You are on page 1of 6

T12.

-FRANQUISMO E TRANSICIÓN

1.-ESTABLECEMENTO E CONSOLIDACIÓN DO RÉXIME FRANQUISTA. O


PRIMEIRO FRANQUISMO (1939-1945)

A) O primeiro franquismo: o establecemento do réxime


Tras a súa vitoria, Franco estableceu en España unha ditadura entre 1939 e 1975.
-Franco asumiu todos os poderes: era xefe do Estado, do Goberno e do Exército.
As cortes so eran consultivas, xa que as leis as aprobaba Franco. Recibiu o título de Caudillo de
España e Xeneralísimo de todos os exércitos
-Existía un so partido legal, Falanxe Española Tradicionalista e das Jons, que agrupaba a todas as
"familias" que apoiaran a sublevación (monárquicos, carlistas, falanxistas, nacional-católicos e
militares)
-Ilegarizáronse todos os sindicatos, e creouse o Sindicato Vertical (Organización Sindical
Española), controlada polos falanxistas.
-Suprimíronse os dereitos e liberdades.
-Prohibiuse calquera manifestación de nacionalismo rexional e abolíronse os Estatutos de
Autonomía. Os idiomas rexionais quedaron relegados a o ámbito privado ata 1945, cando
comezaron a permtirse algunhas manifestacións culturais.
-Impúxose o nacional-catolicismo: a católica é a única relixión oficial, formando parte da súa
ideoloxía.
-Instaurouse un sistema educativo basado no adoctrinamento nos principios do réxime, introducindo
en todas as asignaturas principios relixiosos e a moral oficial, segregando os nenos da nenas, e
desterrando todos os avances educativos, sustituíndoos por unha educación dogmática, autoritaria e
doctrinal. Moitos maestros foron apartados dos seus traballos para introducir a persoas afectas o
réxime e frecuentemente pouco preparadas.

B) A represión. A inversión en terror.


A represión franquista: a ditadura de Franco asentouse sobre a destrucción do orde republicano,
realizada mediante unha "inversión en terror":

-Despois da guerra civil, foron executadas máis de 50.000 persoas por motivos ideolóxicos ou
políticos: Cargos políticos, mestres, funcionarios, intelectuales, campesiños sin terra, foron vícitmas
dunha espiral de terror indiscriminado para desarticular calquera posibilidade de oposición.
-Xudicialmente, abriuse a "Causa xeral", para xustificar a represión. Os reos eran obxecto de
Xuizos-farsa, sen defensa real, sen probas, sen posibilidade de ser escoitados, e con acusacións
xenéricas ou ben ridículas; entre elas, a máis frecuente era polo delito de "adhesión a rebelión",
destinado a todos os que foran sospeitosos de apoiar a república, co seu traballo (cargos ou
funcionarios), a súa militancia (en sindicatos, partidos ou organizacións xuvenís), con ideas
contrarias o réxime, xa fosen liberais, socialistas ou non-crentes, ou incluso pola relación persoal
cos anteriores.
-En moitos sectores laborais abriuse unha purga ou depuración laboral; mestres, funcionarios,
ferroviarios...abríronse miles de expedentes de depuración que remataban en sancións, ou perda
definitiva do posto de traballo e do dereito a unha xubilación, podendo chegar á incautación dos
seus bens, todo elo por motivos ideolóxicos. A estigmatización e o sinalamento social e a fame,
agravaban a súa situación.
-Miles de persoas entraron no cárcere por motivos ideolóxicos ou políticos. A poboación reclusa
en 1939 era de 270.000 presos, menos da mitade o estaban baixo unha senteza xudicial. Máis tarde
se promulgou un decreto que reducía as penas por realización de traballos forzados. A principal obra

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 12. FOLLA 1


que realizaron estos presos políticos foi a construcción do Val dos Caídos, e algunhas empresas de
construcción se enriqueceron usando man de obra esclava. En 1941 e 1943 se ditaron dúas
amnistías para penas inferioresa 12 e 20 anos respectivamente.
-Campos de concentración: entre 1936 e 1959 funcionaron uns 300 campos de concentración
fanquistas, polos que pasaron, en distintas fases, entre 700.000 e un millón de españois. Neles
praticabase a tortura, os traballos forzados, as sacas (asasinatos disfrazados de fugas), e as malas
condicións e a insalubridade podían conducir a morte. O último oficial pechou en 1947, quedando
algúns residuais ata 1959.
-Medio millón de españois tomou o camino do exilio, principalmente a Francia ou a América.
Moitos deles acabarían en campos de concentración nazis.
-Represión específica á muller: a muller foi reducida a unha minoría de edad legal. Para abrir
unha conta bancaria, traballar ou firmar un contrato, precisaba autorización expresa do seu marido
ou pai. O réxime impoñía unha determinada visión da muller, como ama de casa ou adicada os seus
labores e a ter fillos, e un código de vestimenta "decorosa". Creouse a "sección feminina" de
Falanxe, para fomentar esa visión. No marco das depuracións laborais, moitas mulleres foron
separadas do seu posto, non por motivos ideolóxicos coma os homes, senón polo feito de ser muller,
xa que moitos traballos non se conideraban "adecuados a feminidade". Prohibíronselles o acceso a
algunhas profesións, como a de xuíz, notario ou diplomático. As mulleres dos "roxos" eran obxecto
de represión ou vexacións: violación, confiscacións de bens, reeducación, ou rapadas para ser
sinaladas. Moitas reclusas foron separadas dos seus fillos, dados en adopción a outras familias, en
consonancia coas teorías do Dr. Vallejo-Nájera, xefe de psiquiatría do réxime, quen creía na
existencia do "xen roxo" e consideraba a mulleres "inferiores mentales", con tendencia a
criminalidade e o sadismo.

-Prodúxose unha incautación de propiedade en masa mediante a Lei de Responsabilidaes Políticas


de 1939, que confiscaba os bens daquelas persoas que se opoñeran á rebelión, ou que simplemente
houberan mostrado "pasividade" ao apoiarla. Tamén se incautaron os inmobles dos sindicatos,
partidos políticos e exilados.

C) Un réxime fascista.
Na primeira etapa do franquismo, os falanxistas tiveron unha grande influencia. Creárone diversas
organizacións: O sindicato Vertical ou OSE, sindicato único no que se agrupaban todos os
traballadores, e diversas organizacións xuvenis dependentes da FET e das JONS. Ramón Serrano
Suñer, cuñado de Carmen Polo de Franco, foi un dos homes máis poderosos do réxime nesta etapa,
e un dos maiores representantes da marcada tendencia pro-nazi do réxime franquista, nunha época
en que este se prodigaba en eloxios ó réxime de Hitler e esperanzas da súa victoria na IIGM.
-En 1939 España declarouse neutral.
-En 1940 mudou a súa postura a "non belixerante", o que implica un estado de pre-guerra, en
apoio do eixe. Serrano Suñer acudiu a Berlín para negociar as condicións da entrada de España na
IIGM,e produciuse a entrevista entre Hitler e Franco en Hendaia, na que España solicitaba a cambio
determinadas posesións coloniais en África e apoio de Alemaña. A entrada de España na guerra foi
posposta, pero non descartada.
-Em 1943 creouse a División Azul, un exército de voluntarios que viaxou a loitar a favor de
Alemaña na IIGM.
Franco compartía con Hitler un marcado antisemitismo, ademáis da fobia pola masonería, os que
creía aliados do capitalismo internacional e que eran frecuentemente obxecto dos seus ataques nos
discursos: a "conspiración (ou contubernio) xudeo-masónico". En 1941 a Dirección Xeral de
Seguridade mandou fichar a todos os xudeos. Para entrar a España esixíase un visado, que era
denegado a quen non apoiara a causa franquista e a quen tivera "marcado carácter xudeo". Unha vez

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 12. FOLLA 2


finalizada a IIGM, o franquismo tratou de apartarse de este estigma mediante a súa propaganda, en
especial apropiándose da actuación de varios diplomáticos que salvaron a vida de miles de xudeos,
en contra das instruccións do réxime.

D) A economía
A autarquía: Ao finalizar a Guerra Civil, a economía española estaba afundida. Industrias e vías de
comunicacións destruídas, campos devastados, que tardaron en reconstruirse.
Na economía, impúxose a autarquía, característica dos réximes totalitarios, consistente na
autosuficiencia da economía nacional, sin recurrir ao comercio ou axuda exterior, sen contar para
elo que España carecía da base tecnolóxica e industrial necesaria, e imprimindo diñeiro sen ter en
conta a inflación, todo elo contra a oposición e desesperación dos economistas máis competentes.
A autarquía tivo efectos desastrosos sobre a economía, agravando a escaseza, e facendo necesario o
racionamento; a comida e produtos básicos racionábanse, mediante unha "cartilla de racionamento".
A fame e a necesidade provocou o afloramento do mercado negro e o estraperlo (contrabando), e
moitos cargos e afíns ao réxime se beneficiaron da nova situación. O estado tamén fomentaba o
aforro, en detrimento do consumo.

C) A corrupción franquista.
Durante o franquismo, institucionalizouse a corrupción, que medrou ata niveis non vistos
anteriormente. As prácticas corruptas eran consentidas para garantir a fidelidade das "familias"
franquistas ó réxime, e consideradas como un botín de guerra. Desde cuantiosas donacións e
valiosos regalos, hasta suscripcións forzadas que iban a parar ao peto do propio dictador ou dos seus
altos mandos, ata negocios ilegais cos que se lucraban os principais cargos del réximen. Os
franquistas máis destacados obtiveron como premio cuantiosos contratos públicos, mentres os
vencidos vivían ó borde da inanición. Todo elo sucedía ante o descoñecemento da opinión pública,
debido á censura e a la inexistencia de "escándalos" políticos na prensa, na que só era posible o
eloxio do réxime.

2.-AFIANZAMENTO DO RÉXIME E DESARROLLISMO (1945-1973)

A) A aceptación internacional e o xiro do réxime.


A situación internacional en España cambiou coa guerra fría, co eixe derrotado, o principal inimigo
era a URSS, e o comunismo. EUUU consideraba que o réxime de Franco era, ente todo,
anticomunista, o que suavizou o illamento español a finais dos anos 40.

O goberno estadounidense tiña interés no valor estratéxico de España, polo que o goberno
franquista autorizoulle para instalar bases militares en territorio español, a cambio de axuda
económica e xestos de achegamento. Elo e crristalizou no Tratado de amizade Hispano-americano.
E a época do "amigo americano".
España foi admitida en algúns organismos internacionais, e en 1955 entra na ONU. Non é
admitida, en cambio, na CEE, creada en 1957, xa que se requería que os membros foran
democracias.
A desaparición do apoio do eixe, e a derrota dos fascismos, fixo que o Franquismo fixera cambios
estructurais e estéticos, para mellorar a súa imaxe exterior, ainda que mantendo interiormente o
aparato represivo e a falta de liberdades. Por exemplo, a homosexualidade non foi tipificada como
delito hasta 1954, a través da reforma da Lei de Vagos e Maleantes , se crearon campos de
concentración específicos, como o de Tefia (Forteventura), para a súa reeducación, e en algúns
hospitais se practicaban "terapias" de "curación" a instancias familiares.

A caída do eixe propiciou que os falanxistas perderan poder, mentres que a maioría de altos cargos

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 12. FOLLA 3


foron ocupados por católicos, moitos deles pertencentes a organizacións como o Opus Dei ou os
Propagandistas Católicos, ou por monárquicos.
FET y de las JONS pasou a chamarse Movemento Nacional, e a dictadura se definía a si mesma
coma unha "democracia orgánica".

O novo ambiente político e a existencia de organizacións clandestinas, como o PCE, que


conseguiran manter parte da súa organización, facilitou que se produxeran en 1956 os primeiros
disturbios na Universidade Complutense de Madrid, e folgas obreiras en Asturias e Cataluña.

Ao final da década, chegaron ao goberno personas ben formadas en economía, que aplicaron
criterios técnicos para desenvolver a economía española, e cun perfil ideolóxico máis rebaixado.Se
coñeceron como tecnócratas, e desenvolveron determinadas medidas para abandoar a autarquía e
aproximarse os sistemas liberais capitalistas:
-Eliminaron vantaxes fiscais as empresas públicas.
-Devalouaron a meida para estimular os investimentos estranxeiros.

B) Os cambios na década de 1960


Entre os anos 1960 e 1974 produciuse un notable desenvolvemento económico, impulsado polo
crecemento europeo tras a guerra, e o aperturismo económico, ó que o rexime denominou "o
milagro económico español", baixo os seguintes fundamentos:
-Modernización da agricultura, grazas a mecanización. Aumenta a producción e redúcese a man de
obra.
-Crecemento a industria e crecemento dos servizos, destacando o turimo, que se converteu nunha
das principais actividades económicas.
-Elevados investimentos estranxeiros, atraídos polos baixos salarios e impostos.
-As divisas estranxeiras enviadas pola emigración.

Todo isto provocu un crecemento da poboación e un intenso éxodo rural, no que os agricultores
emigraron á cidade para traballar na industria e os servizos. Pero as cidades carecían de capacidade
para absorvelos a todos, o que provocou o crecemento dos barrios de chabolas. A economía
española tampouco podía absorver toda a demanda de emprego, polo que moitas persoas véronse na
obriga de emigrar a Suiza, Francia ou Alemaña.

A consecuencia de isto foi o surximento da clase media, e unha certa relaxación no ambiente moral
e social, unha menor influenza da igrexa na vida cotiá, etc.
Asimeso, procuciuse un certo aperturismo desde 1962, propiciado pola elección de algúns ministros
con ideas máis moderadas.
En 1969, Franco designaría a Xoán Carlos de Borbón e Borbón como sucesor a título de rei.

C) O final da dictadura
Na década de 1960 aumentaría a oposición o franquismo.
En 1962 sucedería o que o réxime denominaría despectivamente o "Contubernio de Múnich" no que
todo tipo de políticos da oposición do exilio, máis algúns do interior, celebrarían un congreso que
tiña a intención de apoiar unha transición a democracia en España. Participaron nela socialistas,
socialdemócratas, democristianos, monárquicos, republicanos e nacionalistas vascos e catalanes. O
congreso desataría as iras do franquismo, que encarcelou ou deportou a todos os participantes que
residían en España
O PCE presentou unha política de reconciliación nacional dende o exilio, mentres que o PSOE
comenzaría en 1974 a súa reorganización interna co Congreso de Suresnes (Francia), elixindo a
Felipe González como secretario xeral.

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 12. FOLLA 4


-Na universidades adquiriu forza o movemento estudiantil, e os intelectuais e artistas comezaron a
expresar públicamente o seu rexeitamento do franquismo.
-Desenvolveuse o movemento sindical clandestino, liderado por Comisións Obreiras (CCOO).
Asimesmo, varias organizacións terroristas, como GRAPO, FRAP e ETA, realizaron os seus
primeiros atentados con víctimas.

A crise do petróleo de 1973 afectara duramente a España, producindo peche de empresas, suba de
prezos e paro, e aumentando o descontento social e as folgas, a pesar de ser aínda ilegais e
duramente reprimidas.

A saúde de Franco deteriorábase rápidamente, e garantir a continuidade, nomeu en 1973 sucesor o


almirante Luis Carrero Blanco, representante da ala dura e inmovilista do franquismo. Nese
mesmo ano, foi asasinado por ETA cunha bomba que estoupou ao paso do seu coche, que foi
levantado máis de 20 metros do chan.

O franquismo reaccionou cunha revitalización da represión: aumentaron as detencións, os estados


de excepción, e decretou varias condenas a morte de membros de ETA e dos FRAP, condeas que
provocaron un forte rexeitamento internacional.

Tamén se produciu o conflicto do Sáhara español, que reclamaba a súa independencia. Marrocos
aproveitou a debilidade do réxime para anexionalo cunha ocupación pacífica chamada a Marcha
Verde. Franco morreu no madrileño hospital da Paz, o 20 de novembro de 1975.

3.- A OPOSICIÓN Ó RÉXIME

A) Oposición interna
Apenas houbo oposición interna, nos primeiros anos, debido a forte represión. No rural e nas
montañas, quedaron aislados algúns rezagados do exército republicanos, convertidos en
guerrilleiros e coñecidos co nome de Maquis. O Maquis realizaba pequenas accións de sabotaxe ou
saqueo. O partido comunista consegueu mantener unha mínima infraestructura clandestina, que foi
duramente reprimida. A coordinación entre os soldados da república que se uniran en Francia á
resistencia contra o nazismo, os maquis españois e o PC, levou a un fracasado e débil intento de
asalto ao réxime, a Invasión do Val de Arán, preto dos Pirineos, en 1944. O Maquis cesou en 1948.
Durante a segunda etapa do franquismo, o progreso económico e social, granxeoulle ó réxime un
amplo grado de apoio ou tolerancia popular.

B) Oposición externa
-Entre 1939 e 1977, estableceuse en México, e logo en París, o goberno da República no Exilio,
que tentou manter a lexitimidade da constitución republicana, hasta que comezou a transición
democrática en España.
-Creáronse dúas institucións de axuda os republicanos exiliados ou presos, o SERE (Servicio de
Evacuacióin de Refugiados Españois), dirixido por Negrín, e a JARE (Xunta de Auxilio aos
Republicanos Españois), creada a proposta de Indalecio Prieto. Aínda que a súa actuación contou
con limitacións debido a magnitude do exilio e a escaseza de recursos, aprobaron axudas a
exiliados, mercaron terras e crearon empresas para que poideran traballar, costearon viaxes e
apoiaron económicamente as familias dos republicanos internados nos campos de concentración
nazis.
-O PCE mantivo unha importante actividade de oposición, así como o PSOE. Se crearían dous
órganos, Unión Democrática Española, en México, e Unión Nacional Española, en Francia. Os
nacionalistas Vascos e Cataláns tamén desenvolverían actividade política, creando órganos no

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 12. FOLLA 5


exilio.
-O largo dos anos 70, elementos da dereita, monárquicos vinculados a Don Juan de Borbón e
Democristianos, se irían sumando os organismos de oposición no exilio, creando a Junta
Democrática de España en 1974, a Plataforma de Convergencia Democrática en 1975, e
fusionándose ambas en Coordinación Democrática (coñecida como Platajunta) en 1976.

4º ESO. XEOGRAFÍA E HISTORIA. TEMA 12. FOLLA 6

You might also like