You are on page 1of 3

Colexio Apostólico Mercedario FÍSICA Y QUÍMICA 4º E.S.O.

VERÍN(Ourense) CONCEPTOS FUNDAMENTAIS DE QUÍMICA

ÁTOMO: (DALTON) é a parte máis pequena de cada elemento que pode intervir nunha
combinación química. Son tan pequenos que só se poden visualizar con microscopios de
“ efecto túnel”.

MOLÉCULA: (Avogadro): é a parte máis pequena dunha substancia( elemento ou composto),


que pode conservar as súas propiedades físicas e químicas. As moléculas dun elemento están
formadas por dous ou máis átomos iguais .Ex: (O 2). As moléculas dun composto están
formadas por dous ou máis átomos de diferentes elementos. Ex (H 2O).

ELEMENTO QUÍMICO: substancia pura constituida por unha soa clase de átomos. Ex :N 2, O2, H2,
etc

COMPOSTO QUÍMICO: substancia pura cuxas moléculas están formadas por átomos
diferentes. Ex: H2O, NH3.

U.M.A. ( unidade de masa atómica)


A masa dos átomos é tan pequena que utilizando o Kg como unidade de masa resultarían
números moi pequenos de difícil manexo.
En 1961 a IUPAC acordou tomar como patrón de referencia o isótopo de carbono de nº
másico 12, a cuxa masa lle asinou o valor de 12 unidades.
Polo tanto 1 UMA é a doceava parte da masa do isótopo do carbono 12

EQUIVALENCIA ENTRE UMAS E Kg: 1 uma = 1,66.10 -27 Kg

MASA ATÓMICA DUN ELEMENTO: é a masa dun dos seus átomos expresada en umas

MASA MOLAR: dun elemento ou dun composto, é a masa en gramos dun mol dun elemento
ou composto, e, é igual a masa atómica ou molecular en umas.

Ex: MASA MOLECULAR MASA MOLAR


H2O 18 umas 18 g/ mol

MOL: é a cantidade de substancia que contén 6,022.10 23 partículas elementais da mesma.


1 mol de átomos = 6,022.1023 átomos ; 1 mol de moléculas = 6,022.1023 moléculas

CÁLCULO DO Nº DE MOLES(n) CONTIDOS NUNHA CANTIDADE DE SUBSTANCIA DE MASA m

CÁLCULO DO Nº DE MOLÉCULAS
Por factores de conversión sabendo que 1 mol = 6,022.10 23 moléculas

Tamén podemos usar esta fórmula: Nº moléculas = n. 6,022.1023

CÁLCULO DO Nº DE ÁTOMOS DUN ELEMENTO

Nº átomos dun elemento = nº de moléculas · nº de átomos dese elemento que ten cada molécula

Colexio Apostólico Mercedario CONCEPTOS FUNDAMENTAIS DE QUÍMICA


Colexio Apostólico Mercedario FÍSICA Y QUÍMICA 4º E.S.O.
VERÍN(Ourense) CONCEPTOS FUNDAMENTAIS DE QUÍMICA

CÁLCULO DA COMPOSICIÓN CENTESIMAL DUNHA SUBSTANCIA:

1. Calculamos a masa molar desa substancia


Ex: H: 2·1 = 2
O : 16 = 16
H2O
18 g/ mol
2. Facemos unha proporción para cada elemento para saber cantos g dese elemento
habería por cada 100 g de composto
H2O 18g 100g 18 100 2· 100
% de H = x¿
H 2g x 2 x 18

% de O 18 100
= 16· 100
16 x x¿
18
FÓRMULA EMPÍRICA :
Indica os átomos dos elementos que forman unha substancia e a proporción na que se
encontran.
Non nos dá a masa molar da substancia.
Ex : C2H5 fórmula empírica do butano
FÓRMULA MOLECULAR:
Indica a cantidade exacta de átomos de cada elemento , a proporción na que se encontran e
permite calcular a masa molecular da substancia.
( A fórmula empírica é a molecular simplificada)
Ex: C4H10 : fórmula molecular do butano

CÁLCULO DA FÓRMULA EMPÍRICA A PARTIR DA COMPOSICIÓN CENTESIMAL


1. Dividimos o % de cada elemento entre a súa masa atómica
2. Dividimos tódolos resultados do apartado 1 entre o menor deles
3. Se algún dos resultados obtidos no apartado 2 non é enteiro multiplicaremos tódolos
resultados do apartado 2 polo nº que nos interese ( normalmente vai ser 2) ata obter
números enteiros
4. Os números enteiros obtidos en 3, serán os que nos indiquen o nº de átomos de cada
elemento
A fórmula obtida será a FÓRMULA EMPÍRICA
CÁLCULO DA FÓRMULA MOLECULAR OS % E A MASA MOLECULAR
1. Calculamos a fórmula empírica
2. Multiplicaremos a fórmula empírica por un nº “n” para obter a masa molecular
Ex : No Butano Masa molar = 58 g/ mol
( C2H5) · n = 58
29 · n = 58 n=2 Multiplicamos a empírica por 2 e obtemos C4H10

ECUACIÓN XERAL DOS GASES:

P = presión en atmósferas ( atm)


V = Volume en Litros (L)
N= nº de moles
atm·L
R= 0,082
mol·K
T = temperatura en Kelvin

Colexio Apostólico Mercedario CONCEPTOS FUNDAMENTAIS DE QUÍMICA


Colexio Apostólico Mercedario FÍSICA Y QUÍMICA 4º E.S.O.
VERÍN(Ourense) CONCEPTOS FUNDAMENTAIS DE QUÍMICA

Colexio Apostólico Mercedario CONCEPTOS FUNDAMENTAIS DE QUÍMICA

You might also like