You are on page 1of 2

Tema 9 A II República, a guerra civil e o Franquismo

II REPÚBLICA
As reformas da II República.
A República comprende dende o 1931 ata o 1939, pero as reformas máis destacadas son
ata o 1933. No ámbito relixioso, unha das iniciativas da Constitución era a separación da
Igrexa do Estado. As reformas querían diminuír a influencia da Igrexa sobre a vida
pública e a educación. En canto ás reformas territoriais, púxose en marcha o proceso de
descentralización do Estado, recollido na Constitución, que recoñecía a existencia dunhas
nacionalidades históricas con lingua e identidades propias (Galicia, País Vasco e
Cataluña) e permitía establecer gobernos autónomos. Houbo unha reforma agraria que
tratou o problema do latifundismo. A propiedade das terras eran de quen puidera
mercalas e pagalas. Unha lei, dada en 1932, decretou que todas as grandes terras que
non se cultivasen podían ser expropiables para a súa distribución entre campesiños sen
terras. Creóuse o Instituto de Reforma Agraria para indemnizar aos propietarios e
facilitarlles o asentamento ás familias camepesiñas, mais a escaseza de recursos para
indemnizar aos propietarios e os numerosos pleitos que estes imterpoñían fixeron que a
reforma fose lenta e limitada
A educación na república
Durante a II República impúlsase a coeducación, isto é, a formación de homes e
mulleres xuntos e en condicións de igualdade. Algunhas mestras, bolseiras pola Xunta de
Ampliación de Estudos, viaxaron ao estranxeiro para coñecer o sistema educativo
doutros países e poder poñelo en práctica ao seu regreso ao Estado. Ademais, durante a
II República creáronse 13 mil escolas. Por último, apuntar que un dos esforzos máis
significativos foi a chegada ao mundo rural desa nova xeración de mestres e mestras
que intentaron levar a cabo, xunto a instrución, unha intensa propagación das ideas e
valores republicanos.
Misións pedagóxicas
Proxecto de solidaridade pedagóxico da II República. Numerosos estudantes,
mestres/as, universitarios, e outras profesións incorporáronse ao proxecto. O seu
obxectivo era espallar a cultura nos medios rurais máis abandoados. As actividades que
programaban en cada “misión” consistía en teatro, coro, museo do pobo, cine e
divulgación de innovacións tanto sanitarias como agrarias. Cada expedición viaxaba en
camións con libros (bibliotecas circulantes) que se depositaba na escola do pobo e era
xestionados polo mestre ou mestra da localidade. Varios inteletuais como Federico
García Lorca incorporáronse a estas misións.

GOLPE DE ESTADO e GUERRA CIVIL


Golpe de Estado
Onde e cando comenza, en que zonas fracasa a insurrección. O levantamento militar
iniciouse o 17 de xullo en Ceuta, Melilla e Marrocos. Os días 18 e 19 espállase por
Canarias, Baleares e o resto da península. A insurrección fracasa, sobre todo, nas
grandes cidades e zonas industriais, grazas á resistencia popular e dalgúns corpos
policiais, e a que un sector do exército mantívose leal á República.
Define exército popular
Exército da II República que contou con axuda soviética. e que trataba de poñerlle fin á
represión exercida de forma incontrolada polos comités. No 1937 uníronse as milicias,
forzas civís voluntarias organizadas por sindicatos ou partidos.
Define brigadas internacionais
Unidades militares de voluntarios e voluntarias que agruparon 30.000 persoas de máis
de 50 países diferentes, que apoian ao exército republicano nos primeiros anos de
guerra.
En que consistiu o Comité de Non Intervención?
É unha asemblea formada por países europeos que proclaman a súa neutralidade na
Guerra civil española por medo á política expansionista de Hitler. A pesar de que
recoñecen que a guerra era unha agresión contra un goberno lexítimo, o republicano.
Desta forma, prohiben o envío de axuda ao bando republicano. A partir do ano 37 este
Comité dará orde aos brigadistas para que abandonen a guerra., obrigando ao retorno
dxs voluntarixs das brigadas internacionais.

FRANQUISMO
A ditadura de Francisco Franco
Franco impón unha ditadura militar que suprime as liberdades democráticas como de
expresión e de relixión. As medidas tomadas na ditadura son as seguintes:
● A Constitución da República foi anulada
● Os sindicatos e partidos prohibidos excepto a Falanxe
● As eleccións suprimidas
● E as institucións republicanas desmanteláronse
● Abolíronse os gobernos autónomos e prohíbense as manifestacións nacionalistas
catalá, vasca e galega.
Ademais, Franco exerce o título de caudillo e concentra todos os poderes: xefe de
Estado, xeneralísimo dos exércitos, o seu cargo era vitalicio e ten o dereito o nomear
sucesor.
A represión franquista
O franquismo caracterízase por exercer unha represión permanente contra calquera
oposición co obxectivo de castigar a aquelas e aqueles que apoiaran a República. A
represión foi especialmente dura nos anos da posguerra, década dos 40. As accións
contra os opositores incluían, entre outros, reclusión en campos de concentración, como
o que existiu en A Guarda (pontevedra), traballos forzados en obras públicas, torturas,
encarceramentos e execucuións por motivos políticos. Calcúlase que depois da guerra
houbo 50 mil execucuións por motivos polítcos.
As consecuencias da Guerra Civil
Os efectos da Guerra Civil foron devastadores. Entre outros, demograficamente, o
Estado perdeu case 1 millón de persoas. E, ademais, 400 mil marcharon cara o exilio.
Economicamente, o Estado quedou arruinado. Orixinouse unha grande escaseza de
produtos de primeira necesidade, falta de alimentos, de hixiene, de menciñas, de
electricidade e de combustible. Para a maior parte da poboación a miseria transformouse
na súa realidade cotiá, con salarios moi baixos e prezos moi elevados pola escaseza dos
produtos.
Sección Femenina
Rama feminina da Falange liderada por Pilar Primo de Rivera, irmá do fundador da
Falange. A Sección Femenina organizaba o Servicio Social, obrigatorio para todas as
mulleres, e que se encargaba de educalas nos valores franquistas. Así, no franquismo a
muller debía ser submisa, obediente, esposa e nai. E atender en exclusiva as tarefas
domésticas

You might also like