Guernica, destruíndo a cidade, algo que causou un grande impacto, pois era una operación de
castigo sen interese militar. Elo foi plasmado no cadro "O Guernica" de Picasso, pintado en París
en 1937. Acaban caendo en mans rebeldes o País Vasco, Cantabria e Asturias. Elo foi un duro revés
para os republicanos, ao perder os importantes recursos industriais e mineros da zona.
-A Batalla do Ebro e o final da guerra (outubro 37-abril 39)
En outubro do 37, o Goberno republicano trasladouse a Barcelona. O exército franquista acabou
illando o territorio catalán. Para tratar de revertir a situación, as tropas republicanas cruzaron o
Ebro e atacaron duramente ó exército franquista desde a retagarda. A batalla do Ebro foi a
máis cruenta da guerra; o exército republicano quedou prácticamente destruido. Os republicanos
resistían coa esperanza de que o inminente estalido da IIGM provocase a intervención europea en
España, pero a guerra europea se retrasou debido a política de apaciguamento dos aliados. O
presidente do goberno, Negrín tratou de negociar con Franco un acordo por escrito con
mediación internacional, pero Franco a rexeitou. Azaña pronunciu o seu famoso discurso: "paz,
piedad e perdón". En xaneiro de 1939 as tropas franquistas tomaron Barcelona. Miles de exiliados,
incluídos algúns membros do goberno, pasaron a fronteira cara a Francia.

En marzo, sucedeu o golpe de Casado: o coronel Casado, das forzas republicanas se sublevou
contra as autoridades republicanas e o goberno de Negrín, e xunto con outros políticos, tratan de
negociar con Franco, agardando conseguir mellores condicións que Negrín, pero este se mantivo
inflexible, non aceptando outra cousa que non fose a rendición incondicional. Madrid foi finalmente
tomada, e o 1 de abril a guerra terminou, cun parte do Estado Mayor franquista, que
comezaba: "no día de hoxe, cautivo e desarmado o exército roxo.."

B) A financiación da guerra e a internacionalización do conflicto.

--A financiación da guerra por parte da república foi dificultosa. Nun primeiro momento,
conseguiu a promesa de axuda e venta de armas por parte de Francia, na que gobernaban os

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 7. FOLLA 8


socialistas, pero o goberno Francés recuou cedendo a diversas presións. Vintesete potencias
europeas, incluíndo Gran Bretaña, Francia, Alemaña e Italia e a Unión Soviética asinaron un
"Pacto de non intervención", que significaba a prohibición de calquer tipo de apoio, económico,
militar, ou venta de armas a calquera dos dous bandos, pero na práctica, so Italia, Alemaña e a
URSS se saltaron o pacto, as dúas primeiras axudando ao bando sublevado, e a terceira, a república.
-A URSS, coa mediación do Partido Comunista de España, aceptou venderlle as armas á república,
marcando un precio alto, ao ser o seu único proveedor; a cambio, so aceptaba ouro, dado que a
moeda dunha república en risco de desaparecer non valía nada internacionalmente. Ante o risco de
que as reservas de ouro do Banco de España (a única fonte de financiación que posibilitaba a
resistencia) caeran en mas enemigas polo asedio de Madrid, estas foron depositadas na URSS, quen
ia descontando ouro segundo lle vendía máis armas, hasta que este se agotou. Esto da pé o mito
franquista do "ouro de Moscú". Hoxe en día está documentalmente demostrado como o ouro se
gastou íntegramente en armas.
-Formáronse as "Brigadas internacionais", integradas por grupos de voluntarios de diversos países
do mundo, sen apoio dos seus gobernos, que acudiron a loitar a España, no convencemento de que
debían frenar o avance do fascismo.

--A financiación da guerra por parte do bando alzado atopou menos trabas.
-O banqueiro Juan March puxo o seu patrimonio o servizo do alzamento, e conseguiu outras fontes
de financiamento capitalista.
-O apoio de Mussolinni e Hitler estivo garantizado dende o primeiro momento; o pacto con
Mussolinni xa estaba firmado dende 1934, e ambas potencias, Italia e Alemaña, reaccionaron
rápido, vendendo armas a crédito, ofrecendo asesoramento e apoio militar. O final da guerra, os
cartos que gastara o bando franquista a crédito (e que logo foi devolvendo a través de recursos
naturais e outros métodos), foi apróximadamente equivalente o gastado en ouro pola república.

5.- CONSECUENCIAS DA GUERRA


A Guerra Civil Española causou en torno a 600.000 e 700.000 mortos, contando accións directas de
guerra (150.00-200.000), fames, mortes en cárceres, e os 150.000 mortos en fusilamentos e
execucións.
O abastecemento de alimentos supuxo un grave problema, sobre todo na zona republicana.
Impúxose o racionamento, e popularizouse a expresión "lentellas de negrín". Tras a vitoria bando
sublevado impuxo un réxime de tipo fascista, fortemente inspirado nos de Alemaña e Italia, e unha
férrea represión.

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 7. FOLLA 9

You might also like