You are on page 1of 2

APUNTES DE XEOGRAFÍA

-Explica as reformas realizadas pola República durante os anos 1931-33 no ámbito


relixioso, territorial e agrario
A República comprende dende o 1931 ata o 1939, pero as reformas máis destacadas son ata o
1933. No ámbito relixioso, unha das iniciativas da Constitución era a separación da Igrexa do
Estado. As reformas querían diminuír a influencia da Igrexa sobre a vida pública e a educación.
En canto ás reformas territoriais, púxose en marcha o proceso de descentralización do Estado,
recollido na Constitución, que recoñecía a existencia dunhas nacionalidades históricas con
lingua e identidades propias (Galicia, País Vasco e Cataluña) e permitía establecer gobernos
autónomos. Houbo unha reforma agraria que tratou o problema do latifundismo. A propiedade
das terras eran de quen puidera mercalas e pagalas. Unha lei, dada en 1932, decretou que
todas as grandes terras que non se cultivasen podían ser expropiables para a súa distribución
entre campesiños sen terras. Creóuse o Instituto de Reforma Agraria para indemnizar aos
propietarios e facilitarlles o asentamento ás familias camepesiñas, mais a escaseza de
recursos para indemnizar aos propietarios e os numerosos pleitos que estes imterpoñían
fixeron que a reforma fose lenta e limitada
-A educación na república
Durante a II República impúlsase a coeducación, isto é, a formación de homes e mulleres
xuntos e en condicións de igualdade. Algunhas mestras, bolseiras pola Xunta de Ampliación de
Estudos, viaxaron ao estranxeiro para coñecer o sistema educativo doutros países e poder
poñelo en práctica ao seu regreso ao Estado. Ademais, durante a II República creáronse 13 mil
escolas. Por último, apuntar que un dos esforzos máis significativos foi a chegada ao mundo
rural desa nova xeración de mestres e mestras que intentaron levar a cabo, xunto a instrución,
unha intensa propagación das ideas e valores republicanos.
-Misións pedagóxicas
Proxecto de solidaridade pedagóxico da II República. Numerosos estudantes, mestres/as,
universitarios, e outras profesións incorporáronse ao proxecto. O seu obxectivo era espallar a
cultura nos medios rurais máis abandoados. As actividades que programaban en cada “misión”
consistía en teatro, coro, museo do pobo, cine e divulgación de innovacións tanto sanitarias
como agrarias. Cada expedición viaxaba en camións con libros (bibliotecas circulantes) que se
depositaba na escola do pobo e era xestionados polo mestre ou mestra da localidade.
Varios inteletuais como Federico García Lorca incorporáronse a estas misións.
-Golpe de Estado: onde e cando comenza, en que zonas fracasa a insurrección.
O levantamento militar iniciouse o 17 de xullo en Ceuta, Melilla e Marrocos. Os días 18 e 19
espállase por Canarias, Baleares e o resto da península. A insurrección fracasa, sobre todo,
nas grandes cidades e zonas industriais, grazas á resistencia popular e dalgúns corpos
policiais, e a que un sector do exército mantívose leal á República.
-Define exército popular
Exército da II República que contou con axuda soviética. e que trataba de poñerlle fin á
represión exercida de forma incontrolada polos comités. No 1937 uníronse as milicias, forzas
civís voluntarias organizadas por sindicatos ou partidos.
-Define brigadas internacionais
Unidades militares de voluntarios e voluntarias que agruparon 30.000 persoas de máis de 50
países diferentes, que apoian ao exército republicano nos primeiros anos de guerra.
*En que consistiu o Comité de Non Intervención?
É unha asemblea formada por países europeos que proclaman a súa neutralidade na Guerra
civil española por medo á política expansionista de Hitler. A pesar de que recoñecen que a
guerra era unha agresión contra un goberno lexítimo, o republicano. Desta forma, prohiben o
envío de axuda ao bando republicano. A partir do ano 37 este Comité dará orde aos brigadistas
para que abandonen a guerra., obrigando ao retorno dxs voluntarixs das brigadas
internacionais.
*Défine Lexión Cóndor.
Corpo de aviación de elite enviado pola Alemaña de Hitler, que viu axudar ao bando sublevado
como unha forma de experimentar co novo armamento. A lexión Cóndor bombardeu Gernika
en 1937.
-A dictadura de Francisco Franco
Frnaco impón unha ditadura militar que suprime as liberdades democráticas como de expresión
ou de relixión. As medidas tomadas na ditadura son as seguintes:
● A Constitución da República foi anulada
● Os sindicatos e partidos prohibidos excepto a Falanxe
● As eleccións suprimidas
● E as institucións republicanas desmanteláronse
● Abolíronse os gobernos autónomos e prohíbense as manifestacións nacionalistas
catalá, vasca e galega.
Ademais, Franco exerce o título de caudillo e concentra todos os poderes: xefe de Estado,
xeneralísimo dos exércitos, o seu cargo era vitalicio e ten o dereito o nomear sucesor.
-Represión franquista
O franquismo caracterízase por exercer unha represión permanente contra calquera oposición
co obxectivo de castigar a aquelas e aqueles que apoiaran a República. A represión foi
especialmente dura nos anos da posguerra, década dos 40. As accións contra os opositores
incluían, entre outros, reclusión en campos de concentración, como o que existiu en A Guarda
(pontevedra), traballos forzados en obras públicas, torturas, encarceramentos e execucuións
por motivos políticos. Calcúlase que depois da guerra houbo 50 mil execucuións por motivos
polítcos.
-As consecuencias da Guerra Civil española
Os efectos da Guerra Civil foron devastadores.
Entre outros, demograficamente, o Estado perdeu case 1 millón de persoas. E, ademais, 400
mil marcharon cara o exilio. Economicamente, o Estado quedou arruinado. Orixinouse unha
grande escaseza de produtos de primeira necesidade, falta de alimentos, de hixiene, de
menciñas, de electricidade e de combustible. Para a maior parte da poboación a miseria
transformouse na súa realidade cotiá, con salarios moi baixos e prezos moi elevados pola
escaseza dos produtos.
-Sección Femenina
Rama feminina da Falange liderada por Pilar Primo de Rivera, irmá do fundador da Falange. A
Sección Femenina organizaba o Servicio Social, obrigatorio para todas as mulleres, e que se
encargaba de educalas nos valores franquistas. Así, no franquismo a muller debía ser submisa,
obediente, esposa e nai. E atender en exclusiva as tarefas domésticas

You might also like